La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

O PORTFOLIO EUROPEO DAS LINGUAS

Presentaciones similares


Presentación del tema: "O PORTFOLIO EUROPEO DAS LINGUAS"— Transcripción de la presentación:

1 O PORTFOLIO EUROPEO DAS LINGUAS
COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA. CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais Programas Europeos

2 O PORTFOLIO PEL de Infantil Guía de infantil PEL do alumno
Pel de primaria (en galego) Pasaporte de primaria Biografía de primaria Dossier de primaria PEL de primaria (en castelán) Pasaporte Biografía Dossier Guía de primaria

3 O PORTFOLIO PEL de secundaria (en galego) Pasaporte Biografía Guía
PEL de secundaria (en castelán) PEL de adultos Introducción Pasaporte Impresos Varios Guía para profesores de David Little Memoria da experimentación (2004) Informe Portfolio anos 2004/06

4 O PORTFOLIO Introducción
O portfolio europeo das linguas é un proxecto desenrolado e pilotado polo departamento de Política Lingüística do Consello de Europa desde 1998, ano no que se comezan a pilotar os primeiros modelos validados ata o ano Entre o 2001 e o 2003, emítense os primeiros informes de resultados da experimentación. A publicación en 2001, tras 10 anos de traballo, do “Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación” (MCER) O Marco constitúe un documento froito dun sentimento de “necesidade de elaborar unha obra global, un documento de referencia que permitira aos profesionais das linguas utilizar un metalinguaxe común, unha ferramenta de maior transparencia e coherencia en toda Europa, e que conservara ao mesmo tempo a flexibilidade para a adaptación aos diferentes contextos.” (Panthier, 2002, páx. 3). O proxecto Portfolio Europeo das Linguas (PEL)podería considerarse como a proposta para a aplicación na práctica do Marco. O PEL é máis un instrumento encamiñado a desenrolar a conciencia da aprendizaxe. É un documento, de formato variable e sempre flexible, no que os que aprenden linguas poden rexistrar de forma guiada e sistemática a súa competencia lingüística, as acreditacións obtidas en materia de linguas e todas as experiencias lingüísticas e culturais significativas. No ano 2007 finaliza o período de experimentación para comezar implantación voluntaria nos centros educativos.

5 O PORTFOLIO O Consello de Europa determina que o modelo conste de tres partes: Pasaporte de linguas, biografía e dossier. * Pasaporte de Linguas: Reflicte mediante as competencias descritas no cadro de autoavaliación o que o titular saber facer en distintas linguas. Tamén contén información sobre acreditacións: diplomas obtidos, cursos aos que asistiu e contactos relacionados con outras linguas e culturas. * Biografía lingüística: Aquí se describen as experiencias, os coñecementos lingüísticos e as habilidades do titular en cada unha das linguas e está deseñada para servir de guía ao usuario á hora de planificar e avaliar o seu progreso. * Dossier: O usuario recolle nel unha mostra selectiva dos traballos persoais que ilustran as súas capacidades e coñecementos lingüísticos (certificacións, traballos escritos, produccións orais, proxectos, etc.)

6 O PORTFOLIO O Portfolio electrónico
O PEL Electrónico atópase en fase de creación. Presentouse o deseño estético en xuño de En primeiro lugar está pensado para a última fase de usuarios de secundaria (a partir dos 14 anos) e usuarios adultos, e unha vez rematado este realizarase o de infantil e primaria. Calquera usuario poderá acceder a el, realizando un previo rexistro, e baixalo ao seu ordenador para traballar con el, do mesmo xeito que o profesorado poderá acceder aos traballos do alumnado. Constará das mesmas partes que o Portfolio en formato papel: pasaporte, biografía e dossier, ademais dunha pestana a maiores: “Apoio e Recursos”, onde se pretende que haxa a posibilidade de dar todo o apoio e recursos necesarios. O calendario previsto é o seguinte: - Entre setembro de decembro de 2007 elaborarase o prototipo en castelán. - Na primavera do 2008 presentarase o prototipo ás CCAA. - En marzo de 2008 presentarase o prototipo áo Comité de Validación do Consello de Europa (castelán /inglés). Se se valida rexeitarase o prototipo e elaborarase a aplicación definitiva que se podería comezar a utilizar en centros a partir de setembro de 2008. Esta información actualizarase tan pronto como se produza algunha modificación.

7 O PORTFOLIO Centros de traballo co Portfolio en Galicia. Curso 2006/07. Centros Portfolio de Infantil. Centros Portfolio de Primaria. Centros Portfolio de Secundaria. Centros Portfolio de Adultos. Centros de Formación e Recursos (Asesores/as).

8 O PORTFOLIO FORMACIÓN PORTFOLIO DURANTE O CURSO 2006-2007
XORNADAS PORTFOLIO ORGANIZADAS DENDE A DIRECCIÓN XERAL: Ao longo do curso 2006/07 tiveron lugar varias xornadas de formación sobre o Portfolio Europeo das Linguas. A xornada de formación para profesorado de Infantil e Primaria realizouse no MUPEGA no mes de novembro de 2006. A primeira xornada dirixida ao profesorado de Secundaria realizouse no mes de marzo na EGAP e, debido á grande demanda de solicitudes, houbo que celebrar outra compartida con profesorado de Adultos no mes de maio no MUPEGA. Xornada de Formación de Infantil e Primaria. Xornada de Formación de Secundaria. Xornada de Formación de Secundaria e Adultos.

9 O PORTFOLIO XORNADAS PORTFOLIO ORGANIZADAS POLO MEC
Estas xornadas estiveron destinadas principalmente a educativos e de centros. Xornada de formación Portfolio de Infantil en Murcia. Xornada de formación Portfolio de Primaria en Barcelona. Xornada de formación Portfolio de Secundaria en Sevilla. Xornada de formación Portfolio de Adultos en Tenerife.

10 O PORTFOLIO FORMACIÓN PORTFOLIO DURANTE O CURSO 2007-2008
Ao longo deste curso 2007/08 terán lugar as Xornadas de formación organizadas por Servizos Centrais e polos CEFORES dentro da Comunidade Autónoma e Xornadas organizadas polo MEC, este ano dirixidas a profesorado que leva a cabo o proxecto nos centros. Estas xornadas estarían divididas en dúas partes unha 1ª parte teórica na que se realizaría unha intervención sobre o proceso de elaboración dun currículo integrado de linguas e outra de como converter o PEL nun proxecto de centro. Nunha 2ª parte terá lugar unha mesa redonda con presentación de varios centros e boas prácticas seguida dun pequeno debate. Tamén se pretende crear un expositor de productos PEL, tales como traballos, CDs, boas prácticas, etc. Estas xornadas centraríanse nos niveis de Infantil, Primaria e Secundaria, deixando á marxe as EEOOII posto que as súas características de organización e xestión son moi diferentes das dos demais.

11 O PORTFOLIO Direccións da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Dirección de correo: PROGRAMAS EUROPEOS Consellería de Educación e O. U. Dirección Xeral de F. P. e E. E. Edificio Administrativo San Caetano, s/n. Santiago de Compostela (A Coruña) Web da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: Programas Europeos (Buscar Portfolio en Programas Europeos)

12 O PORTFOLIO ENLACES DE INTERESE Web do Ministerio de Educación e Ciencia (Buscar Portfolio) Web de Cataluña Web de Andalucía Web de Baleares Web de Navarra Web de Comunidade Valenciana

13 O PORTFOLIO E-mail asesoras: Rocío Iglesias Argüelles
Ana María Alzate Rodríguez


Descargar ppt "O PORTFOLIO EUROPEO DAS LINGUAS"

Presentaciones similares


Anuncios Google