La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

A acuicultura.

Presentaciones similares


Presentación del tema: "A acuicultura."— Transcripción de la presentación:

1 A acuicultura

2 Acuicultura é o conxunto de actividades e técnicas que se realizan para o cultivo de especies acuáticas. É unha actividade económica importante para a producción de alimentos, materias primas de uso industrial e farmacéutico, e organismos vivos para a repoboación ou a ornamentación.

3 …e buscando atoparon, tampouco o sabían,
que eso da acuicultura non é do outro día.

4 Que os chineses antigos, de hai cinco mil anos,
xa criaban peixes… As referencias máis antigas á acuicultura son de hai case anos na antiga China, onde, xa hai máis de anos, existían leis para castigar aos ladróns de peixe . O primeiro tratado sobre o cultivo da carpa é chinés e data do 475 a. C. hai uns anos. Carpas de cores nunha pintura chinesa antiga. As carpas de cores foron creadas na antiga China Estanque de cultivo de peixes. Imaxe chinesa do século X

5 e os exipcios, Pintura exipcia na que aparece un estanque con peixes.

6 e os romanos… Restos dunha piscifactoría romana, do século II, en Calp (Alacant).

7 e na Idade Media… Esceas medievais de pesca nas que aparecen representados os grandes recipientes nos que se mantiñan os peixes vivos ata o momento da súa venda

8 criáronse peixes para poder comelos.
…e nos Tempos Modernos criáronse peixes para poder comelos.

9 Tipos de cultivos acuícolas:
E que non todos se crían da mesma maneira. Cada un quere o seu trato e a comida que lle presta.

10 CULTIVOS EXTENSIVOS: Aproveitan as condicións naturais favorables
CULTIVOS EXTENSIVOS: Aproveitan as condicións naturais favorables. Precisan de pouca tecnoloxía. O proceso de alimentación é natural. Para levalos a cabo faise pouco máis que o acondicionamento do lugar, a sementeira e a limpeza; e os indivíduos mantéñense directamente sobre os fondos ou sobre esructuras fixas ou fluctuantes. Son deste tipo os cultivos de bivalvos filtradores como ostras, ameixas e mexillóns, e os de macroalgas mariñas. Viveiro de bivalvos Batea de mexillón.

11 CULTIVOS SEMIINTENSIVOS: Algúns parámetros dependen da natureza
CULTIVOS SEMIINTENSIVOS: Algúns parámetros dependen da natureza. Úsase a auga do medio, pero apórtanse alimentos e realízase un mínimo control do cultivo. Os cultivos de peixes en gaiolas flotantes e os cultivos en estanques e canles en circuito aberto ou semiaberto, aproveitando aguas correntes, son sistemas semiintensivos. Gaiolas para o engorde de peixes Piscifactoría de fluxo en circuito aberto.

12 CULTIVOS INTENSIVOS: realízanse en instalaciones separadas do medio natural, en tanques ou piscinas illadas, con sistemas de captación e recirculación de auga, e control total do medio e dos individuos. Piscifactoría Control de parámetros nun tanque de cultivo de peixes.

13 Especies de cultivo acuícola do mundo
En auga salgada críanse: 50 especies de peixes, 28 de crustáceos, 68 de moluscos, varias especies de macroalgas e numerosas especies de microalgas e pequenos animais. En auga doce críanse: 100 especies de peixes, 10 de crustáceos, 2 de moluscos, microalgas e pequenos animais. Eurihalinas, resistentes aos cambios de salinidade: críanse arredor de 20 especies (entre 5 e 10 de peixes, de 2 a 5 de crustáceos e entre 1 e 4 de moluscos) As especies catadromas (que viven nos ríos e se reproducen no mar) críanse en auga doce. As especies anadromas (que viven no mar e se reproducen nos ríos) críanse en auga salgada.

14 No mundo cultívanse peixes, crustáceos e moluscos, de auga doce e salgada, e algas.
Segundo a FAO críanse 150 especies de peixes, 72 especies de moluscos, 39 especies de crustáceos e varias especies de algas; ademais de gran cantidade de microalgas, para usos diversos, e numerosos pequenos animais para a alimentación de especies de maior tamaño en fases larvarias e xuvenís.

15 E agardando que esto vos sirva para téredes unha idea…
Déixovos, ata a próxima… que xa me “ferve” na cabeza

16 fin As imaxes foron collidas da internet.
Agradezolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta COUSIÑAS FEITAS NA CASA


Descargar ppt "A acuicultura."

Presentaciones similares


Anuncios Google