Os retos da ciencia: expectativas diante dun futuro incerto Da ciencia moderna (séculos XVII e XVIII) á tecnociencia M. ÁLVAREZ LIRES. UNIVERSIDADE DE VIGO
ANTECEDENTES Ciencia grega-Antecedente da ciencia occidental: Desconsideración das aportacións da ciencia árabe e doutras ciencias ou técnicas occidentais: Traballo manual = Traballo de escravos
EUROPA FEUDAL División do traballo: intelectuais e aristócratas/campesinado Experimentación: prácticas alquímicas e saber empírico médico (protagonismo feminino)
DA FIN DA EUROPA FEUDAL Ó RENACEMENTO (S. XIV Ó XVII) Novas necesidades sociais e do poder político Necesidade de manipular instrumentos e materias primas a maior escala Comeza a revalorización do traballo artesán que continuará no Renacemento (s. XV e XVI)
Novas necesidades, oficios e inventos artesáns Construcción de barcos, explotación eficiente das minas, desenvolvemento da metalurxia Inventos procedentes da ciencia e técnica orientais: A brúxula, as máquinas para extraer auga das minas, as “fábricas de papel”…. , a máquina de vapor (s. XVII)
Traballo artesán: pioneiro da observación experimental Os “pais” da ciencia moderna non inventaron a técnica: Galileo, Bacon, Harvey, Kepler ou Newton só a utilizaron e perfeccionaron Sempre tiveron ó seu servizo artesáns, constructores de instrumentos e moitas mulleres, que quedaron no anonimato
Debilitamento do sistema feudal (S. XIV) Aparición da transformación da observación experimental en método de investigación Aumenta a importancia da actividade técnica, económica e o papel social das persoas que se dedicaban a ela
O MOVEMENTO DA “NOVA CIENCIA” Inglaterra: 1640-1650 Puritanismo: Movemento político-relixioso con obxectivos de transformación social Carácter progresista da ciencia emerxente apoiada nos movementos sociais
IDEAIS DA “NOVA CIENCIA” Actitude antiautoriataria: cuestionamento de Aristóteles, Galeno…, compartido por paracelsianos, alquimistas, filósofos cartesianos. Fe na experiencia persoal a través da observación experimental O progreso era desexable e posible
IDEAIS DA NOVA CIENCIA Percepción sensorial por riba do inxenio especulativo: Os fenómenos da vida cotiá e os productos e procedementos artesáns son obxecto de investigación científica O traballo é fonte de coñecemento (este último non pertence só a aristocracia) Estilo claro para comunicar os achádegos científicos
IDEAIS DA NOVA CIENCIA Compromiso coa Reforma Educativa Substitución da aprendizaxe escolástica por outra co obxectivo do servizo público Orientación humanitaria: mellorar a alimentación, a sanidade, a educación e crear traballo nas cidades Coñecemento cientifico ó servizo do pobo
O REMATE DUN SOÑO 1660: Carlos II de Inglaterra depura as universidades de partidarios da filosofía natural (ciencia experimental) e decreta a abolición da Igrexa Puritana 1662: Créase a Royal Society de Londres; institucionalízase a ciencia e abandónanse os obxectivos de reforma social
O IDEAL ILUSTRADO DA CIENCIA Século XVIII: Ciencia e técnica ó servizo da “felicidade” humana-dominio da natureza Moitas mulleres de clase alta acceden á actividade científica e crean os Salóns Émilie du Breteuil, marquise du Châtelet: a ciencia que puido ser e non foi
Século XIX Desenvolvemento da industria e creación de novas susbstancias e materiais A ciencia deixa de ser unha actividade amateur : Profesionalízase As mulleres volven ser afastadas da ciencia pero conseguen “colarse”: Summerville, Kovaleskaia, Ada Bayron…
Século XX Continúa o desenvolvemento e a profesionalización da ciencia: creación de sociedades e academias científicas A radiactividade, a enerxía nuclear: destacadísimo papel feminino. Lise Meitner, Maria Sklodowska Curie… Repercusións das dúas Guerras Mundiales no desenvolvemento científico-tecnolóxico
Século XX As mulleres entran nas universidades pero non nas Academias científicas A mecánica cuántica e a teoría da relatividade Cambios na actividade científica: A tecnociencia
A preponderancia da ciencia e da tecnoloxía Progresiva influenza nas máis diversas áreas do saber humano e da actividade social As súas aplicacións militares e políticas: O proxecto Manhattan, Hirosima e Nagasaki A física de partículas Investigacións espaciais Biotecnoloxías Reproducción asistida
A preponderancia da ciencia e da tecnoloxía Transplantes de órganos A investigación con células nai O xenoma humano A invención do ENIAC (un traballo feminino) A aparición e invasión da informática e dos procesos de simulación por ordenador A creación de Internet
A TECNOCIENCIA CONTEMPORÁNEA É preciso examinar e analizar: O coñecemento e a práctica científica As interaccións: procesos científico-tecnolóxicos e cambios sociais É unha revolución de alcance difícil de medir A irrupción en todos os campos dos procesos de simulación por ordenador
CARACTERIZACIÓN DA TECNOCIENCIA Un sistema de accións eficientes baseadas no coñecemento científico que transforman o mundo Desenvolvidas tecnolóxica e industrialmente Non se ocupan só da natureza senón que se orientan, tamén, á sociedade e ós seres humanos
A TECNOCIENCIA Non se limita a describir, explicar e predicir ou comprender o mundo, senón que tende a transformalo en base a valores A verdade ou a verosimilitude ten importancia pero non ocupa un lugar central neses valores
A TECNOCIENCIA O seu referente: un conxunto de escearios ou mundo artificiais que posibilita e constrúe Implica profesionalización e empresarializacion da actividade científica: require grandes equipamentos técnicos e presupostos É un dos poderes dominantes nas sociedades avanzadas como factor relevante de innovación e desenvolvemento económico
A TECNOCIENCIA Ensínase publicamente, pero… O coñecemento e a práctica tenden a privatizarse e mesmo ó segredo Non só é un instrumento de dominio e transformación da natureza senón das sociedades É de gran utilidade para grupos transnacionais, en principio non estatais
A TECNOCIENCIA Insírese nun novo sistema de producción postindustrial: A sociedade da información e da comunicación Para o seu desenvolvemento baséase nun novo formalismo: a informática
Avances para a saúde e o benestar nos países desenvolvidos REPERCUSIÓNS Avances para a saúde e o benestar nos países desenvolvidos
¿TEMAS MENORES OU RETOS DE FUTURO? A SITUACIÓN DAS MULLERES (INFORME ETAN 2000 DA U.E.) : 7% DE CATEDRÁTICAS, 5% NAS ACADEMIAS E ESCASÍSIMA PRESENZA NOS POSTOS DE DECISIÓN DAS POLÍTICAS CIENTÍFICAS AUMENTO DAS DIFERENZAS ENTRE O NORTE E O SUR (6000/50-200 DÓLARES. 1965; 50.000-60.000/50-200. 2004) E AS SÚAS REPERCUSIÓNS NA SAÚDE E O BENESTAR
¿TEMAS MENORES OU RETOS DE FUTURO? O DETERIORO AMBIENTAL: O CAMBIO CLIMÁTICO A PROLIFERACIÓN DE GUERRAS E A UTILIZACIÓN DE SOFISTICADO E AGRESIVO ARMAMENTO (OS PRESUPOSTOS MILITARES)
Porcentaxe do PIB dedicado ó I+D militar 2003
Evolución do I+D militar
Proxectos de desenvolvemento de novos armamentos subvencionados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, 2006
¿TEMAS MENORES OU RETOS DE FUTURO? A UTILIZACIÓN DAS BIOTECNOLOXÍAS DE ACORDO CON PRINCIPIOS BIOÉTICOS A EXCLUSIÓN DOS AVANCES CIENTÍFICO-TÉCNICOS DO CHAMADO TERCEIRO MUNDO E A EXPLOTACIÓN SALVAXE DE RECURSOS E PERSOAS (A DEFORESTACIÓN, A SIDA)
¿QUEN DEBE ASUMIR OS RETOS? As comunidades tecnocientíficas deben asumir, explicitamente, o seu papel na construcción de sociedades máis xustas e igualitarias A cidadanía debe opinar e participar nos temas científico-técnicos que lle afecten. Non é só unha misión de expertos
PARA REMATAR CANDO TODO ISTO ACONTEZA, SERÁ POSIBLE FALAR DE QUE A CIENCIA CAMIÑA CARA Ó IDEAL ILUSTRADO: A “FELICIDADE”- O BENESTAR DOS SERES HUMANOS, HOMES E MULLERES, ALÉN DO DOMINIO DAS XENTES E DA NATUREZA