O empirismo DAVID HUME.

Slides:



Advertisements
Presentaciones similares
EL SIGLO XVII: NUEVAS FORMAS DE PENSAMIENTO:
Advertisements

FILOSOFIA MODERNA.  Quando estudamos a história da Filosofia, encontramos a Filosofia Moderna como o divisor entre o pensamento clássico e o pensamento.
EMPIRISMO Punto de partida.
RACIONALISMO TEMA EMPIRISMO
Racionalismo.
EL CONOCIMIENTO 1 ¿QUÉ ES LA VERDAD? CRITERIOS DE VERDAD
RAMAS DE LA FILOSOFÍA Si entráis en una Facultad de Filosofía, veréis que hay distintos departamentos, cada uno de los cuales se ocupa de una rama de.
IDEALISMO TRASCENDENTAL
Prof. Abraham Siloé Ramos Pérez
Teoría del conocimiento
¿Qué sabemos y cómo sabemos?
FILOSOFÍA MODERNA MODERNIDAD
EL CONOCIMIENTO 1 ¿QUÉ ES LA VERDAD? CRITERIOS DE VERDAD
BACHARELATOS Duración de dous cursos.
7. El empirismo: David Hume.(XVIII)
PROGRAMA DE DOUTORAMENTO HCT
AS RELACIÓNS SEMÁNTICAS
Os textos argumentativos
As claves dunha nova escola
Traxedia dos comúns Cando facer o que é mellor para ti,
1. OS RISCOS ELÉCTRICOS 2. O ESTRÉS 3. O BURN-OUT 4. O MOBBING
Ricos países pobres Lidia Iglesias Vaamonde Helena García Muñoz
O barroco compostelán.
PROXECTO LOVA ELECTRICIDADE.
CURTA HISTORIA... Charles Plumb, era piloto dun bombardero na guerra de Vietnam. Despois de moitas misións de combate, o seu avión foi derribado por un.
VINCENT VAN GOGH
Dagner Renato Juarez Navarro
Traxedia dos comúns Cando facer o que é mellor para ti,
A arte de Maurits C. Escher.
Carlos Dosil Güeto 4º ESO
Oe mamá… teño unha pregunta Beatriz Pérez Conde
Déixese sorprender….
A Narrativa dos anos 60 Nova Narrativa Galega.
CURSO E.D.A Galicia, Outubro – Decembro 2008.
DINÁMICA TERRESTRE.
RAMAS DE LA FILOSOFÍA Si entráis en una Facultad de Filosofía, veréis que hay distintos departamentos, cada uno de los cuales se ocupa de una rama de.
APRENDENDO A LER PUBLICIDADE
Emilio Arias Consultor. Director de proxectos de Edan Xestión, s.l.
Aqueles mozos dos anos 20 Vicente Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Cuevillas, Losada Diéguez Presentación de Noemí Pazó.
A intervención psicopedagóxica nunha escola de e para O ALUMNADO
¿Por qué chorar mentres vou andando, se outros rín e non teñen pés?
A VIDA....
O cambio climático. Traballo feito por Carolina Barros Moran, Cristina Barros .oran e Ana Mañas Hernández.
Erros máis comúns (2ª parte)
Especialidade de Orientación vocacional e Profesional.
Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.
Emilio Arias Consultor. Director de proxectos de Edan Xestión, s.l.
Traballo voz natura Traballo Traballo Voz Voz Natura Natura Traballo
AS ETAPAS DE PAULO COELHO.
DEFORMACIÓNS DAS ROCHAS
INTRODUCCIÓN TAREFAS PROCESO AVALIACIÓN CONCLUSIÓN.
Racionalismo:  El racionalismo (del latín, ratio, razón) es una doctrina filosófica que considera que la razón es el único medio para obtener conocimientos.
Institutuo el Salvador Estudiante: Godoy Mylen
ETAPA ÉTICA Diferentes escuelas filosóficas: Hedonistas Cínicos
El pensament de Hume..
FRACASO ESCOLAR By Claudia García Marcos Begoña Besada Romero
AVALIACIÓN DO BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE (ABAU)
RACIONALISMO: DESCARTES CONTEXTO HISTÓRICO, CULTURAL Y FILOSÓFICO. EL PROBLEMA DEL MÉTODO EN DESCARTES. LA DUDA. LAS TRES SUSTANCIAS: YO, DIOS Y MUNDO.
David Hume ( ) Representante más destacado del empirismo.
Experiencia y razón, frente a frente Luis Trujillo.
A intervención psicopedagóxica nunha escola de todos e para todos OS ALUMNOS Pontevedra, 27 de abril do 2009.
DÍA DOS DEREITOS HUMANOS
FRACTAIS, LITERATURA FRACTAL, FRACTALISMO
CEIP ISIDORA RIESTRA I ENCONTROS DE E.INFANTIL E DE E. PRIMARIA.
MATRIMONIO HOMOSEXUAL
O matrimonio homosexual.
A MODELIZACIÓN NO ENSINO SECUNDARIO
Os entroidos de Ourense
Kant ). Biografía: La vida en Konigsberg. Un hombre de costumbres. La religión pietista. Formación integral y enciclopédica.
Límites e continuidade
Transcripción de la presentación:

O empirismo DAVID HUME

O empirismo Chámamos empirismo á corrente filosófica inglesa dos séculos XVII e XVIII que afirma que todo coñecemento humano procede da experiencia. Óponse ao racionalismo nas súas teses básicas principalmente a do innatismo. Os seus máximos representantes son John Locke, George Berkeley e David Hume. Locke postulou que a nosa mente é como unha folla de papel en branco (tábula rasa) onde se van imprimindo as nosas vivencias.

Racionalismo Empirismo Berkeley Descartes Spinoza Locke Leibniz Hume

1. Vida e obra Naceu en 1711 en Edimburgo (Escocia). Era orfo de pai. Estudou Filosofía en Francia (La Fléche) durante catro anos (1734-1738) onde escribeu o seu Tratado sobre a natureza humana. Non puido acceder á cátedra de Ética e Filosofía Política na Universidade de Edimburgo por ser considerado herético. Foi bibliotecario da Facultade de Avogados de Edimburgo, secretario da embaixada de París e subsecretario do Estado en Londres. Foi amigo de Rousseau aínda que acabaron enfadados. Morreu na súa terra natal en 1772, rodeado de amigos como Adam Smith. As súas principais obras son: Tratado sobre a natureza humana de 1740 e Investigación sobre o coñecemento humano de 1748.

2. Distinción impresión/idea Hume pretendía crear unha ciencia empírica do ser humano, así como Newton creara a ciencia física. As súas investigacións céntranse no entendemento, nas paixóns e na moral. Con respecto ao coñecemento, Hume parte de dúas preguntas fundamentais: ¿De que materiais está provista a nosa mente? ¿Qué uso podemos facer deles? Hume responde que todos os contidos da nosa mente son “percepcións”. As percepcións poden ser de dous tipos: impresións e ideas. As impresións son as percepcións máis inmediatas, actuais, vivas e intensas. As fundamentais son: sensacións, paixóns e emocións. As ideas son copias das impresións e por eso máis débiles e menos vivas. Todas as ideas proceden das impresións. Isto proporciona a Hume o método filosófico que impón someter a proba todo concepto ou categoría que se presente, buscando a impresión que é a súa orixe e rexeitándoo se a súa orixe non é unha impresión. Non hai, polo tanto, ideas innatas.

As ideas únense e combinan en virtude das formas de asociación denominadas contigüidade, semellanza e causalidade. A causa da asociación descoñecémola: só coñecemos os seus efectos. Unha idea pode causar unha nova impresión, pero esta xa non é unha impresión de sensación (orixinal) senón de reflexión. Tanto as ideas como as impresións poden ser simples ou complexas. A afirmación de que toda idea procede dunha impresión levou a Hume a criticar algúns conceptos fundamentais da filosofía como o concepto de causa ou de substancia.

3. Verdades de razón e cuestións de feito "Todos os obxectos da razón e investigación humana poden dividirse en dous grupos: relacións de ideas (relations of ideas) e cuestións de feito (matters of fact). As proposicións que describen relacións de ideas poden descubrirse por análise racional e son necesariamente verdadeiras independentemente de que se dean ou non na realidade. Nelas o predicado dedúcese loxicamente do suxeito e a súa negación é unha contradicción. As proposicións matemáticas son todas deste tipo. Ex. “A suma dos ángulos dun triángulo equivale a dous rectos” As proposicións referentes a cuestións de feito non son necesariamente verdadeiras pois o fundamento da súa certeza é a experiencia e non a razón. O predicado xamáis se deduce pola análise do suxeito e a súa negación é posible. É o campo das ciencias empíricas. Ex. “ O calor dilata os corpos”.

Relacións de ideas Cuestións de feito Sen experiencia, son independentes do que poida ocorrer no mundo Coñecemento da Matemática e da Lóxica. Ex. O cadrado da hipotenusa é igual ao cadrado dos lados. Con experiencia, a súa verdade depende dos feitos, da experiencia. Coñecemento da Física ou da Historia. Ex. Mañán vai chover. NEGALO É CONTRADICTORIO NEGALO É POSÍBEL

Fenomenismo e escepticismo A actitude crítica que desenrola Hume con relación ao coñecemento conduceno a un fenomenismo radical: só coñecemos as nosas percepcións e, polo tanto, a realidade redúcese a puro fenómeno, é dicir, ao que se mostra aos nosos sentidos. A consecuencia do fenomenismo é a inseguridade no coñecemento, o escepticismo: non hai coñecemento seguro. O escepticismo de Hume non é radical posto que necesitamos crer para vivir pero é necesario para combater o dogmatismo e para establecer os límites do noso coñecemento.

4. Crítica á Metafísica Crítica á idea de causa A esixencia de que a toda idea ten que corresponderlle unha impresión, levou a Hume a criticar os conceptos fundamentais da filosofía como a idea de causa ou a de substancia. Hume pregúntase: ¿a que impresión corresponden estas ideas? “Se albergamos a sospeita de que un término filosófico emprégase sen significado ou idea algunha (como ocorre con farta frecuencia), só haberá que preguntar de que impresión derívase a suposta idea; e se é imposible asignarlle unha, confirmouse a nosa sospeita.“ (Investigación sobre o entendemento humano) Crítica á idea de causa Os filósofos entenderon a idea de causa como unha conexión necesaria entre dous fenómenos. Pero non existe ningunha impresión de tal conexión necesaria. O principio causal non está fundamentado nin na razón nin na experiencia senón no costume de ver un fenómeno seguido de outro. Polo tanto, a idea de causalidade é unha crencia (belief), non unha certeza. A certeza no coñecemento de feitos futuros fundaméntase nunha crencia que é motivada polo hábito.

“Cremos” que a bola lila movérase se lle damos coa branca porque sempre ocurreu así, pero non podemos estar seguros ao 100%

Crítica á idea de substancia Non existe unha impresión da idea de substancia. Non é máis que unha colección de ideas simples unidas pola imaxinación. Os filósofos como Descartes falan de tres substancias (o eu, o mundo e Deus) pero para Hume as tres son falsas posto que non temos impresión ningunha delas. O eu (alma): ¿por qué creo que son a mesma persoa que onte? Non hai ningunha impresión do eu, só unha colección de percepcións (pensamentos, sentimentos, recordos,...). A memoria fainos crer que existe o eu pero é unha ilusión, é falso. Confundimos a idea de sucesión coa de identidade.

A metafísica é un saber obtruso, dogmático e que leva á superstición. O mundo: ¿Por qué creo que hai obxectos, corpos, aínda que non os teña vendo? Non pode ser polos sentidos porque os obxectos cambian de apariencia; tampouco pola razón. Só pola memoria e pola imaxinación. Deus: Non hai impresión ningunha que dea lugar a idea de Deus. Polo tanto, Deus non existe. A metafísica é un saber obtruso, dogmático e que leva á superstición. O coñecemento humano é limitado ao campo da experiencia (empirismo). Non existe coñecemento máis aló das nosas impresións e ideas. O mellor é adoptar un escepticismo moderado.

Mapa conceptual

5. O emotivismo moral O fundamento da moral non é a razón senón o sentimento. Os xuizos morais só expresan e suscitan sentimentos. Ben e mal non son valores absolutos. É o corazón o que xulga, non a razón. Con sentimentos de aprobación ou reprobación. Aprobamos o que agradable e útil e desaprobamos o que nos resulta vicioso. Esto poderíanos levar ao relativismo ou ao egoísmo pero Hume cría que os sentimentos morais eran iguais para todo o mundo, e que exiten deberes e dereitos universais. O benestar e a felicidade individuais son inseparables do benestar e da felicidade colectivas (optimismo excesivo). Todos os humanos buscamos a felicidade dos demais.

Fin da presentación “Que se satisfaga a túa paixón pola ciencia, pero que a túa ciencia sexa humana tal que teña inmediata referencia á acción e á sociedade... Sen filósofo, pero en medio de toda a túa filosofía, sen home.”