La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

Traxedia dos comúns Cando facer o que é mellor para ti,

Presentaciones similares


Presentación del tema: "Traxedia dos comúns Cando facer o que é mellor para ti,"— Transcripción de la presentación:

1 Traxedia dos comúns Cando facer o que é mellor para ti,
non é necesariamente o mellor para todos. . Elba Fernández Lage. Ciencias para o mundo contemporáneo 1ºBacharelato. IES Otero Pedrayo. Curso Profesora Carmen Cid Manzano

2 A traxedia en cuestión, pasoulle a un grupo de pastores que utilizaban unha mesma zona de pastos. Un pastor pensou que podía engadir unha ovella máis ás que pacían nos pastos comúns, xa que o impacto dun só animal non afectaría á capacidade de recuperación do solo.

3 Os demais pastores pensaron tamén, individualmente, que podían gañar unha ovella máis, sen que os pastos se deteriorasen.

4 Pero a suma do deterioro imperceptible causado por cada animal, arruinou os pastos e tanto os animais como os pastores morreron de fame.

5 O termo Traxedia dos Comúns foi aplicado por Garrett Hardin nun artigo que escribiu en 1968, no que aseguraba que os problemas que pertencen a esta categoría non teñen solucións técnicas. O que necesitan son cambios no comportamento e as costumes dos seres humanos. Garrett Hardin ( )

6 o aire é de todos

7 Algúns que utilizan o automóbil din:
“… a incomodidade que experimentarei cando o nivel do mar aumente ou se intensifiquen as tormentas pode tardar décadas en chegar … E ademais, non vexo a conexión inmediata entre as miñas accións e esas consecuencias.”

8 Ao igual que o pastor que engade unha ovella ao seu rabaño, a vantaxe é clara mentres que a perda vese difusa e afastada.

9 o aire é de todos

10 E cando moitos automobilistas actúan de igual forma, coma no caso dos pastores, acaban sufrindo as consecuencias.

11

12 No caso do Cambio Climático moitas das solucións son técnicas, pero sobre todo, de modificación dos comportamentos individuais.

13 Medidas contra o Cambio Climático coas que ti podes axudar
Está nas túas mans

14 Na casa Casa con paneis fotovoltaicos, dobre acristalamento, árbores de folla caduca no sur para que dean sombra en verán, e no inverno deixen pasar o sol, árbores de folla perenne no norte para protexer dos ventos fríos, etc. Así, aforraríamos moita enerxía …

15 Dentro da casa Apagar a televisión, o ordenador …
Utilizar electrodomésticos de liña A que son máis eficientes. Desenchufar os móbiles, os portátiles, etc. Cando estean cargados. Utilizar lámpadas de baixo consumo. Poñer a lavadora só cando estea chea. Aforrar auga … Hai mil maneiras coas que podes axudar…

16 No verán Instala toldos, fecha as persianas e corre as cortinas durante o día, para evitar o quentamento da casa. Ventila a casa cando o aire da rúa sexa máis fresco (maña e noite). Non fai falta aire acondicionado, un ventilador de teito é suficiente. No caso de instalar o aire acondicionado: - Os aparatos de liña A son os máis adecuados. - Fixar a Tª de refrixeración a 24º. - Pechar fiestras e portas mentres estea acendido. - Cando o acendas, non axustes o termostato a unha temperatura máis baixa do normal: non arrefriará a casa máis rápido e poderá baixar a Tª demasiado. - Coloca o aparato de tal modo que non lle dea o sol e que haxa unha boa circulación do aire.

17 No inverno Aisla a caso ou o edificio, baixa as persianas o atardecer evitarás así perdas de calor. Baixa o termostato da calefacción 20º, é máis que suficiente para estar confortable. Mentres aireas, apaga a calefacción. Con manter uns minutos abertas as fiestras obterás unha correcta ventilación e aforrarás enerxía.

18 Na rúa Utilizar o transporte público.
Ir andando ao traballo ou escola se está cerca ou ben en bicicleta. Se hai máis persoas que van ir ao mesmo lugar, ir todas nun coche.

19 En lugares públicos, traballo, escola, etc.
Se as luces non son de apagado automático, apagalas. Aproveitar a luz do día. Non pensar, xa as apagará outro (traxedia dos comúns).

20 Cos amigos e familia Explícalle aos teus amigos e familia cales son as causas do cambio Climático. Buscade entre todos solucións.

21 O que podemos perder

22 Miles de especies poden desaparecer

23 Incluída a especie humana

24 A aire limpo é vida, axúdanos a conservalo
o aire é de todos

25 Fontes de información http://www.oei.es/decada/boletin011.htm


Descargar ppt "Traxedia dos comúns Cando facer o que é mellor para ti,"

Presentaciones similares


Anuncios Google