La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

Presentaciones similares


Presentación del tema: "ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL"— Transcripción de la presentación:

1 ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL
1º BACHARELATO ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

2 PROMOCIÓN A 2º BAC Promocionarán ao 2º curso os alumnos/as que foron avaliados positivamente en todas as disciplinas e aqueloutros que foran avaliados negativamente nunha ou en dúas materias. Os alumnos/as que non superen todas as materias na avaliación final ordinaria, realizarán as probas extraordinarias (setembro).

3 MATERIAS COMÚNS EN 2º DE BAC
Historia Lingua castelá e literatura II Lingua galega e literatura II Lingua estranxeira II Filosofía II

4 MATERIAS PROPIAS DA MODALIDADE DE CIENCIAS DA NATUREZA E DA SAÚDE
Matemáticas II Física Química / Debuxo técnico II Química Bioloxía Ciencias da Terra e Medioambientais

5 MATERIAS PROPIAS DA MODALIDADE DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
Latín II Historia da arte Grego II / Hª Música Matemáticas aplicadas ás Ciencias sociais II Xeografía Economía e organización de empresas

6 MATERIAS OPTATIVAS (a elixir 1)
Segunda lingua estranxeira Música II Filosofía da Ciencia Lit. Galega do Século XX Hª e Xeografía de Galicia Literaturas Hispánicas Xeoloxía Mét. Estatísticos e num. Fundamentos de deseño

7 Título de Bacharelato Expídese con avaliación positiva en todas as materias. Ao rematar 2º, os alumnos/as que foran avaliados negativamente en máis de 3 disciplinas do devandito curso ou de ámbolos dous cursos de BAC, deberán repetir curso e serán avaliados naquelas materias de 1º, se é o caso. Os alumnos/as con 3 ou menos materias pendentes de 2º ou de ámbolos dous cursos deberán de cursar únicamente estas disciplinas. Considérase unha soa materia aquela que se curse con idéntica denominación nos dous cursos de BAC. A nota media de BAC será a media aritmética das cualificacións de todas as disciplinas que compoñen os dous cursos. Relixión non computa a efectos de acceso á universidade nin para a obtención de bolsas.

8 Qué facer ao finalizar o BACHARELATO
1.- Estudos UNIVERSITARIOS: Accédese mediante PROBA (PAU) Duración de 3 a 6 cursos Titulacións: diplomaturas, enx. Técnicas, licenciaturas, enxeñerías, arquitecturas... 2.- Ciclos formativos de GRAO SUPERIOR 3.- Ensinanzas ARTÍSTICAS Artes PLÁSTICAS E DESEÑO MÚSICA (4 ou 5 cursos) E DANZA (4 cursos, non se imparte en Galicia) Arte DRAMÁTICA (4 cursos) Conservación e RESTAURACIÓN de bens culturais 4.- Outras ensinanzas: idiomas, Forzas Armadas, piloto, azafata... 5.- Ensinanzas deportivas

9 ESTUDOS UNIVERSITARIOS
ESTRUTURA DAS ENSINANZAS: Ensinanzas de 1º CICLO (estudos básicos, sen título terminal) Ensinanzas SÓ de 1º CICLO (diplomaturas, Arquitectura Técnica, Enxeñerías Técnicas, mestre) Ensinanzas de 1º e 2º CICLO: Licenciaturas, Arquitectura, Enxeñerías Ensinanzas SÓ de 2º CICLO (especializadas, a partir do 1º ciclo) Ensinanzas de 3º CICLO: conducentes ao título de DOUTOR TITULACIÓNS: OFICIAIS: válidas para todo o territorio nacional PROPIAS de cada universidade. Non sempre teñen validez plena. Os títulos propios aos que conducen non teñen os efectos académicos nin comportan a habilitación para o exercicio profesional que as disposición legais recoñecen aos títulos de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.

10 ESTRUTURA BASEADA NA INTEGRACIÓN DO S. U
ESTRUTURA BASEADA NA INTEGRACIÓN DO S.U. ESPAÑOL NO ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR 1º Ciclo: Título de Grao correspondente Capacitación para o exercicio da actividade profesional 2º Ciclo: Título de Máster Especialización académica ou profesional ou inicio en tarefas investigadoras 3º Ciclo: Título de Doutor Cursos, seminarios ou outras actividades dirixidas á formación investigadora + Tese de doutoramento 5 plans de estudo conducentes á obtención dos novos títulos oficiais de Grao adaptados ao Espazo Europeo de E. Superior: UDC: Terapia Ocupacional e Socioloxía USC: Ciencias Políticas e da Administración e Matemáticas UVIGO: Belas Artes IMPLANTACIÓN DO EEES EN ESPAÑA: CURSO

11 PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE (PAU)
Versará sobre os contidos das materias de 2º de BAC. Poderá participar alumnado en posesión do título de BAC. 1ª parte da proba: Materias comúns de 2º BAC. 4 exercicios Composición dun texto de carácter histórico ou filosófico. Análise dun texto en idioma estranxeiro, da linguaxe común, non especializada. Análise e comprensión dun texto de lingua castelá e literatura. Análise e comprensión dun texto de lingua galega e literatura.

12 2ª parte da proba: Materias propias da modalidade.
De carácter específico. Versa sobre tres materias propias de modalidade. Entre elas incluiranse necesariamente as dúas materias vinculada a cada vía de acceso, e a terceira elixiraa libremente o estudante entre as propias de modalidade cursadas. Deberá examinarse das seguintes disciplinas, vinculadas ás vías de acceso que se sinalan: Vía científico-tecnolóxica: Matemáticas e Física Vía ciencias da saúde: Bioloxía e Química Vía humanidades: Latín e Historia da arte Vía ciencias sociais: Matemáticas aplicadas ás CC. Sociais e xeografía Vía artes: Debuxo artístico e Historia da arte

13 CUALIFICACIÓN GLOBAL DA PROBA: Será a media aritmética das cualificacións obtidas nas dúas partes.
CUALIFICACIÓN DEFINITIVA: A cualificación definitiva para o acceso á universidade calculase ponderando un 40% a cualificación da proba e un 60% a nota media do expediente académico do/a alumno/a no bacharelato.

14 Número de convocatorias: 4, como máximo
Repetición das PAU para mellorar a cualificación: O/a alumno/a que teña superada a proba de acceso á universidade poderá presentarse de novo en sucesivas convocatorias, ordinarias e extraordinarias, coa finalidade de mellorar a súa cualificación. A cualificación global obtida nas convocatorias para mellora de nota será tida en conta únicamente se é superior á outorgada anteriormente.

15 AS MATERIAS NA UNIVERSIDADE
Os plans de estudos están compostos por materias. Cada materia consta dun número mínimo de créditos (1 crédito equivale a 10 hrs. de clase). 4 tipos de materias: Troncais: Son obrigatorias nos plans de estudo dunha mesma titulación en todas as universidades do Estado español. Obrigatorias: Son establecidas por cada universidade. Optativas: Son as que elixe o alumno, de acordo coas súas preferencias e intereses, entre aquelas que se ofertan nos plans de estudo da titulación. De libre configuración: Son materias que o estudante elixe libremente para a configuración do seu currículo; pódense elixir materias doutras titulacións.

16 CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR
Son ensinanzas que teñen por finalidade a preparación e capacitación para o exercicio profesional. ACCESO: Título de Bacharelato ou equivalente Mediante proba (19 anos ou 18 superado CFGM) Organízanse en MÓDULOS de contido profesionalizador FASES: Formación teórico-práctica no centro educativo Formación práctica no centro de traballo DURACIÓN: de 1300 a 2000 horas, 2 cursos académicos en xeral TITULACIÓN: TÉCNICO SUPERIOR

17 Prazo de presentación de solicitudes de admisión a C.F.
O prazo ordinario será do 17 de xuño ao 2 de xullo, ambos incluídos. O prazo extraordinario abranguerá dende o día 1 ao 12 de setembro, ambos incluídos.

18 DECIDE O TEU FUTURO despois de...
REFLEXIONAR sobre as túas posibilidades, intereses, situación persoal ou familiar... INFORMARTE sobre os estudos ou formación que podes ter ao teu alcance ANALIZAR e coñecer de cerca o TRABALLO para o que pensas formarte (posibilidades que tes de conseguilo, calidade dese traballo, a túa realización persoal ou como te podes sentir nel...)

19 O MEU PROXECTO PROFESIONAL
Debo establecer unha orde de PRIORIDADE entre os estudos, traballos ou EMPREGOS (profesións, campos profesionais, ocupacións...) que me poden interesar. Determino o PERFIL profesional que mellor se axusta ás miñas CONDICIÓNS PERSOAIS. Trato de COÑECER en profundidade as condicións e CALIDADE desa ocupación ou profesión á que aspiro. PLANIFICO pasos e ESTRATEXIAS para alcanzala, vendo as miñas LIMITACIÓNS e como superalas. Establezo PRAZOS adecuados para levalo a cabo. ACTUALIZO continuamente o proxecto (posta ao día).


Descargar ppt "ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL"

Presentaciones similares


Anuncios Google