La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

O barroco compostelán.

Presentaciones similares


Presentación del tema: "O barroco compostelán."— Transcripción de la presentación:

1 O barroco compostelán

2 INTRODUCCIÓN Durante o século XVII e comezos do XVIII a cidade de Santiago de Compostela coñeceu unha época de grande esplendor artístico. A catedral románica foi embelecida cunha especie de “forro” no novo estilo barroco, o estilo que hoxe é apreciable en case todo o seu exterior. A impresionante fachada do Obradoiro figura entre as mellores obras barrocas do mundo. E as obras da catedral foron estímulo para a realización doutros importantes edificios e que na cidade traballasen os máis destacados arquitectos galegos do momento. Queres coñecer mellor os tesouros arquitectónicos barrocos da cidade de Santiago de Compostela?

3 TAREFAS Trátase de realizar un traballo individual con dúas opcións:
A. Redactar un comentario sobre os elementos arquitectónicos dos principais edificios barrocos santiagueses –catedral, casa do Deán, igrexas de Santa Clara, de San Domingos…- acompañado de imaxes ilustrativas. B. Imaxinar que es un/unha guía de turismo que acompaña a un grupo de turistas pola cidade. Neste caso, sobre un plano de Santiago, marcar o itinerario a seguir e os edificios a visitar, xuntando o texto do que sería a túa explicación sobre o que se está a visitar.

4 PROCESO Calquera que fose a opción elixida, o traballo debe dar resposta a cuestións como: -Que elementos caracterizan e singularizan ao estilo barroco compostelán? -Con que materiais están construídos os edificios? Facilitan ou dificultan a decoración? -Cales son os edificios máis significativos? -Que arquitectos destacaron? -Como son os retablos das igrexas? Con que materiais están realizados?

5 RECURSOS Actualmente, en Internet escasea a información sobre temas relacionados con Galicia, pero para este traballo tes unha boa fonte de información en papel na Gran Enciclopedia Galega . Ademais, podes consultar páxinas web como:

6 CONCLUSIÓNS Cando teñades rematado o traballo coñeceredes mellor un dos estilos máis representativos de Galicia, ademais de valorar o patrimonio artístico dunha cidade que mereceu a distinción de ser Patrimonio da Humanidade. Ademais, perfeccionastes o emprego da internet como ferramenta útil para obter información e mellorastes a vosa capacidade de síntese, de expresión escrita e de iniciativa e autonomía persoal. Se o traballo o merece, poderá colgarse no blog para compartilo cos vosos compañeiros.

7 AVALIACIÓN Na avaliación terase en conta:
-O contido do traballo (de 0 a 4 puntos) -A redacción e a expresión escrita (de 0 a 4 puntos) -A presentación e os aspectos formais (de 0 a 1 punto) -A busca e as referencias da información (de 0 a 1 punto) Este traballo, como é voluntario, permitirá mellorar a nota do tema 7 e debe ser entregado, como prazo máximo, o día anterior á data do exame.


Descargar ppt "O barroco compostelán."

Presentaciones similares


Anuncios Google