La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

AS FUNCIÓNS DOS SERES VIVOS II: A RELACION

Presentaciones similares


Presentación del tema: "AS FUNCIÓNS DOS SERES VIVOS II: A RELACION"— Transcripción de la presentación:

1 AS FUNCIÓNS DOS SERES VIVOS II: A RELACION

2 FUNCIÓNS DE RELACIÓN As funcións de relación son todos aqueles procesos que permiten o intercambio de información da célula co medio mediante estímulos e respostas. Os cambios físicos (Tª, P, luz) ou químicos (de [ ], pH, cantidade de O2, etc) que se producen no medio externo ou interno da célula e que poden ser captados por ela se denominan estímulos.

3 Función de relación nas células:
Recepción de estímulos: as células teñen na mb plasmática proteínas receptoras que detectan os cambios que poidan producirse (tanto no exterior coma no interior da célula) Execución das respostas: as respostas das células aos estímulos poden ser estáticas ou dinámicas: Estáticas: non implican movemento celular. Ex: enquistamento de organismos que sintetizan cubertas externas moi resistentes cando as condicións do medio se volven desfavorables. A célula permanece en estado latente ata que as condicións son favorables. Dinámicas: implican movementos e reciben o nome de tactismos. Son positivos cando a célula se dirixe cara ao estímulo e negativos cando se separa del. Segundo cal sexa o estímulo, poden ser: fototactismos (luz), quimiotactismos (sustancias químicas), hidrotactismos (auga ou humidade), etc.

4 Tipos de movementos das células: 3 tipos:
Movemento vibrátil: prodúcese pola acción de estruturas filiformes que poden ser cilios (curtos e numerosos) ou flaxelos (longos e hai 1 ou 2). O seu movemento necesita a enerxía do ATP. Nos organismos unicelulares, cilios e flaxelos serven para o desprazamento do organismo. Nos pluricelulares, os flaxelos permiten o desprazamento dalgunhas células como os espermatozoides e os cilios tapizan superficies internas como as vías respiratorias. Movemento ameboide: a célula avanza pola emisión de pseudópodos ou falsos pés, que son prolongacións do citoplasma, dirixidas por filamentos de actina e miosina. Serven para a locomoción e tamén para a alimentación. Movemento contráctil: é un acurtamento da célula que se produce ao moverse os filamentos de actina e miosina do citoplasma da célula. Ex: protozoos ou células musculares

5 Movemento vibrátil: cilios e flaxelos
Cilios en paramecio

6 Flaxelo Cilios celulares

7 Macrófago con mov ameboide
Movemento ameboide: pseudópodos Macrófago con mov ameboide

8 Movemento contráctil protozoo


Descargar ppt "AS FUNCIÓNS DOS SERES VIVOS II: A RELACION"

Presentaciones similares


Anuncios Google