Cousas da rata Luisa.

Slides:



Advertisements
Presentaciones similares
IMOS SOBRE RODAS EEI FINA CASALDERREY MARGARITA RODRIGUEZ VAZQUEZ
Advertisements

A acuicultura.
A enerxía TEMA -5.
Batáns.
AS RELACIÓNS SEMÁNTICAS
Enerxía Xeotérmica Profesora: Carmen Cid Manzano
COMO CONVERTER UN RELATO NUNHA FOTONOVELA
máquinas e aparellos tradicionais
A clonación e as células nai.
Traxedia dos comúns Cando facer o que é mellor para ti,
Traballo feito por Diego D, Diego A, Pedro, Jorge, Lois e Juan
Normas de aula Educación en valores
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense.
Auga 22 de marzo día mundial.
PROXECTO LOVA ELECTRICIDADE.
Pratos combinados saudables
VINCENT VAN GOGH
OS AMIGOS DA RATA LUÍSA Entroido Mon Daporta.
Traxedia dos comúns Cando facer o que é mellor para ti,
A arte de Maurits C. Escher.
Oe mamá… teño unha pregunta Beatriz Pérez Conde
Pemento (Capsicum annuum) pimiento pepper piment pimento.
O noso agradecemento a tódalas familias pola súa colaboración
Servizo de asesoramento e información para a xuventude
¿COMO BUSCAMOS UN LIBRO DA NOSA BIBLIOTECA?
Distribuir os números do 1 ao 9 entre os aneis olímpicos, de xeito que a suma dos números que hai en cada anel sexa sempre USC.
¿Por qué chorar mentres vou andando, se outros rín e non teñen pés?
A VIDA....
A llama.
ESTRANXEIRISMOS.
Erros máis comúns (2ª parte)
Falando do pasado: COPRETÉRITO
O león fraco Mon Daporta Cousiñas feitas na casa.
Traballo voz natura Traballo Traballo Voz Voz Natura Natura Traballo
AS ETAPAS DE PAULO COELHO.
Carlos Gradín (Universidade de Vigo)
Semana das Persoas con Diversidade Funcional
A alpaca.
Falando do pasado: COPRETÉRITO
Facendo pan.
OS PROCESOS DA NUTRICIÓN NUNHA PLANTA
DEFORMACIÓNS DAS ROCHAS
EMPRÉSTITOS E DEVOLUCIÓNS
INTRODUCCIÓN TAREFAS PROCESO AVALIACIÓN CONCLUSIÓN.
COOPERANDO PARA APRENDER ESTRUTURA COMPLEXA
Emilio Arias Consultor. Director de proxectos de Edan Xestión, s.l.
CONTOS DA RATA LUÍSA No mar Mon Daporta.
O cabalo branco do demo:
O morcego Roque.
Alumnado 3º Eso DO I.E.S aquis celenis
de súpeto, o fillo cae, lastímase e grita: "aaaaaahhhhhhhhh!!!!!"
FACULTADE DE MEDICINA ACOE
Era unha vez unha competencia ...
O APARATO EXCRETOR.
¡ Ah...! ¡Se entre Amigos fóramos gansos!.
CONECTANDO MUNDOS: Cando se torcen os dereitos.
CONTOS DA RATA LUÍSA O cumple Mon Daporta.
CEIP ISIDORA RIESTRA I ENCONTROS DE E.INFANTIL E DE E. PRIMARIA.
Os volcáns.
Historia dunha castaña
A CONTAMINACIÓN DA AUGA.
O elefante asiático.
CONTOS DA RATA LUÍSA Os nenos Mon Daporta.
Cousas da rata Luisa.
Nunha xunta de pais de familia de certa escola, a directora resaltaba o apoio que os pais deben darlle aos fillos.
Canto desexo cear convosco!
SOÑEI CUN ANXO.
XXIV ENCONTRO ESTATAL DE ESCOLAS ASOCIADAS Á UNESCO. MELILLA-2011
CONTOS DA RATA LUÍSA Deportistas Mon Daporta.
Límites e continuidade
Transcripción de la presentación:

Cousas da rata Luisa

PAN

Desde que lles dou polo aquel da cociña, andan a argallar cousas novas cada día. Facemos unha torta?... un guiso?... un polo asado?... peixe ao forno?... un cocido?... pasteis?... xeado?...

E Luisa que tampouco os quere desanimar, díxolles que un día iban a facer pan.

E desde que llo dixo levan agardando que sexa ese día que nunca da chegado.

Como insisten tanto, esta tarde Luisa, dixo que, por fin, xa chegara o día

Como sempre dispoñen antes o material, e logo prepáranse para traballar.

auga fariña sal levadura Teñen a fariña, a auga morna, a levadura, o sal e o cacharro para facer a mestura.

Visten os mandís, lavan as mans, e xa están listos para poder empezar.

Botan a fariña, co sal, no cacharro, e xusto, no medio, cávanlle un burato.

Despois a levadura nunha pouca auga morna… e logo a mestura no medio da poza

Xuntan a fariña, empezan a amasar. Danlle unhas voltas… -Xa empeza a ligar.

Sácana do cunco, bótana na mesa, e amásanna para que quede ben ligada, ben feita. Estiran, estruchan, esmagan, enrolan, apertan, estenden, apalpan e soban.

Ata que Luisa, que mira, di que poden parar: -Xa está a masa feita… agora a levedar.

Deixan a masa dentro do cacharro nun sitio morno e cuberta cun pano.

Luisa contoulles que ao levedar a masa medraba e quérenno mirar, e para que non anden a destapala seguido usaron, esta vez, un cunco de vidro.

Enseguida se cansan de mirar e agardar. - A masa non medra… Todo sigue igual!

-Todo vai moi ben. Deixádea estar. Hai que darlle tempo… unha hora máis. -Aínda unha hora? –Que cousa máis lenta! - Mola enfariñarse… pero amola a espera.

Cando o tempo pasa… -Mamá ven miralo! -Como agardemos máis vai saír do cacharro!

Luisa encende o forno, enfariña a mesa

Parte a masa en cachos e dalle a cada un súa peza.

E os nenos traballan, cada un o seu anaco, para darlle a forma e o tamaño axeitado.

Mentras o forno quece, outra vez a agardar, que o pan medre un pouco antes de o enfornar.

Cando o forno está a punto, meten o pan, e toca, outra vez, volver a agardar.

Mentras o pan coce, recollen e limpan. Vaia tarde pasaron enleados coa fariña!

Non foi facer biscoitos nin facer ensaladas, pero tamén ten a súa cousa eso de enredar coa masa. E cando se aprende, se ensaia e se proba, pódese gozar moito facendo cousas novas.

Pódensenlle dar formas…

engadir detalles,… e pódese facer pan de moitismas clases.

De trigo, de millo, de mesturas, de centeo, de arroz, de cebada…

e con cousas no medio.

E botarlle sementes, e noces, e pasas, allo, cebola, pipas, sésamo, cabaza…

E facelo branco, moreno, integral, refinado,

con ovo, manteiga, con leite, anisado… Faise con tantas cousas, de tantas maneiras… que cada un pode facer pan case co que queira!

E cando viron cocidos os pans que fixeran Pareceulles moi ben todo o que aprenderan.

Co pan que amasaron, tan fresco, aínda quentiño, os ratos fixeron cadanseu bocadillo. QUE LLES APROVEITE!!

fin As fotografías son collidas da Internet. Agradézolloe aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta