A REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ. DESENVOLVEMENTO E MARCO NORMATIVO

Slides:



Advertisements
Presentaciones similares
Promoción de la Autonomía Personal y Empleo
Advertisements

PROGRAMA DE MINIMZACIÓN DE RESIDUOS
EDUCACIÓN COMPENSATORIA
EL PRACTICUM EN LA FORMACIÓN POR COMPETENCIAS
LEY ORGÁNICA 5/2002 Ley Orgánica 5/2002, de 19 de junio, de las Cualificaciones y de la Formación Profesional.
BACHARELATOS Duración de dous cursos.
PROGRAMA DE PREVENCIÓN NO ÁMBITO FAMILIAR “MÁIS QUE UN TEITO”
Ciclo Superior … A.S.I..
O PORTFOLIO EUROPEO DAS LINGUAS
Índice Eixe 4 do Fondo Europeo de Pesca - Medidas
Mª José Méndez Lois Dpto. MIDE USC
II XORNADAS DE DESENVOLVEMENTO DOS CONTRATOS-PROGRAMA
PROGRAMA CAIXAPROINFANCIA PONTEVEDRA
Os sistemas sanitario, educativo e o de servizos sociais deben establecer mecanismos de coordinación eficaces na atención a estes menores e evitar, en.
integración das TIC na práctica educativa en Galicia
ESTUDO DOS AUTÓNOMOS DE PONTEVEDRA ESTUDO DOS AUTÓNOMOS DE PONTEVEDRA
O barroco compostelán.
Atención ao alumnado Nun centro de Primaria 12 unidades de Primaria
XORNADAS DE ATENCIÓN TEMPERÁ
CONCILIACIÓN LIDERAZGO E ESTILOS DE DIRECCIÓN:
CONCILIACIÓN IMPULSO DE MODELOS DE CONCILIACIÓN, RESPONSABILIDADE FAMILIAR E/OU IGUALDADE DE OPORTUNIDADES. CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN AS EMPRESAS SOBRE.
A forza do local: dimensións técnica e política
I PLANO DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES
PROGRAMA MUNICIPAL DE INTERVENCIÓN FAMILIAR
CONCILIACIÓN FLEXIBILIDADE TEMPORAL E ESPACIAL
Proxecto interdisciplinar
R E T O S D A S P O L Í T I C A S de Igualdade E N G A L I Z A.
PROGRAMA DE MOVILIDADE SICUE
Plan de integración das tecnoloxías da información e a comunicación
Déixese sorprender….
CURSO E.D.A Galicia, Outubro – Decembro 2008.
A intervención psicopedagóxica nunha escola de e para O ALUMNADO
O PROXECTO Elaboración e difusión dunha Diagnose e Plan de Acción das políticas de igualdade de xénero e loita contra a violencia de xénero na Provincia.
Especialidade de Orientación vocacional e Profesional.
Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.
Emilio Arias Consultor. Director de proxectos de Edan Xestión, s.l.
Fernando Soto-Camino Rosado
Estamos en rede.
FUNDITEA Fundación Tutelar para a Promoción de Persoas con Discapacidade, particularmente Trastorno do Espectro Autista Xornadas sobre protección xurídica.
Coordinadora de barrio Plan Comunitario de Teis
COOPERANDO PARA APRENDER ESTRUTURA COMPLEXA
O PORTFOLIO EUROPEO DAS LINGUAS (2009/10)
PROGRAMA SOCRATES Accións COMENIUS Educación Escolar ERASMUS Educación
ASESORAMENTO AO PROFESORADO DENDE A ORIENTACIÓN ESCOLAR
PROGRAMA SOCRATES Accións COMENIUS Educación Escolar ERASMUS Educación
PROGRAMA “SANTIAGO SUMA” DE INCLUSIÓN SOCIAL
Xornada de coordinación
EMPRENDEMOS UNHA NOVA ANDAINA XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA FAMILIAS
Condicións de acceso Competencia xeral Título que se obtén Saídas
AVALIACIÓN DO BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE (ABAU)
O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
PROXECTO PARA O ESTABLECEMENTO DA XORNADA MIXTA
Lei Orgánica 2/2006 de 3 de maio, de Educación LOE
Lei 10/2011, do 28 de novembro, de Acción Voluntaria
NORMATIVA E MARCO LEGAL
SITUACION ACTUAL DE LOS EOEPS
A intervención psicopedagóxica nunha escola de todos e para todos OS ALUMNOS Pontevedra, 27 de abril do 2009.
RECOÑECEMENTO DE COMPETENCIAS POR EXPERIENCIA LABORAL (Real Decreto 1224/2009, de 17 de Xullo, de recoñecemento das competencias profesionais.
CONECTANDO MUNDOS: Cando se torcen os dereitos.
Fotografia Ricardo Brigadeiro
Proxecto Pesquería de POLBO 2016
Presentación Pública MEMORIA 2016
OS PLANS DE CONVIVENCIA ESCOLAR
A MODELIZACIÓN NO ENSINO SECUNDARIO
Traballo do anteproxecto: Asamblea de Huesca decembro
XXIV ENCONTRO ESTATAL DE ESCOLAS ASOCIADAS Á UNESCO. MELILLA-2011
Sentido de la Formación
TRATAMENTO INTEGRADO DE LINGUAS
A AVALIACIÓN NA EDUCACIÓN PRIMARIA
A Función Pública en Galicia e o desenvolvemento do EBEP
Transcripción de la presentación:

A REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ. DESENVOLVEMENTO E MARCO NORMATIVO

INTRODUCIÓN: 3 IDEAS FORZA OBXECTIVO principal: a detección precoz de calquera alteración, tanto de carácter biolóxico como tamén as situacións de risco social, ambiental e afectivo. COORDINACIÓN: os sistemas sociais, educativos e sanitarios teñen a obriga de coordinar as súas accións para unha intervención o máis eficaz, que permita aos suxeitos de atención, poder desenvolver todo o seu potencial, feito que sen dúbida determinará no seu futuro, os seus niveis de autonomía. FAMILIA: a atención temperá non pode cinguirse exclusivamente ao ámbito da rehabilitación, ten que ser un continuo na vida do/a menor; os primeiros anos de vida son esenciais para o seu desenvolvemento e a familia e peza chave no seu progreso para o que precisa de estratexias e ferramentas por parte dos/as profesionais que interveñen na atención temperá

INTRODUCIÓN O diagnóstico dunha necesidade de atención temperá pode ser detectado desde diferentes ámbitos: sanitario (a través dos servizos de pediatría/neuropediatría), educativo (a partir dos equipos de orientación e do profesorado), servizos sociais, así como tamén da familia. En calquera caso debe garantirse que eses ámbitos integren un sistema coordinado de atención e que garantan un intervención INTEGRAL E GLOBAL. Sen dúbida o reto segue a estar en que a coordinación dos 3 sistemas sexa real e efectiva, pero nese reto todos e todas nos temos a responsabilidade de traballar para que así sexa

ANTECEDENTES: A Lei 4/1993, do 14 de abril, regulou o servizo de atención temperá como un servicio social na área da discapacidade; en desenvolvemento das súas previsións legais, ditouse o Decreto 69/1998, do 26 de febreiro, polo que se regulaba a atención temperá a persoas con discapacidade en Galicia, e mediante o cal se adscribían ao SERGAS os recursos destinados á dita prestación, quedando integrados neste. A Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia,establece no seu artigo 136 que a Consellería de Sanidade promoverá a cooperación e coordinación co Sistema galego de Servizos Sociais para que a atención ás circunstancias e necesidades sociais e as accións de prevención e asistencia sanitaria se complementen de forma axeitada, e fomentará actuacións integrais sociais e sanitarias ante aquelas circunstancias de dependencia, cronicidades, discapacidade e outras en que a cooperación dos dous sistemas supoña vantaxes sociais e asistenciais.

ANTECEDENTES: A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, establece entre os principios que rexerá o sistema galego de servizos sociais, os de globalidade e coordinación, e define a intervención social, biopsicosocial, sociolóxica ou socioeducativa que favoreza a adquisición ou recuperación de funcións e habilidades persoais e sociais para a mellora da autonomía, da convivencia social e familiar e da inclusión social, como intervención ou servizo de carácter técnico-profesional incluído dentro do catálogo de servizos sociais. Regula tamén esta lei os servizos sociais comunitarios específicos orientados ao desenvolvemento de programas e a xestión de centros orientados a colectivos con problemáticas identificadas e singulares, procurando a súa normalización e reincorporación social ou como espazo de tránsito a un servizo especializado.

ANTECEDENTES: Así mesmo, o Decreto 99/2012, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios, establece como funcións propias dos servizos sociais comunitarios específicos a atención ás persoas con discapacidade, así como a atención psicosocial e familiar vinculado a atención temperá, considerando esta atención como un dos programas e servizos prioritarios na formulación dos programas dos servizos sociais comunitarios municipais. No ámbito educativo é necesario ter en conta o Decreto 229/2011, regula a atención a diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Finalmente citar, o Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situacion de dependencia, que será obxecto da intervención da miña compañeira, a subdirectora xeral de recursos residenciais, Mari Carmen Calviño

ATENCIÓN TEMPERÁ DE CALIDADE ATENCIÓN TEMPERÁ SOCIO-SANITARIA ESTIMULACIÓN PRECOZ INTERVENCIÓN TEMPERÁ ATENCIÓN TEMPERÁ ATENCIÓN TEMPERÁ DE CALIDADE ATENCIÓN TEMPERÁ SOCIO-SANITARIA 70-80 80-90 90-00 00-10 10- NENO/NENA +FAMILIA NENO/NENA+FAMILIA+CONTORNO NATURAL NENO/NENA+FAMILIA+CONTORNO NATURAL+SOCIEDADE CENTRADA NA PERSOA PREVENCIÓN 1ª PREVENCIÓN 2ª+ 3ª PREVENCIÓN 1ª+2ª+3ª UNIDADES ESTIMULACIÓN PRECOZ SERVIZOS DE INTERVENCIÓN TEMPERÁ CENTROS DE ATENCIÓN TEMPERÁ CENTROS DESENVOLVEMENTO INFANTIL E AT Fonte: Profesor Juan Carlos Belda

PRESENTE Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede galega de atención temperá (DOG nº 244, do 23 decembro 2013)

¿POR QUÉ? Porque era imprescindible dispor dunha normativa que permitira crear un espazo común de COORDINACIÓN E CORRESPONSABILIDADE entre os sistemas de SAÚDE, EDUCACIÓN e SERVIZOS SOCIAIS ¿PARA QUÉ? Para unha ACCIÓN INTEGRAL na atención aos nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos e as súas familias ¿CÓMO? Facilitando aos nenos e nenas e as súas familias unha actuación transversal transcendente para o seu desenvolvemento, prestada dun xeito continuado, flexible e contextualizado, e sendo eixo fundamental a coordinación dos 3 sistemas de protrección e que implica asumir o DEBER de COLABORAR E COOPERAR ¿CON QUE? Coa Rede galega de atención temperá

Definición de atención temperá I.- Enténdese por atención temperá o conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo dar resposta o antes posible as necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos/as con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos. Estas intervencións, que deben considerar a globalidade do menor, teñen que ser planificadas por un equipo de profesionais de orientación interdisciplinar ou transdisciplinar (Libro Blanco da Atención Temperá. 2000)

Definición de atención temperá II.- O grupo de expertos/as da Comisión Europea define a atención temperá como o conxunto de intervencións para os nenos e nenas máis pequenos e as súas familias, que comprende calquera acción realizada cando un neno/a precisa un apoio especial para: Asegurar e mellorar o desenvolvemento persoal Refozar as competencias da familia Fomentar a inclusión social da familia e do/a menor Estas accións deben ofrecerse no entorno natural do/a neno/a, preferentemente na proximidade do seu domicilio, baixo un enfoque de traballo multidimensional e orientado ás familias

Que se entende por trastorno do desenvolvemento: Aquelas situacións en que, como consecuencia dunha alteración das estruturas ou funcións corporais, restricións na participación social ou calquera outro factor contextual, se produce un atraso ou desviación significativa no desenvolvemento das capacidades, adquisicións e recursos persoais típicos para idade de referencia.

Que se entende por situacións ou risco de padecer un trastorno do desenvolvemento: Aquelas circunstancias de vulnerabilidade evolutiva que requiren intervención pola descompensación negativa entre factores de risco e protección. (Se ben esta expresión pode inducir a confusión ou falta de concreción, as Recomendacións técnicas para o Desenvolvemento da Atención Temperá, do Real Padroado sobre Discapaciade, delimitan esta definición sinalando que deben incluírse baixo esa conceptualización “todas as categorías diaganósticas ou situacións sociofamiliares incluídas no Nivel II dos eixes IV, V e VI da Organización diagnóstica da atención temperá (ODAT).

Principios reitores da Rede galega de atención temperá

Universalidade: acceso ao servizo de todas as persoas que reúnan os requisitos e condicións establecidas Igualdade: ausencia de calquera discriminación no acceso ao servizo Responsabilidade pública: inserción dos servizos nos sistemas sanitario, de servizos sociais e educativos, garantidos polo sector público autonómico de Galicia Desecentralización e proximidade: achegamento eficiente do servizo ás persoas destinatarias implementando, sempre que sexa posible, actuacións de base comunitaria para a inclusión social, entendendo os servizos sociais comunitarios como o primeiro nivel de intervención do sistema galego de servizos sociais

Coordinación: os sistemas sanitario, educativo e o de servizos sociais están directamente implicados na protección de menores e deben establecer mecanismos de coordinación eficaces, evitando en todo momento a fragmentación que poida darse como consecuencia da intervención de múltiples axentes, entidades ou profesionais, así como garantir a continuidade do proceso: a detección, derivación, seguimento e/ou intervención como obxectivos centrais na coordinación na protección dos/as menores de 6 anos (que vos vai explicar a miña compañeira Carmen de la Sierra, polo miúdo, na súa intervención) Interdisciplinariedade e alta cualificación profesional Calidade

Integración social do/a menor: garantir o dereito das persoas a participar en todos os ámbitos da sociedade recibindo o apoio que necesitan no marco das estruturas comúns de educación, saúde, lecer e cultura, e servizos sociais, recoñecéndolles os mesmos dereitos que ao resto da poboación. Prevención: co obxecto de manter a autonomía persoal dos/as menores e adiar o posible agravamento dos trastornos no desenvolvemento que os afecten ou exista risco de que os poidan afectar. Diálogo e participación familiar. Gratuídade: como principio inspirador da Rede, estes servizos non estarán suxeitos a contraprestación económica por parte das persoas usuarias.

INTEGRANTES DA REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ Integran a Rede galega de atención temperá todos os servizos e programas de que sexan titulares as diferentes administracións públicas galegas, ben sexan xestionados de forma directa ou indirectamente a través das diversas modalidades de contratación da xestión de servizos públicos establecidas na normativa reguladora dos contratos do sector público. Tamén poderán participar as entidades privadas (con e sen ánimo de lucro), a través dos instrumentos establecidos normativamente, e logo da inscrición nos correspondentes rexistros regulados en cada ámbito competencial. Autorización e acreditación dos servizos: explicará MC Calviño

Recursos actuais de atención temperá

Tanto as enquisas máis completas feitas en España (EDDES 1999 e EDAD 2008) como os datos empíricos de asistencia das redes de centros de Atención Temperá en España apuntan a que o 2% da poboación infantil 0‐6 é un dato axeitado para estimar a poboación necesitada anualmente de Atención Temperá e polo tanto ten que ser o obxectivo de cobertura a acadar na atención aos nenos/as con trastornos do desenvolvemento así como aos nenos que se atopan nunha situación vulnerable. Neste sentido, cómpre citar tan só uns datos poboacionais de situación:

GALICIA 2014 (0-6) 153.215 (2%) 3.062 A CORUÑA 64.878 1.297 LUGO 15.748 314 OURENSE 14.571 291 PONTEVEDRA 58.018 1.160 Recursos existentes Nº Recursos no ámbito hospitalario 7 Recursos no ámbito municipal ou supramunicipal 10 Recursos iniciativa social 17

CORPORACIÓN LOCAL Nº TÉCNICOS PERFIL PROFESIONAL XORNADA LABORAL OBSERVACIÓNS NOIA* 3 pedagoxía completa Programa MANCOMUNIDADE DE ORDES 1 psicoloxía Persoal (+ de 20.000) logopedia AS PONTES 2 Programa. Ámbito municipal, NON supramunicipal. Continuidade. BURELA MANCOMUNIDADE DO CARBALLIÑO Programa. Continuidade. En 2011 financiouse como psicóloga MANCOMUNIDADE DE VERÍN psicoloxía-especialidade en desenvolvemento infantil pedagoxía-psicomotricidade pedagoxía-logopedia PONTEAREAS pedagoxía-psicomot.-logop. diplomatura en maxisterio

FINANCIAMENTO, A CONCELLOS, VINCULADO A ATENCIÓN TEMPERÁ OBXECTO DEPUTACION DA CORUÑA   POBRA DO CARAMIÑAL Centro Integral de atención a discapacidade: atención temperá - apoio pedagóxico(profesionais) NOIA Servizo tratamento a nenos con discapacidades (STAND)(profesional) SANTA COMBA Servizo de Logopedia(programa) MANCOMUNIDADE DE ORDES Programa de atención temperá(profesionais) DEPUTACION DE LUGO Non financian AT DEPUTACION DE OURENSE DEPUTACION DE PONTEVEDRA SALCEDA DE CASELAS 1 Praza de psicopedagoga/logopeda

Catálogo de servizos específicos de apoio en atención temperá Conxunto de actuacións, prestacións, recursos, tratamentos e axudas e demais medios de atencion dirixidas aos nenos/as, as súas familias e ao seu contorno, e que contará cun plan personalizado de intervención (que explicará na súa intervención Carmen de la Sierra)que incluirá alomenos as seguintes actuacións de carácter axial, que deberán prestarse dun xeito integrado a través dun dispositivo interdisciplinario: De prevención, acollida, observación, valoración e diagnóstico do/a menor e de información, orientación, asesoramento e apoio ás familias e aos recursos do contorno De estimulación e apoio emocional, social, sanitario e educativo para o desenvolvemento activo da autonomía persoal do/a menor e a súa inclusión familiar, escolar e social tendo sempre en conta as súas necesidades e prioridades evolutivas

Ámbito competencial da prestación dos servizos Consellería competenten en materia de sanidade-Sergas: Prestación dos servizos indicados no catálogo no ámbito dos complexos hospitalarios, en relación cos nenos/as residentes na área de neonatoloxía ou que pola súa condición de saúde precisan de atención, coidados ou asistencia hospitalaria de longa duración. O apoio á familia nas eventuais transicións desde o hospital ao domicilio familiar Facilitar a dispoñibilidade doutros servizos sanitarios de forma integrada co plan personalizado de intervención

Ámbito competencial da prestación dos servizos Consellería competente en materia de educación: Atención das necesidades específicas de apoio educativo Asesoramento á familia durante o segundo ciclo de infantil e na transición á educación primaria Facilitar a dispoñibilidade doutros servizos educativos de forma integrada co plan personalizado de intervención

Ámbito competencial da prestación dos servizos Consellería competente en materia de servizos sociais: A prestación dos servizos de atención temperá no ámbito comunitario mediante os centros e programas de desenvolvemento infantil e atención temperá O apoio a familia no proceso de escolarización naquelas actuacións necesarias e que non sexan competencia da consellería competente en materia de educación Facilitar a dispoñibilidade doutros servizos sociais de forma integrada co plan personalizado de intervención que concrete, para cada caso, o conxunto de obxectivos e actuacións axeitadas ás necesidades do/a menor

LIÑAS ESTRATÉXICAS AXENDA DA ATENCIÓN TEMPERÁ DE GALICIA 2015-2017

Basicamente son tres os aspectos fundamentais que determinan a definición das liñas estratéxicas da Axenda da atención temperá de Galicia, e son os seguintes: Acceder a un diagnóstico precoz e a unha atención temperá especializada Dispoñer de recursos educativos e comunitarios axeitados as necesidades individuais destes menores e das súas familias Dispoñer dunha ampla rede de apoio que fomente a súa participación e evite a súa exclusión

Liñas estratéxicas atención temperá 2015-2017 Liña 1: Información e sensibilización Liña 2: Formación Liña 3: Planificación e programación Liña 4: Coordinación para o desenvolvemento do proceso asistencial integrado de atención temperá Liña 5: Participación e apoio familiar Liña 6: Innovación e investigación Liña 7: Calidade

Liña 1: Información e sensibilización Actuacións realizadas: elaboración e difusión de folletos informativos destinados aos profesionais dos 3 sistemas creación na web da CTB dun espazo propio sobre AT recollida realización de xornadas informativas sobre o novo marco normativo da atención temperá dirixidas aos/os profesionais dos 3 sistemas

Liña 2: Formación Actuacións realizadas: elaboración do Plan anual de Formación continua en relación coa atención temperá dirixidas aos/os profesionais dos 3 sistemas Actuacións a realizar: avaliación do primeiro plan anual de formación e consulta aos profesionais sobre proposta de contidos temáticos a abordar no futuro

Liña 3: Planificación e programación Principais actuacións a realizar en 2016: actualización do 4º nivel de SIUSS para a identificación, valoración social e derivación a pediatría polos servizos sociais comunitarios, de menores en situación de vulnerabilidade, en relación ao seu desenvolvemento; deseño dunha ferramenta de detección e identificación de casos de trastorno do desenvolvemento ou risco de padecelos destinada ao persoal das escolas infantís e ao persoal do programa de intervención familiar dos servizos sociais comunitarios;

Liña 4: Coordinación para o desenvolvemento do proceso asistencial integrado de atención temperá Principais actuacións a realizar en: mellora dos sistemas de rexistro de información existentes e deseño dun programa informático realizado tendo en conta as aplicacións informáticas actuais que permita a integración dos 3 sistemas; liña de axudas da CTB para a posta en marcha de servizos de atención temperá

Liña 5: Participación e apoio familiar Principais actuacións a realizar : definición e establecemento do protocolo de participación da familia, en cada un dos procesos de atención temperá que lles afecte; promoción das escolas de pais e nais en colaboración cos servizos sociais comunitarios e co terceiro sector do ámbito da atención temperá; adopción de medidas de respiro, a través de programas de vacacións asistidas ou xornadas familiares interactivas, para que as familias se atopen, descansen e se interrelacionen nun ámbito fóra do medio cotiá;

Liña 6: Innovación e investigación Principais actuacións a realizar: promoción de acordos de colaboración coas universidades galegas que teñan liñas abertas de investigación en materia de atención temperá; realización de estudios sobre a incidencia territorial dos distintos trastornos do desenvolvemento en toda a Comunidade Autónoma;

Liña 7: Calidade Principais actuacións a realizar: publicación da normativa pola que se establecen os requisitos de autorización e acreditación das entidades prestadoras de atención temperá en Galicia no marco da norma que regule e estableza os requisitos específicos de autorización e acreditación dos servizos definidos pola carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención temperá das persoas en situación de dependencia

Convocatoria de axudas destinadas a entidades locais para o financiamento de servizos de atención temperá Datos de interese: Previsión publicación convocatoria: 2º trimestre 2016 Convocatoria plurianual: 2016-2017 Dotación orzamentaria: Requisitos solicitantes: concellos con poboación inferior aos 20.000 habitantes e que deberán presentarse mediante agrupación de concellos, é dicir, para a prestación do servizo mediante o sistema de xestión compartida Requisitos do servizo a prestar: o servizo deberá dispor dun equipo formado por un mínimo de tres profesionais universitarios con titulacións diferentes e relacionadas coas prestacións a realizar, sendo a ratio recomendada de 3 profesionais cada 60 persoas usuarias.

http://benestar.xunta.es/web/portal/atencion-tempera MOITAS GRAZAS ATENCIÓN TEMPERÁ http://benestar.xunta.es/web/portal/atencion-tempera MOITAS GRAZAS