Lei 10/2011, do 28 de novembro, de Acción Voluntaria

Slides:



Advertisements
Presentaciones similares
FORMACIÓN BÁSICA DEL VOLUNTARIADO DE MÁLAGA
Advertisements

PROGRAMA DE MINIMZACIÓN DE RESIDUOS
LEY ORGÁNICA 5/2002 Ley Orgánica 5/2002, de 19 de junio, de las Cualificaciones y de la Formación Profesional.
Alianza por un Gobierno Abierto
BACHARELATOS Duración de dous cursos.
José Norberto Uzal Tresandí Director Xeral de Administración Local
A certificación ecolóxica en Galicia
PROGRAMA DE PREVENCIÓN NO ÁMBITO FAMILIAR “MÁIS QUE UN TEITO”
O PORTFOLIO EUROPEO DAS LINGUAS
REUNIÓN CONVOCATORIAS SUBVENCIÓNS 2016
Laboratorio de Proxectos e Iniciativas Xuvenís
Índice Eixe 4 do Fondo Europeo de Pesca - Medidas
TEMA 2. Estatuto de Autonomía para Andalucía: Competencias recogidas en el Estatuto de Autonomía. El Parlamento de Andalucía. Los órganos de Gobierno.
Ley de Administración Financiera y del Régimen Presupuestario Ley No. 550 Organización del subsistema del presupuesto Universidad de las Regiones Autónomas.
II XORNADAS DE DESENVOLVEMENTO DOS CONTRATOS-PROGRAMA
As claves dunha nova escola
PROGRAMA CAIXAPROINFANCIA PONTEVEDRA
A REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ. DESENVOLVEMENTO E MARCO NORMATIVO
O legado de Roma IES MONTE DAS MOAS 1º ES0 MAIO 2011.
GRUPO DE ACCION COSTEIRA COSTA DA MORTE
integración das TIC na práctica educativa en Galicia
Do desenvolvemento da eAdministración á Sociedade da Información O reto das TIC nas Administración Públicas Mar Pereira Álvarez Santiago de Compostela,
O barroco compostelán.
A forza do local: dimensións técnica e política
I PLANO DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES
PROGRAMA MUNICIPAL DE INTERVENCIÓN FAMILIAR
CONCILIACIÓN FLEXIBILIDADE TEMPORAL E ESPACIAL
Proxecto interdisciplinar
R E T O S D A S P O L Í T I C A S de Igualdade E N G A L I Z A.
Plan de integración das tecnoloxías da información e a comunicación
Déixese sorprender….
FORMACIÓN PROFESIONAL (GRAO MEDIO)
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
A intervención psicopedagóxica nunha escola de e para O ALUMNADO
O PROXECTO Elaboración e difusión dunha Diagnose e Plan de Acción das políticas de igualdade de xénero e loita contra a violencia de xénero na Provincia.
Especialidade de Orientación vocacional e Profesional.
Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.
Emilio Arias Consultor. Director de proxectos de Edan Xestión, s.l.
O POR QUE DO CAMBIO.
Fernando Soto-Camino Rosado
Humidais continentais do Norte da Península Ibérica: Xestión e restauración de turbeiras e medios higrófilos WORKSHOP.- Conservación e restauración de.
Estamos en rede.
FUNDITEA Fundación Tutelar para a Promoción de Persoas con Discapacidade, particularmente Trastorno do Espectro Autista Xornadas sobre protección xurídica.
Coordinadora de barrio Plan Comunitario de Teis
O PORTFOLIO EUROPEO DAS LINGUAS (2009/10)
PROGRAMA SOCRATES Accións COMENIUS Educación Escolar ERASMUS Educación
ASESORAMENTO AO PROFESORADO DENDE A ORIENTACIÓN ESCOLAR
PROGRAMA SOCRATES Accións COMENIUS Educación Escolar ERASMUS Educación
Condicións de acceso Competencia xeral Título que se obtén Saídas
AVALIACIÓN DO BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE (ABAU)
PROXECTO PARA O ESTABLECEMENTO DA XORNADA MIXTA
A LOMCE.
Lei Orgánica 2/2006 de 3 de maio, de Educación LOE
NORMATIVA E MARCO LEGAL
SUBVENCIÓNS FINANCEIRAS A EMPRENDEDORES
A intervención psicopedagóxica nunha escola de todos e para todos OS ALUMNOS Pontevedra, 27 de abril do 2009.
RECOÑECEMENTO DE COMPETENCIAS POR EXPERIENCIA LABORAL (Real Decreto 1224/2009, de 17 de Xullo, de recoñecemento das competencias profesionais.
CONECTANDO MUNDOS: Cando se torcen os dereitos.
DÍA DOS DEREITOS HUMANOS
Fotografia Ricardo Brigadeiro
Proxecto Pesquería de POLBO 2016
Presentación Pública MEMORIA 2016
OS PLANS DE CONVIVENCIA ESCOLAR
A MODELIZACIÓN NO ENSINO SECUNDARIO
EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA (E.S.O.)
Traballo do anteproxecto: Asamblea de Huesca decembro
ASEMBLEAS INFORMATIVAS NOVEMBRO 2009
TRATAMENTO INTEGRADO DE LINGUAS
A AVALIACIÓN NA EDUCACIÓN PRIMARIA
A Función Pública en Galicia e o desenvolvemento do EBEP
Transcripción de la presentación:

Lei 10/2011, do 28 de novembro, de Acción Voluntaria A Coruña, 17 de xaneiro de 2012

METODOLOXÍA PARTICIPATIVA No proceso de elaboración desta Lei partíuse dun proxecto de Lei existente na anterior lexislatura no que se introduciron aquelas modificacións que se consideraron convenientes por causa dunha maior precisión técnica, así como pola necesidade de adaptación a unha conxuntura económica adversa que obrigou a redimensionar a anterior proposta. Incorporáronse os prantexamentos plasmados en diversos documentos sobre o voluntariado na Unión Europea (Resolución do Parlamento Europeo do 22 de abril de 2008 sobre o Voluntariado como contribución á cohesión económica e social, e o Estudo sobre Voluntariado na Unión Europea elaborado pola Axencia Executiva de Educación e Cultura da Comisión Europea). Seguiuse unha metodoloxía participativa (período de exposición publica no verán de 2010 para achegas de voluntarios e entidades).

ESTRUCTURA DA NORMA Exposición de motivos Título I. Disposicións xerais. O primeiro título relativo a disposicións xerais ocúpase de sinalar o obxecto da Lei, o seu ámbito de aplicación e os principios reitores da mesma.  Título II Dos suxeitos da acción voluntaria No segundo título trátase da ordenación dos suxeitos da acción voluntaria como son as persoas voluntarias, as entidades de acción voluntarias nas que se integran aquelas e, por último, as persoas destinatarias da acción voluntaria. Título III. Das Administracións públicas No título terceiro agrúpase todo o relativo á acción administrativa. No capítulo I abórdase o fomento da acción voluntaria. Dedícase un capítulo específico, o segundo do título, aos instrumentos de planificación da acción voluntaria que se canaliza por medio dunha planificación estratéxica a través do plan galego de acción voluntaria e mediante unha planificación sectorial e logo mediante programas e proxectos. O capítulo terceiro dedícase a establecer a atribución de competencias das Administracións públicas de Galicia diferenciando os da Xunta de Galicia e das Entidades Locais. O Rexistro de acción voluntaria regúlase no capítulo cuarto. Polo que respecta a órganos de participación, o capítulo quinto regula o Consello Galego de Acción Voluntaria e no capítulo sexto créase o Observatorio Galego de Acción Voluntaria. Disposicións adicionais, transitorias, derrogatoria e finais.

Título I. Disposicións xerais OBXECTO DA LEI. A ordenación e o fomento da participación solidaria e altruísta da cidadanía nas actividades de acción voluntaria organizadas por entidades de acción voluntaria ou directamente polas administracións públicas para o desenvolvemento de programas concretos. Regular as relacións que, con respecto ás devanditas actividades, se puideren establecer entre as persoas voluntarias, as entidades de acción voluntaria, e as persoas destinatarias da acción voluntaria e as administracións públicas de Galicia.

Título I. Disposicións xerais (cont.) CONCEPTO DE ACCIÓN VOLUNTARIA A participación social organizada de persoas físicas no desenvolvemento de actividades en sectores de interese xeral a través de entidades de acción voluntaria, sempre que reúnan as seguintes condicións: Que se trate dunha decisión libremente adoptada e non traia causa dunha obriga ou dun deber xurídico. Que se execute fóra do ámbito laboral, profesional, funcionarial o mercantil ou de calquera outro tipo de relación retribuída, Que se leve a cabo sen contraprestación económica, sen prexuízo do reembolso dos gastos que esta acción poida ocasionar. Que se leve a efecto en función de programas concretos, xa sexan promovidos por calquera das entidades de acción voluntaria ou polas administracións públicas de Galicia. ACCIÓN VOLUNTARIA

Título I. Disposicións xerais (cont.). A toda actividade de acción voluntaria que se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia, independentemente do lugar onde a entidade de acción voluntaria teña o seu domicilio social ÁMBITO DE APLICACIÓN Ás actuacións de acción voluntaria realizadas por administracións públicas que desenvolvan programas de interese xeral no ámbito das súas competencias.

Título I. Disposicións xerais (cont.). Principios básicos Participación, desde o pleno recoñecemento da autonomía persoal ao pluralismo da propia acción voluntaria. Implicación e participación da cidadanía na consecución dos intereses públicos. Solidariedade, altruísmo e gratuidade da acción que se desenvolve, excluíndose a procura ou o aproveitamento dun beneficio material. Liberdade persoal e respecto do pluralismo e das opcións persoais das persoas voluntarias e das persoas destinatarias da súa acción. Colaboración e complementariedade entre as entidades de acción voluntaria e as administracións públicas.

Título I. Disposicións xerais (cont.). Considéranse incluídas dentro do ámbito da acción voluntaria a realización de actividades de interese xeral vinculadas coa acción social e os servizos sociais, as de natureza socio-sanitarias, de defensa dos dereitos humanos, da infancia, das persoas con discapacidade, da efectividade dos dereitos en condicións de igualdade das mulleres, educativas, de cooperación ao desenvolvemento, de loita contra a pobreza e a exclusión social, culturais, de defensa do patrimonio cultural, científicas, de fomento do uso de novas tecnoloxías, de protección civil, de prevención de situacións de emerxencia, de protección de persoas consumidoras e usuarias, deportivas, de lecer e tempo libre, de defensa ecolóxica e protección do medio ambiente, de defensa dos dereitos lingüísticos, de dinamización do mundo rural, de defensa da economía ou da investigación, de desenvolvemento da vida asociativa, de fomento da acción voluntaria, ademais de todas aqueloutras que, axustándose ao disposto na Lei, poidan contribuír á consecución dos principios da acción voluntaria.   Sectores de actuación da Acción Voluntaria

Título II. Dos suxeitos da acción voluntaria. 1. A persoa física que, en virtude da súa decisión persoal, libre e altruísta e mais nunha situación de inexistencia de relación laboral, mercantil o de traballo remunerado, participe en calquera actividade de acción voluntaria mediante unha entidade de acción voluntaria. 2.As persoas que, sen estar adscritas a entidades de acción voluntaria colaboren en programas de acción voluntaria especificamente organizados polas administracións públicas no ámbito das súas competencias. As persoas menores de idade poderán participar en programas e proxectos de voluntariado específicamente adaptados ás súas características, mediante autorización expresa dos seus pais, titores ou da institución que os teña ao seu cargo, con respecto en todo caso á vontade do menor. A condición de persoal voluntario será compatible coa condición de membro da directiva da entidade, sempre que o cargo non sexa retribuído. Concepto de persoa voluntaria

Título II. Dos suxeitos da acción voluntaria (cont. ) Título II. Dos suxeitos da acción voluntaria (cont.). Das entidades de acción voluntaria CONCEPTO DE ENTIDADES DE ACCIÓN VOLUNTARIA Aquelas entidades, públicas ou privadas, sen ánimo de lucro, legalmente constituídas e dotadas de personalidade xurídica propia que de xeito organizado e estable realicen programas específicos en relación con actividades de interese xeral e incluídas no artigo 5 da Lei. DEREITOS DAS ENTIDADES DE ACCIÓN VOLUNTARIA Elaborar as súas propias normas de funcionamento interno atendendo a principios democráticos e participativos. Seleccionar ás persoas voluntarias de acordo coa natureza e características da tarefa a desenvolver e de acordo coas normas establecidas no seu estatuto de funcionamento interno. Suspender a colaboración das persoas voluntarias que infrinxan o seu compromiso. Concorrer ás medidas de fomento da actividade voluntaria efectuada polas administracións públicas ou entidades privadas. Calquera outro dereito recoñecido polo resto do ordenamento xurídico referido á acción voluntaria.

COMPROMISO DE COLABORACIÓN ACREDITACIÓN IDENTIFICATIVA. Título II. Dos suxeitos da acción voluntaria (cont.). Das entidades de acción voluntaria Relacións entre as persoas voluntarias e as entidades de acción voluntaria COMPROMISO DE COLABORACIÓN As relacións entre as persoas voluntarias e as entidades nas que se integren deberanse formalizar por escrito, mediante o correspondente compromiso de colaboración ACREDITACIÓN IDENTIFICATIVA. A acreditación da condición de persoa voluntaria será expedida pola entidade de acción voluntaria e conterá, como mínimo, os datos persoais e identificativos daquel e esta, e a denominación do programa ou programas en que desenvolva a actividade voluntaria. As persoas voluntarias deberán estar cubertas por un seguro de accidentes e de responsabilidade civil, que asumirán as entidades de acción voluntaria ou as administracións públicas responsables dos programas de voluntariado.

Título III. Das Administracións Públicas (Cont) Fomento da formación Regulamentariamente estableceranse os programas de formación en materia de acción voluntaria que deberá desenvolverse diferenciando uns niveis de formación a nivel inicial, básico e de aproveitamento Impulsarase a labor das persoas xestoras da acción voluntaria, que son aqueles técnicos/as que teñen por obxecto coordinar a acción voluntaria e orientar, de xeito individual ou en grupo, á persoa voluntaria sobre o proxecto no que participar, de acordo co seu perfil, dispoñibilidade e preferencias, tendo ademais en conta as necesidades da entidade e da sociedade en cada momento. A formación das persoas voluntarias realizarase por persoas de recoñecida competencia vinculadas preferentemente coa xestión da acción voluntaria

INSTRUMENTOS DE PLANIFICACIÓN Título III. Das Administracións Públicas (Cont) INSTRUMENTOS DE PLANIFICACIÓN O PLAN GALEGO DE ACCIÓN VOLUNTARIA COMO PLAN ESTRATÉXICO. A planificación estratéxica da Comunidade autónoma canalizarase a través do Plan Galego de Acción Voluntaria, que se configura como un instrumento administrativo que determina os criterios de planificación e coordinación das actuacións proxectadas en materia de acción voluntaria. OS PLANS SECTORIAIS ELABORADOS A INSTANCIAS DA COMUNIDAD AUTÓNOMA OU DAS ENTIDADES LOCAIS. A Planificación Sectorial estará constituída polos plans que, no marco e en desenvolvemento da planificación estratéxica, poidan aprobar os distintos departamentos da administración autonómica ou as Entidades locais. OS PLANS E PROXECTOS ELABORADOS POLAS ENTIDADES DE ACCIÓN VOLUNTARIA Enténdese por Plan de Acción Voluntaria o instrumento a través do cal se desenvolve e concreta a planificación elaborada polas entidades de acción voluntaria. Teñen a consideración de Proxectos de Acción Voluntaria os instrumentos de execución dun plan.

Rexistro de acción voluntaria de Galicia Título III. Das Administracións Públicas (Cont) Rexistro de acción voluntaria de Galicia Configúrase como un órgano único e público que asumirá as funcións de cualificación, inscrición e certificación, e estará adscrito ao departamento ao que veñan atribuídas as competencias en materia de acción voluntaria. O rexistro estruturarase en dúas seccións: a de rexistro de entidades de acción voluntaria e a de rexistro de experiencias das persoas voluntarias . Rexistro das entidades de acción voluntaria A inscrición no rexistro de acción voluntaria de Galicia, que deberá ser instada pola entidade mediante solicitude, será requisito necesario para que estas entidades poidan recibir subvencións e axudas das administracións públicas de Galicia e poidan subscribir convenios con estas. Para a inscrición no rexistro, as entidades deberán presentar a correspondente solicitude e a documentación que regulamentariamente se estableza

Título III. Das Administracións Públicas (Cont) Consello Galego de Acción Voluntaria Créase o Consello de Acción Voluntaria como máximo órgano de participación, coordinación, asesoramento e consulta en materia de acción voluntaria. A principais funcións do Consello galego de acción voluntaria de Galicia serán de asesoramento e emisión de informes sobre cuestións referentes á acción voluntaria, así como servir de punto de encontro entre as asministracións públicas galegas e as entidades de acción voluntaria. Composición: Presidencia 2 vicepresidencias Secretario Vogalias: 11 da Administracion autonomica 4 FEGAMP 1 Consello da Xuventude de Galicia 3 das organizacións empresariais e 3 das sindicais máis representativas 3 das universidades galegas 9 das entidades de acción voluntaria

Observatorio galego de acción voluntaria. Título III. Das Administracións Públicas (Cont) Observatorio galego de acción voluntaria. Órgano administrativo que terá como obxectivo o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á investigación, á formación, así como á creación e ao establecemento de sistemas de información e documentación. Da súa actividade dará conta ao Consello Galego de Acción Voluntaria o cal aprobará a súa planificación anual así como as súas liñas estratéxicas. O Observatorio Galego de Acción Voluntaria poderá asesorar tecnicamente ás corporacións locais na realización de plans sectoriais de acción voluntaria e poderá colaborar coas universidades en proxectos de I+D+I e con figuras análogas doutras administracións públicas. A súa composición é a seguinte: Presidencia, que será a persoa titular do departamento con competencia en materia de voluntariado. Vicepresidencia, que será a persoa titular do órgano directivo competente en materia de voluntariado. Vogalías: -Un representante do Instituto Galego de Estatística. -Un representante de cada unha das tres universidades galegas. -Dous representantes das entidades de acción voluntaria designados polo Consello Galego de Acción Voluntaria. Secretaría, que ostentará u/unha funcionario/a do órgano directivo con competencia en materia de voluntariado con categoría de subdirector/a xeral, con voz pero sen voto.