PROXECTO PARA O ESTABLECEMENTO DA XORNADA MIXTA

Slides:



Advertisements
Presentaciones similares
CEIP ENRIC VALOR Alicante
Advertisements

PROGRAMA DE MINIMZACIÓN DE RESIDUOS
PROYECTO DE JORNADA CONTINUA
1º ESO Curso 2017/18.
REUNIÓN DE PAIS E NAIS C.P.I. de Panxón.
CICLO SUPERIOR DE ADMÓN. Y FINANZAS
A ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA
PLAN PROA 1.-Programa de acompañamento en EP e en ESO
Experiência dos clubes de leitura nos centros de ensino secundário
PROGRAMA DE PREVENCIÓN NO ÁMBITO FAMILIAR “MÁIS QUE UN TEITO”
O PORTFOLIO EUROPEO DAS LINGUAS
II XORNADAS DE DESENVOLVEMENTO DOS CONTRATOS-PROGRAMA
Introducción Actividades Creación dunha páxina web Exposición “Reconquista ” Simposio Internacional sobre a Reconquista de Vigo Elaboración dunha.
PROGRAMA CAIXAPROINFANCIA PONTEVEDRA
Normas de aula Educación en valores
integración das TIC na práctica educativa en Galicia
ESTUDO DOS AUTÓNOMOS DE PONTEVEDRA ESTUDO DOS AUTÓNOMOS DE PONTEVEDRA
Atención ao alumnado Nun centro de Primaria 12 unidades de Primaria
PROXECTO LOVA ELECTRICIDADE.
PROGRAMA MUNICIPAL DE INTERVENCIÓN FAMILIAR
Proxecto interdisciplinar
CONCILIACIÓN FLEXIBILIDADE TEMPORAL E ESPACIAL
Proxecto interdisciplinar
R E T O S D A S P O L Í T I C A S de Igualdade E N G A L I Z A.
Plan de integración das tecnoloxías da información e a comunicación
CURSO E.D.A Galicia, Outubro – Decembro 2008.
Servizo de asesoramento e información para a xuventude
Educación Secundaria Obrigatoria Real decreto 1105/2014, do 26 de decembro, polo que se establece o currículo básico da Educación Secundaria Obrigatoria.
As actividades non presenciais
A intervención psicopedagóxica nunha escola de e para O ALUMNADO
IES MANUEL MURGUÍA
O PROXECTO XENOMA HUMANO E AS IMPLICACIÓNS
Especialidade de Orientación vocacional e Profesional.
Emilio Arias Consultor. Director de proxectos de Edan Xestión, s.l.
Estamos en rede.
INTRODUCCIÓN TAREFAS PROCESO AVALIACIÓN CONCLUSIÓN.
COOPERANDO PARA APRENDER ESTRUTURA COMPLEXA
O PORTFOLIO EUROPEO DAS LINGUAS (2009/10)
PROGRAMA SOCRATES Accións COMENIUS Educación Escolar ERASMUS Educación
ASESORAMENTO AO PROFESORADO DENDE A ORIENTACIÓN ESCOLAR
PROGRAMA “SANTIAGO SUMA” DE INCLUSIÓN SOCIAL
Xornada de coordinación
EMPRENDEMOS UNHA NOVA ANDAINA XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA FAMILIAS
Avaliación de diagnóstico
FRACASO ESCOLAR By Claudia García Marcos Begoña Besada Romero
Condicións de acceso Competencia xeral Título que se obtén Saídas
O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
FACULTADE DE MEDICINA ACOE
A LOMCE.
Lei Orgánica 2/2006 de 3 de maio, de Educación LOE
PROYECTO DE JORNADA CONTINUA
A intervención psicopedagóxica nunha escola de todos e para todos OS ALUMNOS Pontevedra, 27 de abril do 2009.
RECOÑECEMENTO DE COMPETENCIAS POR EXPERIENCIA LABORAL (Real Decreto 1224/2009, de 17 de Xullo, de recoñecemento das competencias profesionais.
CONECTANDO MUNDOS: Cando se torcen os dereitos.
PROCESO Somos 9 centros en la provincia que no estamos adheridos a un Proyecto de Organización de Tiempos Escolares. Es por lo que nuestro Centro, por.
ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE
FUNCIONAMENTO DO PROGRAMA DE MEDIACIÓN NO CENTRO
PROCESOS PSICOLÓXICOS BÁSICOS PARA EDUCADORES/AS SOCIAIS
Proxecto Pesquería de POLBO 2016
ASEMBLEA INFORMATIVA 23 NOVEMBRO 2009 PLATAFORMA SINDICAL UNITARIA
OS PLANS DE CONVIVENCIA ESCOLAR
A MODELIZACIÓN NO ENSINO SECUNDARIO
EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA (E.S.O.)
Reunión informativa de 6º de Primaria
Traballo do anteproxecto: Asamblea de Huesca decembro
XXIV ENCONTRO ESTATAL DE ESCOLAS ASOCIADAS Á UNESCO. MELILLA-2011
ASEMBLEAS INFORMATIVAS NOVEMBRO 2009
Santiago de Compostela, 2012
TRATAMENTO INTEGRADO DE LINGUAS
A AVALIACIÓN NA EDUCACIÓN PRIMARIA
Transcripción de la presentación:

PROXECTO PARA O ESTABLECEMENTO DA XORNADA MIXTA CPI Cernadas de Castro Curso 2015-2016 1

En que consiste a xornada mixta? 2

Consiste nun horario que contempla impartir tódalas mañás cinco sesións en Educación Infantil e Primaria, e seis sesións en Educación Secundaria Obrigatoria. Para completar o tempo semanal de docencia, haberá 1 sesión de clase nas tardes dos luns e dos martes. 3

E. Infantil e Primaria LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES 9:10 a 10:00 clase 10:00 a 10:50 10:50 a 11:40 11:40 a 12:10 lecer 12:10 a 13:00 13:00 a 13:50 13:50 a 14:40 xantar 14:40 a 15:40 Actividades extraescolares 15:40 a 16:30 4

E. Secundaria Obrigatoria LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES 9:10 a 10:00 clase 10:00 a 10:50 10:50 a 11:10 lecer 11:10 a 12:00 12:00 a 12:50 12:50 a 13:10 13:10 a 14:00 14:00 a 14:50 14:50 a 15:40 xantar 15:40 a 16:30 Actividades extraescolares 5

Por que queremos cambiar a situación actual? 6

Tódolos días o alumnado de primaria pasa ao mediodía preto dunha hora fóra das aulas, pasando frío ás veces, calor outras, e moitas veces aburríndose. Logo deste período ten que asistir a dúas sesións lectivas máis, ás que vai canso e ás veces indisposto. Hai incluso alumnos máis pequenos que non controlan ben os esfínteres ou por distracción, sofren as consecuencias. O alumnado de Educación Secundaria, pola contra, ten a xornada excesivamente concentrada e cun período de lecer escaso, o que inflúe no seu rendemento na aula, especialmente polas tardes. O tempo de traballo persoal fóra da escola é practicamente inexistente. Iso priva ao alumnado de cursos superiores de acadar uns correctos hábitos de estudo e autonomía persoal. Con esta xornada, parécenos que o tempo de convivencia dos alumnos coas familias, tan importante para a o seu desenvolvemento persoal, resulta escaso. 7

 O feito de ter xornada de tarde favoreceu nos últimos anos que en E  O feito de ter xornada de tarde favoreceu nos últimos anos que en E. Secundaria nos esteamos convertendo no destino final de alumnos conflitivos doutros centros da comarca, evitando así que o resto do alumnado teña un clima de traballo axeitado para o seu progreso académico. Pola contra, os alumnos maiores que completan a súa formación con actividades extraescolares (deportes, música, idiomas..) contan con pouco tempo para o estudo; isto provoca que cada vez haxa máis alumnado, neste caso responsable e motivado, que abandone o centro ao chegar á Educación Secundaria buscando a xornada continuada de mañá.  Finalmente, unha boa parte do profesorado desexa traballar en condicións semellantes ás da maioría dos seus compañeiros, polo que en canto as condicións llelo permiten se trasladan a colexios e institutos con xornada continuada; isto non favorece a estabilidade do cadro de profesores, moi beneficiosa para o progreso do noso centro. 8

Que obxectivos queremos conseguir? 9

Habituarse ao horario dos centros nos que continuarán os seus estudos ao rematar a ESO. Manter a concentración. O rendemento escolar nas últimas horas da mañá (as “peores”) é mellor có rendemento nas sesións de tarde. Proporcionar un tempo continuo para o estudo. O alumnado non dispón de tempo de estudo continuo suficiente pola tarde, moi necesario sobre todo na Ensinanza Secundaria. Dispoñibilidade de tempo para actividades de lecer. O alumnado na xornada partida, con horario de clases de 10 a 17 horas, non dispón de tempo continuo suficiente pola tarde, para dedicarlle ao lecer en actividades extraescolares, compaxinándoas coa necesidade de estudo e traballo persoal. Conciliar mellor a vida familiar do alumnado e os seus pais. Posibilitar que pais e fillos poidan convivir máis tempo en familia. 10

Ampliarlle ao alumnado o acceso aos servizos de biblioteca e informática. Coa xornada mixta o alumnado disporá de máis tempo para acceder á biblioteca e á aula de informática. Agora é escaso, en Secundaria só o recreo da mañá, no que cómpre que descansen. Posibilitar o aumento das actividades deportivas e culturais. Cabería a posibilidade de estender as propostas existentes, pois, durante tres tardes, as instalacións do centro quedarían libres para estas ofertas, que educan na convivencia, a colaboración, o respecto e a tolerancia. Facer extensivo o uso dos recursos do centro a tódolos/as alumnos/as e resto da comunidade educativa. 11

O horario de xornada mixta pretende: En resumo: O horario de xornada mixta pretende: Un maior rendemento educativo optimizando os períodos de maior nivel de atención e motivación. Mellor aproveitamento dos recursos e instalacións, mellorando por tanto a calidade do ensino. Unha formación integral que inclúa actividades extraescolares e tempo persoal para o estudo. Favorecer a conciliación da vida familiar, escolar e laboral, aumentando o tempo de convivencia coas familias. 12

Haberá servizo de comedor? 13

Garántese a continuidade do servizo de comedor escolar, respectando os dous turnos existentes. O alumnado xantará antes de marchar para casa ou de participar nas actividades extraescolares da tarde. Os nenos/as de E. Infantil e Primaria farano ás 13,50 horas e os rapaces/as de ESO ás 14,50 horas. 14

Cambiará o transporte escolar? 15

O servizo de transporte respectará as rutas existentes partindo do centro ás 16,30 horas os luns e os martes e ás 15,40 horas o resto da semana despois de que todo o alumnado faga uso do servizo de comedor.

En que consiste o plan de actividades extraescolares? 17

Plan de actividades extraescolares Ao comezo de cada curso fixaranse as actividades que se desenvolverán. Estas recolleranse no Plan Xeral Anual do centro. Adecuaranse a cada idade e posuirán, ademais, as seguintes características: Carácter voluntario Abertas a tódolos alumnos e alumnas do centro Non terán carácter discriminatorio Serán acordes co noso Proxecto Educativo de Centro. 18

Quen desenvolverá as actividades extraescolares? 19

As actividades extraescolares estarán organizadas polo centro, pola ANPA e polo Concello. O centro ofertará: aula de estudo, biblioteca e aula de informática. A ANPA Alecrín desenvolverá actividades lúdicas, aprendizaxe de idiomas, tratamento das emocións,... Ex: zumba, inglés, xadrez, teatro, intelixencia emocional,... O Concello ofertará un programa de actividades deportivas como: fútbol sala, baloncesto, tenis, voleibol,... Durante o desenvolvemento destas actividades o alumnado estará acompañado do profesorado e dos monitores correspondentes

Que hai que facer para conseguir o cambio da xornada lectiva? 21

LEXISLACIÓN A Orde do 29 de maio de 2008, pola que se establece o procedemento para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá ou mixta nas escolas de educación infantil, colexios de educación infantil e primaria, colexios rurais agrupados, centros públicos integrados, centros de educación especial e centros privados concertados (DOG nº 109, de 6 de xuño de 2008), estipula: 22

Elaboración dun Proxecto de Xornada Mixta Aprobación por parte do Claustro de Profesores Aprobación por parte do Consello Escolar Informe de viabilidade do Servizo Técnico de Transportes da Delegación Provincial Información ás familias Votación por parte dos pais, nais ou titores legais, onde o proxecto terá que ser aprobado pola maioría absoluta do censo de familias , emitíndose un voto por unidade familiar. A votación celebrarase no centro o venres , 27 de maio de 2016, en horario de 09,00 a 21,00 horas. 23

A SÚA PARTICIPACIÓN É INDISPENSABLE GRAZAS 24