La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

AS RELACIÓNS SEMÁNTICAS

Presentaciones similares


Presentación del tema: "AS RELACIÓNS SEMÁNTICAS"— Transcripción de la presentación:

1 AS RELACIÓNS SEMÁNTICAS
EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA ADULTOS MÓDULO IV

2 A SEMÁNTICA A Semántica é a parte da Gramática que se encarga do estudo do significado. Dentro do significado convén facer unha serie de distincións: Significado denotativo: é o significado obxectivo dunha palabra, aquel que vén no diccionario. Significado connotativo: é o significado subxectivo e metafórico que a veces lle atribuímos a unha palabra.

3 Significado denotativo/ connotativo
Pensa no significado denotativo e no significado connotativo que poden ter estas palabras nestes contextos: Vin unha rata pola rúa. A túa nai é unha rata, non che dá nin cinco euros. Es un sol. Este sol de primavera é moi malo para a saúde.

4 As relacións semánticas
A Semántica non só estuda o significado das palabras, senón que ademais analiza tamén como se relacionan as palabras en virtude do seu significado. É así como nacen as relacións semánticas, que son: SINONIMIA OPOSICIÓN POLISEMIA HOMONIMIA HIPERONIMIA

5 A SINONIMIA As palabras sinónimas son aquelas que, a pesar de ser diferentes, comparten un mesmo significado. Existen dous tipos de sinonimia: Total: as palabras son sinónimas en todos os contextos (ordenador/computadora; médico/doutor). Parcial: as palabras só son sinónimas en determinados contextos: burro/asno; cerebro/intelixente; ordenar/arreglar).

6 A POLISEMIA Unha palabra é polisémica cando posúe varios significados. Se miramos o diccionario veremos que os diferentes significados dunha palabra polisémica están na mesma entrada. Por exemplo:

7 A OPOSICIÓN As palabras opostas son aquelas cuxos significados son contrarios. Pero existen diferentes tipos de palabras opostas (os antónimos son un deles): OPOSTOS ANTÓNIMOS: entre os termos opostos hai unha gradación: ALTO/BAIXO; BO/PÉSIMO. OPOSTOS RECÍPROCOS: son palabras opostas que se precisan mutuamente para existir: COMPRAR/VENDER; DAR/RECIBIR. OPOSTOS COMPLEMENTARIOS: a afirmación dunha palabra supón a negación doutra: VIVO/MORTO; FIEL/INFIEL.

8 A HIPERONIMIA Esta relación semántica xorde cando o significado dunha palabra está incluído no significado doutra que é moito máis amplo. Esta palabra de significado amplo é o HIPERÓNIMO, e a palabra de significado máis específico é o HIPÓNIMO. Por exemplo:

9 A HOMONIMIA Trátase da relación semántica máis difícil de identificar. Xorde cando dúas palabras que na súa orixe eran totalmente diferentes, polo azar da súa evolución chegan a pronunciarse (e incluso escribirse) igual, pero seguen a ser palabras de significado totalmente distinto. VINO (do latín VENIRE) / VINO (del latín VINUS) = tanto o verbo coma o sustantivo confluíron nunha mesma forma. Outras palabras homónimas: DE/DÉ; VACA/BACA; AI/HAI; POLO (xeado) / POLO (animal).

10 O CAMPO SEMÁNTICO E O CAMPO ASOCIATIVO
Trátase de conceptos que poden confundirse, pero que son diferentes. Forman parte do mesmo campo semántico todas aquelas palabras (pertencentes á mesma categoría gramatical) que compartan parte do seu significado. Por exemplo: piar, miañar, ouvear (=todas elas refírense á emisión de sons por parte dos animais). Forman parte dun mesmo campo asociativo (ou léxico) todas aquelas palabras que dun xeito ou doutro estean relacionadas cun determinado campo ou tema. Por exemplo, dentro do campo asociativo da televisión entran palabras tan dispares como: presentador/a, programa, emisión, presentar, antena, mando a distancia, etc.

11 A FAMILIA LÉXICA Non debemos confundir campo semántico e campo asociativo con familia léxica. Pertencen a unha mesma familia léxica todas aquelas palabras que comparten un mesmo lexema ou raíz: casa, caserío, casona / pan, panadería, panadeiro.


Descargar ppt "AS RELACIÓNS SEMÁNTICAS"

Presentaciones similares


Anuncios Google