La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

GRUPO DE ACCION COSTEIRA COSTA DA MORTE

Presentaciones similares


Presentación del tema: "GRUPO DE ACCION COSTEIRA COSTA DA MORTE"— Transcripción de la presentación:

1 GRUPO DE ACCION COSTEIRA COSTA DA MORTE
XORNADAS DE DIFUSION E PROMOCIÓN DO EIXE 4 DO FONDO EUROPEO DE PESCA GRUPO DE ACCION COSTEIRA COSTA DA MORTE

2 INTRODUCIÓN 2

3 FONDO EUROPEO DE PESCA O Fondo Europeo de Pesca (FEP) define o marco de apoio comunitario a favor do desenvolvemento sostible do sector pesqueiro nas zoas de pesca e na pesca interior. Os seus obxetivos principais son os seguintes: Apoiar a política pesqueira común a fin de asegurar a explotación dos recursos acuáticos vivos e apoiar a acuicultura para aportar a sustentabilidade necesaria nos planos económico social e medioambiental. Promover un equilibrio sustentable entre os recursos acuáticos vivos e a capacidade de pesca da flota pesqueira comunitaria. Promover un desenvolvemento sustentable da pesca inetrior. Potenciar a competitividade das estructuras de explotación, e o desenvolvemento de empresas económicamente viables no sector da pesca. Fomentar a protección e mellora do medioambente y dos recursos naturais cando exista cando exista unha relación co sector pesqueiro. Promover o desenvolvemento sustentable e a mellora da calidade de vida en zoas con actividades no sector da pesca. Promover a iguladade entre homes e mulleres no desenvolvemento do sector pesqueiro e das zoas de pesca. 3

4 FONDO EUROPEO DE PESCA EIXOS PRIORITARIOS
Eixo prioritario 1: medidas de adaptación da flota pesqueira comunitaria. Eixo prioritario 2: acuicultura, pesca interior, transformación e comercialización de productos da pesca y da acuicultura. Eixo prioritario 3: medidas de interés público. Eixo prioritario 4: desenvolvemento sustentable das zonas de pesca. Eixo prioritario 5: asistencia técnica.

5 FONDO EUROPEO DE PESCA EIXO 4: OBXETIVOS
Os seus obxetivos principais son os seguintes: Manter a prosperidade social e económica destas zonas e ofertar valor engadido os productos da pesca e da acuicultura. Manter e promover o empleo nas zonas de pesca, a través do apoio a diversificación o a restructuración económica e social das zonas que se enfrentan a dificultades socioeconómicas debido a evolución do sector da pesca Promover a calidade do medio costeiro. Promover a cooperación nacional e transnacional entre zonas de pesca. 5

6 FONDO EUROPEO DE PESCA EIXO 4: TERRITORIOS DE ACTUACIÓN
As axudas deste fondo deberán centrarse de forma prioritaria en zonas de con: Baixa densidade de poboación, ou Actividades pesqueiras en declive, ou Pequenos municipios dedicados a pesca. 6

7 EIXO 4: FONDO EUROPEO DE PESCA GRUPOS DE ACCION COSTEIRA
Os distintos territorios que poden beneficiarse dos fondos do exio 4 agrúpanse baixo a denominación de Grupos de Acción Costeira. Na comunidade autónoma de Galicia existen 7 grupos de acción costeira. 7

8 GRUPO DE ACCION COSTEIRA “COSTA DA MORTE” GAC Nº 3
O ámbito territorial do gac nº3 Costa da Morte supón unha extensión de 963,7 Km2 e unha población de , correspondese co territorio de nove concellos con saida o mar da provincia da Coruña: A Laracha. Carballo. Malpica de Bergantiños. Ponteceso. Cabana de bergantiños. Laxe. Vimianzo. Camariñas. Muxía. 8

9 GRUPO DE ACCION COSTEIRA “COSTA DA MORTE” GAC Nº 3
A asociación deberá permitir a integración nela de todas as entidades asociativas e de representación de intereses colectivos, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro, así como administracións locais e entidades públicas dependentes destas, dentro do ámbito territorial correspondente, sen permitir en ningún caso a participación de persoas físicas ou xurídicas individuais con ánimo de lucro. O número de socios é de 77 O enfoque do proxecto é territoriral, con toma de decisións no propio grupo. Pretendese un enfoque combinado Terra – Mar Valóranse os proxectos de estructurantes e beneficiosos para o territorio no seu conxunto 9

10 CADROS FINANCIEIROS 10

11 INTENSIDADE DAS AXUDAS
CADRO FINANCEIRO

12 CADRO DE DISTRIBUCIÓN DE FONDOS
12

13 INTENSIDADE DE AXUDA PROXECTOS NON PRODUTIVOS
13

14 INTENSIDADE DE AXUDA PROXECTOS PRODUTIVOS
14

15 CRITERIOS DE CONCESIÓN
15

16 CRITERIOS DE CONCESIÓN
FINALIDADE DO PROXECTO LIÑAS DE ACCIÓN BENEFICIARIOS GASTO NON SUBVENCIONABLE NON INICIO COMPROMISOS COMPATIBILIDADE 16

17 CRITERIOS DE CONCESIÓN 1. FINALIDADE DO PROXECTO
a) Consolidar a competitividade das zonas de pesca. b) Reestruturar e reorientar as actividades económicas, en particular a través da promoción do turismo ecolóxico, sempre e cando estas actividades non supoñan un incremento do esforzo pesqueiro. Diversificar actividades a través da promoción da pluriactividade dos pescadores, mediante a creación de empregos adicionais fóra do sector pesqueiro. Ofrecer valor engadido aos produtos da pesca. Axudar a pequenas infraestruturas e servizos relacionados coa pesca e o turismo en beneficio de pequenos concellos dedicados á pesca. Protexer o ambiente nas zonas de pesca, co fin de manter o seu atractivo, rexenerar e desenvolver as aldeas e vilas costeiras con actividade pesqueira e protexer e mellorar o seu patrimonio natural e arquitectónico. Restablecer o potencial de produción do sector pesqueiro afectado por catástrofes naturais ou industriais.

18 CRITERIOS DE CONCESIÓN 1. FINALIDADE DO PROXECTO
Promover a cooperación interrexional e transnacional entre grupos nas zonas de pesca, principalmente a través do establecemento de redes e a difusión de boas prácticas. Medidas para promocionar e mellorar competencias profesionais, a capacidade de adaptación e acceso ao emprego, particularmente destinadas a mulleres sempre que formen parte integrante dunha estratexia de desenvolvemento sustentable, e garden coherencia cos puntos anteriores. Os beneficiarios das axudas para as finalidades previstas no punto 3º do artigo 1º, letras b), c) e i) deberán ser traballadores ou traballadoras do sector pesqueiro ou persoas que exerzan unha actividade profesional relacionada con este sector.

19 CRITERIOS DE CONCESIÓN
2. EIXOS DE ACTUACIÓNS 2. EIXOS DE ACTUACIÓNS Eixo 1. Fortalecemento da competitividade do sector pesqueiro, en especial a través da mellora da comercialización. Eixo 2. Promoción económica: creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación. Eixo 3. Mellora do contorno natural e a calidade ambiental Eixo 4. Promoción da cohesión social. Eixo 5. Fomento da igualdade de oportunidades.

20 CRITERIOS DE CONCESIÓN 2. EIXOS DE ACTUACIÓNS
EIXO ESTRATÉXICO 1: FORTALECEMENTO DA COMPETITIVIDADE DO SECTOR PESQUEIRO LIÑAS DE ACTUACIÓN: Liña 1: Proxecto de mellora da comercialización do sector pesqueiro a través das Lonxas da Costa da Morte Liña 2: Mellora das actividades vinculadas coa cadea pesqueira (Clúster). Liña 3: Proxectos de I+D vinculados co Mar: "Costa da Morte innovadora".

21 CRITERIOS DE CONCESIÓN 2. EIXOS DE ACTUACIÓNS
EIXO ESTRATÉXICO 1: FORTALECEMENTO DA COMPETITIVIDADE DO SECTOR PESQUEIRO LIÑA 1.1: PROXECTO DE MELLORA DA COMERCIALIZACIÓN DO SECTOR PESQUEIRO A TRAVÉS DAS LONXAS DA COSTA DA MORTE. OBXECTIVO XERAL Integrala comercialización dos produtos do mar como una actividade dos produtores (pescadores/as) e das confrarías, como elemento aglutinador dos mesmos. DESCRICIÓN DA ACCIÓN Inversións para a comercialización: infraestruturas de distribución, axentes comerciais e comunicacións, plataformas tic. Selección de canais de comercialización e fidelización dos clientes. Identificación e trazabilidade do produto. Inversións en loxística (acordos con operadores, non inversión en vehículos nin en novas lonxas)

22 CRITERIOS DE CONCESIÓN 2. EIXOS DE ACTUACIÓNS
EIXO ESTRATÉXICO 1: FORTALECEMENTO DA COMPETITIVIDADE DO SECTOR PESQUEIRO LINA 1.2: MELLORA DAS ACTIVIDADES VINCULADAS COA CADEA PESQUEIRA (Clúster). OBXECTIVO XERAL Mellorar a competitividade do sector pesca a través da mellora da competitividade das actividades complementarias do sector. DESCRICIÓN DA ACCIÓN Enténdense por sectores complementarios de apoio aquelas actividades vinculadas directamente coa pesca, como por exemplo: Redeiras Industria naval, en especial asteleiros tradicionais e artes de pesca selectivas. Empresas de comercialización e envasado de produtos do mar Empresas de seguridade alimentaria

23 CRITERIOS DE CONCESIÓN 2. EIXOS DE ACTUACIÓNS
EIXO ESTRATÉXICO 1: FORTALECEMENTO DA COMPETITIVIDADE DO SECTOR PESQUEIRO LINA 1.2: MELLORA DAS ACTIVIDADES VINCULADAS COA CADEA PESQUEiRA (Clúster). INCENTIVOS A PROFESIONALIZACIÓN DO SECTOR Apoio a creación de iniciativas empresariais de redeiras, preferentemente. Apoio aos investimentos necesarios para o desenvolvemento da súa actividade. Apoio a identificación de novos campos de actividade. Apoio as tarefas de comercialización das redeiras (canais de comercialización) Campañas de sensibilización entre armadores/clientes.

24 CRITERIOS DE CONCESIÓN 2. EIXOS DE ACTUACIÓNS
EIXO ESTRATÉXICO 1: FORTALECEMENTO DA COMPETITIVIDADE DO SECTOR PESQUEIRO LIÑA 1.3: PROXECTOS DE I+D VINCULADOS CO MAR: “COSTA DA MORTE INNOVADORA” OBXECTIVO XERAL Apoiar os procesos de I+D+i no sector pesqueiro. DESCRICIÓN DA ACCIÓN (referencia o proxecto Marketech, desenvolvido por CETMAR) Tratamento e manipulación da pesca a bordo. Tecnoloxías de conservación con frío. Trazabilidade: Etiquetado de produtos e xestión da información asociada a estes. Detección precoz de problemas microbiolóxicos. Aproveitamento e valorización de subprodutos e coprodutos. Redución do impacto da pesca sobre o ecosistema. Enfoque ecolóxico da pesca.

25 CRITERIOS DE CONCESIÓN 2. EIXOS DE ACTUACIÓNS
EIXO ESTRATÉXICO 2: PROMOCIÓN ECONÓMICA, CREACIÓN DE EMPREGO E OPORTUNIDADES ECONÓMICAS A TRAVÉS DA DIVERSIFICACIÓN. LIÑAS DE ACTUACIÓN: Liña 1: ESPACIOS TEMÁTICOS DO MAR Liña 2: HOSTALERÍA DO MAR Liña 3: PESCA - TURISMO Liña 4: APOIO A NOVOS EMPREDEDORES/AS Liña 5: PROGRAMA DE EVENTOS NA COSTA DA MORTE

26 CRITERIOS DE CONCESIÓN 2. EIXOS DE ACTUACIÓNS
EIXO ESTRATÉXICO 2: PROMOCIÓN ECONÓMICA, CREACIÓN DE EMPREGO E OPORTUNIDADES ECONÓMICAS A TRAVÉS DA DIVERSIFICACIÓN. LIÑA 2.1: ESPAZOS TEMÁTICOS DO MAR OBXECTIVO XERAL Crear un gran equipamento vinculado co patrimonio cultural e histórico do mar, vinculado á oferta turística, cultural de de ocio da comarca. DESCRIPCIÓN DA ACCIÓN Centro de interpretación ou Museo Hostalería e restauración Tendas típicas da zona (encaixe, alfarería, produtos mariñeiros....)

27 CRITERIOS DE CONCESIÓN 2. EIXOS DE ACTUACIÓNS
EIXO ESTRATÉXICO 2: PROMOCIÓN ECONÓMICA, CREACIÓN DE EMPREGO E OPORTUNIDADES ECONÓMICAS A TRAVÉS DA DIVERSIFICACIÓN. LIÑA 2.2: HOSTALERÍA DO MAR OBXECTIVO XERAL Apoio aos establecementos turísticos (restaurantes e aloxamento) para mellorar a súa competitividade, incluíndo un plan de asistencia técnica in-situ e axudas á inversión. DESCRICIÓN DA ACCIÓN Un programa formativo individualizado, seguindo a liña dos plans PEMEGA que inclúa visitas presenciais e un plan de mellora para os establecementos turísticos. Unha liña de financiamento específica para o desenvolvemento destes plans de mellora.

28 CRITERIOS DE CONCESIÓN 2. EIXOS DE ACTUACIÓNS
EIXO ESTRATÉXICO 2: PROMOCIÓN ECONÓMICA, CREACIÓN DE EMPREGO E OPORTUNIDADES ECONÓMICAS A TRAVÉS DA DIVERSIFICACIÓN. LIÑA 2.3: PESCA – TURISMO OBXECTIVO XERAL Desenvolver proxectos que reforcen o sector turístico da costa da morte, desenvolvidos con carácter prioritario por traballadores/as do mar, de xeito que podan diversificar a súa actividade e xerar rendas complementarias. DESCRICIÓN DA ACCIÓN O turismo en xeral e a principal vía de diversificación da actividade mariñeira. Restauración ou aloxamento no marco de casas tradicionais mariñeiras. Embarcacións tradicionais. Asteleiros tradicionais e a carpintería de ribeira.

29 CRITERIOS DE CONCESIÓN 2. EIXOS DE ACTUACIÓNS
EIXO ESTRATÉXICO 2: PROMOCIÓN ECONÓMICA, CREACIÓN DE EMPREGO E OPORTUNIDADES ECONÓMICAS A TRAVÉS DA DIVERSIFICACIÓN. LIÑA 2.4: PROGRAMA DE APOIO A NOVOS EMPRENDEDORES/AS (MULTISECTORIAL) OBXECTIVO XERAL Apoiar os procesos de creación de empresas que podan desenvolver os homes e mulleres do sector pesca/mar con carácter xeral e cun enfoque multisectorial. DESCRICIÓN DA ACCIÓN Lograr unha diversificación económica para a xente do mar a través da promoción de proxectos multisectoriais, no que a premisa de partida é que sexan viables técnica e economicamente. Darase tamén prioridade aos proxectos promovidos por mulleres.

30 CRITERIOS DE CONCESIÓN 2. EIXOS DE ACTUACIÓNS
EIXO ESTRATÉXICO 2: PROMOCIÓN ECONÓMICA, CREACIÓN DE EMPREGO E OPORTUNIDADES ECONÓMICAS A TRAVÉS DA DIVERSIFICACIÓN. LIÑA 2.5: PROGRAMA DE EVENTOS E MERCADOS NA COSTA DA MORTE OBXECTIVO XERAL Reforzar a identidade turística e cultural da costa da morte a través do apoio a actividades de gran impacto social ou cultural, ou ben, de marcado carácter tradicional. DESCRICIÓN DA ACCIÓN Búscase apoiar os eventos de gran impacto social e mediático que teñen lugar na costa da morte, reforzando o seu carácter tradicional ou complementando a oferta existente. Tamén poderían apoiarse eventos culturais que podan ter un impacto desde un punto de vista social e turístico (festivais e certames de carácter cultural, música, fotografía, pintura, etc...)

31 CRITERIOS DE CONCESIÓN 2. EIXOS DE ACTUACIÓNS
EIXO ESTRATÉXICO 3: MELLORA DO CONTORNO NATURAL E A CALIDADE AMBIENTAL. LIÑAS DE ACTUACIÓN: Liña 1: Proxectos empresariais medioambientais Liña 2: Rutas e sendeiros Liña 3: Patrimonio histórico e Cultural: Rehabilitación de infraestruturas e espazos ociosos no litoral. Liña 4: Conservación de espazos naturais, praias e espazos forestais. Liña 5: Programa de voluntariado ambiental

32 CRITERIOS DE CONCESIÓN 2. EIXOS DE ACTUACIÓNS
EIXO ESTRATÉXICO 3: MELLORA DO CONTORNO NATURAL E A CALIDADE AMBIENTAL. LIÑA 3.1: PROXECTOS EMPRESARIAIS MEDIOAMBIENTAIS. OBXECTIVO XERAL Apoio económico ás empresas que desenvolvan a súa actividade no campo do medioambiente, dende a xestión dos propios espazos naturais a actividades de xestión de residuos pasando polo uso turístico do medio natural. EXEMPLOS DE I D+i NO MEDIOAMBIENTE MARIÑO Tecnoloxías de sensores. Predición. Utilización de novos sistemas de medida e mellora de modelos de simulación. Tecnoloxías de tratamento de augas de lastre. Deseño e aplicación de indicadores de impacto das actividades humanas sobre o medio. Tecnoloxías asociadas á xestión de vertidos de hidrocarburos.

33 CRITERIOS DE CONCESIÓN 2. EIXOS DE ACTUACIÓNS
EIXO ESTRATÉXICO 3: MELLORA DO CONTORNO NATURAL E A CALIDADE AMBIENTAL. LIÑA 3.2: PROGRAMA DE RUTAS E SENDEIROS OBXECTIVO XERAL Desenvolver un entramado de sendeiros e rutas de longo recorrido que vertebren todo o borde litoral para o seu aproveitamento de ocio e turismo, poñendo especial énfase na busca de lugares de alto valor paisaxístico. Ademais poderán conectarse os espazos de litoral con espazos interiores do municipio que posúan un alto valor etnográfico ou natural. DESCRICIÓN DA ACCIÓN As rutas e sendeiros creados no marco do PEZ poden incluír dende o deseño do trazado e a execución material do mesmo (desbroce, acondicionamento, etc...) ata a sinalización dos espazos naturais ou turísticos singulares no seu percorrido. Tamén se deberá de compatibilizar os usos peonís cos usos en bicicleta, cada vez mais utilizados entre a poboación.

34 CRITERIOS DE CONCESIÓN 2. EIXOS DE ACTUACIÓNS
EIXO ESTRATÉXICO 3: MELLORA DO CONTORNO NATURAL E A CALIDADE AMBIENTAL. LIÑA 3.3: PATRIMONIO HISTÓRICO E CULTURAL. REHABILITACIÓN DE INFRAESTRUTURAS E ESPAZO OCIOSOS NO LITORAL OBXECTIVO XERAL Recuperar os espazos urbanos e rurais dende un punto de vista do patrimonio histórico e cultural, recuperando a paisaxe tradicional dos pobos mariñeiros. DESCRICIÓN DA ACCIÓN Trátase polo tanto de actuar sobre rúas, prazas públicas e espazos urbanos próximos aos portos, para recuperar o carácter mariñeiro destes pobos. Ademais podería valorarse a implementación dun programa de axuda e apoio público á recuperación das fachadas mariñeiras das casas, que sería executado a través das áreas de Urbanismo dos concellos, preferentemente en todos os concellos de xeito simultáneo. Estas axudas poderían complementar axudas actuais doutras administracións. As intervencións urbanas tamén poderán actuar sobre a iluminación artística ou a homoxeneización do mobiliario urbano.

35 CRITERIOS DE CONCESIÓN 2. EIXOS DE ACTUACIÓNS
EIXO ESTRATÉXICO 3: MELLORA DO CONTORNO NATURAL E A CALIDADE AMBIENTAL. LIÑA 3.4: PROGRAMA DE CONSERVACIÓN DE ESPAZOS NATURAIS, PRAIAS E ESPAZOS FORESTAIS. OBXECTIVO XERAL Mellora da conservación dos espazos naturais, espazos forestais e en especial, as praias da costa da morte. DESCRICIÓN DA ACCIÓN As actuacións previstas poderán contemplar traballos técnicos específicos ou a reforestación de espazos afectados polo lume, ata intervencións para recuperar o aspecto natural das praias (rexeneración vexetal, control de accesos, pequenas infraestruturas, etc)

36 CRITERIOS DE CONCESIÓN 2. EIXOS DE ACTUACIÓNS
EIXO ESTRATÉXICO 3: MELLORA DO CONTORNO NATURAL E A CALIDADE AMBIENTAL. LIÑA 3.5: PROGRAMA DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL. OBXECTIVO XERAL Implantar un programa de voluntariado ambiental, en colaboración cos concellos. DESCRICIÓN DA ACCIÓN Campañas de recollida de lixo e residuos sólidos en espazos naturais. Campos de traballo ambientais Campañas de sensibilización entre a poboación local Control e vixilancia de aves en espazos naturais. Programas de información e interpretación ambiental.

37 CRITERIOS DE CONCESIÓN 2. EIXOS DE ACTUACIÓNS
EIXO ESTRATÉXICO 4: PROMOCIÓN DA COHESIÓN SOCIAL. LIÑAS DE ACTUACIÓN Liña 1: Apoio a empresas de servizos sociais e creación de equipamentos Liña 2: Rede Cultural Liña 3: Programa educativo sobre a cultura mariñeira

38 CRITERIOS DE CONCESIÓN 2. EIXOS DE ACTUACIÓNS
EIXO ESTRATÉXICO 4: PROMOCIÓN DA COHESIÓN SOCIAL. LIÑA 4.2: PROGRAMA DE CREACIÓN DUNHA REDE CULTURAL. OBXECTIVO XERAL Impulsar a vertebración social da costa da morte a través dos referentes culturais vinculados co mar e coa pesca, poñendo en valor a tradición e a historia da costa da morte e o seu patrimonio cultural, de xeito que se potencien as sinais de identidade do territorio. DESCRICIÓN DA ACCIÓN Desenvolver un proxecto cultural propio da comarca e vinculado co mar, podendo incluír diversas tipoloxías culturais: teatro, musica, fotografía, pintura... Trátase ademais de potenciar o uso dos numerosos “contenedores” culturais existentes no territorio (centros sociais e veciñais, auditorios, salas de exposición, etc...) de xeito que se poda crear unha rede estable de traballo entre todos os concellos da comarca.

39 CRITERIOS DE CONCESIÓN 2. EIXOS DE ACTUACIÓNS
EIXO ESTRATÉXICO 4: PROMOCIÓN DA COHESIÓN SOCIAL. LIÑA 4.3: PROGRAMA EDUCATIVO SOBRE A CULTURA MARIÑEIRA. OBXECTIVO XERAL Lograr unha maior sensibilidade cara o mar e o sector pesqueiro como principal fonte de recursos e sinal de identidade da costa da morte. O proxecto terá como público obxectivo os escolares de toda a comarca, pero en época estival poderían desenvolverse talleres espaciais orientados a visitantes e turistas. DESCRICIÓN DA ACCIÓN Aulas da natureza vinculadas co medio mariño Talleres específicos de traballo sobre o mar e a pesca (por idades) Talleres de divulgación científica (en colaboración coa Universidade ou os centros educativos) Talleres de formación a formadores Visitas guiadas Conferencias e coloquios

40 CRITERIOS DE CONCESIÓN 2. EIXOS DE ACTUACIÓNS
EIXO ESTRATÉXICO 5: FOMENTO DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES. LIÑAS DE ACTUACIÓN Vertebración do movemento social feminino a través de axudas as asociacións de mulleres para o desenvolvemento de actividades propias. Formación específica en materia de xénero e accións de reforzo do empoderamento feminino. Non se propoñen actuacións de carácter laboral xa que estas se están a traballar no marco do pacto territorial de emprego. Servizos de información específicamente orientados ás mulleres, ben xa existentes ou de nova creación. Apoio ou creación de mesas de traballo sobre a muller a través das concellerías sectoriais. Tamén se propón a posibilidade de crear unha mesa ou grupo de traballo entre os diferentes proxectos de desenvolvemento local que se están a desenvolver (Leader, Consorcio de Turismo, Pacto de emprego, etc...), para facer un seguimento coordinado das políticas de xénero que se están a desenvolver en cada un deles. Desenvolvemento de programas de conciliación tales como Bancos de tempo, que poden desenvolverse en colaboración coa administración autonómica. Estudos de xénero específicos que poñan en valor o papel da muller na costa da morte e especialmente o papel da muller no sector da pesca – mar.

41 CRITERIOS DE CONCESIÓN 3. BENEFICIARIOS
3.1. PROXECTOS PRODUTIVOS PERSOAS FÍSICAS OU XURÍDICAS QUE CUMPLAN OS SEGUINTES REQUISITOS: Estar empadroado ou ter a súa sede social nalgún concello do ámbito territorial do GAC Zona 3 Costa da Morte. Desenvolver o proxecto no mesmo ámbito territorial. Cumprir os requisitos de peme. Non ser unha empresa en crise. Non estar incurso nalgunha das circunstancias descritas Lei de subvencións de Galicia para poder obter subvencións.

42 CRITERIOS DE CONCESIÓN 3. BENEFICIARIOS

43 CRITERIOS DE CONCESIÓN 3. BENEFICIARIOS
3.2. PROXECTOS NON PRODUTIVOS: ENTIDADES PÚBLICAS LOCAIS, CONFRARÍAS DE PESCADORES, ASOCIACIÓNS DO SECTOR PESQUEIRO E ASOCIACIÓNS DECLARADAS DE UTILIDADE PÚBLICA, QUE CUMPLAN OS SEGUINTES REQUISITOS: Ter a súa sede social no ámbito territorial do GAC Zona 3 Costa da Morte. Desenvolver o proxecto no mesmo ámbito territorial. Non estar incurso nalgunha das circunstancias descritas na Lei de subvencións de Galicia para obter subvencións.

44 CRITERIOS DE CONCESIÓN 4. GASTOS NON SUBVENCIONABLES
O IVE cando sexa efectivamente recuperable. Os xuros debedores e outros gastos financeiros. A adquisición de terreos por un custo superior ao 10% do total dos gastos subvencionables. A vivenda. Os vehículos destinados ao transporte de persoas. As compras de materiais e equipamentos usados. Os investimentos relacionados con produtos da pesca e da acuicultura destinados a ser utilizados e transformados para fins distintos do consumo humano, excepto os investimentos destinados exclusivamente ao tratamento, transformación e comercialización de residuos de produtos da pesca e a acuicultura. Os gastos orixinados por unha mera reposición de anteriores salvo que a nova adquisición corresponda a investimentos distintos dos anteriores, ben pola tecnoloxía utilizada ou polo seu rendemento. Os gastos de constitución e primeiro establecemento dunha sociedade. As obras non vinculadas co proxecto de investimento vivendas, comedores e similares. A urbanización que non estea relacionada coa actividade do proxecto que se pretende financiar. Os pagamentos en especie.

45 CRITERIOS DE CONCESIÓN 5. NON INICIO 6. COMPROMISOS
Os investimentos para os cales se solicita a axuda non poderán estar iniciados antes do levantamento da acta de non inicio e no momento en que finalice deberán cumprir cos obxectivos e funcións para que foron aprobados. COMPROMISOS Son obrigas dos beneficiarios as establecidas con carácter xeral no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Manter a actividade subvencionada durante un período mínimo de 5 anos. Normativa medioambiental. Adoptar as medidas de difusión e publicidade seguintes: Instalación dunha placa ou cartel cos logotipos das administracións que cofinancian o proxecto e a referencia ao Fondo Europeo de Pesca co lema Europa inviste na pesca sustentable. En todas as publicacións, carteis e calquera outra información ofrecida en calquera medio, papel ou electrónico, incluirán de xeito claro e visible a participación da Consellería do Mar, Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño e da Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Pesca.

46 CRITERIOS DE CONCESIÓN 7. COMPATIBILIDADE
As axudas serán compatibles con calquera outra axuda, subvención ou recurso público e privado, sempre que non teñan financiamento parcial ou total de fondos procedentes doutro instrumento financeiro comunitario destinados a financiar o mesmo gasto ou investimento, e ademais cumpran os seguintes requisitos: a) Que o importe acumulado das axudas non exceda o custo da actividade subvencionada. b) Que o importe total das axudas públicas non exceda os límites máximos previstos na normativa de axudas de Estado da Unión Europea. No suposto de que a suma de todas as axudas supere os devanditos límites, procederase por resolución do órgano concedente á minoración da axuda concedida. Os beneficiarios deberanlle comunicar por escrito á entidade colaboradora a obtención de calquera outra axuda e deberán achegar, de ser o caso, a resolución de concesión.

47 PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DE AXUDAS

48 PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DE AXUDAS
PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICTUDES: Aberto de maneira ininterrunpida ata o 30 de setembro de Plazo condicionado a existencia de fondos. ONDE PRESENTAR A SOLICITUDE DE AXUDA? Na sede do Gac 3 Costa da Morte, onde o solicitante terá dereito a obter unha copia con rexistro de entrada. Edificio Centro Comarcal Bergantiños. Lugar A Camposa, S/N. BUÑO. Concello de Malpica de Bergantiños. (A CORUÑA). Tlf.: Fax:

49 PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DE AXUDAS
CONVOCATORIAS ANUAIS: A segunda convocatoria non se levará a cabo cando se comprometan a totalidade dos fondos na convocatoria anterior ANO 1ª CONVOCATORIA 2ª CONVOCATORIA ANTES 31 MARZO ANTES DE 30 SETEMBRO

50 PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DE AXUDAS

51 DOCUMENTACIÓN

52 DOCUMENTACIÓN Copia do documento nacional de identidade ou NIF da persoa asinante da solicitude. Copia do NIF da persoa xurídica, se é o caso. Certificacións acreditativas de estar ao día no pagamento das súas obrigas tributarias co Estado, coa comunidade autónoma e coa Seguridade Social. Memoria e orzamento que conteña unha descrición detallada do proxecto: finalidade, obxectivos, resultados esperados, persoal necesario, responsable deste, experiencia da entidade promotora, asesores e colaboradores externos, custo, calendario de realización e prazo global, continuidade do proxecto e calquera outro aspecto que se considere de interese. Plan económico indicando que parte corresponde a recursos propios da entidade solicitante e cal a axudas percibidas ou solicitadas para o mesmo fin procedentes de calquera administración estatal, autonómica, local ou institucional. Forma de financiamento da actividade ata a recepción da axuda. Acreditación do IVE soportado non recuperable polo promotor, se é o caso. Certificación bancaria onde conste o titular, o número de conta e as claves do banco e da sucursal, así como o enderezo desta, para os efectos do pagamento da axuda. Declaración relativa a todas as axudas concedidas ou solicitadas para o mesmo proxecto. Proxecto técnico de execución, se é necesario. En actuacións sobre inmobles presentarase un proxecto básico ou un anteproxecto valorado que permita unha definición exacta da intervención que se vai realizar, ademais de acreditar a dispoñibilidade sobre o inmoble en cuestión.

53 DOCUMENTACIÓN Se o solicitante é unha persoa xurídica, ademais,deberá presentar: Memoria descritiva do solicitante que comprenda unha breve descrición do seu obxecto social, órganos de goberno, organización e relación de actividades do ano anterior ao de presentación, con inclusión do orzamento de ingresos e gastos. Certificación do órgano competente na cal se especifique o acordo polo que se lle concede autorización para facer a solicitude ao asinante dela. Se actuase en virtude de atribucións fixadas nos estatutos, indicarase así na solicitude, citando a disposición que recolle a competencia. Certificación do órgano competente na cal se acredite o desempeño actual do cargo. Copia compulsada da escritura de constitución ou dos estatutos da entidade debidamente inscritos no rexistro segundo o caso correspondente.

54 DOCUMENTACIÓN Se se trata dun proxecto de investimento produtivo tamén terá que presentar: Anexo II e anexo III, aos cales se refire o punto 4 do artigo 3º. Último recibo pagado do imposto de actividades económicas (IAE) ou certificación da exención, no caso de empresarios individuais. No caso de inicio de actividade empresarial, será suficiente o compromiso de darse de alta no IAE.

55


Descargar ppt "GRUPO DE ACCION COSTEIRA COSTA DA MORTE"

Presentaciones similares


Anuncios Google