La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

MAGMATISMO E METAMORFISMO

Presentaciones similares


Presentación del tema: "MAGMATISMO E METAMORFISMO"— Transcripción de la presentación:

1 MAGMATISMO E METAMORFISMO

2 A maioría das rochas que atopamos na parte máis superficial da codia terrestre se orixinaron en ambientes magmático e metamórfico, e se formaron en zonas máis profundas No ambiente magmático: as altas presións e Tª xeran fundidos de materiais denominados magmas que evolucionan a medida que chegan á superficie. Alí prodúcese arrefriamento e cristalización  forman as rochas magmáticas No ambiente metamórfico: as rochas de calquera tipo vense sometidas a presións e Tª máis moderadas pero durante longos períodos altera a súa estrutura e composición e orixina rochas metamórficas.

3 OS PROCESOS MAGMÁTICOS:
Son os responsables da formación, evolución e consolidación dos magmas Formación dos magmas: un magma é un fluído composto por minerais fundidos (principalmente silicatos) con algúns cristais e fragmentos de rocha aínda sólidos e cunha cantidade variable de gases disoltos. Fórmanse cando as rochas experimentan un de Tª, un da Presión ou un contacto con fluidos que fan que se acade o punto de fusión. Evolución dos magmas: antes da súa consolidación definitiva, a maioría dos magmas alóxanse nunha cámara magmática, onde experimentan unha evolución que pode alterar a súa composición. Consolidación dos magmas: unha vez formados nas rexións profundas da litosfera, o magma comeza a ascender cara á superficie, debido a que é menos denso que as rochas que o rodean.Os magmas poden: Situarse baixo a superficie e arrefriar lentamente (actividade magmática plutónica) Saír á superficie por medio de volcáns e arrefriar rápidamente (actividade volcánica)

4 AS ROCHAS MAGMÁTICAS As rochas magmáticas ou ígneas son as que se forman pola consolidación dun magma. Segundo o tipo de proceso que as formou, clasifícanse en: Rochas plutónicas ou intrusivas: orixínanse cando o magma solidifica moi lentamente no interior da codia terrestre. Os minerais tamén cristalizan moi lentamente cristais ben formados e de tamaño máis ou menos uniforme. Rochas volcánicas ou efusivas: orixínanse cando o magma se consolida na superficie terrestre. O magma solidifícase máis rápidamente que no caso anterior os cristais teñen pouco tempo para formarse, polo que son moi pequenos ou inexistentes.

5 CLASIFICACIÓN DAS ROCHAS MAGMÁTICAS:
Granito: cor gris clara ou rosada. Formado por cuarzo, feldespato, mica e anfibois. Diorita: cor escura e agrisada. Formada por plaxioclasas (grupo de feldespatos), anfíbois e piroxenos (grupo de silicatos) Gabro: Cor escura. Formado por plaxioclasas e piroxenos Peridotita: Cor moi escura. Formada por piroxenos, olivina e anfíbois Plutónicas ou intrusivas Riolita: composición similar á dos granitos pero ten unha textura porfírica (cristais grandes rodeados de cristais diminutos). Cor rosa ou gris. Basalto: Composición equivalente á do gabro pero con cristais moito máis pequenos. cor escura e agrisada. Andesita: Cor escura. Composición parecia á das dioritas, pero con textura porfírica. Volcánicas ou efusivas

6 Clasificación das rochas magmáticas:
Granito Diorita Gabro Peridotita Plutónicas ou intrusivas Riolita Andesita Basalto Volcánicas ou efusivas

7 OS PROCESOS DO METAMORFISMO:
Nas zonas da litosfera nas que existe ambiente metamórfico, as rochas de calquera tipo experimentan un conxunto de procesos denominado metamorfismo que as desestabiliza, cambia a súa composición, a súa textura e a súa estrutura, e transfórmaas en rochas diferentes (rochas metamórficas) Factores do metamorfismo: O aumento da Tª: un aumento térmico pode romper os enlaces das redes cristalinas que forman os minerais se favorecen novas reaccións químicas e xeran estruturas cristalinas diferentes. O aumento da Presión: un aumento da presión pode cambiar as estruturas cristalinas dos minerais dunha rocha por outras máis compactas (de novos minerais). Tamén pode provocar unha reorientación dos cristais. A presenza de fluidos:en moitas rochas sometidas a Presión prodúcese circulación de auga polos espazos intergranulares Esta auga leva ións en disolución que poden reaccionar e cambiar a composición da rocha.

8 AS ROCHAS METAMÓRFICAS
As rochas metamórficas poden clasificarse atendendo a varios criterios (tipo de metamorfismo, rocha da que proceden, textura e estrutura, etc.). Segundo a súa estrutura, clasifícanse en: Foliadas: formáronse en procesos de metamorfismo cuxo factor dominante é a P. Segundo a P que soportan presentan diferentes graos de foliación. Tipos: Lousas (pizarras), Filitas, Xistos, Gneises Non foliadas: orixínanse en procesos de metamorfismo de contacto. Por iso os seus minerais teñen cristais grandes, regulares e sen orientacións. Tipos: Cuarcitas, Mármores, Corneanas, Anfibolitas

9 CLASIFICACIÓN DAS ROCHAS METAMÓRFICAS:
Lousas (pizarras): teñen unha foliación en láminas planas. Gran moi fino que non se aprecia a simple vista. Filitas: teñen unha foliación en láminas planas. Gran fino pero maior que o anterior (obsérvase a simple vista). Presentan maior brillo. Xistos: gran groso que permite recoñecer os minerais que a forman (cuarzo, feldespatos e mica) Gneises: Cristais moi grandes distribuidos en bandas claras e escuras Foliadas Cuarcitas:formadas por cristais de cuarzo de tamaño grande ou medio. Son rochas moi duras, resistentes á erosión e moi abundantes na natureza. Mármores: constituídos por cristais de calcita de tamaño grande ou medio. Orixínanse por metamorfismo rexional ou de contacto. Poden presentar diversas cores. Corneanas:formadas por cristais de gran fino. Fórmanse por metamorfismo de contacto. Anfibolita: cristais de gran groso. Formanse por metamorfismo de rochas volcánicas (basaltos) Non foliadas

10 Clasificación das rochas metamórficas:
Lousa (pizarra) Filita Xisto Gneis Foliadas Cuarcita Mármore Corneana Anfibolita Non foliadas

11 EXEMPLOS…

12 Rochas magmáticas plutónicas: Granitos

13 Rochas magmáticas plutónicas: O Seixo Branco - Mera
Rochas filonianas (rochas magmáticas plutónicas que se orixinan cando o magma se abre paso hacia a superficie a través de filones)

14 Rochas magmáticas volcánicas en Lanzarote

15 Rochas magmáticas volcánicas en Lanzarote

16 Volcán


Descargar ppt "MAGMATISMO E METAMORFISMO"

Presentaciones similares


Anuncios Google