O cabalo branco do demo:

Slides:



Advertisements
Presentaciones similares
AGUANTA? Amelia Areán Reigosa CEIP “Amor Ruibal” –Barro
Advertisements

PROGRAMA DE MINIMZACIÓN DE RESIDUOS
O CICLO DA AUGA.
CAMBIO CLIMATICO Responsabilidade compartida
Harb Nevein (China) Festival de Xeo e Neve
PAREMOS O CAMBIO CLIMÁTICO!!!
O efecto invernadoiro en Galiza
AS RELACIÓNS SEMÁNTICAS
Os textos argumentativos
COMO CONVERTER UN RELATO NUNHA FOTONOVELA
O SER HUMANO Características :.
Traxedia dos comúns Cando facer o que é mellor para ti,
Traballo feito por Diego D, Diego A, Pedro, Jorge, Lois e Juan
Normas de aula Educación en valores
1. OS RISCOS ELÉCTRICOS 2. O ESTRÉS 3. O BURN-OUT 4. O MOBBING
Ricos países pobres Lidia Iglesias Vaamonde Helena García Muñoz
PROXECTO LOVA ELECTRICIDADE.
Hiistoria da conserva CAMBADOS.
CURTA HISTORIA... Charles Plumb, era piloto dun bombardero na guerra de Vietnam. Despois de moitas misións de combate, o seu avión foi derribado por un.
Traxedia dos comúns Cando facer o que é mellor para ti,
Carlos Dosil Güeto 4º ESO
A Narrativa dos anos 60 Nova Narrativa Galega.
¿COMO BUSCAMOS UN LIBRO DA NOSA BIBLIOTECA?
LINGUAXE MUSICAL I A música é unha linguaxe, e para escribila, necesitamos aprender os seus signos. Nuria García Amigo.
As actividades non presenciais
Distribuir os números do 1 ao 9 entre os aneis olímpicos, de xeito que a suma dos números que hai en cada anel sexa sempre USC.
¿Por qué chorar mentres vou andando, se outros rín e non teñen pés?
A VIDA....
O cambio climático. Traballo feito por Carolina Barros Moran, Cristina Barros .oran e Ana Mañas Hernández.
Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.
RISCOS ESPECÍFICOS OFICINAS
Falando do pasado: COPRETÉRITO
O EFECTO INVERNADOIRO.
Emilio Arias Consultor. Director de proxectos de Edan Xestión, s.l.
O león fraco Mon Daporta Cousiñas feitas na casa.
Traballo voz natura Traballo Traballo Voz Voz Natura Natura Traballo
AS ETAPAS DE PAULO COELHO.
~ A Corza Branca ~.
Carlos Gradín (Universidade de Vigo)
A alpaca.
Falando do pasado: COPRETÉRITO
Víctor Núñez Gómez Aldán Gay García Nacho Felpeto Criado
INTRODUCCIÓN TAREFAS PROCESO AVALIACIÓN CONCLUSIÓN.
O morcego Roque.
Alumnado 3º Eso DO I.E.S aquis celenis
CORTEXO ANIMAL.
FACULTADE DE MEDICINA ACOE
PROBAS DE VALORACIÓN DA CONDICIÓN FISICA
A CORZA BRANCA IRIA FOLGUEIRA PIN LAURA MÉNDEZ LÓPEZ.
O MAGOSTO en Ourense..
Era unha vez unha competencia ...
A intervención psicopedagóxica nunha escola de todos e para todos OS ALUMNOS Pontevedra, 27 de abril do 2009.
CONECTANDO MUNDOS: Cando se torcen os dereitos.
Os elementos e o sistema periódico
A RELACIÓN NOS ANIMAIS.
CEIP ISIDORA RIESTRA I ENCONTROS DE E.INFANTIL E DE E. PRIMARIA.
Os volcáns.
Historia dunha castaña
MATRIMONIO HOMOSEXUAL
O matrimonio homosexual.
unha bruxa horriblemente guapa
Cousas da rata Luisa.
Nunha xunta de pais de familia de certa escola, a directora resaltaba o apoio que os pais deben darlle aos fillos.
A aparición da Santa compaña
SOÑEI CUN ANXO.
Os entroidos de Ourense
Ramón Piñeiro López Armea (Láncara ) 31de maio de 1915.
XXIV ENCONTRO ESTATAL DE ESCOLAS ASOCIADAS Á UNESCO. MELILLA-2011
A AVALIACIÓN NA EDUCACIÓN PRIMARIA
Límites e continuidade
Transcripción de la presentación:

O cabalo branco do demo:

Cando eu era un cativo contaba miña nai que estaban na Ponte Liñares dous homes de Faramiñás, un lugariño da parroquia de San Martiño, en Porqueira (Ourense). Foran á feira que por alí se celebraba un día de moita chuvia e invernía. Tanto chovera que o río Limia medrara moitísimo e chegara a cubrir a Ponte Romana que lle daba nome ó lugar. Fíxoselles noite e os dous homes no atopaban un sitio por onde poder cruzar. 

Empezaron a andar río arriba para ver de achar un lugar para poder atravesar a corrente sen perigo. Andaron e andaron e non certaban dun sitio por onde poder pasar á outra beira. Un deles empezou a cagarse en todo canto había. Seica era un home de por si moi mal falado, aínda que boa persoa e moi crente. De súpeto, e cando con máis carraxe estaba a berrar e maldicir, un alustre alumou o campo todo. Foi entón cando viron un fermosísimo cabalo branco, tan branco coma o leite, ben alimentado e cunhas longas e suaves crinas como fíos de prata, que camiñaba cara a eles. Detivéronse abraiados ante tan portentoso animal, que non amosaba sinal ningún de lles ter medo.

O home malfalado achegoulle a man ó fociño, acariñoullo e percorréndolle o pescozo, agarrou con forza as crinas e dun chimpo subiuse ó lombo do animal que ficou parado sen rebelarse contra da súa ousadía. Así que se viu enriba do cabalo, o home malfalado agarrou ó seu compañeiro e axudouno a subir tamén. Seguía a chover con forza, unha chuvia fría coma a neve. Estaban completamente enchoupados e tremendo seguido. Afalaron ó animal para que empezara a galopar na busca dun lugar polo que cruzar o Limia. O home que ía diante, agarraba con forza as longas crinas do animal e para encirralo empezou, outra vez, a berrar maldicións e, como dicía miña nai, pecadazos que facían abrir o ceo. 

Canto máis grave era a blasfemia o cabalo máis e máis corría: Veña cabalo, me cago en...!, e o animal aceleraba aínda máis o paso. Nisto andaban cando o cabalo, sen el llo mandar, empezou a cruzar o río. Corre besta do carallo, cruza o río me cago na...! A velocidade era tan grande que a chuvia mancábaos na face como se foran agullas de xeo. O que ía detrás, aferrado á cintura do compañeiro, presentiu que aquelo non era cousa natural, e que aquel animal, aparecido tan oportunamente, non era cousa deste mundo. 

Lembrou que no bolsón de atrás do pantalón levaba un rosario Lembrou que no bolsón de atrás do pantalón levaba un rosario. Con dificultade para seguir mantendo o equilibrio, botou man del mentres marmuraba un " Virxe María Santísima". Nese mesmo intre, o cabalo desapereceu e eles quedaron sentados sobre o duro leito de croios do río, xa case na outra beira. Non daban creto ó que lles pasara, tremían coma vimbios co frío que lles aterecía o corpo e co medo que aquel endiañado cabalo lles puxera. Era o cabalo do demo.

Fin