ROSALIND FRANKLIN A NOBEL QUE NON PUIDO SER

Slides:



Advertisements
Presentaciones similares
FLORENCE NIGHTINGALE 17/03/2017.
Advertisements

Rosalind Franklin La fotógrafa del ADN
PROGRAMA DE MINIMZACIÓN DE RESIDUOS
DESCUEBRIMIENTO DNA- DNA DE LA SUSTANCIA A LA ESCTRUCTURA
A ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA
O efecto invernadoiro en Galiza
Laboratorio de Proxectos e Iniciativas Xuvenís
AS RELACIÓNS SEMÁNTICAS
Juan Ramón Alonso García
PROGRAMA CAIXAPROINFANCIA PONTEVEDRA
Traxedia dos comúns Cando facer o que é mellor para ti,
Normas de aula Educación en valores
O Núcleo en división. Os cromosomas
Ricos países pobres Lidia Iglesias Vaamonde Helena García Muñoz
Historia do libro O libro é un conxunto de follas manuscritas ou imprimidas, cosidas ou encadernadas xuntas e que forman un volume ordenado para á súa.
ESTUDO DOS AUTÓNOMOS DE PONTEVEDRA ESTUDO DOS AUTÓNOMOS DE PONTEVEDRA
O barroco compostelán.
PROXECTO LOVA ELECTRICIDADE.
Pratos combinados saudables
Lise Meitner Historia dunha inxustiza
CURTA HISTORIA... Charles Plumb, era piloto dun bombardero na guerra de Vietnam. Despois de moitas misións de combate, o seu avión foi derribado por un.
PROGRAMA MUNICIPAL DE INTERVENCIÓN FAMILIAR
VINCENT VAN GOGH
Traxedia dos comúns Cando facer o que é mellor para ti,
Carlos Dosil Güeto 4º ESO
Proxecto interdisciplinar
Oe mamá… teño unha pregunta Beatriz Pérez Conde
Ácidos nucléicos Composición Tipos.
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL
Déixese sorprender….
CURSO E.D.A Galicia, Outubro – Decembro 2008.
DINÁMICA TERRESTRE.
APRENDENDO A LER PUBLICIDADE
Aqueles mozos dos anos 20 Vicente Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Cuevillas, Losada Diéguez Presentación de Noemí Pazó.
¿Por qué chorar mentres vou andando, se outros rín e non teñen pés?
O PROXECTO XENOMA HUMANO E AS IMPLICACIÓNS
Especialidade de Orientación vocacional e Profesional.
Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.
Emilio Arias Consultor. Director de proxectos de Edan Xestión, s.l.
Carlos Gradín (Universidade de Vigo)
OS PROCESOS DA NUTRICIÓN NUNHA PLANTA
DEFORMACIÓNS DAS ROCHAS
INTRODUCCIÓN TAREFAS PROCESO AVALIACIÓN CONCLUSIÓN.
COOPERANDO PARA APRENDER ESTRUTURA COMPLEXA
O PORTFOLIO EUROPEO DAS LINGUAS (2009/10)
ASESORAMENTO AO PROFESORADO DENDE A ORIENTACIÓN ESCOLAR
Atréveste a crear un book tráiler?
Rosalind Franklin La fotógrafa del ADN
O morcego Roque.
WATSON Y CRICK – SU HISTORIA
FRACASO ESCOLAR By Claudia García Marcos Begoña Besada Romero
PROXECTO PARA O ESTABLECEMENTO DA XORNADA MIXTA
Lei Orgánica 2/2006 de 3 de maio, de Educación LOE
O MAGOSTO en Ourense..
Era unha vez unha competencia ...
O APARATO EXCRETOR.
A intervención psicopedagóxica nunha escola de todos e para todos OS ALUMNOS Pontevedra, 27 de abril do 2009.
DÍA DOS DEREITOS HUMANOS
investigan tamén Lynn Margulis As mulleres
Proxecto Pesquería de POLBO 2016
MATRIMONIO HOMOSEXUAL
O matrimonio homosexual.
A MODELIZACIÓN NO ENSINO SECUNDARIO
Os entroidos de Ourense
Traballo do anteproxecto: Asamblea de Huesca decembro
XXIV ENCONTRO ESTATAL DE ESCOLAS ASOCIADAS Á UNESCO. MELILLA-2011
AS FUNCIÓNS DOS SERES VIVOS II: A RELACION
TRATAMENTO INTEGRADO DE LINGUAS
A AVALIACIÓN NA EDUCACIÓN PRIMARIA
Límites e continuidade
Transcripción de la presentación:

ROSALIND FRANKLIN A NOBEL QUE NON PUIDO SER LUCÍA PÉREZ COELLO (1º BACHARELATO) Ciencias para o mundo contemporáneo 2008-2009 IES Otero Pedrayo.Ourense Profesora: Carmen Cid Manzano

A nosa homenaxe 50 anos despois da súa morte

Rosalind Franklin naceu o 25 de xullo de 1920 en Kensington (Londres), nunha familia anglo-xudea conservadora e culta. Rosalind Franklin á idade de 12 anos. cos seus irmáns The Rosalind Franklin Papers . Rosalind Franklin coa súa irmá Jenifer.. The Rosalind Franklin Papers . I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

Científica de vocación… O seu pai defendía que as mulleres non debían realizar ningunha outra actividade que non fose benéfica ou social.Pero Rosalind sabía xa desde os 15 anos que iso non era o seu. Tras longas discusións, Rosalind logrou matricularse no Newnham College de Cambridge (institución exclusivamente feminina), en 1938. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

Vida no Newnham College de Cambridge… A pesar do elevado grao de rendemento que amosaban as mulleres, non eran consideradas “membros da universidade”. Só podían obter un grao de licenciatura “nominal”, sen poder acadar o de Masters of Arts (reservado ós homes).

Foi así como descubriu a súa paixón pola cristalografía. A vida no College non foi moi gratificante para Rosalind e a discriminación que sufría a muller fixo mela na súa autoestima. O estalido da II Guerra Mundial empeorou as circunstancias, pero puido aprender a traballar soa. Foi así como descubriu a súa paixón pola cristalografía. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

Trala guerra… Trasladouse a París, onde gozou dun ambiente aberto, cordial e amigable. En xaneiro de 1951, incorporouse á Unidad de Biofísica do King´s College de Londres. O King’s era un centro de prestixio dominado enteiramente por homes . O SEU OBXECTIVO PRINCIPAL: a aplicación da Física ao estudo de moléculas biolóxicas importantes, entre as que se atopaban os ácidos nucleicos. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

No King’s College… Ó chegar, Rosalind bateu cos intereses e obxectivos de Maurice Wilkins, o subdirector do grupo de traballo, que tiña experiencia previa sobre o estudo do ADN. Wilkins impuxo que Rosalind traballara baixo a súa supervisión. Rosalind, de coñecer a subordinación a Wilkins, é moi probable que non aceptara este traballo.

Maurice Wilkins non aceptou de bo grao á nova investigadora Maurice Wilkins non aceptou de bo grao á nova investigadora. Pero a antipatía foi mutua. A propia Rosalind recoñecía que no único no que se puñan de acordo ela e Maurice era en non estar de acordo en nada. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

DESCUBRIMENTO DA ESTRUTURA DO ADN… O primeiro traballo de Rosalind ao incorporarse ao King’s, consistiu en instalar un novo equipo de raios X e introducir un conxunto de melloras para optimizar o sistema de detección para o estudo das fibras de ADN. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

Franklin utilizou unha técnica chamada DIFRACCIÓN DE RAIOS X para fotografar a molécula do ADN. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

reflíctense ao seu paso, dispérsanse, DIFRACCIÓN DE RAIOS X Esta técnica pode crear imaxes de pequenas estruturas como moléculas, porque a lonxitude de onda da radiación X é tan pequena como a separación entre átomos, producíndose reflexións nos mesmos. Os raios X pasan a través do ADN e: reflíctense ao seu paso, dispérsanse, ou difráctanse en diferentes direccións. Todas as reflexións de Bragg son rexistradas ao mesmo tempo. Cando os raios X saen do conxunto, levan un modelo do mesmo que impresionan unha película fotográfica. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

Franklin dirixiu os raios X a unha fibra de ADN, do espesor dun cabelo, do timo dun becerro. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

Cristalografía de Raios X do ADN Esta imaxe pasou á historia como Fotografía 51 I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

Ao mesmo tempo, Watson e Crick, no Laboratorio de Cambridge, estaban a construír un modelo sobre a estrutura do ADN e non dispuñan dunha evidencia experimental directa a favor dunha dobre hélice. Rosalind Franklin Rosalind, coa colaboración de Raymond Gosling, proporcionáronlle a experiencia que necesitaban. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

Rosalind Franklin deduciu, mediante cálculos precisos, que as cadeas do ADN eran dúas. Ademais, calculou varios parámetros da hélice, como a distancia ou período de repetición. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense As imaxes que garantían a estrutura da dobre hélice foron obtidas ás costas da súa autora coa complicidade de Wilkins, quen facilitou a Watson a entrada ao laboratorio de Rosalind Franklin. Bragg tamén ofreceu unha axuda inestimable a Watson e Crick facilitándolles datos confidenciais que posuía. William Lawrence Bragg Ela nunca soubo que unha filtración do seu traballo contribuíra a desvelar o segredo da vida.

Cando Watson e Crick viron a imaxe de difracción de raios X tomada por Rosalind Franklin, comprenderon inmediatamente a estrutura do ADN. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

Rosalind só tivo que facer pequenas correccións ao manuscrito que xa tiña preparado para envialo á revista Nature cando Watson e Crick enviaron o seu modelo. Quizais cun exceso de modestia escribiu (penúltima liña do texto): “Así, a nosa idea xeral é coherente co modelo proposto por Watson e Crick”. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

MODELO DA DOBRE HÉLICE POR WATSON E CRICK (1953) A dobre hélice caracterízase por: ► As dúas cadeas de polinucleótidos enrólanse en torno a un eixe imaxinario. ► É DEXTRÓXIRA: o enrolamento de cadea prodúcese á dereita. ► É PLECTONÍMICA: as cadeas non se poden separar a menos que se desfaga a hélice. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

► A base A emparéllase sempre coa T mediante 2 pontes de hidróxeno, mentres que a C emparéllase sempre coa G por medio de 3 pontes de hidróxeno. Isto significa que as secuencias de bases de ambas cadeas son complementarias. ► As cadeas son antiparalelas, é dicir; teñen unha orientación diferente. Unha en dirección 5´ 3´e a outra en dirección 3´ 5´. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

Controversia As imaxes que validaban o modelo conseguíronse sen que a autora o aprobase. A aportación de Franklin foi minimizada primeiro e utilizada indebidamente despois. Como escribiu o mesmo Watson: “Rosalind, non nos deu directamente a súa información. Por isto, ninguén no King’s se decatou de que estaban nas nosas mans”. Non a fixeron constar como autora no coñecidísimo traballo sobre a estrutura do ADN publicado na revista Nature en 1953. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

O premio Nobel foi concedido a Watson, Crick e Wilkins (1962) polo modelo da dobre hélice do ADN. Watson e Crick cando recibiron o premio Nobel, non lembraron a contribución de Rosalind á construción do seu modelo. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

A estrutura do DNA representa o descubrimento máis importante na Bioloxía do século XX. Sabendo que o Nobel pode darse como máximo a tres galardoados, que pasaría se a científica estivese aínda viva ? I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

Sen embargo, esta posibilidade nin sequera se puido considerar, Rosalind Franklin falecera prematuramente en 1958 dun cancro de ovario probablemente causado polas repetidas exposicións á radiación durante as súas investigacións. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Rosalind Franklin's lab The Rosalind Franklin Papers .

Rosalind Franklin, segundo a súa biógrafa Anne Sayre, foi despedida dun xeito vergoñento do King's College, pero a súa carreira investigadora seguiu sendo excelente. Trasladouse á Universidade de Birkbeck onde foi practicamente obrigada a abandonar o traballo sobre o ADN e comezou a traballar sobre a estrutura dos virus, publicando 15 artigos de investigación entre 1953 e 1958, ano no que morreu. Rosalind Franklin's lab The Rosalind Franklin Papers .

A pesar de que Watson e Crick aseguran que Rosalind Franklin nunca amosou resentimento nin se sentiu roubada, moitos opinan que este episodio simboliza os ataques e abusos que as mulleres de ciencia tiveron que sufrir por parte dos seus compañeiros masculinos. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

Selo de Suecia de 1989 non que se observa a molécula de ADN diante dá fotografía obtida por difracción de raios X por Rosalind Franklin. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Hoxe en día as achegas á Ciencia de Rosalind Franklin son recoñecidas por toda a comunidade internacional.

Rosalind Franklin é unha icona no avance das mulleres na Ciencia Rosalind Franklin é unha icona no avance das mulleres na Ciencia. Aínda que sempre adoitamos falar da dobre hélice de Watson e Crick, deberiamos engadir o nome de Rosalind Franklin. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Rosalind/Franklin/ADN/elpepisoc/20030227elpepisoc_7/Tes

FIN

FONTES González-Duarte, Roser, caderno nº 13: Doce mujeres en la biomedicina del siglo XX, Fundación Dr. Antonio Esteve, Barcelona, 2007. INTERNET http://es.wikipedia.org/wiki/Cristalograf%C3%ADa http://es.wikipedia.org/wiki/Difracci%C3%B3n http://es.wikipedia.org/wiki/Ley_de_Bragg http://es.wikipedia.org/wiki/Linfocitos_T http://es.wikipedia.org/wiki/Maurice_Wilkins http://es.wikipedia.org/wiki/Rosalind_Franklin http://www.galileog.com/ciencia/biologia/adn/franklin.html http://suplementos.diariodeavisos.com/suplementos/ciencia/38-Watson%20Crick.pdf http://profiles.nlm.nih.gov/KR/Views/Exhibit/narrative/biographical.htm I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

PARA SABER MÁIS… A cristalografía é o estudo do crecemento, a forma e a xeometría dos cristais. A maioría dos minerais adoptan formas cristalinas cando se forman en condicións favorables. A cristalografía asistida por raios X é o principal método de obtención de información estrutural no estudo de proteínas e outras macromoléculas orgánicas (como a dobre hélice de ADN). I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

PARA SABER MÁIS… O King’s era un centro de prestixio, fundado en 1829 pola Iglesia de Inglaterra, enraizado na máis pura tradición anglicana e dominado enteiramente por homes. Non é de estranar, pois, que unha das primeiras indicacións que recibiu Rosalind Franklin ao chegar foi que había dous comedores, un exclusivamente masculino que frecuentaban clérigos, directores e membros do claustro, e outro para o resto do persoal. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

PARA SABER MÁIS… Maurice Hugh Frederick Wilkins (Nova Zelanda 15 de decembro 1916 - 5 de outubro 2004). Estudou Física na Universidade de Cambridge e se doutorou na Universidade de Birmingham. Ao comezar a Segunda Guerra Mundial trasládase a Estados Unidos onde traballa no Proxecto Manhattan para o perfeccionamento do radar e na separación de isótopos mediante espectrógrafo de masas para construción da bomba atómica. Wilkins xunto con Rosalind Franklin, traballando sobre a difracción de raios X, describen a estrutura helicoidal do ADN, que posteriormente servirá de base para a descrición da devandita estrutura por James Watson e Francis Crick. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

PARA SABER MÁIS… A difracción ocorre en todo tipo de ondas, desde ondas sonoras, ondas na superficie dun fluído e ondas electromagnéticas como a luz e as ondas de radio. Tamén sucede cando un grupo de ondas de tamaño finito se propaga. No espectro electromagnético os raios X teñen lonxitudes de onda similares ás distancias interatómicas na materia. É posible, polo tanto, utilizar a difracción de raios X como un método para explorar a natureza da estrutura cristalina. Esta técnica permitiu descubrir a estrutura de dobre hélice do ADN en 1953. A difracción producida por unha estrutura cristalina verifica a lei de Bragg. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

PARA SABER MÁIS… Entre os grupos de biofísicos do momento destacaba o Laboratorio Cavendish de Cambridge, dirixido per Sir Lawrence Bragg, cristalógrafo que obtivera o premio Nobel xunto co seu pai, en 1915, polos seus estudos sobre o efecto dos raios X sobre as proteínas. Francis Crick incorporouse a este equipo para facer a tese doutoral e máis tarde faríao James Watson interesado na estrutura do DNA. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

PARA SABER MÁIS… A lei de Bragg permite estudar as direccións nas que a difracción de raios X sobre a superficie dun cristal produce interferencias constructivas, dado que permite predicir os ángulos nos que os raios X son difractados por un material con estrutura atómica periódica (materiais cristalinos). Foi derivada polos físicos británicos William Henry Bragg e o seu fillo William Lawrence Bragg en 1913. Os Bragg foron premiados co Premio Nobel de Física en 1915 polos seus traballos na determinación da estrutura cristalina do NaCl, o ZnS e o diamante. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense

PARA SABER MÁIS… TIMO: glándula endocrina dos vertebrados que participa na función inmunitaria a través dos linfocitos T. Os linfocitos T constitúen o 70% de todos os linfocitos e son os responsables de coordinar a resposta inmune mediada por células, así como de realizar funcións de cooperación para que se desenvolvan todas as formas de respostas inmunes, incluída a resposta de produción de anticorpos. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense