O NOSO PROGRAMA
2. Elementos dun Programa de Ed. Emocional en Ed. Infantil. DEFINICIÓN DE PROGRAMA. É un plan de acción ou actuación, sistemático e organizado, o servizo de metas educativas que se consideran valiosas. DIFERENZA ENTRE REALIZAR ACTIVIDADES DE ED. EMOCIONAL E LEVAR A CABO UN PROGRAMA DE ED. EMOCIONAL. Debemos dedicarlle un mínimo de tempo (un mínimo de 7 actividades por curso académico) Serán actividades coordinadas Diferentes tipos de actividades: talleres, centros de interese, recunchos de clase, gran grupo ou pequeno grupo. QUE DEBE INCLUIR: Obxectivos. Contidos. Metodoloxía Actividades- Recursos Avaliación. Bibliografía. MARCO TEÓRICO 2. Elementos dun Programa de Ed. Emocional en Ed. Infantil.
METODOLOXÍA Globalizada. Activa. Atendendo a diversidade segundo as características individuais (intereses e necesidades persoais) Xeneralizables. Mestre/a como mediador e modelo de actuación. Clima: seguridade, confianza, afecto (queridos e valorados) Punto de vista didáctico-metodolóxico: contos, títeres, dramatizacións, cancións, bailes, relaxacións, fotografías, noticias de prensa, vídeos … Mascota ou personaxe propio de clase (participa nas actividades) Grupos deben ser reducidos ou contar co apoio doutro mestre.
AVALIACIÓN Imprescindible: permítenos determinar o grado de consecución dos obxectivos. Avaliamos para mellorar e guiar a noso traballo. Preguntarme: Que fixen ben? En que podo mellorar? Tres momentos: inicial, continua ou de proceso e final. Medios: Observación directa. Escalas de observación: rexistro da consecución de obxectivos en cada actividade. Rexistros anecdóticos: situacións transcendentes (conflitos, reflexións …) Diario de clase (rexistrar situacións, experiencias …)
BIBLIOGRAFÍA GROP, Actividades para el desarrollo de la Inteligencia emocional en los niños, Ed. Parramón, Barcelona, 2.009. GROP, Educación Emocional, Programa para 3-6 años, Ed. Wolters Kluwer, Madrid, 2.010. GROP, Educación Emocional, Programa para Ed. Primaria, Praxis, Madrid, 2.005. Rafael Bisquerra Alzina, Educación Emocional y Bienestar, Praxis, Madrid, 2.005. VVAA. Escola de sentimentos. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 2.009. Felix López e Itziar Etxebarría, Desarrollo Afectivo y Social, Pirámide, Madrid, 2.003