OS PROCESOS SEDIMENTARIOS
O ambiente sedimentario localízase nas zonas superficiais da codia terrestre Na formación das rochas sedimentarias interveñen varios procesos xeolóxicos: Meteorización das rochas preexistentes Erosión e transporte dos materiais meteorizados Sedimentación de ditos materiais (sedimentos) nas concas de sedimentación Diaxénese: proceso mediante o cal os sedimentos soltos se converten nun material máis compacto e coherente: a rocha sedimentaria.
METEORIZACIÓN MECÁNICA METEORIZACIÓN QUÍMICA METEORIZACIÓN BIOLÓXICA É un proceso no que se produce a disgregación das rochas por medios mecánicos (ou físicos), químicos ou biolóxicos Fragmentación ou disgregación física das rochas, sen que se altere a composición química dos seus minerais. Especialmente intensa nas zonas desérticas e de montaña METEORIZACIÓN MECÁNICA OU FÍSICA Alteración dos minerais que forman a rocha. Os principais responsables son a auga e os materiais que leva disoltos (ppalmente O2 e CO2). Importante en climas húmidos e cálidos METEORIZACIÓN QUÍMICA Alteración debida á acción dos seres vivos sobre as rochas METEORIZACIÓN BIOLÓXICA
METEORIZACIÓN MECÁNICA Perda da presión de carga: as rochas afloran á superficie ao eliminarse, por erosión, os materiais que os cobren e aparecen fisuras de relaxación ou laxas Dilatación e contracción diferencial : debida a grandes variacións de Tª entre o día e a noite (desertos), que acaban provocando tensións e fragmentacións nas rochas Xelifracción ou Xelivación: debida á introducción de auga líquida nas grietas das rochas e posterior conxelación provoca fracturas nas rochas Haloclastia: a auga con sales disoltos ocupa as fisuras das rochas. Ao evaporarse os sales cristalizan, aumentan o seu tamaño e provocan a fractura na rocha. Típico en zonas costeiras e en zonas áridas. MECANISMOS DE METEORIZACIÓN MECÁNICA OU FÍSICA
Xelifracción en granitos Cambios de Temperatura Haloclastia Laxamento
XELIFRACCIÓN
HALOCLASTIA
HALOCLASTIA
TERMOCLASTIA
TERMOCLASTIA
METEORIZACIÓN QUÍMICA A hidrólise: Incorpóranse moléculas de auga na estrutura dos minerais e producen variacións nas súas características (diminución da dureza, aumento da solubilidade, variando o volumen da nova rocha formada). Importante, p.ex, nos feldespatos do granito. A disolución: a auga disolve algúns minerais das rochas, especialmente os minerais salinos. A hidratación: a rede cristalina dalgúns minerais incorpora moléculas de auga. Este proceso é frecuente nalgúns materiais arxilosos que cando incorporan auga aumentan o seu volume e viceversa. A carbonatación: a auga que leva disolto CO2 atmosférico forma ácido carbónico reacciona cos carbonatos das rochas calcarias e orixina paisaxes cársticas en terreos calcarios, como o lapiás. A oxidación: O O2 atmosférico combínase cos elementos metálicos dalgúns minerais (especialmente o Fe) Así, estes minerais transfórmanse noutros, máis disgregables. Canta máis humidade >> oxidación. MECANISMOS DE METEORIZACIÓN QUÍMICA
Exemplos de Meteorización química: Hidrólise Caolinización do granito: No Granito se transforma un dos seus componentes : o feldespato en caolín (barro blanco) Corrosión química
Exemplos de Meteorización química: Hidrólise
Exemplos de Meteorización química: Disolución Cenotes en Yucatán Los cenotes se forman por la disolución de la roca calcárea, carbonatos y sulfatos como consecuencia del flujo de agua de lluvia y el paso de algún río subterráneo
Exemplos de Meteorización química: Disolución
Exemplos de Meteorización química: Hidratación Arxilas, susceptibles de sufrir procesos de hidratación
Exemplos de meteorización química: Carbonatación
Carbonatación Cuevas de Valporquero - León
Carbonatación: paisaxe kárstico Paraje Natural del “Torcal de Antequera”, uno de los paisajes kársticos mas espectaculares de toda Europa.
Exemplos de Meteorización química: Oxidación
Exemplos de Meteorización química: Oxidación
METEORIZACIÓN BIOLÓXICA É un tipo de meteorización producida polos seres vivos que viven cerca da rocha ou solo afectado. Pode ser á súa vez física ou química. Meteorización biolóxica-física: As raíces das plantas arbóreas poden introducirse nas fisuras das rochas ao crecer terminan rompendo as rochas Meteorización biolóxica-química: producida polos restos orgánicos dos animais ou plantas que rodean unha rocha. A acción dos seres vivos sobre as rochas é moi importante: cavando galerías, meténdose por grietas as raices, desgastando polo paso a vexetación, etc. METEORIZACIÓN BIOLÓXICA
Exemplos de Meteorización Biolóxica
Exemplos de Meteorización Biolóxica As raices das plantas suxeitan o solo
Exemplos de Meteorización Biolóxica
EROSIÓN E TRANSPORTE A EROSIÓN: é o proceso polo cal se desmantela o relevo da superficie por acción dos axentes xeomorfolóxicos, como o xeo, a auga, o mar ou o vento. A erosión é o resultado da mobilización dos materiais que previamente disgrega a meteorización. A maior ou menor actividade de cada axente está determinada polo clima de cada rexión. O TRANSPORTE: é o desprazamento dos materiais resultantes da meteorización desde a súa orixe ata un lugar máis ou menos afastado. Depende sobre todo de 2 factores: do axente que o realiza e do material que se vai transportar. Existen 5 tipos de transporte: Arrastre ou reptación Rodaxe ou Rodamento Saltación Suspensión Arrastre químico ou disolución
Tipos de transporte Arrastre: as partículas desprázanse escorrendo polo leito. Xeralmente son pequenos traxectos sucesivos (a modo de "empuxóns"). Ex: glaciares que transportan materiais pesados englobados no xeo, correntes de auga, etc. Rodaxe: as partículas rodan polo solo. Hai maior facilidade para arrastralas ca no caso anterior. Típicos desta forma de transporte son os chamados "cantos rolados". Así, a auga e o vento transportan sustancias pesadas.. Saltación: o axente xeolóxico é capaz de levantar a partícula do solo pero non de sustentala, polo que cae. Ao caer, a colisión con outras partículas fai que se levanten e se repita o proceso. Así, auga e vento transportan partículas medianas. Suspensión: o axente non só é capaz de levantar a partícula, senón que a mantén suspendida, de modo que o transporte se fai a igual velocidade que o avance do fluído. Un caso particular é cando a partícula "viaxa" sobre a superficie do axente xeolóxico, en cuxo caso falamos de flotación. Transporte químico: cando os materiais son solubles e o axente é a auga son transportados en disolución.
Distintos tipos de rocha, distintos tipos de erosión EXEMPLOS DE EROSIÓN Distintos tipos de rocha, distintos tipos de erosión 30
EROSIÓN MARIÑA 31
A Pensar… ¿Por qué un coche de segunda mano matriculado nun lugar de costa vale menos que un matriculado nun lugar do interior da península?
EXEMPLOS DE TRANSPORTE
A SEDIMENTACIÓN É o depósito de materiais (sedimentos), xeralmente, pola perda da capacidade de transporte do axente xeolóxico. Outras veces é consecuencia de factores químicos e, incluso, biolóxicos, o que dá lugar ás diferentes formas de sedimentación. As zonas da superficie terrestre onde se produce a sedimentación denomínanse concas sedimentarias. Co tempo estes sedimentos darán lugar á formación dunha rocha sedimentaria, na que quedarán reflectidas as condicións ambientais do momento da sedimentación. A sedimentación pode producirse por acción da gravidade ou por precipitación química. Por acción da gravidade: a gravidade actúa sobre os materiais sólidos cando o axente que os transporta perde enerxía. Se o axente é fluido (auga e aire) os materiais deposítanse en función do peso. Por precipitación química: se os materiais se transportan disoltos en auga e se produce unha sobresaturación.
EXEMPLOS DE SEDIMENTACIÓN
AS ROCHAS SEDIMENTARIAS Atendendo á súa orixe e as características dos sedimentos, as rochas sedimentarias divídense en Detríticas Non detríticas ROCHAS DETRÍTICAS Son rochas que se orixinan a partir de fragmentos de distintos tamaños que se obteñen por alteración doutras rochas preexistentes. Presentan 3 tipos de compoñentes: clastos (fragmentos máis grosos), matriz (fragmentos máis pequenos entre os clastos) e cemento (sustancias que unen os compoñentes) ROCHAS NON DETRÍTICAS Orixínanse a partir dun proceso de transformación diaxenética de sedimentos non clásticos, é dicir, procedentes da precipitación de sustancias debido a procesos químicos ou a procesos relacionados coa actividade de seres vivos.
Rochas carbonatadas: formadas principalmente por carbonatos e adoitan conter fósiles. Tipos: Calcarias:constituidas sobre todo por carbonato de calcio. Se orixinan por precipitación de bicarbonato disolto na auga ou por acumulación de esqueletos e cunchas calcarias Dolomías: formadas por dolomita (carbonato calcomagnésico) Rochas salinas ou evaporitas: formadas por sales (cloruros e sulfatos. Orixínanse cando se evapora a auga da conca sedimentaria en climas áridos. Non conteñen fósiles.Tipos: ROCHAS NON DETRÍTICAS Xeso: é branda e presenta variedades Halita: (NaCl): é branca e incolora e salgada Silvina: (KCl): é alaranxada e salgada ou amarga Rochas silíceas: formadas por sílice microcristalina. Son compactas e duras. Rochas fosfatadas: moi ricas en fosfato cálcico (apatita) Rochas ferruxinosas: son arenitas, calcarias ou arxilas nas que abundan minerais de ferro (hematites, limonita, pirita, etc.)
Rochas carbonatadas: calcita Rochas salinas ou evaporitas: yeso ROCHAS NON DETRÍTICAS Rochas silíceas: sílex apatita Rochas fosfatadas: limonita Rochas ferruxinosas: