EDNL CEIP ANEXA 2009 – 2 010 Carteis Entroido.

Slides:



Advertisements
Presentaciones similares
PROGRAMA DE MINIMZACIÓN DE RESIDUOS
Advertisements

A acuicultura.
PAREMOS O CAMBIO CLIMÁTICO!!!
O efecto invernadoiro en Galiza
A Febre Amarela.
AS RELACIÓNS SEMÁNTICAS
Os textos argumentativos
COMO CONVERTER UN RELATO NUNHA FOTONOVELA
Juan Ramón Alonso García
PROGRAMA CAIXAPROINFANCIA PONTEVEDRA
A clonación e as células nai.
1. OS RISCOS ELÉCTRICOS 2. O ESTRÉS 3. O BURN-OUT 4. O MOBBING
O XOGO.
O Núcleo en división. Os cromosomas
O Entroido en Galicia.
Ricos países pobres Lidia Iglesias Vaamonde Helena García Muñoz
Historia do libro O libro é un conxunto de follas manuscritas ou imprimidas, cosidas ou encadernadas xuntas e que forman un volume ordenado para á súa.
PROXECTO LOVA ELECTRICIDADE.
Pratos combinados saudables
REDE FLUVIAL DE GALICIA
CURTA HISTORIA... Charles Plumb, era piloto dun bombardero na guerra de Vietnam. Despois de moitas misións de combate, o seu avión foi derribado por un.
PROGRAMA MUNICIPAL DE INTERVENCIÓN FAMILIAR
A lousa.
VINCENT VAN GOGH
Ra verde Pelophylax perezi rana frog grenouille ra.
A CARGA DE TRABALLO.
Déixese sorprender….
DINÁMICA TERRESTRE.
APRENDENDO A LER PUBLICIDADE
¿Por qué chorar mentres vou andando, se outros rín e non teñen pés?
A llama.
CAIXA VIRTUAL DE CRÉDITO MUTUO
O PROXECTO XENOMA HUMANO E AS IMPLICACIÓNS
Erros máis comúns (2ª parte)
Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.
Emilio Arias Consultor. Director de proxectos de Edan Xestión, s.l.
O león fraco Mon Daporta Cousiñas feitas na casa.
Traballo voz natura Traballo Traballo Voz Voz Natura Natura Traballo
Carlos Gradín (Universidade de Vigo)
A alpaca.
OS PROCESOS DA NUTRICIÓN NUNHA PLANTA
DEFORMACIÓNS DAS ROCHAS
ELABORA UNHA PRESENTACIÓN DO TEMA:
O cabalo branco do demo:
Atréveste a crear un book tráiler?
FRACASO ESCOLAR By Claudia García Marcos Begoña Besada Romero
PROXECTO PARA O ESTABLECEMENTO DA XORNADA MIXTA
CORTEXO ANIMAL.
FACULTADE DE MEDICINA ACOE
PROBAS DE VALORACIÓN DA CONDICIÓN FISICA
O MAGOSTO en Ourense..
Era unha vez unha competencia ...
O APARATO EXCRETOR.
A intervención psicopedagóxica nunha escola de todos e para todos OS ALUMNOS Pontevedra, 27 de abril do 2009.
CONECTANDO MUNDOS: Cando se torcen os dereitos.
Os elementos e o sistema periódico
Unidades exteriores: As cordilleiras
investigan tamén Lynn Margulis As mulleres
FRACTAIS, LITERATURA FRACTAL, FRACTALISMO
CEIP ISIDORA RIESTRA I ENCONTROS DE E.INFANTIL E DE E. PRIMARIA.
O elefante asiático.
O matrimonio homosexual.
Nunha xunta de pais de familia de certa escola, a directora resaltaba o apoio que os pais deben darlle aos fillos.
SOÑEI CUN ANXO.
Os entroidos de Ourense
As comunidades autónomas
Domingo de Ramos – Ciclo A
ASEMBLEAS INFORMATIVAS NOVEMBRO 2009
AS FUNCIÓNS DOS SERES VIVOS II: A RELACION
Límites e continuidade
Transcripción de la presentación:

EDNL CEIP ANEXA 2009 – 2 010 Carteis Entroido

Entroido

Provincia de Lugo Chantada Póbra de Brollón

Entroido de Salcedo

O entroido de Salcedo é unha celebración tradicional festiva que acontece na parroquia de Salcedo, no concello lugués da Pobra de Brollón. O personaxe principal deste entroido é o oso de Salcedo. As peculiaridades da celebración do entroido na parroquia de Salcedo acadaron fama ata en Alemaña, e manteñen grandes paralelismos co coñecido "Día da Marmota" dos Estados Unidos. Este entroido caracterízase por ser rico en símbolos, por exemplo sobre a chegada da primavera. A morte e a parte animal do ser humano mestúranse nun evento que para os veciños é, fundamentalmente, unha festa.

O luns de entroido outra actividade vén amosar o potencial cultural que posúe o entroido de Salcedo: a saída do Oso, un personaxe intimamente ligado ao decorrer do Entroido dende hai moito tempo.

Entroido Ribeirao

O Entroido Ribeirao, que se representa na comarca de Chantada. As súas orixes pérdense no tempo, mais diferentes estudos situano varios séculos atrás, cando o señor feudal acompañado dos seus gardiáns, cobraba os impostos á xente das aldeas, e estas, nun xeito de burla e farsa, crearon a figura do volante (señor feudal) e o maragato ou peliqueiro (gardián), surxindo así o entroido. As figuras máis representativas desta festa son: o volante, maragato e os mecos.

Domingo Lambedoiro (ou septuaxésima ) Catro días de festexos: Domingo Lambedoiro (ou septuaxésima ) Domingo Corredoiro (ou de sesaxésima) Domingo de Entroido Martes de Entroido

VOLANTE Nos seus inicios a figura do volante vestia calzón largo e camiseta branca (muda interior), nos pés levaban o mellor calzado que tiñan. Sobre as pernas, e co fin de evitar lesións musculares, unhas vendas dende o nocello ata case os xeonllos. Nos ombros portaban un pano ou manto, procedente das avoas que usaban para abrigarse, cruzado por diante e atado ás costas. Na cabeza unha pañoleta.

OS MECOS Son os personaxes que fan unha representación a modo de teatro mudo, con xestos, acenos ou ruidos bucais. Nos seus inicios eran homes, pero hoxe fanos tamén mulleres debido á falta de veciños . As suas roupas eran e son o máis estrafalarias posibles. Deste xeito levan a cara cuberta para non seren recoñecidos, xa que os oficios fanse en lugar aberto e rodeadoos de público, sen ensaio previo, sendo todo innovación a partir dunha pequena idea.

MARAGATO OU PILIQUEIRO É un personaxe que apenas tivo cambios. A súa indumentaria era e é roupa vella, con pelicas nas costas, pernas e cara. As pelicas procedían de animais que se mataban ou morrian nas casas: carneiros, ovellas, coellos... Na man un cinto que se fai mover pegando na pelica que levan ás costas, a modo de aviso, e que usan para pegarlle a todo aquel que se meta co volante, invada o seu dominio, ou intente desfacer os oficios.

Galicia Maceda Verín Cobres Xinzo Laza

Entroido de verín

A máscara vai coa cabeza cuberta con carauta de madeira pintada de cores rechamantes, que se prolonga nunha especie de mitra de metal cun motivo zodárico (león, lobo, boi). Detrás leva unha pelica de can, noutro tempo de gato montés, raposo ou lobo. Desta pelica venlle o nome de peliqueiro que se lle dá en Laza. O traxe está composto por: Unha camisola branca, gravata e unha chaquetiña curta da que colgan flocos dourados que van atados con lazos de tres cores. Sobor dos ombreiros unha panoleta despurundada á chaqueta. Unha gran faixa vermella enrolada á cintura suxeita o pantalón, quizais a parte máis traballosa do traxe. Enriba da faixa vai o cinturón do que colgan as chocas. As pernas do cigarrón van cubertas con medias brancas e ligas. Zapatos mouros e un mallo na man completan o atuendo deste personaxe típico do entroido de Verín.

Entroido de maceda

Os Felos de Maceda son a figura máis ancestral do entroido Ourensán Os Felos de Maceda son a figura máis ancestral do entroido Ourensán. Os felos son típicos da zona de Maceda. En opinión de moitos entendidos son os entroidos máis ancestrais da zona, aínda que as guías locais préstenlle máis atención a outros, non se porque razón. O felo é a figura principal, que é moi parecida ao peliqueiro, pero ten lixeiras diferenzas como pode observarse na fotografía: medias negras, etc.

Entroido de Xinzo

O traxe típico son as pantallas cuia vestimenta considerarse incompleta sen as vexigas, que se repón cada vez que rompen. As Pantallas visten camisa e calzón brancos, capa vermella ou negra, pañoleta (case sempre vermella), polainas negras e zapatos negros. Unha faixa tamén vermella leva na cintura, xunto coas campaiñas, así a cadeira sofre menos o rozamento das campaiñas.

Entroido de cobres

Ao redor da celebración emerxe un mundo representativo de niveis sociais e roles, de xénero e posición económica, que se percibe tanto pola vestimenta común entre o grupos e diferenciadora do resto, como pola posición que ocupan nos pases, bailes e exhibicións: “Madamas": mulleres de posición social elevada, ocupan un lugar central no desenvolvemento do Entroido, cunha estética dirixida claramente a diferenciarse do resto. "Galáns": homes que pola súa posición e situación económica ansían a busca de parella entre as Madamas, polo que destacan sobre o resto. Os de Branco: poden ser tanto homes ou mulleres que ocupan unha posición intermedia, inferior á dos personaxes anteriores. Aldeáns: ocupan o último eslavón da cadea e representan o grupo maioritario da sociedade e tempo ao que se refire.

Entroido de laza

En Laza os entroidos son en grao sumo ancestrais e dos que realmente seguen a tradición. O peliqueiro é o personaxe central. Existen outros personaxes secundarios, como a morena e o maragato. Convén dicir que o Peliqueiro é a máscara do Entroido ou entroido de Laza, non é un disfrace, é unha máscara. O traxe está composto de varias pezas: careta, chaqueta, pantalón e a zamarra. Ademais leva adornos e outros accesorios.

Entroido 2 010 EDNL CEIP Anexa