Regala TE /LLE un LIBRO.

Slides:



Advertisements
Presentaciones similares
PROGRAMA DE MINIMZACIÓN DE RESIDUOS
Advertisements

A ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA
O PORTFOLIO EUROPEO DAS LINGUAS
O efecto invernadoiro en Galiza
AS RELACIÓNS SEMÁNTICAS
Os textos argumentativos
COMO CONVERTER UN RELATO NUNHA FOTONOVELA
ECONOMÍA Sector terciario.
Introducción Actividades Creación dunha páxina web Exposición “Reconquista ” Simposio Internacional sobre a Reconquista de Vigo Elaboración dunha.
PROGRAMA CAIXAPROINFANCIA PONTEVEDRA
O legado de Roma IES MONTE DAS MOAS 1º ES0 MAIO 2011.
Normas de aula Educación en valores
1. OS RISCOS ELÉCTRICOS 2. O ESTRÉS 3. O BURN-OUT 4. O MOBBING
Ricos países pobres Lidia Iglesias Vaamonde Helena García Muñoz
Historia do libro O libro é un conxunto de follas manuscritas ou imprimidas, cosidas ou encadernadas xuntas e que forman un volume ordenado para á súa.
O barroco compostelán.
PROXECTO LOVA ELECTRICIDADE.
CURTA HISTORIA... Charles Plumb, era piloto dun bombardero na guerra de Vietnam. Despois de moitas misións de combate, o seu avión foi derribado por un.
PROGRAMA MUNICIPAL DE INTERVENCIÓN FAMILIAR
VINCENT VAN GOGH
O Proxecto de Dragal permite ao alumnado acceder, de xeito interdisciplinar, á historia e á cultura de Galicia a través do éxito das aventuras que agocha.
Proxecto interdisciplinar
Oe mamá… teño unha pregunta Beatriz Pérez Conde
R E T O S D A S P O L Í T I C A S de Igualdade E N G A L I Z A.
Déixese sorprender….
A Narrativa dos anos 60 Nova Narrativa Galega.
CURSO E.D.A Galicia, Outubro – Decembro 2008.
APRENDENDO A LER PUBLICIDADE
Emilio Arias Consultor. Director de proxectos de Edan Xestión, s.l.
Aqueles mozos dos anos 20 Vicente Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Cuevillas, Losada Diéguez Presentación de Noemí Pazó.
A intervención psicopedagóxica nunha escola de e para O ALUMNADO
¿Por qué chorar mentres vou andando, se outros rín e non teñen pés?
A VIDA....
CAIXA VIRTUAL DE CRÉDITO MUTUO
O cambio climático. Traballo feito por Carolina Barros Moran, Cristina Barros .oran e Ana Mañas Hernández.
Erros máis comúns (2ª parte)
Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.
Falando do pasado: COPRETÉRITO
Aulas ABALAR.
Atenas.
Tertulia para NAIS E PAIS
Emilio Arias Consultor. Director de proxectos de Edan Xestión, s.l.
O león fraco Mon Daporta Cousiñas feitas na casa.
AS ETAPAS DE PAULO COELHO.
Carlos Gradín (Universidade de Vigo)
Falando do pasado: COPRETÉRITO
EMPRÉSTITOS E DEVOLUCIÓNS
INTRODUCCIÓN TAREFAS PROCESO AVALIACIÓN CONCLUSIÓN.
Emilio Arias Consultor. Director de proxectos de Edan Xestión, s.l.
O PORTFOLIO EUROPEO DAS LINGUAS (2009/10)
Atréveste a crear un book tráiler?
PROGRAMA “SANTIAGO SUMA” DE INCLUSIÓN SOCIAL
O morcego Roque.
TRANSICIÓN DA EDUCACIÓN INFANTIL Á PRIMARIA
FACULTADE DE MEDICINA ACOE
A NOSA HISTORIA DE ONDE VIMOS?
O MAGOSTO en Ourense..
A intervención psicopedagóxica nunha escola de todos e para todos OS ALUMNOS Pontevedra, 27 de abril do 2009.
FRACTAIS, LITERATURA FRACTAL, FRACTALISMO
CEIP ISIDORA RIESTRA I ENCONTROS DE E.INFANTIL E DE E. PRIMARIA.
Historia dunha castaña
MATRIMONIO HOMOSEXUAL
O matrimonio homosexual.
A MODELIZACIÓN NO ENSINO SECUNDARIO
Nunha xunta de pais de familia de certa escola, a directora resaltaba o apoio que os pais deben darlle aos fillos.
SOÑEI CUN ANXO.
Ramón Piñeiro López Armea (Láncara ) 31de maio de 1915.
Traballo do anteproxecto: Asamblea de Huesca decembro
XXIV ENCONTRO ESTATAL DE ESCOLAS ASOCIADAS Á UNESCO. MELILLA-2011
TRATAMENTO INTEGRADO DE LINGUAS
Transcripción de la presentación:

Regala TE /LLE un LIBRO

Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2010 Na «Luzada», a cafetaría de Patricia situada nunha encrucillada de rúas en Santiago de Compostela,  conflúen cada un dos camiños que transitan os máis de quince personaxes. Nesta novela crúzanse historias humanas diferentes que, no seu conxunto, conforman unha radiografía da sociedade urbana actual: globalizada, interconectada e diversa.

Premio Blanco Amor  2010   Unha novela que ao contar a historia dunha familia na Galicia de hoxe conta a historia de todos nós, dos sentimentos que abrollan nos actos nimios, das relacións nas que as palabras case non son necesarias ou do que é imposible de dicir, do que non se pode desanoar. A nova literatura galega fala de nós, da realidade que estamos a vivir.

 Desde a súa ventá ao mundo, un caixeiro de peaxe da autoestrada bota unha ollada ás fraccións de vidas que se cruzan con el acotío. Esas instantáneas compoñen unha colaxe que lle axuda a fuxir da soidade. A partir destes encontros fugaces, ceiba a súa imaxinación e crea un universo ao ritmo da música que sae dos nosos vehículos cando baixamos a xanela para pagar, un planeta movido por anacos de conversas que desaparecen a cen quilómetros por hora. 

Tanto como os campos de concentración -co que implican de fame, frío, enfermidade, violencia e morse-, interesa aquí un deses mundos persoais e familiares que o nazismo destruíu, e que é do pouco que ten cor fronte ao gris ferinte e o silencio. 

de Literatura Infantil 2010 Premio Merlín de Literatura Infantil 2010 Serafina é filla dun ladrón de bicicletas e que por diversas circunstancias vive coa súa tía, dona Perfecta. A súa máxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta, e cara a iso van enfocados todos os seus esforzos, aos que non serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades que lle ocasionan a panda de Martiño o Bravo. Ademais de gozar das ilustracións,   esta obra tamén é unha ferramenta de apoio á hora de axudaren os nenos a gañar en autonomía e coñecemento sobre si mesmos. A linguaxe infantil está presente ao longo de todo o libro, con onomatopeias, xogos visuais e de palabras que o convertirán nunha obra cercana e atractiva.

Alexandra é unha rapaza de primeiro de Bacharelato a quen lle gusta moito a lectura e a música da cantante islandesa Björk, afeccións nas que atopa no seu cuarto os seus mellores aliados á hora de construír un mundo paralelo onde vivir. A amizade con Eva, unha compañeira de clase que arrastra un pasado difícil, levaráa a descubrir en Internet a páxina de bookcrossing, un espazo web de persoas que liberan libros para que outras os atopen. Unha obra de lectura fluída e entretida, cun ritmo narrativo constante e dinámico. Un libro denominado "de busca e viaxe"; o seu protagonista emprende un itinerario físico e real, mais tamén un percorrido interior e de madurez persoal, de moito calado metafórico para a mensaxe que transmite: ás veces é necesario emprender unha viaxe moi lonxana e tortuosa para acabar comprendendo que aquilo que buscabamos estivera ao noso alcance sen decatarnos.

Tintimán, un rapaz de dezaseis anos arrichado e algo insolente, herdou do seu pai a paixón por investigar misterios, o amor pola aventura e un axitado traballo de xornalista.  Santiago de Compostela é un escenario emocionante e arriscado para o primeiro misterio que ten que descubrir. O reporteiro investigará se realmente existe a Irmandade Xelmírez, unha seita perversa, ou se só é unha lenda.   Esta segunda entrega está ubicada na Coruña, cidade que asiste horrorizada a un incidente de consecuencias internacionais: desapareceu unha coroa de Napoleón que o goberno francés lle emprestara á cidade para conmemorar o bicentenario da Batalla de Elviña.

Unha novela conmovedora e esperanzada sobre o camiño que debe emprender un neno para se converter en home. Stefano está considerado un clásico, cita de referencia obrigada na literatura xuvenil, que enlaza os acontecemento vitais emocionais da adolescencia coa dura experiencia da emigración.

Mil cretinos, o último libro de narrativa do recoñecido autor catalán Quim Monzó, camiña a través dese difícil equilibrio entre a miseria humana e a vida, abordando a dor, a vellez, a morte e o amor.  A partir de situacións intranscendentes  desenvólvense, en poucas frases, a inquedanza, o drama, a explosión ou o absurdo;  e todo desde unha ollada ácida e refrescante, penetrante e contida. 

Luz de Tebra é un dos libros de contos que enxerta, xa para sempre, na herdanza das nosas mil e unha noites: Retrincos de Castelao, Dos arquivos do trasno de Rafael Dieste, Os biosbardos de Eduardo Blanco Amor, Á lus do candil de Ánxel Fole, Escola de menciñeiros de Álvaro Cunqueiro…

Transcorre naquel pequeno Ourense, clerical e clasista, dos anos corenta e cincuenta do pasado século cando todo eran atrancos e miserias para o pobo. O personaxe principal é un adolescente que emigra da aldea á cidade, onde se ve obrigado a traballar en diversos oficios para subsistir nun mundo hostil e represivo no que se sente alleo e desnortado Apenas pasaran algo máis dunha ducia de anos desde a fin da ditadura, remataban os 80 ou albiscábanse os desinhibidos 90. A través de entrevistas feitas naquela época, reconstrúese agora o pulso cultural dun tempo en que Galicia era un país a medio facer e vivía ese feito de xeito obsesivo. Logo, o libro salta no tempo e viaxa, vinte anos despois, a unha Galicia que parece normal. ¿É normal? ¿Que cambiou na cultura galega nestes vinte anos?

Narrada con ironía e sarcasmo, con diálogos e bastante movemento de personaxes, esta obra reflicte a faciana monstruosa do ser humano e fainos reflexionar sobre o valor da vida e da morte, sobre a ambición desmedida, a traizón e a paixón. Todo isto encadrado nun territorio que, por desgraza, aínda padece as consecuencias dese escuro episodio histórico.

Unha Istambul distinta, íntima mais tamén exótica: a das mansións en ruínas dos paxás e os vellos transbordadores do Bósforo, a das ruelas e os barrios da periferia, a da melancolía. Unha alquimia entre memoria e literatura que desvela pouco a pouco a auténtica patria.

Banana Yoshimoto narra unha historia do Xapón contemporáneo cunha delicadeza que embeberá por completo ao lector nesta obra, tanto na súa cara dramática como na súa visión da beleza da amizade e do amor.   Describe a vida centroeuropea de entreguerras, de burgueses e soñadores, cun filtro acedo, crítico e cruel pero tamén dun xeito atemporal, facendo das cousas máis cotiás e das historias máis incríbeis unha alegoría dos caracteres de todos os seres humanos.

En moi poucas páxinas e cunha ironía da mellor escola inglesa, Alan Bennett amósano-lo poder que posúe a literatura para cambia-la vida das persoas, mesmo a vida dunha Isabel II educada para o deber. Grazas á transformación interior que a paixón pola lectura provoca na protagonista, esta comeza a ve-las cousas dende outra perspectiva e a facerse preguntas, o que fai que desatenda as formalidades propias da realeza, ata desembocar nun sorprendente final.

Premio Xerais de Novela, 2010 Luciana e Brown unen os seus destinos, marcados polo amor, o narcotráfico e a violencia, nos límites dunha das favelas de Sao Paulo. Alí na periferia desordenada da megalópole transcorre esta historia, escrita ao ritmo do rap, na que se esculcan os ingredientes da vida urbana no século XXI. Novela polifónica, con constantes referencias á cultura popular, á cultura de masas, á música, aos medios, á publicidade, ao cine, ao fútbol, está tecida cunha mestura de textos tipicamente postmoderna.

EN GALEGO LEMOS O MUNDO ENDL IES ELVIÑA A CORUÑA