PRESTACIÓN DE SERVIZOS INFORMÁTICOS NA USC

Slides:



Advertisements
Presentaciones similares
FORMACIÓN DEL PROFESORADO. Formación del profesorado Propuestas didácticas concretas, listas para ser llevadas al aula de inmediato o para ser utilizadas.
Advertisements

PROGRAMA DE MINIMZACIÓN DE RESIDUOS
A TELECOMUNICACIÓN FAI EVOLUCIONAR Á SOCIEDADE
BACHARELATOS Duración de dous cursos.
PROGRAMA DE PREVENCIÓN NO ÁMBITO FAMILIAR “MÁIS QUE UN TEITO”
Ciclo Superior … A.S.I..
O PORTFOLIO EUROPEO DAS LINGUAS
Plan de Desenvolvemento Sostible da USC
Laboratorio de Proxectos e Iniciativas Xuvenís
Mª José Méndez Lois Dpto. MIDE USC
II XORNADAS DE DESENVOLVEMENTO DOS CONTRATOS-PROGRAMA
ECONOMÍA Sector terciario.
Formación PAS Resultados 2010
Introducción Actividades Creación dunha páxina web Exposición “Reconquista ” Simposio Internacional sobre a Reconquista de Vigo Elaboración dunha.
PROGRAMA CAIXAPROINFANCIA PONTEVEDRA
Licenciatura de MATEMÁTICAS
1. OS RISCOS ELÉCTRICOS 2. O ESTRÉS 3. O BURN-OUT 4. O MOBBING
integración das TIC na práctica educativa en Galicia
Ferramenta para a definición, execución e corrección de prácticas, integrable nun sistema web de teleformación Autor: Raquel Trillo Lado Director: Juan.
ESTUDO DOS AUTÓNOMOS DE PONTEVEDRA ESTUDO DOS AUTÓNOMOS DE PONTEVEDRA
O barroco compostelán.
PROXECTO LOVA ELECTRICIDADE.
A forza do local: dimensións técnica e política
PROGRAMA MUNICIPAL DE INTERVENCIÓN FAMILIAR
Introdución á sociolingüística da lingua galega
Grupo de traballo combas a-1
Proxecto interdisciplinar
Plan de integración das tecnoloxías da información e a comunicación
Déixese sorprender….
CURSO E.D.A Galicia, Outubro – Decembro 2008.
FORMACIÓN PROFESIONAL (GRAO MEDIO)
APRENDENDO A LER PUBLICIDADE
As actividades non presenciais
Emilio Arias Consultor. Director de proxectos de Edan Xestión, s.l.
A intervención psicopedagóxica nunha escola de e para O ALUMNADO
O PROXECTO Elaboración e difusión dunha Diagnose e Plan de Acción das políticas de igualdade de xénero e loita contra a violencia de xénero na Provincia.
CAIXA VIRTUAL DE CRÉDITO MUTUO
O PROXECTO XENOMA HUMANO E AS IMPLICACIÓNS
Especialidade de Orientación vocacional e Profesional.
Aulas ABALAR.
Emilio Arias Consultor. Director de proxectos de Edan Xestión, s.l.
O POR QUE DO CAMBIO.
Carlos Gradín (Universidade de Vigo)
Coordinadora de barrio Plan Comunitario de Teis
COOPERANDO PARA APRENDER ESTRUTURA COMPLEXA
O PORTFOLIO EUROPEO DAS LINGUAS (2009/10)
PROGRAMA SOCRATES Accións COMENIUS Educación Escolar ERASMUS Educación
A programación de aula por competencias
ASESORAMENTO AO PROFESORADO DENDE A ORIENTACIÓN ESCOLAR
PROGRAMA SOCRATES Accións COMENIUS Educación Escolar ERASMUS Educación
Atréveste a crear un book tráiler?
EMPRENDEMOS UNHA NOVA ANDAINA XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA FAMILIAS
Condicións de acceso Competencia xeral Título que se obtén Saídas
AVALIACIÓN DO BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE (ABAU)
O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
PROXECTO PARA O ESTABLECEMENTO DA XORNADA MIXTA
TÍTULO: AUTORES COMENTARIOS
Lei Orgánica 2/2006 de 3 de maio, de Educación LOE
A intervención psicopedagóxica nunha escola de todos e para todos OS ALUMNOS Pontevedra, 27 de abril do 2009.
RECOÑECEMENTO DE COMPETENCIAS POR EXPERIENCIA LABORAL (Real Decreto 1224/2009, de 17 de Xullo, de recoñecemento das competencias profesionais.
CONECTANDO MUNDOS: Cando se torcen os dereitos.
ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE
PROCESOS PSICOLÓXICOS BÁSICOS PARA EDUCADORES/AS SOCIAIS
Proxecto Pesquería de POLBO 2016
Presentación Pública MEMORIA 2016
A MODELIZACIÓN NO ENSINO SECUNDARIO
EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA (E.S.O.)
XXIV ENCONTRO ESTATAL DE ESCOLAS ASOCIADAS Á UNESCO. MELILLA-2011
TRATAMENTO INTEGRADO DE LINGUAS
A AVALIACIÓN NA EDUCACIÓN PRIMARIA
Transcripción de la presentación:

PRESTACIÓN DE SERVIZOS INFORMÁTICOS NA USC Manuel Fernández Delgado Departamento de Electrónica e Computación Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC (CITIUS)

Inicio da experiencia de Aprendizaxe-Servizo Obradoiro de Aprendizaxe-Servizo na Universidade, Programa de Formación Docente (PFID) da USC, xuño 2013. Asimilación de coñecementos mediante realización de tarefas profesionais de utilidade. Coñecín a forma de traballar no ApS. Fixen o curso porque sospeitaba que o ApS sería axeitado para unha asignatura que eu xa impartía. Alternativa á avaliación continua do aprendizaxe.

Competencias aportadas polo ApS Aprendizaxe autónomo d@ estudante. Traballo en equipa e cooperación nun entorno social. Orientación ao cliente destinatario do servizo. Responsabilidade no traballo. Resolución de problemas. Flexibilidade e adaptación ao entorno destinatario.

Asignatura Administración Avanzada de Sistemas e Redes (AASR) Asignatura optativa de 4º Grao Enxeñaría Informática, Escola Técnica Superior de Enxeñaría USC: 4.5 créditos, 40h de clases interactivas. Carácter práctico: non clases expositivas. Consta de 2 módulos: 15h + 25h. O ApS só afecta ao módulo 2, de 25h. Contidos de módulo 2: servidores web, DNS, FTP, servidores de correo electrónico, blogs, mensaxería, xestores de contidos web (CMS).

Competencias de AASR Administración de sistemas e redes: monitorización e optimización de sistemas; instalación, configuración e mantemento de servidores. Xenéricas: resolución de problemas e toma de decisións, traballo autónomo, adaptación a entornos reais. Informática: coñecemento de ferramentas para almacenamento e acceso a sistemas vía web. Tecnoloxías das comunicacións: despregue de redes de comunicacións. Globais: versatilidade e adaptación a novas tecnoloxías, capacidade de resolución de problemas.

Razóns polas que AASR é axeitada para ApS Os seus contidos (administración informática: instalar, configurar, manter servidores e servizos) son de grande interese para moitos destinatarios. Coñecementos e destrezas fóra do alcance de non especialistas en Informática. Exemplos de servizos: servidores web e de correo, blogs, sistemas de mensaxería, redes sociais, etc. Clientes potenciais na USC: grupos e centros de investigación, departamentos. Fóra da USC: asociacións veciñais e de todo tipo.

Necesidade do servizo Organizacións na USC con necesidades informáticas (web, blog, mensaxería, rede social) e falla de coñecementos para cubrilas. Solución usual: contratación de persoal informático. Con frecuencia non é posíbel. Alternativa: solución mediante un servizo puntual do alumnado de AASR, que si está cualificado. Formación do destinatario do servizo para aproveitar o sistema instalado.

Vantaxes para o alumnado Traballo nun entorno real: adaptación a entornos novos, toma de decisións, traballo autónomo. Interacción directa con destinatario do servizo. Formación do persoal destinatario (elaboración de seminarios e documentación) e presentación do servizo en clase: expresión oral. Contidos similares aos traballados nas clases. Aprendizaxe especializado en partes concretas da asignatura.

Factores a ter en conta no deseño do ApS para AASR Reducida duración das clases (marzo-maio) e cercanía co fin de curso (exames finais). O servizo non se pode prolongar logo do remate das clases. Adecuación do servizo ao reducido número de horas da asignatura (25h do módulo 2): non pode ser dunha grande complexidade. Servizos cun nivel de complexidade elevado: divídense en dous o máis servizos.

Dous tipos de destinatarios Centros cun baixo perfil informático: Tarefas rutineiras de instalación/configuración de webs, blogs, redes sociais, etc. Exemplos: departamentos e grupos de investigación. Centros cun nivel informático avanzado: Necesidade de avaliar distintas solucións informáticas alternativas para seleccionar a máis axeitada para a súa explotación. Uso de ferramentas para aplicacións novas. Exemplos: Oficina de Software Libre (OSL), Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información (CITIUS).

Diferenzas entre os dous destinatarios Perfil informático baixo: instalación e configuración de ferramentas xa coñecidas: servidores web, blogs, xestores de contidos, redes sociais, mensaxería. Nivel avanzado: aprendizaxe de ferramentas novas, máis avanzadas e de menor difusión, máis dificultade, especialización. Nos dous casos: formación dos destinatarios do servizo, elaboración de seminarios e documentación para aproveitamento do servizo posterior ao seu remate, presentación do servizo en clase.

Introdución do ApS en AASR Antes da introdución do ApS, avaliación mediante: Avaliación continua opcional: asistencia a clase, realización de prácticas: 6 puntos. Exame final: 4 puntos (10 sen avaliación continua). Co ApS (limitado polo número de destinos): Avaliación continua: 5 puntos. Alternativamente: ApS, 7 puntos. Exame final: 5 puntos (3 con ApS). Concédese valor adicional ao ApS (2 puntos).

Datos da experiencia de ApS en AASR Dez servizos realizados durante tres cursos en tres destinos: 3 servizos en 2012-2013, 4 en 2013-2014 e 3 en 2014-2015. Tentouse en 6 destinos. Servizos de ApS definidos ao comezo das clases. Presentación en clase dos traballos realizados: Avaliación do servizo polo profesorado. O resto do alumnado coñece o servizo realizado. Expresión oral, capacidade de transmitir a experiencia, avaliación crítica do traballo: problemas atopados, valoración da ferramenta estudada, etc.

Destinos contactados (6) Grupo Quevedo, Fac. Filoloxía (2012-2013, 1 servizo). Centro de Investigación en Tecnoloxías da Comunicación da USC (CITIUS, 5 servizos nos tres cursos). Oficina de Software Libre (OSL, 2013-2014, 4 servizos). Depto. Física de Partículas, Fac. Física (2012-2013, 0 servizos). Máster de Lingüística Comparada da USC (2012-2013, 0 servizos). Área TIC da USC (2013-2014, 0 servizos).

Destino 1: Facultade de Filoloxía (I) Grupo de investigación Quevedo: necesidade de actualizar contidos na súa web. Servizo: configuración, administración e actualización do seu servidor web. Contidos propios de AASR. Instalación dunha ferramenta aberta de xestión de congresos (Openconf, ConfMaster, Conftool ou Easychair). Contido moi específico, relacionado pero non incluído en AASR.

Destino 1: Facultade de Filoloxía (II) Realización dun seminario para formar ao persoal do grupo na actualización da web do grupo de investigación. Traballo realizado por dous alumnos. Elaborouse un prototipo de xestor de contidos (Drupal) baseado na linguaxe de programación PHP. Este prototipo non se puido instalar polas restricións existentes nos espazos web da USC.

Destino 1: Facultade de Filoloxía (III) Analizouse e solicitouse a alta na ferramenta de xestión de contidos web da USC. Non se acadou o obxectivo último (web actualizada); impartiuse un seminario aos destinatarios sobre esta ferramenta que permite xestionar os contidos web. O remate do período lectivo obrigou a cancelar a instalación da ferramenta web para a xestión do congreso.

Destino 1: Facultade de Filoloxía (III) Problema: distancia ao centro destinatario (Campus Norte), que requiría desprazamentos físicos dos alumnos. As restricións do entorno informático (hospedaxe web proporcionado pola USC) impediron finalmente o seu éxito. Conclusións para servizos posteriores: Necesidade dun entorno controlado (máquina virtual), non real, no que se realiza o servizo, para evitar problemas como o da ATIC. Resultado final entregado a destinatario: máquina virtual + documentación, seminario.

Máquina virtual: VirtualBox http://www.virtualbox.org

Destino 2: Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información (CITIUS)

Destino 2: CITIUS (I) Centro cun elevado nivel informático (varias persoas na Unidade de Xestión de Infraestruturas TIC). Realización de 5 servizos, durante os tres cursos, de soporte aos administradores informáticos do CITIUS. Avaliación de ferramentas informáticas (en ocasións varias alternativas), e elaboración de informes para que o persoal do CITIUS seleccione (ou non) a súa instalación. Resultado: máquina virtual coa ferramenta operativa, documentación sobre instalación e configuración. De grande utilidade para o CITIUS (aforrou tempo aos seus administradores) e para o alumnado (especialización).

Destino 2: CITIUS (II) Servizo 1, curso 2012-2013 (1 alumno): proba e avaliación dun servidor de aplicacións web (uWSGI) escritas na linguaxe de programación Python, para execución na web do CITIUS. Servizo de nivel moi avanzado. Contidos similares aos de AASR, que usa o servidor Tomcat para a linguaxe de programación Java, máis popular. Foi un éxito: acadáronse tódolos obxectivos, realizouse un seminario para os administradores do CITIUS e hoxe está operativo.

Destino 2: CITIUS (III) Servizo 2, curso 2013-2014 (1 alumno): instalación e configuración dun servidor de integración continua Gitlab- CI (Continuous Integration) para o control de versións de programas escritos no CITIUS. O software foi despregado con éxito e instalado no CITIUS, e hoxe está operativo.

Destino 2: CITIUS (IV) Servizos 3-5, curso 2014-2015 (3 alumnos): probáronse e avaliáronse tres ferramentas alternativas para actualizar o servidor de mensaxería XMPP do CITIUS. Trátase de ver cal é a mellor alternativa para substituír ao sistema de mensaxería actual (obsoleto). Cada alumno avaliou un servidor XMPP distinto: Ejabberd v. 15.02. Tigase XMPP Server. Prosody v. 0.9.7.

Destino 2: CITIUS (V) Tigase Ejabberd Prosody

Destino 2: CITIUS (VI) Cada ferramenta debía permitir uns obxectivos: Integración co servidor de autenticación LDAP do CITIUS (identificación de usuarios). Ler a información dos usuarios (nome, foto, etc.) dende o servidor LDAP. Permitir a transferencia de arquivos. Soportar sás de conversa (chat) multiusuario (non so mensaxes entre 2 usuarios). Ser compatíbel cos programas clientes (usados para enviar mensaxes) máis populares dispoñíbeis.

Destino 2: CITIUS (VII) Servizos exitosos: os alumnos realizaron estudos detallados. Tiven a impresión de que traballaron máis das 25h. Gustoulles, foi moi real, traballaron a gusto, grazas ás máquinas virtuais non tiveron problemas derivados dun entorno informático restrinxido. Ficou clara cal era a mellor ferramenta: Ejabberd era a mellor, aínda que ningunha cumpría tódolos obxectivos. A terceira (Prosody) estaba pouco desenvolvida e a segunda (Tigase) non cumpría varios obxectivos. Os alumnos elaboraron unha documentación moi útil para o persoal do CITIUS, e especializáronse en sistemas de mensaxería.

Destino 3: Oficina de Software Libre (OSL) da USC (I) Xunto co CITIUS, é o lugar ideal para a realización de servizos de interese para o destinatario e formativos para os alumnos. Nivel informático elevado. Distintos niveis de complexidade nos servizos. Grande variedade nos servizos: formativos (elaboración de seminarios), aplicacións web (Preguntoiro), administración (xestión de metapaquetes), ... Desenvolvéronse 4 servizos tan só no curso 2013-2014, pola non renovación en 2015 da persoa contratada na OSL.

Destino 3: Oficina de Software Libre (OSL) da USC (II) Servizo 1: instalación e configuración de Preguntorio, a base de datos de preguntas e respostas creada pola OSL. Baseada nunha ferramenta web para a creación de foros de preguntas e respostas chamada AskBot. Usa servidor web e base de datos. Foi un grande éxito, xa que posibilitou que o Preguntoiro vise a luz.

Preguntoiro: a web de preguntas e respostas da OSL

Destino 3: Oficina de Software Libre (OSL) da USC (III) Servizo 2: automatizar a creación de metapaquetes (grupos de paquetes software) do sistema operativo SOXUG Ubuntu, creado na propia OSL para o Sistema Universitario Galego (SUG). Metapaquete para bioestatística, cos paquetes software necesarios para este campo. Automatización para outros metapaquetes no futuro. De grande utilidade para destinatario do servizo (OSL). Documentación moi completa e boa presentación. Permitiu ao alumno especializarse na administración dun aspecto do sistema operativo (paquetes software).

Destino 3: Oficina de Software Libre (OSL) da USC (IV) Servizo 3: elaboración de seminario de instalación de Linux dende USB en portátiles con Windows 8, para impartir na ETSE, a estudantes do Grao en Enxeñaría Química. Enfocado na faceta formativa da OSL. Moi detallado, orientado a persoas sen formación informática. O alumno atopou moitos problemas debido á grande variedade de hardware e sistemas de arranque (BIOS). Contido moi relacionado coa asignatura.

Destino 3: Oficina de Software Libre (OSL) da USC (V) Servizo 4: elaboración de material para un seminario de instalación de Linux para o persoal administrador de aulas de Informática da USC. Complementario ao servizo 2, que estaba orientado a alumnado dos graos. Contido moi relacionado coa asignatura. Este servizo foi máis frouxo: é necesario definir claramente os obxectivos para que o contido non fique escaso.

Outros servizos na OSL que non deu tempo a realizar Elaboración de material para seminario sobre ferramentas de xestión de proxectos con software libre (Redmine): desbotouse por non ter interese dabondo para o alumnado. Instalación de Proxmox, ferramenta web para a xestión de máquinas virtuais. Soporte de administración a persoal da OSL para a mellora do SOXUG Ubuntu.

Destinos que non xeraron servizos Máster en Lingüística Aplicada: non foi seleccionado polos alumnos debido á súa distancia á ETSE. Grupo Quevedo: logo dun servizo en 2012-2013, non houbo continuidade polo mesmo motivo. Departamento de Física de Partículas: considerou as súas necesidades cubertas polo seu persoal informático contratado. Área TIC: ausencia de servizos.

Conclusións (I) Criterios fundamentais: interese do servizo para o alumnado, relación cos contidos da asignatura, complexidade do servizo (pódese dividir). Factor importante: distancia do destino. É necesario usar máquinas virtuais para dispor dun entorno informático controlado que permita o traballo na casa. Resultado final: máquina virtual coa instalación + documentación para o destinatario; presentación do traballo para profesorado e resto da clase.

Conclusións (II) Dende o punto de vista do profesorado: Reducir o número de reunións con estudantes e destinatarios: so unha ao comezo para definir o servizo. Moitos destinos aumentan o traballo: mellor poucos destinos con varios servizos (OSL, CITIUS). O servizo debe realizarse de modo autónomo. Na avaliación, hai que axustar a puntuación do ApS á súa magnitude en horas de traballo. Avaliar axeitadamente o servizo realizado (enorme variabilidade entre traballos).

Conclusións (III) O procedemento de ApS debe ser eficiente: Non representar un grande esforzo adicional para a equipa docente. Ter unha duración equivalente en horas, e un peso na avaliación, razoábeis para o alumnado. Non houbo servizos realizados en grupo, pero si servizos relacionados entre si, realizados por varios alumnos de forma conxunta. Aínda non se realizaron inquéritos aos destinatarios do servizo, pero en xeral acadáronse os obxectivos. Mellores os destinos de alto nivel informático.