La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

12 de xullo de 2017 Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado.

Presentaciones similares


Presentación del tema: "12 de xullo de 2017 Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado."— Transcripción de la presentación:

1 12 de xullo de 2017 Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado

2 Mellora do éxito escolar

3 CURSO 17/18. ÁREAS E PROGRAMAS
ORDENACIÓN ACADÉMICA ENSINO NON UNIVERSITARIO (Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato) PROGRAMAS PARA O ÉXITO ESCOLAR Contratos-programa IDIOMAS Centros plurilingües Seccións bilingües Auxiliares de conversa Actividades formación alumnado CUALE PIALE CALC Programa promoción portugués Colaboración con entidades estranxeiras (Canadá, Francia e Portugal) INNOVACIÓN Plan Proxecta Colaboración con entidades (Univ. Santiago-Estalmat, Fundación Barrié, Fundación Botín, Samsung-MECD, European SchoolNet) EduMotiva STEM INCLUSIÓN E DIVERSIDADE Coordinación de programas e servizos para e atención a diversidade. Rede Galega de Orientación Colaboración con entidades. CONVIVENCIA E IGUALDADE Estratexia Galega de Convivencia Escolar “educonvives.gal”. Plan de Igualdade no ámbito educativo FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO Plan xeral de formación permanente do profesorado Plans de formación en centros Homologación de actividades. Colaboración con entidades: Convenios de formación. Reintegros Licenzas Master do profesorado EDUCACIÓN DIXITAL. Edixgal Contidos educativos dixitais. Creación e uso.

4 Organigrama Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

5 SERVIZO DE ORDENACIÓN, INNOVACIÓN E ORIENTACIÓN EDUCATIVA
Áreas: Ordenación educativa. Atención á diversidade/Orientación Linguas estranxeiras: SB, CP, inmersión, auxiliares... Programas educativos: contratos programa. Innovación educativa: PROXECTA SERVIZO DE FORMACIÓN DO PROFESORADO Formación permanente: plans de formación xerais e en centros, licenzas... Educación dixital: Abalar, Edixgal… Convivencia 5

6 1 de cada 3 centros públicos teñen CONTRATO-PROGRAMA (sexto curso).
ALGÚNS DATOS: 1 de cada 3 centros públicos teñen CONTRATO-PROGRAMA (sexto curso). 7 de cada 10 centros sostidos con fondos públicos teñen Seccións Bilingües ou son Plurilingües. (sétimo curso). 1 de cada 2 centros públicos están no proxecto ABALAR. (sétimo curso). 1 de cada 10 en Edixgal (terceiro curso). 4 de cada 10 centros públicos teñen PLAN DE FORMACIÓN propio (cuarto curso). 4 de cada 10 centros públicos participa no PLAN PROXECTA (quinto curso). 6

7 Programas educativos e Innovación
Contratos-programa Plan Proxecta

8 Primeira convocatoria no curso 11/12
Convocatoria: Resolución anual da DXEFPIE - OBXECTIVO? MELLORAR o ÉXITO ESCOLAR do alumnado nas ensinanzas escolares - CÓMO? A través dun PLAN DE MELLORA con ACTUACIÓNS que elabore o Centro educativo, nun contexto de maior autonomía pedagóxica, de organización e de xestión. 8

9 Contratos-programa 2016/17 Algúns dos seus obxectivos fundamentais son: Favorecer a atención educativa dos colectivos máis vulnerables para mellorar a súa formación e previr os riscos de exclusión social. Mellorar o nivel de adquisición das competencias clave de todo o alumnado nas etapas de ensino obrigatorio, poñendo especial atención no desenvolvemento da competencia matemática. Reducir a taxa de abandono escolar. Apoiar a evolución e a integración do alumnado con maior capacidade e motivación para aprender, afondando nos coñecementos dalgún campo de actividade. Mellorar a calidade da educación e os niveis de éxito escolar. Esta iniciativa ten continuidade coa convocatoria para o curso 2016/17 por Resolución de 28 de novembro de 2016 pola que se establecen as bases para a selección de plans de mellora para o éxito escolar.

10 Contratos-programa 2016/17 A introdución da figura dos contratos-programa en centros educativos públicos supuxo un cambio na cultura dos centros xa que: Permite aos centros exercer o principio de autonomía, dado que posibilita que desenvolvan o seu proxecto educativo, enmarcado no plan de mellora que debe dar resposta ás súas necesidades e prioridades. Afonda na cultura da avaliación, co establecemento de indicadores de resultado específicos para cada centro. Nesta convocatoria por primeira vez téñense en conta os resultados das avaliacións individualizadas de 3º e 6º de educación primaria. Permite visibilizar e poñer en valor o esforzo e o investimento, tanto do centro como da administración educativa, para o éxito escolar, facendo partícipe ao profesorado mediante o recoñecemento do seu labor. Os centros dispoñen de recursos humanos e económicos adicionais para a posta en marcha do seu plan.

11 Contratos-programa 2016/17 1/ Reforzo, orientación e apoio (PROA):
Mediante os contratos-programa os centros docentes desenvolven no seu plan de mellora algunha ou algunhas das actuacións propostas. Estas liñas de actuación poden ser : 1/ Reforzo, orientación e apoio (PROA): Accións dirixidas á mellora dos resultados académicos do alumnado con desvantaxe socioeducativa. 2/ Mellora das competencias clave: Medidas para a mellora das competencias matemática, lingüística e básicas en ciencia e tecnoloxía. 3/ Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros: Accións que repercutan e interveñan na mellora da convivencia (mediación escolar, resolución de conflitos, acción titorial, habilidades sociais...) e promoción da igualdade. 4/ Redución do abandono temperán e do absentismo escolar: Medidas específicas preventivas en zonas con baixo índice de graduación en ESO e altas taxas de abandono escolar temperá. 5/ Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia: Programa para dar resposta ao alumnado con destacada motivación para aprender cunha estratexia de traballo cooperativo por proxectos. 6/ Mellora da calidade na xestión dos centros. Programa para promover procesos de calidade na xestión e organización dos centros..

12 PLAN DE CENTRO ¿EN QUÉ CENTROS?
Naqueles que se dean situacións, dentro das ACTUACIÓNS indicadas, que XUSTIFIQUEN a realización de intervencións diferenciadas das que xa ven desenvolvendo para a mellora do éxito escolar Centros públicos: EEI, CRA, CEIP, CEP, CPI, IES, CIFP, EPAPU e CEE. Nos diferentes niveis segundo tipo de actuación. 12

13 O CENTRO Centro Apoio da administración
Detección de necesidades Actuacións Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia Mellora da calidade na xestión dos centros Mellora das Competencias Clave Reforzo Orientación Apoio Mellora da Convivencia e igualdade Prevención do Abandono escolar Elaboración do plan de mellora Preséntase o Plan á administración A comisión avalía o Plan Acéptase Denégase Formalízase o contrato Compromisos Centro Desenvolvemento das actuacións Apoio da administración Seguimento Avaliación

14 Contratos-programa 2016/17 CENTROS CON CONTRATOS-PROGRAMA COMPARATIVA CONVOCATORIAS 2011/12 A 2016/17

15 Contratos-programa 2016/17 ACTUACIÓNS DE CONTRATOS-PROGRAMA GALICIA COMPARATIVA CONVOCATORIAS 2011/12 A 2016/17

16 Contratos-programa e Programa de Iniciativa de Mellora (PIM)
A modo de conclusións: Os contratos-programa son un instrumento básico para a implementación de Plans de Mellora nos centros que desexan poñelos en marcha, segundo o seu proxecto educativo. Máis de 1 de cada 3 centros públicos benefíciase desta iniciativa. O impacto sobre o alumnado representa máis do 38%, máis de alumnos e alumnas. Case 3 de cada 10 docentes participa nesta iniciativa, superando os Nesta convocatoria os recursos persoais de apoio, é dicir, docentes externos/as son 180 (un 15,0% máis ca no curso pasado), que se incorporaron a todos os centros que así o solicitaron. Os recursos económicos adicionais para os centros son de 3, ,56 euros, un 6,74% máis ca no curso pasado.

17 Fomento da innovación educativa nos centros mediante programas ofertados pola Xunta de Galicia
PLAN PROXECTA

18 Obxectivos xerais Ofrecerlle á comunidade educativa programas educativos de diferentes ámbitos que fomenten a innovación educativa. Establecer un marco xeral de colaboración para presentar todos os programas implicados dun xeito estruturado. Fixar uns criterios metodolóxicos e organizativos comúns dirixidos á creación de proxectos de innovación que desenvolvan as competencias e os valores. Establecer unhas pautas comúns en relación co recoñecemento do traballo do profesorado nestes proxectos. Ofrecerlles aos centros a posibilidade de integrar dentro da planificación anual e das programacións didácticas aqueles programas que mellor se adapten ás súas características específicas. Crear unha rede de traballo cooperativo e interdisciplinario que consiga transformar e mellorar a práctica educativa, e que transfira eficazmente as iniciativas innovadoras.

19 Eixes e accións do plan Organización Apoio
Sistematizando e actualizando os programas dos distintos organismos. Difundindo o plan a toda a comunidade educativa. Utilizando ferramentas eficaces de xestión do plan. Apoio Ofrecéndolle formación ao profesorado. Establecendo un sistema de asesoramento e seguimento. Avaliación, recoñecemento e transferibilidade Recoñecendo a participación no plan como actividade de innovación educativa tras unha avaliación do traballo realizado. Realizando unha convocatoria de premios de innovación educativa aos mellores proxectos. Difundindo os mellores proxectos a través das canles dixitais da Xunta.

20 Primeira convocatoria no curso 12/13
Convocatoria: Resolución anual da DXEFPIE Resolución do 6 de setembro de 2016 (DOG 19 de setembro) Ámbito: centros sostidos con fondos públicos. 20

21 Datos da evolución de participación no Plan Proxecta
curso programas educativo centros proxectos profesorado alumnado 18 337 764 3.699 59.154 25 433 871 5.134 86.128 28 420 755 4.359 71.966 40 418 849 5.289 85.286 41 428 791  5.306  90.939

22 41 Programas educativos no curso 2016/17
Nº admitidos PDC – Centros activos e saudables  185 Aprendo programando  15 Rapazas emprendedoras nas TIC  3 Cooperación galega: O mundo que queremos  6 + Comunidade  2 Por 365 días de respecto e igualdade  10 Donas de si  11 Paisaxe e Sustentabilidade  25 MeteoEscolas  40 Protexe o teu medio  1 Proxecto Terra 40 Recíclate con Sogama 19 Proxecto Ríos 31 Naturézate 6 Protexe os animais 18 Consumópolis 14 Galicons-net Moitavista na Escola 2 Clases sen fume 23 Salvavidas 13 programa Nº admitidos Xente con Don  5 Quérote+  47 Parlamento Xove  19 Rede de Centros Escolares Solidarios  12 Voluntariado miúdo: Móvete!  8 Aulas I+I: inclusivas e igualitarias Correspondentes xuvenís 3.0  23 Conecta Cultura  4 Aliméntate ben   80 O monte vivo  6 Montentérate – O monte é a nosa vida 6 Nós tamén creamos! 10 Fitofaladoiro 9 Proxecto Didáctico Antonio Fraguas 5 Proxectos de innovación en dinamización lingüística 23 Cinema en curso Fotografía en curso CinED Mirando polo Camiño Educación en valores e cidadanía global 3 Mobilidade sostible e segura Total solicitudes: 914 9 Programas novos 4 Programas reformulados

23 “EDUlingue” Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2020

24 O Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras lanzado no curso ten contribuido á mellora da calidade da educación en Galicia. Algúns indicadores así o demostran: A mellora de todos os centros nos seus resultados académicos (media das cualificacións) en todos os ámbitos, lingüisticos e non lingüisticos, tivo especial incidencia nos centros plurilingües e con seccións bilingües. Neste contexto os centros plurilingües no período duplicaron os resultados de mellora repecto do resto de centros e tendo en conta a situación de partida. Dentro da mellora de todos os centros, no que respecta ao ámbito lingüistico (lingua estranxeira, galego e castelán), a mellora dos resultados nos centros plurilingües duplicou ao do resto de centros. Dentro do ámbito língüistico, a mellora en inglés dos centros plurilingües duplicou a do resto (0,99 puntos fronte a 0,53 puntos). O grao de satisfacción dos centros manifestado respecto dos programas de centros plurilingües e seccións bilingües é do 93%.

25 En termos numéricos o Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras presenta os seguintes indicadores no curso 16/17: Máis do 75 % dos centros sostidos con fondos públicos con ensino obrigatorio participan nalgunha das súas accións: Case o 24 % dos centros sostidos con fondos públicos son plurilingües. Preto de alumnos e alumnas (4 de cada 10 alumnos en ensino obrigatorio) (98.100) se beneficia do plan.

26 Con respecto as principais medidas que se desenvolveron no período do curso 2010/11 ao 2016/17destacan: A posta en marcha da Rede de Centros Plurilingües no curso 2010/2011. Neste curso 282 centros e alumnos/as a conforman. Multiplicáronse por seis o número de Seccións Bilingües. Pasaron de 720 a con alumnos/as beneficiarios. O número de auxiliares de conversa pasou de 67 a 504, multiplicáronse por 7,5, sendo unha das mellores comunidades (2ª) ratio auxiliar/alumnado. alumnos/as beneficiáronse de estadías de formación no verán e durante o curso escolar (English Week). O número de profesores/as con certificación B2 ou superior duplicouse no período.

27 Creación do Bacharelato de Excelencia en Idiomas (Pluribach).
Obxectivos xerais de EDULINGÜE 2020: Participación do 100% dos centros de ensino obrigatorio nos programas de Centros Plurilingües ou Sección Bilingües. Creación do Bacharelato de Excelencia en Idiomas (Pluribach). Extensión do proxecto de Centros Plurilingües ao segundo ciclo de Educación Infantil (3-6 anos) (PlurInfantil). Creación da Formación Profesional Plurilingüe (PluriFP). Creación de Centros plurilingües en Ensinanzas Artísticas e ampliación do plurilingüismo ás Ensinanzas Deportivas. Ampliación e afondamento do programa de Seccións Bilingües coa a creación de seccións con impartición do 100% dunha materia nunha lingua estranxeira. Aumento progresivo do programa de auxiliares de conversa e profesores visitantes a todos os centros participantes nos programas de Centros Plurilingües e Seccións Bilingües. Diversificación e mellora de perfís e ampliación de horario. Tratar de que o alumnado ao remate de ensino obrigatorio acade un nivel B1 ou superior na primeira lingua estranxeira e un nivel A2 ou superior nunha segunda lingua estranxeira. Esta garantía farase extensiva a Formación Profesional. Promover profesorado acreditado con nivel C1 ou equivalente. Favorecer a internacionalización e innovación dos centros educativos, mediante mobilidades e proxectos internacionais de centro. Impulsar o ensino e aprendizaxe do idioma portugués no marco da Lei 1/2104 para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía e das accións da estratexia. Impulsar a atención a diversidade na aprendizaxe e na avaliación. Aumentar a participación das familias no proxecto. Plataforma de recursos dixitais compartidos (Family Friendly Platform- EdulingüeNet).

28 Ensinanzas Plurilingües
PLURILINGÜISMO NAS ETAPAS Educación Infantil 3-6 Educación Primaria Educación Secundaria Obrigatoria Bacharelato Formación Profesional Enseñanzas Artísticas, e Deportivas AGORA 2016/2017 CON Edulingüe2020 NON SI ---- de excelencia

29 EDULINGÜE 2020 Eixe 1.- Os centros: 1.1 Centros Plurilingües.
1.2 Seccións Bilingües. 1.3 Auxiliares de Conversa e Profesorado Visitante. 1.4 Escolas Oficiais de Idiomas. Eixe 2.- O Alumnado: 2.1 Programas complementarios: Inmersión lingüisitica. 2.2 Programas de certificación. Eixe 3.- O Profesorado: 3.1 Plan de Formación Permanente en linguas estranxeiras (+Idiomas2020). 3.2 Programas de certificación. Eixe 4.- A comunidade educativa: 4.1 Participación das Familias. 4.2 Programas de acompañamento. Eixe 5.- Actuacións tranversais: 5.1 Internacionalización dos centros. 5.2 Atención a diversidade. 5.3 Interculturalidade e Convivencia. 5.4 Innovación Educativa 5.5 Avaliación e seguimento.

30 EIXE 1 : OS CENTROS Obxectivo xeral: 100% de centros de ensino obrigatorio nos programa de Centros Plurilingües ou Seccións Bilingües. 1.1.- Centros Plurilingües: Accións: Creación do Bacharelato de Excelencia en Idiomas (Pluribach). Novos Centros Plurilingües con nova extensión en Educación Infantil 3-6 (PluriInfantil). Novos centros con plurilingüismo na Formación Profesional (PluriFP) , e nas Ensinanzas Artísticas e Deportivas. Favorecer a implantación de programas de dobre titulación internacional (ex. Bachibac, British Council…). Favorecer a trasformación progresiva de centros con seccións bilingües en centros Plurilingües. Dotación de Plans de Formación Permanente do Profesorado de Centro específico en Idiomas a cada centro plurilingúe. Dotación de novos recursos metodolóxicos AICLE (Aprendizaxe integrada de contidos e linguas estranxeiras, en inglés CLIL).

31 EIXE 2 : O alumnado . 2.1.- Programas de certificación: Accións:
Extensión do número de prazas e idiomas do programa CUALE de formación complementaria fora do horario lectivo para preparación probas EEOOII. (5.000 prazas). Impulsar acordos institucionais con entidades estranxeiras certificadoras: British Council, Instituto Camoes, Goberno Francés, instituto Goethe… Establecemento de procedementos específicos para certificación do alumnado de centros plurilingües ao final de cada etapa.

32 2.2.- Programas de inmersión lingüistica:
Accións: Actividades de inmersión lingüística subvencionadas no verán en Galicia. Prazas no estranxeiro para alumnado de novas categorías de centros plurilingües. English Week: Actividades de inmersión durante o curso escolar gratuítas. Especial atención a centros plurilingües e de entornos rurais ou desfavorecidos prazas por curso. Actividades de integración en sistemas educativos estranxeiros dun mes de duración. Favorecer actividades de mobilidade no marco do proceso de internacionalización dos centros e en relación coas familias. Convocatorias específicas de axudas complementarias aos centros. Actividades extraescolares de inmersión en materias STEM (Robótica, programación, ciencias…) en Inglés. Proxectos de investigación, en colaboración coas universidades, con linguas vehiculares estranxeiras.

33 EIXE 3 : O profesorado 3.1.- Plan de Formación en Linguas Estranxeiras “+Idiomas2020”: Accións: Deseño e oferta dunha liña específica AICLE nos Plans de Formación Permanente en Centros para Centros Plurilingües. Fortalecemento da liña de licenzas por formación en idiomas Impulso de programa formativo específico CALC Extensión do número de prazas e idiomas do programa PIALE de formación no estranxeiro. Estensión das axudas para formación individual en idiomas (reintegros) Impulsar acordos institucionais con entidades estranxeiras certificadoras: British Council, Instituto Camoes, Goberno Francés, instituto Goethe… e actividades formativas asociadas Aumentar a oferta de cursos específicos intensivos en formatos presenciais, semipresenciais ou “on line” e con enfoque AICLE Favorecer programas de institucionais internacionais de intercambio de posto a posto (Francia, Canadá, Portugal…). Favorecer a mobilidade e intercambios entre profesionais e centros no marco do proceso de internacionalización dos centros. Programa de mentorización e acompañamento

34 EIXE 3 : O profesorado 3.2.- Programas de certificación: Accións:
Favorecer a certificación específica do profesorado en idiomas para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulo no marco do proceso dos cursos CALC realizados no ámbito das Escolas Oficiais de Idiomas. Impulsar acordos institucionais con entidades estranxeiras certificadoras: British Council, Instituto Camoes, Goberno Francés, instituto Goethe… e actividades formativas asociadas. Establecemento de procedementos específicos para certificación en idiomas do profesorado no marco dos Plans de Formación Permanente en Centros. Facilitar e impulsar o recoñecemento e acreditación da competencia en idiomas para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulo non lingüísticos no marco da normativa propia de Galicia.

35 BACHARELATO DE EXCELENCIA EN IDIOMAS
Características dos centros: Centros plurilingües que amplían ou de nova incorporación. Centros sostidos con fondos públicos. O alumnado cursará materias curriculares ata 1/3 no idioma estranxeiro. 1º BACH Cursarán algunha materia extracurricular semanal (dúas/tres horas) de afondamento no idioma baseada no incremento das habilidades de expresión e comunicación (oralidade). Horario, en lugar de 32 períodos lectivos pasa a 34/35. O centro propón a materia e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa apróbaa. Temática libre que propón o centro. Poden ser temáticas diferentes para 1º e para 2º.

36 BACHARELATO DE EXCELENCIA EN IDIOMAS
Características dos centros: Deseñaranse actividades complementarias organizadas polo centro como charlas, obradoiros ou proxectos cunha duración de 40 horas ao longo dos dous cursos e fóra do horario ordinario. O profesorado que imparta as materias debe ter como mínimo o nivel B2 ou equivalente do MCRLE. Grupos mínimos de 10 alumnos para a súa autorización, salvo casos xustificados. Disporán do apoio de auxiliares de conversa. Garantía da cobertura das prazas por profesorado coa adecuada capacitación. Posibilidade de adaptación a este programa dos centros plurilingües no bacharelato. Iníciase no 1º BACH. Compromiso de 2 anos, para estendelo a 2º BACH.

37 EXTENSIÓN DE CENTROS PLURILINGÜES A SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL (3-6 anos).
Características dos centros: Centros plurilingües de primaria que amplían ou de nova incorporación (centros só de EI). Centros sostidos con fondos públicos. O alumnado cursará áreas curriculares ata 1/3 do horario no idioma estranxeiro, cun enfoque metodolóxico desde un punto de vista lúdico e partindo do traballo en grupo. O profesorado que imparta as materias debe ter como mínimo o nivel B2 ou equivalente do MCRLE. Dotación de recursos extra aos centros (bibliotecas, materiais docentes…) Garantia da cobertura das prazas por profesorado coa adecuada capacitación. Iníciase o programa en 4º ou nos 3 cursos á vez (4º, 5º, 6º Infantil). Proxecto que abranga unha área (Linguaxes: comunicación e representación) ou todas as áreas. Profesorado de EI, Profesorado de lingua estranxeira, profesorado especialista.

38 BACHIBAC Características dos centros: Dobre titulación de Bacharelato e Baccalauréat en centros de España e Francia. Acordo entre o Goberno de España e o Goberno de Francia. Autorizado nun centro educativo desde 2014. Resolución do 9 de xuño de 2017 da DXEFPIE pola que se regula a incorporación ao programa de dobre titulación de Bacharelato e Baccalauréat (Bachibac) en centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2017/2018. Materias: Lingua e literatura francesas (que substitúe a Primeira lingua estranxeira I e II) e Historia de Francia. O alumnado recibe 1/3 do horario en lingua francesa. Acceso alumnado: cursar previamente unha Sección Bilingüe, cursar estudos previos en lingua francesa, acreditar un B1. O profesorado que imparta Historia debe ter como mínimo o nivel B2 do MCRLE. Proba externa ao final para o alumando, para obter a dobre titulación.

39 Educación dixital

40 Proxecto Abalar Desde curso 2010/2011

41 Ten como obxectivo a mellora da calidade educativa
PROXECTO ABALAR _Introducción Ten como obxectivo a mellora da calidade educativa Beneficia a alumnos a día de hoxe No curso 14/15 arrancou a plataforma de aprendizaxe eDIXGAL con contidos off-line, gratuítos para as familias Ampliouse a dotación de aulas dixitais e mellorouse a conectividade O Proxecto ABALAR é a estratexia de integración das TIC na práctica educativa de Galicia, como medio para a mellora da calidade do sistema educativo galego, a través da transformación das aulas tradicionais en dixitais, e coa implicación de toda a comunidade educativa. Púxose en marcha no ano 2010 nos cursos 5º de Primaria e 1º de ESO de 297 centros e actualmente está en funcionamento en 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO de 531 centros, beneficiando a alumnos. No curso 2014/2015, púxose en marcha a plataforma de aprendizaxe de contidos dixitais eDIXGAL (contidos que cobren o curriculum e poden usarse sen conectividade e de xeito gratuíto), da que se benefician alumnos de 107 centros. 41

42 Libros dixitais - EDIXGAL
CARACTERÍSTICAS DA CONVOCATORIA Convocatoria anual por Resolución da DXEFPIE Dirixida a centros da rede Abalar nos cursos 5º e 6º de educación primaria e/ou 1º e 2º de ESO. Compromisos dos centros: Proxecto concretando a implantación no centro Todas as materias en Primaria, un mínimo de 6 en ESO. Participación activa da comunidade educativa Persoa coordinadora Conectividade: 30 Mbps Compromisos da Administración Educativa: Asesoramento, asistencia técnica, seguimento e apoio. Seguimento, apoio e supervisión da Inspección Recoñecemento como innovación educativa. Entorno virtual de aprendizaxe (EVA). Contidos dixitais gratuítos. Gratuidade para as familias. Valorarase o proxecto presentado, o currículo da persoa coordinadora, a participación do centro en proxectos de innovación e o grado de implicación da comunidade educativa 42

43

44 Rede de formación permanente
Estrutura Centro autonómico de formación e innovación (CAFI) Centros de formación e recursos (CFR) Centros educativos colaboradores 1 Santiago A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Ferrol (6) Servizo de formación Central (Santiago)

45 Servizo de Formación do Profesorado
Decreto 74/2011, do 14 de abril, polo que se regula a formación permanente do profesorado que imparte as ensinanzas establecidas na lei orgánica de educación (LOE), en centros educativos sostidos con fondos públicos da comunidade autónoma de Galicia. ORDE do 14 de maio de 2013 pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro das actividades de formación permanente do profesorado en Galicia. ORDE anual pola que se convocan licenzas por formación. ORDE anual pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado. RESOLUCIÓN anual da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado. RESOLUCIÓN anual, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas.

46 Servizo de Formación do Profesorado
O Servizo de Formación do Profesorado, dependente da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, é o órgano responsable da: Coordinación das estruturas de formación permanente do profesorado. Promoción, xestión e rexistro das accións formativas.

47

48

49

50

51

52

53 Plan Anual de Formación
CONTEXTO 2/2 COMPETENCIAS PROFESIONAIS DOCENTES 2014 Conclusións do Consello Europeo (maio) sobre formación eficaz dos docentes A mellora dos programas de educación dos docentes esixe que se determinen previamente as Competencias Profesionais que necesitarán nas distintas fases das súas vidas profesionais. Os marcos de Competencias Profesionais poden utilizarse para elevar os niveis de calidade. Tratar de garantizar que os programas de formación inicial establezcan oportunidades para que os futuros docentes adquiran as competencias pertinentes. Invita ós Estados a promover o desenvolvemento de marcos globais de Competencias Profesionais para os docentes, que definan competencias e calidades necesarias nos diferentes momentos das súas vidas profesionais. Plan Anual de Formación do Profesorado

54

55

56 Mellora da formación docente en Galicia: competencias profesionais

57 Estratexia galega de convivencia escolar
57

58 Contexto normativo Estratexia galega de convivencia escolar
Lei 4/2011, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar. Decreto 8/2015 que desenvolve a Lei. Outras normas galegas. 58

59 ¿A quen implica? Estratexia galega de convivencia escolar Alumnado
A TODA a comunidade educativa Alumnado Profesorado Familias Personal non docente Axentes sociais 59

60 ¿Quen fai o seguimento? Estratexia galega de convivencia escolar
O Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia. 60

61 ¿Como se organiza? Estratexia galega de convivencia escolar
Ó longo de cinco eixes de actuación. Con obxectivos operativos asociados a cada un dos eixes. Determinando accións CONCRETAS para cada obxectivo. 61

62 Estratexia galega de convivencia escolar
¿Cales son os seus 5 eixes? Diagnose e seguimento da convivencia escolar. Formación, investigación e mellora da calidade en materia de convivencia escolar. Apoio os centros e a comunidade educativa. Vertebración das iniciativas e accións comunitarias para a mellora da convivencia. Xestión e abordaxe de condutas contrarias á convivencia. 62

63 Estratexia galega de convivencia escolar
Algunhas accións en marcha Diagnose Cuestionario censual: + de 1350 centros. Cerca de cuestionarios contestados. 18 millóns de datos procesados. Total garantía de anonimato. Descritivo: Axuda a cada centro a elaborar o seu Plan de Convivencia →recibiu os seus datos pre-analizados (gráficas e táboas simples) . Mostra a percepción sobre a convivencia. Axudaranos a mellorar tanto a situación real como a percibida. 63

64 Estratexia galega de convivencia escolar
Algunhas accións en marcha Prevención do Acoso e ciberacoso Protocolo educativo xeral para a prevención, detección e o tratamento do acoso escolar: Realizado en 2013. Revisado en 2015 á luz do Decreto 8/2015. Enfoque: Preventivo Pro-activo e orientador Centrado na comunidade escolar no seu conxunto Para a mellora continua do clima escolar 64

65 Estratexia galega de convivencia escolar
Algunhas accións en marcha Protección de Datos e Identidade Dixital Protocolo de Protección de Datos: Trátase de cambiar culturas e modos de facer. Enfoque de abaixo-arriba. Partimos do diálogo cos implicados mediante encontros formativos para perfilar o protocolo final. Orientacións sobre a Identidade Dixital. A construción responsable da identidade dixital é clave na convivencia do s. XXI. Traballo en colaboración coa AEPD. 65

66 Estratexia galega de convivencia escolar
Algunhas accións en marcha Urxencias e Enfermidades Crónicas Protocolo de Atención en Urxencias Sanitarias e atención ó alumnado con enfermidade crónica: Consensuado cos servizos sanitarios Perspectiva de Autoprotección e PPAA. Con intervencións sinxelas, seguras efectivas. Válido para traballar con TODA a comunidade educativa. Adendas : Atención domiciliaria e hospitalaria e Diabete. Alerxias Alimentarias, crises convulsivas, etc 66

67 Estratexia galega de convivencia escolar
Algunhas accións en marcha Orientacións para garantir a igualdade de xénero, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero. Comunicación aos centros Departamentos de orientación Medidas de atención as necesidades do ou da menor. Recomendacións educativas e organizativas Información e formación da comunidade educativa 67

68 educonvives.gal Estratexia galega de convivencia escolar
Algunhas accións en marcha Sitio web Incorpora todas as novidades, enlaces e fondo documental derivado da estratexia. Basta teclear na barra de direccións: educonvives.gal 68

69 Inclusión. Atención a diversidade

70 Indicadores estructurais do sistema educativo en Galicia
Escolarización alumnado NEE en centros ordinarios 91% Gráfica por CCAA (fonte MECD) 2

71 Indicadores específicos inclusión: o alumnado
Alumnado total – Alumnado NEAE – 12,4% Alumnado NEE – Alumnado NEE en centros ordinarios número (91,6%) Alumnado en centros educativos especiales 0,37%. Escolarización combinada – 226 CEE – 1.362 3

72 Indicadores específicos inclusión: os profesionais
Orientadores: 781 EOE: PT + AL: Coidadores: Lingua Signos: 41 ONCE: Rede Atención Temperá: Rede de Atención Temperá que articula a actuación integral dos departamentos de sanidade, educación e de servizos sociais para a atención dos menores de 0 a 6 anos con trastornos de desenvolvemento ou risco de padecelos e, no seu caso, para coordinar as intervencións. 3.639 4

73 Indicadores específicos inclusión:
Formación. Programas. Sociedade Civil Formación profesorado Máis de 30 actividades específicas sobre a temática. PFPP: 115 centros nesta liña de traballo Innovación (Proxecta): Aulas I+I: Inclusivas e Igualitarias Conecta Cultura Contratos-programa: Convenios de colaboración entidades. 17 Proa | Competencias | Convivencia | Excelencia 5

74 Indicadores específicos inclusión: protocolos
Protocolo de consenso sobre TDAH na infancia e na adolescencia nos ámbitos educativo e sanitario. Protocolo de Tratamento Educativo do Alumnado con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA). Protocolo de Tratamento Educativo do Alumando con Síndrome de Down e discapacidade intelectual (en proceso) 6

75 Marco xurídico actual 1/2
Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, segundo a redacción dada pola Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade Educativa. Decretos: Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión nestas ensinanzas. 7

76 Marco xurídico actual 2/2
DECRETO 229/2011, de 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación. Outra normativa en vigor: ORDE de 6 de octubro de 1995 pola que se regulan as adaptacións do currículo nas ensinanzas de réxime xeral. ORDE do 27 de decembro de 2002 pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de ensino non universitario con necesidades educativas especiais. 8

77 Marco xurídico actual: a discapacidade
Lei 51/2003, de 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade (LIONDAU). Real Decreto Lexislativo 1/2013, de 29 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade y da súa inclusión social. Lei 26/2011, de 1 de agosto, de adaptación normativa á Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade. Lei 10/2014, de 3 de diciembre, de accesibilidad. Orden de 25 de noviembre de 2015 por la que se regula el procedimiento para el reconocimiento, declaración y calificación del grado de discapacidad, y la organización y funcionamiento de los órganos técnicos competentes. 9

78 A convención sobre dereitos
das persoas con discapacidade A Convención Internacional sobre Dereitos das Persoas con Discapacidade é un instrumento internacional de dereitos humanos das Nacións Unidas, destinada a protexer os dereitos e a dignidade das persoas con discapacidade. Foi ratificada por España, entrando a formar parte do seu ordenamento xurídico, mediante o Instrumento de Ratificación de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidad, hecho en Nueva York el 13 de diciembre de 2006 («BOE» núm. 96, de 21 de abril de 2008) 10

79 A convención sobre dereitos
das persoas con discapacidade Igualdade de condicións. Proceso de inclusión. Cláusula contra o rechazo. Dereito a educación inclusiva: Os axustes razonables. O apoio adecuado. 15

80 Xurisprudencia STC 10/2014 Caso: Escolarización dun alumno nun centro público de educación especial en contra do criterio dos pais. Vulneración dos dereitos a igualdade e a educación. O esencial: dirimir si a decisión administrativa ten discriminado ao menor e vulnerado o seu dereito a á educación. Sitúa o marco normativo: C.E arts 27, 14, 49 e Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade de 2008, art 24. TC recoñece principio xeral da educación inclusiva do alumnado con discapacidade, é dicir, en centros ordinarios e facilitarlles apoios e “axustes razoables”. LOE art. 74. Unha excepción “tan só cando os axustes que deba realizar para dita inclusión sexan desproporcionados ou non razoables, poderá dispoñer a escolarización destes alumnos en centros de educación especial” A resolución administrativa no caso estaba xustificada polos informes psicopedagóxicos que diagnosticaba unha discapacidade psíquica grave e propoñen unha atención específica e personalizada nun centro de educación especial, quedando acreditada a adecuación e proporcionalidade. A decisión é coherente coa finalidade principal, que o menor satisfaga adecuadamente as súas necesidades educativas especiais en interese do menor). 18

81


Descargar ppt "12 de xullo de 2017 Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado."

Presentaciones similares


Anuncios Google