Rosalía de castro.

Slides:



Advertisements
Presentaciones similares
Rosalía de Castro.
Advertisements

Rosalía de Castro.
PROGRAMA DE MINIMZACIÓN DE RESIDUOS
Preguntas: ¿Cuáles son los dos periodos que forman el Romanticismo Español? ¿Cuáles son los dos periodos que forman el Romanticismo Español? ¿En cual de.
ROSALÍA DE CASTRO.
BACHARELATOS Duración de dous cursos.
O CICLO DA AUGA.
A ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA
Historia da Literatura galega: a idade media
O efecto invernadoiro en Galiza
A Febre Amarela.
AS RELACIÓNS SEMÁNTICAS
Humor en galego 09/10/2014.
Os textos argumentativos
Introducción Actividades Creación dunha páxina web Exposición “Reconquista ” Simposio Internacional sobre a Reconquista de Vigo Elaboración dunha.
O século XIX: O Rexurdimento.
O legado de Roma IES MONTE DAS MOAS 1º ES0 MAIO 2011.
1. OS RISCOS ELÉCTRICOS 2. O ESTRÉS 3. O BURN-OUT 4. O MOBBING
Para reflexionar... “Unha lingua non pode perdurar no tempo se non se coida a súa literatura” Rosa Adanjo Correia Profesora na Universidade de Lisboa Entrevista.
Ricos países pobres Lidia Iglesias Vaamonde Helena García Muñoz
A oratoria: Cicerón.
Historia do libro O libro é un conxunto de follas manuscritas ou imprimidas, cosidas ou encadernadas xuntas e que forman un volume ordenado para á súa.
ESTUDO DOS AUTÓNOMOS DE PONTEVEDRA ESTUDO DOS AUTÓNOMOS DE PONTEVEDRA
Estudo dos Autónomos da CORUÑA
O barroco compostelán.
PROXECTO LOVA ELECTRICIDADE.
O Barroco. Unha arte para a sociedade do seu tempo
Hiistoria da conserva CAMBADOS.
CURTA HISTORIA... Charles Plumb, era piloto dun bombardero na guerra de Vietnam. Despois de moitas misións de combate, o seu avión foi derribado por un.
PROGRAMA MUNICIPAL DE INTERVENCIÓN FAMILIAR
Proxecto interdisciplinar
R E T O S D A S P O L Í T I C A S de Igualdade E N G A L I Z A.
Manifestación agrarista en Ribadavia (Ourense)
DINÁMICA TERRESTRE.
Manifestación agrarista en Ribadavia (Ourense)
APRENDENDO A LER PUBLICIDADE
Aqueles mozos dos anos 20 Vicente Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Cuevillas, Losada Diéguez Presentación de Noemí Pazó.
Andrea Martínez Movilla
CAIXA VIRTUAL DE CRÉDITO MUTUO
O cambio climático. Traballo feito por Carolina Barros Moran, Cristina Barros .oran e Ana Mañas Hernández.
Erros máis comúns (2ª parte)
Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.
Atenas.
Emilio Arias Consultor. Director de proxectos de Edan Xestión, s.l.
AS ETAPAS DE PAULO COELHO.
VIDA e OBRA NACE O 24 DE AGOSTO DE 1941 EN OURENSE
Carlos Gradín (Universidade de Vigo)
INTRODUCCIÓN TAREFAS PROCESO AVALIACIÓN CONCLUSIÓN.
O DEPORTE FEMININO NA PRENSA GALEGA
O PORTFOLIO EUROPEO DAS LINGUAS (2009/10)
Atréveste a crear un book tráiler?
FRACASO ESCOLAR By Claudia García Marcos Begoña Besada Romero
Tema 2: A poesía de vangarda. Características, obras e autores.
Lei Orgánica 2/2006 de 3 de maio, de Educación LOE
O MAGOSTO en Ourense..
A intervención psicopedagóxica nunha escola de todos e para todos OS ALUMNOS Pontevedra, 27 de abril do 2009.
librosconversos, de Pepe Cáccamo e Baldo Ramos
investigan tamén Lynn Margulis As mulleres
MATRIMONIO HOMOSEXUAL
O matrimonio homosexual.
En qué ano se aprobou a Constitución?
A aparición da Santa compaña
SOÑEI CUN ANXO.
Os entroidos de Ourense
Ramón Piñeiro López Armea (Láncara ) 31de maio de 1915.
Traballo do anteproxecto: Asamblea de Huesca decembro
7. NARRATIVA DE POSGUERRA (II)
TRATAMENTO INTEGRADO DE LINGUAS
A AVALIACIÓN NA EDUCACIÓN PRIMARIA
A Función Pública en Galicia e o desenvolvemento do EBEP
Transcripción de la presentación:

Rosalía de castro

Índice: 1.Biografía: 1.1.Infancia e xuventude 1.2.Formación 1.3.Madurez 1.4.Obra 1.5.Últimos anos 2.Cantares Gallegos: 2.1.Estructura e voces 2.2.Temática 2.3Métrica 2.4.Estilo 2.5.Intención 2.6.Lingua 2.7.Crítica

1.Biografía Rosalía de Castro (1837 - 1885) foi unha poetisa e novelista española que escribiu tanto en lingua galega coma en lingua castelá. Considerada na actualidade como un ente indispensable no panorama literario do século XIX, representa xunto con Eduardo Pondal e Curros Enríquez unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego, non só pola súa achega literaria en xeral e polo feito de que os seus Cantares Gallegos sexan entendidos como a primeira grande obra da literatura galega contemporánea, senón polo proceso de sacralización ao que foi sometida e que rematou por convertela en encarnación e símbolo do pobo galego. Ademais, é considerada xunto con Gustavo Adolfo Bécquer, como a precursora da poesía española moderna. Rosalía sobresaíu no campo da poesía, a través da creación de: Cantares Gallegos, Follas Novas e En las Orillas del Sar. A primeira delas representa un canto colectivo, artisticamente logrado, que serviu de espello . Na década de 1880 , fixeron destes anos unha etapa clave no desenvolvemento da literatura galega, se ben a obra de Rosalía sempre mantivo unha posición predominante con respecto ao resto. Finalmente, en En las Orillas del Sar maniféstase un ton tráxico que encaixa coas duras circunstancias que rodearon os últimos anos da vida de Rosalía, dignificante á comunidade galega ao empregarse a lingua desta. Na actualidade, a figura de Rosalía de Castro e as súas creacións literarias continúan sendo obxecto dunha abundante bibliografía e recibindo unha constante atención crítica, tanto no territorio español coma no estranxeiro. É tal a aceptación e o interese que as obras desta escritora espertan no mundo que nas últimas décadas os seus poemas foron traducidos a idiomas como o francés, o alemán, o ruso e o xaponés.

1.2 formación 1.1.Infancia e xuventude Non se sabe exactamente cando nai e filla se trasladaron a Compostela, pero si que en 1850 vivían nai e filla nesa cidade. Alí comeza a formarse en torno á Sociedade Económica de Amigos del País. En Santiago recibe formación musical, artística e literaria; participou nas actividades do Liceo de la Juventud, lugar de encontro dos intelectuais comprometidos co movemento provincialista. As correntes ideolóxicas que impregnarán a obra de Rosalía eran o socialismo e o republicanismo. No liceo coincidiría con Eduardo Pondal, Aurelio Aguirre e Juan Manuel Paz Novoa. 1.1.Infancia e xuventude Naceu o 24 de febreiro de 1837 nunha casa localizada na marxe dereita do Camiño Novo. Filla natural do sacerdote José Martínez Viojo e María Teresa de la Cruz Castro e Abadía,foi bautizada ás poucas horas do seu nacemento na Capela do Hospital Real polo presbítero José Vicente Varela e Monteiro, cos nomes de María Rosalía Rita e figurando como filla de pais descoñecidos. Ata cumprir os oito anos, Rosalía encontrouse baixo a custodia da súa tía paterna Teresa Martínez Viojo na aldea de Castro de Ortoño. É nesta época cando a escritora toma conciencia da dureza da vida do labrego galego, así como tamén será nesta parte da súa vida cando teña coñecemento e vivencia do mundo rural propio de Galicia: a lingua, os costumes, as crenzas ou as cantigas que tanto influíron na súa obra titulada Cantares Gallegos.

1.3. Madurez En 1856, Rosalía trasladouse a Madrid xunto María Josefa Carmen García-Lugín e Castro. Un ano despois, Rosalía publicou un folleto de poesías escrito en lingua castelá: La flor. Posiblemente foi en Madrid onde Rosalía coñeceu a Murguía, con quen casou o 10 de outubro de 1858 na igrexa de San Ildefonso. Murguía foi o primeiro que animou a Rosalía no seu quefacer literario, sendo el o responsable de Cantares Gallegos. En 1859, Rosalía deu a luz á súa primeira filla, Alejandra. A esta seguiron Aura , os xemelgos Gala e Ovidio, Amara, Adriano Honorato Alejandro  e Valentina. Todos os fillos de Rosalía de Castro naceron en Galicia. Dende 1871, Rosalía  viviu nas  Torres de Lestrove, en Santiago de Compostela e Padrón, onde practicamente se instala en 1875. 1.4. Obras Rosalía de Castro escribiu tanto en prosa coma en verso, empregando o galego e o castelán. En 1863 foi publicado en Vigo o seu primeiro grande libro, Cantares Gallegos, divulgado polo seu marido, Manuel Murguía, quen xestionou, sen o permiso da súa muller, a saída da imprenta dun poemario que fixa o comezo dunha nova rolda para a poesía galega e que, sen dúbida, é a base de todo o Rexurdimento literario e non literario da cultura galega. Moitos poemas do seu libro son glosas de cantigas populares, nelas Rosalía denuncia a miseria, a pobreza e a emigración masiva a que estaban obrigados os galegos, sen deixar de verter os seus sentimentos e vivencias persoais.

En 1880 a escritora publicou unha antoloxía de poemas á que chamaría Follas Novas. O 40% dos poemas de Follas Novas teñen afinidade co texto publicado en 1863, mentres que o resto das composicións presentan un diferente espírito poético motivado polo afastamento da terra, as desgrazas familiares e as doenzas físicas e morais. Estamos, xa que logo, ante unha poética que afonda nos sentimentos, na saudade e que ten frecuentemente, por horizonte, a fronteira do propio ser. En castelán publicaría La flor (1857), A mi madre (1863) e En las Orillas del Sar (1884) e as novelas La hija del mar (1859), Flavio (1861), El cardiceño (1863), Ruinas (1866), Las literatas (1867), El caballero de las botas azules (1867), El pimer loco (1881), El domingo de Ramos (1881), Padrón y las inundaciones (1881), todas elas encravadas no movemento romántico. Libro Follas Novas, de Rosalía de Castro.

Casa museo Rosalía de Castro, Padrón. Rosalía de Castro coa súa familia: o seu home Murguía e os seus fillos: Alejandra, Aura , os xemelgos Gala e Ovidio e Amara.

1.5. Últimos anos Rosalía nunca gozou dunha boa saúde, parecendo predestinada dende a súa xuventude a unha morte temperá. De feito, nas poucas cartas que se conservan e que esta enviou ao seu marido, con frecuencia se alude ás continuas doenzas que a atenazaban. Pouco tempo antes de falecer, a escritora decidiu pasar unha tempada ás beiras do mar e por iso se trasladou a Santiago de Carril. Certo tempo despois regresou ao lugar de La Matanza, onde o cancro de útero que padecía se foi complicando progresivamente dende 1883, minguando cada vez máis á xa de por si débil saúde da escritora. Tras tres días de agonía faleceu o mércores 15 de xullo de 1885, na súa casa de La Matanza, a consecuencia dunha dexeneración cancerosa do útero. O corpo inánime recibiu sepultura ao día seguinte no cemiterio de Adina, en Iria Flavia. Porén, o seu cadáver foi exhumando o 15 de maio de 1891 para ser levado solemnemente a Santiago de Compostela, onde foi novamente sepultado no mausoleo creado especificamente para a escritora polo escultor Jesús Landeira, situado na Capela da Visitación do Convento de Santo Domingo de Bonaval, no presente Panteón de Galegos Ilustres. Cama onde finou Rosalía de Castro, La Matanza, Padrón.

Tumba de Rosalía no Convento de Santo Domingo de Bonaval, Santiago de Compostela. Estatua de Rosalía de Castro no Parque da Alameda, Santiago de Compostela.

2.Cantares Gallegos Foi en 1863 cando Manuel Murguía fixo entrega ao impresor vigués Juan Compañel do manuscrito rosaliano de Cantares Gallegos, obra iniciadora do Rexurdimento. Para comprender a orixe desta, hai que ter presentes factores como a familiaridade da poetisa coa música popular, a reivindicación romántica das culturas tradicionais e das súas manifestacións populares. Tal foi o éxito alcanzado pola obra que Rosalía de Castro foi invitada a participar nos Xogos Florais de Barcelona, aínda que declinou o ofrecemento. Ademais, escritores lusos da xeración de 1865, como son Antero de Quentalou Teófilo Braga, manifestaron con prontitude a súa admiración polo libro, para en 1868 ser vertidos ao catalán dous dos poemas deste por parte de Víctor Balaguer. Libro Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro.

2.1. Estrutura e voces O libro está enmarcado entre os poemas 1 e 36, sendo prólogo e epílogo respectivamente. Ademais manifesta unha estrutura circular ao iniciarse cunha composición na que toma a voz unha moza a quen convidan a cantar e ao finalizar coa mesma voz da rapaza que se desculpa pola súa falta de habilidade para cantar as belezas de Galicia. Deste modo, os poemas restantes quedan enmarcados polos que abren e pechan o discurso lírico e transformándose nunha recreación da artista popular. O número 25 e 33 faise evidente un “eu” lírico que pode entenderse como un método que Rosalía emprega coa intención de aparecer como un personaxe popular máis, deixándose patente a súa pertenza á comunidade rural.

2.2. Temática En Cantares Gallegos encóntranse recollidos 4 núcleos temáticos fundamentais, que son o costumismo, o amor, o intimismo e en último lugar, o social-patriotismo. -Temática costumista: nun considerable número de composicións predomina a descrición e a narración para presentar crenzas, romarías, devocións ou personaxes característicos da cultura popular galega que Rosalía defendía fronte aos estereotipos colonizadores. -Temática socio-patriótica: neste núcleo temático englóbanse aquelas composicións nas que a emigración, o abandono ao que Galicia está condenada e a explotación dos galegos en terras estranxeiras son os motivos aos que se recorre para criticar a situación dun pobo galego maltratado e reivindicar uns valores universais de xustiza social. -Temática amorosa: Estes poemas móstrannos, dende unha óptica popular, o xeito de vivir o sentimento amoroso diferentes personaxes do pobo en distintas circunstancias e situacións. -Tematica intimista: Inclúense aquí "Campanas de Bastabales" e "Como chove miúdiño". A voz da propia autora expresa os seus sentimentos.

2.4.Estilo En Cantares aparece un sistema no que predominan as formas populares de arte menor (romances sobre todo). O verso de arte maior redúcese ó hendecasílabo. Unha excepción é o caso da "Alborada", composición polimétrica por esixencia da melodía á que se adapta. Dous dos procedementos máis importantes utilizados por Rosalía nesta súa obra, ademais da antítese, son a repetición e o paralelismo, os cales son de carácter moi variado. 2.3.Métrica En Cantares Gallegos achamos manifestacións de dous sistemas métricos distintos: o puramente rítmico, baseado na acentuación e o fundado no conto das sílabas. Pertencen en principio ao primeiro as composicións número 1, 27, 30, 32, que utilizan o verso chamado de muñeira. Dentro do sistema de sílabas contadas dominan as formas populares de arte menor: romances de versos de 8, 7, 6 e 5 sílabas; cantar popular; triadas e seguidillas. Libro de Cantares Gallegos

2.6. Lingua A lingua galega deixara de ser unha lingua literaria e reduciuse ao uso oral. Nos documentos oficiais tamén foron deixando de empregarse, non por imposición do castelán como lingua oficial, senón como consecuencia da invasión do país pola nobreza estranxeira. Coa intervención da potestade real para poñer fin ás loitas feudais, acentúase a presenza en Galicia de autoridades e escribáns casteláns. O idioma que tiñan á súa disposición os iniciadores do Renacemento romántico era unha lingua dialectal empobrecida. Nesa lingua, escribiu Rosalía, é unha lingua viva pero non pura, influída polo castelán. 2.5.Intención Cantares Gallegos non foron escritos cunha finalidade puramente estética, son produto dunha mera actitude sentimental ou nostalxia ante o país nativo. A intención que persegue a autora é a apoloxía da súa terra e da súa lingua. Proponse demostrar que a paisaxe e os costumes de Galicia son encantadores e que o seu idioma non é o que groseiramente parodian.

2.7. Crítica A crítica, española e estranxeira, aceptaron unanimamente os Cantares Gallegos coma unha obra mestra. Os Cantares Gallegos incúbanse no clima do realismo nacente, aínda non desprendido dun certo realismo romántico. Este clima persistiu na literatura galega ata o final da primeira Guerra Mundial. Rosalía proxectaba os seus Cantares Gallegos coma o reflexo poetizo da súa terra. O libro preséntanos con gran riqueza a vida aldeá, que Rosalía coñecía moi ben. Os Cantares Gallegos non son fundamentalmente lírica senón máis ben épica, unha epopeia popular de ambiente, con heroes populares individuais que reflexan diversas facetas do heroe que é a Galicia labrega. Trátase dunha épica democrática, da que está proscrita a clase señorial.   Libro Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro.

Busto de Rosalía de Castro, no Parque Independencia de Rosario, Santa Fe, Argentina. Estatua de Rosalía de Castro, Rianxo, Galicia. Monumento a Rosalía de Castro na Plaza de Galicia, Montevideo, Uruguay.  Monumento de Rosalía de Castro, Ferrol, Galicia.

“Non importa que os soños sexan mentira, xa que ao cabo é verdade que é venturoso o que soñando morre, infeliz o que vive sen soñar”. Rosalía de Castro

FIN Cristina Senín Proupín Jeny Teo Loy 1º DE BACHARELATO A