La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

Os textos argumentativos

Presentaciones similares


Presentación del tema: "Os textos argumentativos"— Transcripción de la presentación:

1 Os textos argumentativos
09/12/2014

2 Características lingüísticas
Substantivos abstractos Tecnicismos Impersoais Pasiva reflexa Sintaxe complexa e longa Conectores Linguaxe culta e formal

3 Substantivos abstractos
Non designan obxectos que se poden percibir cos sentidos. Son o oposto dos substantivos concretos (ex. casa, gato, mesa…). Adoitan presentar as terminacións: -ade, -eza, -ude, -ura, -ción. *PERO non sempre: (ex. amor, perigo, engano, nación, lectura, crise…).

4 1. Coloca ao lado de cada palabra o substantivo abstrato que corresponda
Branco > ____________________ Puro > ____________________ Leal > ____________________ Amigo > ____________________ Fresco > ____________________ Intelixente > ____________________ Libre > ____________________ Sincero > ____________________ Bo > ____________________ 2. Subliña os substantivos abstractos Ducia, máquina, amor, rúa, xanela, esperanza, réptil, peixe, parrulo, soidade, cirurxián, exactitude, creación.

5 tecnicismos Os tecnicismos ou a terminoloxía son o vocabulario especializado dunha profesión ou dalgunha outra actividade para que os expertos poidan comunicarse con precisión. Exemplos: Tecnoloxía: microchip, spam, emulador, placa base… Medicina: hemorraxia, necrose, hepatite, estreptococo… Literatura: metáfora, paradoxo, pleonasmo, circunloquio…

6 ORACIÓNS IMPERSOAIS Estas oracións carecen de suxeito; non nos interesa ou non sabemos quen realiza a acción. Nas oracións impersoais, se é o elemento que remarca a impersonalidade. Ex: No campo vívese mellor ca na cidade. Na cidade contamínase moito.

7 Pasiva reflexa Poden confundirse coas anteriores, pero a maior diferenciación é que estas oracións son bimembres e contan polo tanto con suxeito e predicado. Ex: Aprobouse o decreto//Aprobáronse os decretos.

8 Sintaxe longa e complexa
Nos textos argumentativos predomina a subordinación (condicionais, concesivas, consecutivas…). Ex: Se non actuamos na loita contra o cambio climático, desaparecerán moitas especies. Aínda que as centrais nucleares producen moita enerxía, cómpre ter en conta os riscos medioambientais que poden supoñer. O consumismo está a destruír os recursos da biosfera, por conseguinte, temos que cambiar os valores da nosa sociedade.

9 conectores Aditivos: ademais, alén, tamén, do mesmo xeito, igualmente, así como… De orde: en primeiro lugar, primeiro, para empezar, en segundo lugar, por último, finalmente Causais: a causa de, porque, por mor de, debido a, xa que, grazas a, por culpa de, dado que… Condicionais: se, agás que, coa condición de que, con tal de que… Consecutivos: a consecuencia de, entón, por conseguinte, polo tanto, por esa razón, así… Finais: para que, coa intención de, co obxecto de, a fin de que… Exemplificadores e explicativos: como, por exemplo, é dicir, ou sexa, a saber, noutras palabras Concesivos: aínda que, malia, a pesar de, pese a, aínda cando… Contrastivos: pero, mais, non obstante, por outra banda, ao contrario, en comparación, mentres que, en cambio… Conclusivos: en conclusión, en definitiva, en suma, en resume, para rematar, en poucas palabras…


Descargar ppt "Os textos argumentativos"

Presentaciones similares


Anuncios Google