Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
1
TRATAMENTO INTEGRADO DE LINGUAS
IES FÉLIX MURIEL Rianxo e 18-19
2
QUE É O TIL? É unha metodoloxía centrada na colaboración entre docentes de linguas á hora de abordar o ensino destas de xeito integrado, compartindo obxectivos, contidos, criterios de avaliación e metodoloxía, para desenvolver a competencia plurilingüe e lograr a normalización da lingua propia, o galego. COMPETENCIA COMUNICATIVA (competencia plurilingüe) NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (lingua propia) MARCO COMÚN EUROPEO DE REFERENCIA PARA AS LINGUAS (MCERL)
3
POR QUE O TIL AQUÍ e AGORA?
A implantación da LOMCE en 1º e 3º ESO no curso abriu a porta ao desenvolvemento deste labor nos centros, pois por vez primeira viña recollido o TIL no Currículo das materias lingüísticas e no prólogo a cada unha delas dábanse indicacións ao respecto no coñecido como Decreto de Contidos Mínimos. Por outra banda, os cambios obrigados nas Programacións Didácticas dos Departamentos situaban nun lugar privilexiado as Competencias Básicas, agora chamadas Competencias Clave. Con eses vimbios botamos a andar. 1º documento: Para o Departamento TIL, titorías e presentación curso
4
PARA QUE O TIL? Alumnado:
Para promover o ensino baseado nas competencias clave. Para mellorar a competencia en comunicación lingüística. Para aprender linguas de xeito máis divertido, a través da motivación e a curiosidade. Para adquirir valores relacionados co multiculturalismo, o diálogo, a paz, a igualdade entre homes e mulleres, a inclusión da diversidade...
5
PARA QUE O TIL? 2. Profesorado:
Para non repetir conceptos teóricos no ensino de diferentes linguas Para achegarnos ao feito lingüístico usando a mesma terminoloxía. Para mellorar a formación do profesorado respecto ao multilingüismo Para mellorar a coordinación entre o professorado Para desenvolver o traballo en equipo entre docentes Para traballar por proxectos de xeito interdisciplinar 3. Centro: Para desenvolver o Proxecto Lingüístico do Centro (PLC) 4. Sociedade: Para establecer canles para a normalización da lingua galega.
6
COMO? Como un medio, non un fin en si mesmo!
COMUNICACIÓN: Cambio metodolóxico na docencia das línguas. Uso social da língua: escoitar, falar, ler e escribir em todos os contextos posibles. Incorporación das novas tecnoloxías da información e da comunicación. 2. PROXECTOS INTERDISCIPLINARES: Cambio metodolóxico na docencia. Todo o profesorado está implicado 3. NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA: Cambio na formación do profesorado. A aprendizaxe das linguas medra a partir da lingua materna. A cerna do plurilingüismo é o galego.
7
CAMIÑO PERCORRIDO Acordos Metodoloxía Acordos Terminoloxía
Acordos para o reparto contidos 1ºESO CADERNO TIL PARA AS FAMILIAS Acordos para o reparto contidos 1º - 2º trimestre 2ºESO Anexos Programacións Didácticas CADERNO TIL PARA DOCENTES Rúbricas CADERNO TIL PARA O ALUMNADO PROXECTOS
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.