La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

Atréveste a crear un book tráiler?

Presentaciones similares


Presentación del tema: "Atréveste a crear un book tráiler?"— Transcripción de la presentación:

1 Atréveste a crear un book tráiler?

2 Que é un book tráiler? Unha das últimas tendencias para promocionar unha novela é realizar un vídeo curto, ou teaser, similar aos tráileres cinematográficos que promocionan películas ou series de televisión. O book tráiler pon de manifesto, a través de música, imaxes fixas, secuencias gravadas, efectos, etc., os aspectos máis atractivos do libro para captar a atención dos lectores. Un book tráiler suxire os acontecementos da historia, pero sen revelar a trama. A súa función é incitar á lectura. Válido, non só para libros de ficción, un book tráiler é unha ferramenta moi eficaz para todos os xéneros literarios, desde a poesía, o ensaio, biografías, etc. Estes vídeos duran menos de tres minutos e xeralmente van acompañados con música de fondo relacionada co tema da rodaxe.

3 Empezamos a ler Imos comezar coa lectura do libro. Elaboraredes o voso book tráiler co libro elixido da listaxe de lecturas suxeridas na aula virtual. O proceso de lectura do libro realizarase fóra da aula, non obstante, suxerimos como máximo ata decembro para realizar a lectura antes de comezar o traballo co book tráiler. É importante que nesta fase do proxecto, ademais de desfrutar coa lectura do libro que seleccionastes, recordedes o obxectivo da vosa lectura e, para isto, suxerímosvos que teñades cerca esta presentación na que aparecen algunhas ideas que vos poden axudar na montaxe da parte escrita do book tráiler. (Ver padrón 1)

4 CREAMOS O GUION Chegou o momento de crear o guion ou "storyboard" que será a base do voso book tráiler. Debedes ter en conta que o que ides crear é un pequeño vídeo, é dicir, que ides pasar dun texto escrito á imaxe en movemento; é outra maneira de narrar e de comunicar. O book tráiler, como xa vistes, é un produto audiovisual, polo tanto pode recoller texto escrito, texto oral, imaxes fixas, imaxes en movemento, música... A elección de todos estes elementos (palabras, cores, sons...) e a súa combinación poden ser definitivos para plasmar mellor as sensacións que queirades transmitir.

5 Para isto propoñémosvos que, no proceso, utilicedes diferentes ferramentas que vos poden axudar a ir organizando todas esas sensacións e emocións que tivestes lendo o libro e a escoller os diferentes elementos que lle darán forma. (Ver padrón 2) Convenvos pensar tamén de antemán sobre as necesidades técnicas que ides ter. Para isto podedes utilizar o padrón 3. Con todas estas decisións xa tomadas podedes comezar a elaborar o que será o guion do voso book tráiler. Para isto podedes utilizar o padrón 4.

6

7 PLANIFICAMOS E CREAMOS O BOOK TRÁILER
Agora imos crear o book tráiler, pero antes, debemos planificar as tarefas que imos realizar. A continuación tedes un padrón no que recolleredes as diferentes tarefas que debedes realizar, así como a temporalización e os responsables das diferentes tarefas. Unha vez realizada a planificación, comeza o traballo de creación de cada book tráiler. Agora é o momento de utilizar os guións que creastes. Para a creación existen diferentes programas como Movie Maker, Animoto, editor de vídeos de Youtube... Na páxina de titoriais podedes atopar diferentes guías que paso a paso vos axudarán na confección dos vídeos. Lembrade que a duración aproximada do book tráiler será entre 1-3 minutos. (Ver padrón 5)

8

9 PADRÓNS 1. Book tráiler: 2. Para a toma de decisións: 3. Para decisións técnicas: 4. Para o guion: 5. Planificación das tarefas:


Descargar ppt "Atréveste a crear un book tráiler?"

Presentaciones similares


Anuncios Google