La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

COMO CONVERTER UN RELATO NUNHA FOTONOVELA

Presentaciones similares


Presentación del tema: "COMO CONVERTER UN RELATO NUNHA FOTONOVELA"— Transcripción de la presentación:

1 COMO CONVERTER UN RELATO NUNHA FOTONOVELA

2 QUE NECESITAMOS? UN RELATO QUE NOS INTERESE
UN GRUPO DE QUE O LEA UN ORDENADOR CON POWERPOINT UNHA CÁMARA DE FOTOS DIXITAL

3 ACTIVIDADE 1: SELECCIONAMOS UN RELATO
FACEMOS UNHA LECTURA NA AULA EN VOZ ALTA A SEGUIR, ANOTAMOS TODOS OS PERSONAXES E ESPAZOS ONDE SE DESENVOLVE A ACCIÓN

4 ACTIVIDADE 2: DIVIDIMOS O RELATO ATENDENDO AOS ESPAZOS E ACCIÓNS
APUNTAMOS AS IMAXES QUE IMOS NECESITAR PARA ILUSTRAR CADA ACCIÓN A CADA IMAXE POÑÉMOSLLE O SEU TEXTO (EN FOLIO E NUN BORRADOR): BEN DO NARRADOR; BEN UN DIÁLOGO...

5 ACTIVIDADE 3: QUITAMOS AS FOTOS
SEMPRE FACEMOS MÁIS FOTOS DAS QUE PENSAMOS QUE IMOS NECESITAR (POR SE ALGUNHA SAE MAL) É MOI IMPORTANTE TER BEN PLANIFICADA A SESIÓN DE FOTOS PARA FACELA RAPIDAMENTE E QUE NON NOS ESQUEZA NADA

6 EXEMPLO DE “DIÁLOGO DE XORDOS”
“Á miña esquerda, un fulano, grosa cadea dourada pendurada do pescozo, camisa peito-lobo-catro-botóns-aberta pese ao rigor do inverno, pulseira escrava-calabrote no pulso esquerdo e cara de poucos amigos. Á miña dereita, paisana perfil enxebre, gardando loito, pano negro á cabeza e agarrada, igual que a súa ancestral vergoña, ao bolso onde garda o seu escaso peculio. Detrás, dous rapaces…” (Ver 2 diapositivas seguintes).

7

8

9 ACTIVIDADE 5: Unha vez que temos as fotos metémolas nun arquivo no ordenador. É moi importante que manteñamos sempre as fotos no mesmo arquivo, senón poderemos ter problemas co powerpoint. Agora temos que elixir as fotos que imos usar e facer que coincidan coas diferentes partes do texto.

10 ACTIVIDADE 6: TRABALLAMOS CO ORDENADOR E O POWERPOINT
ANTES DE FACELO, DEBEMOS TER MOI CLARO CALES SON AS IMAXES QUE IMOS USAR, OS TEXTOS QUE LLES IMOS POÑER. TAMÉN TEMOS A OPCIÓN DE PRACTICAR UN POUCO ANTES DE O FACER UNHA MANEIRA RÁPIDA DE FACELO É NUMERAR AS IMAXES, POÑER OS RAPACES POR PARELLAS E ASIGNARLLE UNHAS CANTAS A CADA PARELLA.

11 ACTIVIDADE 7: O POWERPOINT:
É UN PROGRAMA QUE ESTÁ DENTRO DOS DE MICROSOFT OFFICE PARA ABRILO (SE NON TEN ACCESO DIRECTO), DESPOIS DE ACENDER O ORDENADOR: PROGRAMAS > MICROSOFT OFFICE > MICROSOFT POWERPOINT

12 POWERPOINT: Ficheiro: novo Ver: normal
Formato > estilo de diapositiva (neste caso a plantilla básica con fondo branco) Formato > deseño de diapositiva (a que se titula “contido” ou “en branco”).

13 COMO INTRODUCIMOS AS FOTOS?
Co Deseño de diapositiva “en branco”: Insertar > imaxe > desde ficheiro (imos ao ficheiro no que temos a imaxe, seleccionámola e dámoslle a “insertar”) Co Deseño de diapositiva “contido”: clicamos sobre a icona de insertar imaxe (¡ollo, non sobre a de imaxe predeseñada!), seleccionámola e dámoslle a insertar.

14 NOVAS DIAPOSITIVAS Para seguir poñendo máis diapositivas temos 2 opcións: Insertar > Nova diapositiva Ter activada en “Barra de ferramentas” a opción “formato” e aí clicar en “nova diapositiva”

15 XA TEMOS TODAS AS IMAXES!:
Miramos que estean na orde que desexamos Se non é así, facemos o seguinte: Ver > clasificador de diapositivas > arrastramos cada unha á posición que queiramos Despois volvemos a Ver > normal

16 COMO INTRODUCIMOS O TEXTO?
É imprescindible ter activada a barra de debuxo. Ver > Barra de Ferramentas > Debuxo Nesta barra hai un apartado que se denomina “Autoformas” e alí outro que se denomina “Chamadas” no que están os globos que nos permitirán introducir o texto: Debuxo > autoformas > chamadas

17 PRACTICAMOS!

18 CHAMADAS! É bo que practiquemos coas CHAMADAS.
Se nos poñemos sobre ela e aparece un símbolo de 4 frechas quere dicir que a podemos levar para onde queiramos. Se nos colocamos sobre os puntos brancos podemos variar o longo e o ancho. O punto verde permítenos rotala. O rombo amarelo déixanos situar o pico da chamada onde queiramos.

19 PREPARAMOS A CHAMADA PARA O TEXTO!
Facemos dobre clic co rato dentro da chamada e obtemos o “Formato de autoforma” En “color e liña” seleccionamos a cor negra no “recheo” propia das chamadas das Fotonovelas Practica con todas as Opcións que che dá o Formato de autoforma.

20 PRACTICAMOS!

21 INTRODUCIMOS O TEXTO! Facemos clic co botón dereito do rato dentro da chamada. Despois imos a “Fonte” O primeiro que eliximos é a cor que ten de ser branca para verse no fondo negro. Despois podes elixir o resto de características da letra e xa podes comezar a escribir!

22 Dáme un xarope, por favor!
PRACTICAMOS! Dáme un xarope, por favor!

23 E SE O TEXTO É DO NARRADOR?
Barra de ferramentas > debuxo > autoformas > formas básicas > rectángulo TODOS SE MIRABAN

24 E CANDO ACABAMOS DE INTRODUCIR OS TEXTOS?
Preparamos a Fotonovela para a presentación Deseñamos a portada inserindo o que desexemos: imaxe, texto… Para preparar a presentación temos que ir á pestana superior PRESENTACIÓN. En “Ver presentación” observaremos que se non facemos clic no rato non pasamos da primeira diapositiva! Non desesperes!

25 PRESENTACIÓN Configurar presentación: neste caso o máis importante é ter seleccionado “Usar os intervalos de diapositiva gardados” Efectos de animación: a gusto de cada quen. Eu nas fotonovelas non uso. Transición de diapositiva: seleccionar “Diapositiva avanzada” e “Automaticamente despois de…” indica os segundos que consideres necesarios para ler o texto da diapositiva.

26 PRESENTACIÓN > TRANSICIÓN
Se pensas que todas necesitan os mesmos segundos fai o seguinte: Presentación > transición > automaticamente despois de 10 segundos > aplicar a todas as diapositivas Que pasa se para algunhas necesitas máis tempo ou é excesivo? Explícocho na seguinte diapositiva.

27 TRANSICIÓN Seleccionas a diapositiva e fas o mesmo que antes, mais xa non lle dás a “Aplicar a todas as diapositivas”: Seleccionas diapositiva > presentación > transición > automaticamente despois de > 16 segundos

28 E XA ESTÁ! Vas a Presentación > Ver presentación
Comprobas que todo se le perfectamente Arquivas a presentación e a gozar da mesma! Se fas clic aquí podes ver a que fixemos no noso centro!

29 AUTOR DA UNIDADE: Anxo Gómez Sánchez, profesor de Lingua Galega no CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral. Texto da fotonovela: Henrique Dacosta, “Diálogo de xordos”, en Longa lingua, Xerais, Vigo, 2002.


Descargar ppt "COMO CONVERTER UN RELATO NUNHA FOTONOVELA"

Presentaciones similares


Anuncios Google