La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

NOVAS FORMAS DE PENSAR, DE SENTIR E DE ACTUAR

Presentaciones similares


Presentación del tema: "NOVAS FORMAS DE PENSAR, DE SENTIR E DE ACTUAR"— Transcripción de la presentación:

1 NOVAS FORMAS DE PENSAR, DE SENTIR E DE ACTUAR
Competencias básicas Sociedade do século XXI Centro de Formación e Recursos de Vigo. Curso NOVAS FORMAS DE PENSAR, DE SENTIR E DE ACTUAR

2 As competencias básicas
Por que as competencias? Como avaliar as competencias? Como chegamos ata aquí? Que retos implican para os centros? Que son, como se definen? Cales son?

3 As novas realidades sociais precisan de novas formulacións educativas
A escola tradicional non pode proporcionar tódolos saberes Múltiples fontes de coñecemento en ámbitos non formais e informais Porque Porque ademais existen Por que as competencias na escola? Porque se precisa Porque é unha meta Seguir aprendendo de por vida Preparar para a vida cotiá e para o mundo laboral

4 (percorrido histórico)
2006 LOE Anos 70 Psicoloxía Introdúcese o enfoque competencial no ámbito profesional, laboral e ocupacional. A Comunidade Europea define as oito (8) competencias clave para a educación. A Lei Orgánica de Educación introduce as competencias clave como competencias básicas. Comeza a aparecer o termo, no eido da psicoloxía, relacionado co concepto de capacidade potencial. 2005 C. Europea 1990 Ámbito laboral A orixe da proposta (percorrido histórico) 2000/2002 Lisboa/Barcelona 1996 Informe Delors Cumios Consello de Europa Lisboa: marco europeo común competencias clave Barcelona: mellorar c. básicas OCDE. Definición e Selección de Competencias OCDE PISA: Informe comparativo sobre o grao de adquisición das competencias. “A educación encerra un tesouro” (UNESCO) 4 piares: aprender a coñecer, a facer, a vivir xuntos e a ser. 2000 PISA 1997 Proxecto DeSeCo

5 Que son as Competencias Básicas ?
Precedentes Informe Delors (UNESCO): “A educación encerra un tesouro”. Catro (4) piares básicos da educación: Aprender a coñecer Adquisición dunha cultura xeral ampla. Aprender a facer Utilizar os coñecementos na práctica para facer fronte a calquera situación. Aprender a vivir Coñecer e comprender ás persoas, aprender a traballar en equipo, a emprender proxectos comúns, etc. Aprender a ser Desenvolver a autonomía e a autoestima para potenciar as capacidades individuais.

6 Competencias Clave: Comunicación en lingua materna
Parlamento e Consello de Europa Comunicación en lingua materna Comunicación en linguas estranxeiras. Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía. Competencia dixital. Aprender a aprender. Competencias interpersonais, interculturais e sociais, e competencia cívica. Espírito de empresa. Expresión cultural.

7 Competencias Básicas LOE:
Decretos de primaria e secundaria. Comunidade Autónoma. Competencia en comunicación lingüística. Competencia matemática. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico. Tratamento da información e competencia dixital. Competencia social e cidadá. Competencia cultural e artística. Competencia para aprender a aprender. Autonomía e iniciativa persoal. (Competencias segundo clasificación IES Celestí Bellera: comunicativas, metodolóxicas, persoais, convivir e habitar o mundo)

8 Que son as Competencias Básicas ?
Elementos para definilas. (1/2) Capacidade de responder a demandas complexas e levar a cabo diversas tarefas de forma axeitada. Supón unha combinación de: Habilidades prácticas, coñecementos, motivacións, valores éticos, actitudes, emocións e outros compoñentes sociais e de comportamento que se mobilizan conxuntamente para lograr unha acción eficaz. (DeSeCo) Poder de acción que supoña a: mobilización de recursos con criterio, para tomar boas decisións ante unha tarefa específica en tempo real. (Perrenoud, 2005) Supoñen un enfoque funcional e pragmático dos contidos. (C. Gallego)

9 Que son as Competencias Básicas ?
Elementos para definilas. (2/2) Características: As CB orientan a aprendizaxe. Non existe relación biunívoca entre cada CB e cada área: cada área serve para desenvolver distintas competencias. cada competencia desenvólvese a través de distintas áreas. Ao desenvolvemento das competencias contribúen elementos formais, informais e non formais. Algunhas competencias teñen un carácter especialmente transversal. É responsabilidade da escola asegurar o desenvolvemento de CB como dereito cidadá de todos e todas, especialmente de aqueles en risco de vulnerabilidade social ou exclusión. (Baseado en Antonio Bolivar)

10 Aspectos que contribúen ao desenvolvemento das Competencias Básicas
Desde ámbitos formais: Obxectivos, contidos, metodoloxía, recursos,… Acción titorial… Organización e funcionamento do centro e das aulas. Procedementos de participación na escola. Posta en práctica dos documentos, plans e proxectos de centro e aula. Realización de actividades complementarias e extraescolares. Desde ámbitos non formais: Educación familiar. Recursos sociais. Accións sociais. Tecnoloxías da información e da comunicación, medios audiovisuais. Desde ámbitos informais (ou incidental): Relacións sociais. Xogos, accións nos tempos de lecer. Situacións da vida real,…

11 Concluíndo: “…as competencias básicas concíbense como aprendizaxes que se consideran imprescindibles dende unha formulación integradora e orientada á aplicación dos saberes adquiridos e ínstase aos centros a facilitar a súa adquisición nos seus proxectos educativos”. PÉREZ, P. Y ZAYAS, F (2007)

12 En definitiva: “ Incluír as competencias como elemento de referencia supón partir da convicción de que aprender é sempre aprender a profundar, a establecer relacións. Fraco favor fariamos ao discurso sobre as competencias se se mantiveran currículos interminables, con grande peso conceptual, que impiden a todo o alumnado profundar e son unha barreira infranqueable para os que teñen dificultades”. PÉREZ, P. Y ZAYAS, F (2007)

13 Como se adquiren as Competencias Básicas ?
As CB na educación : reflexións e propostas nas prácticas docentes As competencias básicas necesitan para a súa adquisición de Reflexión e novas propostas no deseño de tarefas de ensinanza-aprendizaxe Reflexión e novas propostas no deseño da avaliación Reflexión e novas propostas na metodoloxía

14 Como se adquiren as Competencias Básicas ?
Metodoloxía, actividades e avaliación no enfoque competencial. “ …En lugar de centrar la educación en los contenidos de enseñanza, debemos ubicar el centro en los procesos de aprendizaje. Exige, trabajar regularmente por tareas, considerar los saberes disciplinares como recursos a movilizar, aprendizajes basados en problemas o proyectos, y por supuesto, nuevas formas de evaluación ”. (Perrenoud, 2000)

15 1. Principios metodolóxicos básicos para o desenvolvemento de competencias no alumnado e no profesorado (1/4) Priorizar a reflexión e o pensamento crítico do alumnado. Exemplo: ante unha noticia de actualidade presentarlle ao alumnado diversidade de fontes e os seus principios ideolóxicos básicos e debater sobre o tema buscando posibles solucións. Priorizar a construcción e aplicación do coñecemento fronte á aprendizaxe memorística. Exemplo: en vez de comunicar contidos sobre a evolución da historia da música, que elaboren unha liña do tempo/elaboración dun cómic histórico/elaborar un artigo para un blogue sobre esta temática. Propor situacións variadas de aprendizaxe que poñan en marcha procesos cognitivos variados no alumnado. Exemplo: investigación do medio natural no horto escolar sobre sementes e procesos de sementado/proxectos en contraposición do seu tratamento descontextualizado soamente a través do libro de texto/,estudos e enquisas no entorno familiar sobre economía, alimentación.

16 1. Principios metodolóxicos básicos para o desenvolvemento de competencias no alumnado e no profesorado (2/4) Contextualizar as aprendizaxes no entorno socioeducativo vital. Exemplo: en vez de estudar os contidos relativos á estrutura e características dos concellos, facer o estudo do propio concello, dos seus habitantes, oficios... Dar importancia á interacción dialóxica, que permite interpretar o propio coñecemento e o do outro xerando a comprensión, enriquecendo o rol do profesorado como un educador mediador e guía de aprendizaxes. Exemplo: debates, mesas redondas, asembleas, traballos colaborativos e cooperativos de aula, de ciclo como actividades base para adquirir competencias. Integración de modelos de ensinanza :utilizar variadas estratexias metodolóxicas: aprendizaxe por descubrimento, aprendizaxe por proxectos, aprendizaxe directa , solución de problemas, proxectos interdisciplinares, etc. Exemplo: realizar unha técnica de debate sobre unha temática curricular- medioambiental- con agrupamentos previos e asignación de tarefas sendo orientados na busca de fontes e recursos informativos e contextualizándoo no barrio ou parroquia.

17 1. Decisións didáctico- organizativas que contribúen ao desenvolvemento das competencias básicas: (3/4) Reflexión, avaliación global no centro educativo das orientacións didácticas para achegarse ás competencias básicas : Analizar as prácticas didácticas consideradas positivas que xa se aplican no centro cara á adquisición de competencias básicas de forma colaborativa ( niveis, ciclos, disciplinares) e buscar modelos consensuados para a súa mellora, descartando os que non aporten tanto valor educativo. Distribución de espazos e agrupamentos: Enriquecelos dando contido educativo aos espazos e potenciando o traballo colaborativo entre o alumnado e o profesorado e entre iguais. Aproveitar a potencialidade educativa do traballo por parellas, grupos titorizados, etc. Distribución de tempos no centro e na aula: Flexible á demanda da actividade e do traballo colaborativo, utilizando criterios pedagóxicos e buscando solucións conxuntas entre o profesorado. Recursos: Diversos e relevantes para o desenvolvemento das CB, utilización de distintas fontes documentais e prácticas críticas con elas. Recursos tradicionais e recursos tecnolóxicos presentes onde se produza a aprendizaxe. Estruturar o ambiente de aprendizaxe. Instrumentos de avaliación: Diversos, utilizados en diversos contextos: probas escritas, proxectos, investigacións. Colaboración metodolóxica e didáctica dos equipos docentes. Compromiso conxunto. Apertura das actividades ao entorno: A escola integrada na comunidade como “pequena universidade” contribuíndo a investigar e colaborar na solución de problemas reais.

18 En resumo… 1. Que supón un enfoque orientado metodoloxicamente cara ás competencias básicas? (4/4) Integrar as diversas dimensións da aprendizaxe: conceptual, procedimental e actitudinal nas prácticas de centro e de aula. Orientar as tarefas ou actividades cara a contextos reais, sociais, persoais. Transferencia e aplicabilidade das aprendizaxes. Diversidade nos contextos de aprendizaxe. Novos enfoques avaliativos. Rol do docente como un deseñador de tarefas e contornos de aprendizaxe. Traballo interdisciplinar. Traballo colaborativo, consensuado do equipo docente.

19 Organicen o espazo e o tempo de xeito flexible.
2. Tarefas de ensino-aprendizaxe en clave de competencias básicas. (1/4) Proporanse tarefas QUE: Focalicen a acción en situacións reais propoñendo actividades contextualizadas. Vinculen o coñecemento a situacións relevantes da vida cotiá: a funcionalidade dos contidos. Utilicen fórmulas orientadas á integración e globalización dos coñecementos. Organicen o espazo e o tempo de xeito flexible. Utilicen estratexias relevantes: preparación de contornos da aprendizaxe. Utilicen a cooperación entre iguais e as relacións sociais: diálogo, debate, discrepancia, respecto ás diferenzas, saber escoitar,… Sexan multifuncionais: que propoñan o desenvolvemento de distintas CB.

20 COMO elaborar as nosas actividades?
2. Tarefas de ensino-aprendizaxe en clave de competencias básicas. (2/4) COMO elaborar as nosas actividades? Na elaboración e desenvolvemento de tarefas ou actividades debemos englobar os seguintes compoñentes: Operacións mentais que o alumnado deberá realizar (razoar, argumentar, crear, sintetizar, memorizar, analizar). Contidos que o alumnado precisa dominar: conceptuais, procedimentais, actitudinais. Contexto no que se vai desenvolver a tarefa (real, simulado). Actitudes cara á actividade: colaborativa, autoestima, negociación, respecto, etc. Que recursos, organización-espazos, temporalización imos necesitar. Realidades escolares e sociais nos que se poderán plasmar os recursos persoais que se logrará con esta actividade. Exemplo: Elaborar unha guía para as familias para realizar unha visita a un espazo natural, museo, etc.

21 2. Tarefas de ensino-aprendizaxe en clave de competencias básicas.
Tarefas que podemos traballar no centro e nas aulas: (3/4) Tarefas por proxectos: A auga, consumo sostible Traballo interdisciplinar: Elaboración de contos interciclos con traballos conxuntos nas distintas áreas (linguas, plástica,…), planear a viaxe de fin de curso e elaborar orzamentos, gastos, itinerarios, normas. Traballo sobre un centro de interese: Investigar sobre as saídas profesionais relacionadas cos bacharelatos elaborando un dossier. Tarefas de investigación en Internet: miniquest, webquest, buscas do tesouro. Outras

22 Proxecto: A auga, consumo sostible (4/4)
2. Tarefas de ensino-aprendizaxe en clave de competencias básicas. Proxecto: A auga, consumo sostible (4/4) Partimos dunha situación-problema na vida do centro, neste caso a análise do consumo da auga. Reflexión conxunta e valoración do problema (consumo, avarías, ...) dende todas as áreas ou materias implicadas. Educación Física Coñecemento do Medio Matemáticas Linguas Elabórase dende todas as áreas ou materias implicadas un Plan de Acción para intervir. Infórmase a toda a comunidade do Plan de Acción e organízase por áreas o seu estudo, tratamento e solucións: Actividades-Tarefas

23 3. A avaliación no enfoque competencial. (1/3)
Que principios, actividades e probas son as máis axeitadas para valorar, avaliar se estamos educando cara á adquisición das competencias básicas? A avaliación de CB non é a avaliación dos contidos adquiridos. A avaliación non se centra soamente na realización dun “exame”. Consiste en propor actividades avaliativas nas que teñan que mostrar como utilizan os coñecementos que posúen para resolver a actividade (como os seleccionan, como os utilizan,…). Exemplos: Manter unha conversa telefónica nunha lingua estranxeira a través de Internet Realizar unha webquest sobre unha temática actual Un posible enfoque na elaboración de probas escritas orientadas a competencias podémola atopar nas Probas PISA.

24 3. A avaliación no enfoque competencial. (2/3)
Proposta: Converter unha proba avaliativa en máis auténtica e significativa: Cambios na situación problema: A proba parte dunha situación problemática a partir da cal se realizan preguntas (noticia, caso, vídeo , experiencia). Dita situación relaciónase con temas relevantes desta área? Fidelidade da proba (coa vida real). Cambios nas preguntas: Variedade de tipo de respostas: múltiples, abertas, pechadas,… Incluír distintos códigos de respostas: escritos, orais, visuais, etc. As preguntas inclúen diferentes formas de presentar a información: Gráficos, símbolos, mapas, táboas. Estas preguntas supoñen diferentes niveis de complexidade cognitiva (Bloom): Reproducir, comprender, analizar, sintetizar, … Posibilidade de que os alumnos e alumnas reciban axudas: Compañeiros, Internet, outros recursos (para ver que recursos escollen e como os utilizan). Admítese a posibilidade de realizar as probas sen limitacións (na casa, con apuntes, en tempo flexible, on line).

25 3. A avaliación no enfoque competencial. (3/3)
Proposta: Converter unha proba avaliativa en máis auténtica e significativa: Facer públicos, dende o principio os criterios de avaliación ao alumnado Avaliar tamén o proceso de resolución e os procedementos e estratexias empregados de forma explícita. Avaliar a reflexión sobre los propios acertos e erros . Contemplar as auto e as coavaliacións. Avaliar tamén resolucións realizadas en agrupamentos diversos: parellas, equipos. Presentar a devolución dos resultados como unha tarefa máis.

26 Metodoloxía e actividades
Resumindo… Que é e que non é traballar en base a competencias básicas? Metodoloxía e actividades NON Utilizar soamente o libro de texto. Facer soamente tarefas escritas. Traballar cada área por separado. Propoñer tarefas só de transmisión profesor/a- alumno/a. Analizar e estudar a realidade dende cada área sen realizar inferencias ou integracións doutras disciplinas. Converter o currículo na suma acumulativa de programas e contidos de cada área e materia. Entender un método como universal xa que dependerá das situacións de aprendizaxe a deseñar. SI Conxugar distintos métodos de ensinanza segundo as necesidades e o valor e idoneidade de cada un deles. Utilizar propostas nas que o alumnado teña que realizar diferentes operacións mentais. Situar as tarefas na situación real na que se produce na vida. Utilizar distintos recursos materiais, o máis auténticos posible. Propor tarefas de investigación. Traballar tarefas nas que se implican distintas áreas. Traballar de xeito colexiado, colaborativo en propostas concertadas a nivel metodolóxico.

27 Resumindo… Que é e que non é traballar en base a competencias básicas? Avaliación NON Avaliar soamente contidos disciplinares. Avaliar soamente mediante probas escritas. Propor probas escritas non reais, descontextualizadas. Avaliar exclusivamente a resolución mecánica de operacións matemáticas ou de ‘problemas’ que involucran esas operacións. A reprodución e a repetición soamente: o éxito escolar pode non ser éxito social. SI Avaliar todo o proceso. Propor probas de diferente tipo, con información en diferentes presentacións,… Propor probas para resolver casos reais. Desenvolver probas para resolver con distintos materiais, en colaboración entre alumnos/as. Avaliar actitudes, iniciativas. Realizar as aprendizaxes conceptuais e procedimentais necesarias.

28 Innovamos facéndonos preguntas
Proposta do CFR de Vigo Innovamos facéndonos preguntas A que situacións, problemas, …terá que enfrontarse o alumnado na vida real? (Persoais, interpersoais, sociais,…) Proxecto, problema,… Como podemos avaliar se o alumnado é competente nesas situacións reais? Que condutas e valores precisa ter? Que conceptos ten que aprender? Que destrezas ten que desenvolver? (Tamén estratexias de aprendizaxe) Que áreas precisan implicarse? Que colaboración do equipo docente? Que actividades terá que desenvolver? Que metodoloxía utilizaremos? Que recursos utilizaremos? Que colaboración precisaremos coas activ. extraescolares e complementarias? Que colaboración precisaremos coa familia? Implementación e avaliación Competencias Básicas

29 Proposta do CFR de Vigo (1/3)
Cambiar a cultura de centro e a práctica: Reflexión individual, de cada docente sobre problemas, situacións, realidades,... fundamentais típicos e os emerxentes, aos que o alumnado terá que dar resposta na súa vida como cidadán... para ese grupo, ese curso, en relación coa súa área tendo en conta: Os obxectivos e criterios de avaliación de áreas. As CB (a inclusión das mesmas no Decreto de currículum e as súas características). Os elementos contextualizadores do documento de concreción curricular do centro (en relación ás CB) (revisión futura) Outra información: áreas transversais LOXSE, programación TV, periódicos,…)

30 Programamos por competencias (2/3)
Traballo colaborativo de cada equipo docente, coas programacións de área diante para: Decidir proxectos, problemas… para cada grupo. Decidir que se vai avaliar para comprobar se o alumnado acadou as CB que queremos que desenvolva con cada proxecto, problema,… Decidir que áreas traballarán conxuntamente para cada proxecto, problema.

31 Programamos por competencias (3/3)
Decisión do equipo docente de cada proxecto: Que actividades xerais temos que desenvolver? De área/ áreas. Titoriais. Coas familias. Coas actividades complementarias. Coas actividades extraescolares O deseño dos proxectos terá en conta globalización / interdisciplinariedade, CB e currículum (decreto de etapa). Para empezar, converter unha temática que xa se está a traballar no centro, nun proxecto.

32 (ou tarefas, ou tarefas integradas)
Proceso de programación por Competencias Básicas Elaboración da programación do equipo docente A partir de: CRITERIOS DE AVALIACIÓN DE TODAS AS ÁREAS DO CURSO Matemáticas Lingua - -… Propóñense PROXECTOS (ou tarefas, ou tarefas integradas) PROGRAMACIÓN DE EQUIPO DOCENTE DO CURSO… PROXECTO A (ou tarefa, ou tarefa integrada) Área de … Criterios de avaliación: - -… Colaboración AE, AC, Familias Temporalización CCBB que se traballan PROXECTO … … (ou tarefa, ou tarefa integrada) ….

33 Proceso de programación por Competencias Básicas
Elaboración da programación de área Modificacións respecto da anterior programación: Posteriormente haberá que CONCRETAR AS ACTIVIDADES a realizar, a metodoloxía e os instrumentos de avaliación na programación de cada proxecto (ou tarefa, ou tarefa integrada) PROGRAMACIÓN DA ÁREA DE … CURSO………. Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Contribución ás CCBB Colaboración con AAEE, AACC e familias. Metodoloxía: Metodoloxía didáctica. Temporalización Agrupamentos. actividades., recursos Instrumentos de avaliación Agrupar os contidos por PROXECTOS (ou tarefa, ou tarefa integrada) (Incluir a agrupación por proxectos, realizada na programación do equipo). (Incluir a contribución as CB realizada na programación do equipo). (Incluir a colaboración con…realizada na programación do equipo). Axustala á proposta de aprendizaxe por CB 33

34 E nós… Competencias do profesorado para educar en competencias:
Formación. Reflexión conxunta. Cambio de propostas. Práctica colaborativa. Asumir a nova situación como un reto profesional. Como centro: Reformularnos a organización adecuándoa á nova situación creada (como a proposta de proxecto). Decidir propostas consesuadas de metodoloxías colaborativas, decidindo liñas de traballo común (proxectos, aprendizaxe baseado en problemas, casos de pensamento, organización de saídas, exposicións,…)

35 Como centro de formación propoñemos:
Que se poñan en marcha pequenos proxectos no centro. Formarse en distintas metodoloxías mediante PFAC, GT. SP.

36 Referencias útiles: IV Congreso rexional en competencias básicas e práctica educativa. Abril Santander: (Videos) Especialmente: Conferencia de Pérez Gómez. Conferencia de Monereo. Documentos de Pérez Gómez (Cuadernos de Educación 1. La naturaleza de las competencias básicas y sus aplicaciones pedagógicas. Cuadernos de Educación 2. Las competencias básicas y el currículo: orientaciones generales). Conferencia do profesor Moya (CEP de Granada): Presentación da Consellería de Educación Probas liberadas de PISA

37 Moitas Grazas Competencias Básicas 2009 © CFR – VIGO

38 Competencias básicas Transformacións sociais importantes (C. Braslavsky) Crecemento exponencial do coñecemento e as comunicacións Maiores expectativas e calidade de vida Incremento das interdependencias que: Modifican o lugar das persoas no mundo Modifican o perfil educativo que precisan e demandan Mobilidade das persoas

39 A aprendizaxe por competencias. Orixe da proposta
Psicoloxía (70): capacidade potencial/ actualización en realización concreta. Ámbito profesional, laboral, ocupacional. Conferencia Mundial de Jomtien (1990) Declaración Mundial sobre “Satisfacción das necesidades básicas de aprendizaxe Conferencia Internacional de Amman(1996) Proxecto DeSeCo (OCDE)(1997) PISA (OCDE, 2000) Foro Mundial sobre a Educación de Dakar (2000) EEUU: Informe SCANS (2000) Nova Zelanda (2004) . EURYDICE (2002) Cumio do Consello de Europa Lisboa (2000): Propón identificar as Competencias Básicas para garantir o acceso á aprendizaxe na sociedade da innovación e o coñecemento. Cumio do Consello de Europa Estocolmo (2001) Cumio do Consello de Europa (Barcelona, 2002). Acordo: Mellorar o dominio das Competencias Básicas impartindo as linguas estranxerias desde una idade moi temperá e promovendo a dimensión europea da ensinanza e a súa integración nas Competencias Básicas. Consello de Europa (2003). Consello de Europa (2005): oito competencias clave. LOE. MEC (2006): competencias básicas.

40 Buscando un currículum integrado e a integración de modelos
Trátase de integrar tódalas experiencias e modelos de ensinanza que teñan valor educativo dende... Modelos baseados en enfoques cognitivos: Modelo de formación de proxectos Modelos baseados en enfoques persoais e Sociais: Modelo de roles sociais e Grupos interactivos Modelos baseados en enfoques condutuais: Modelo memorístico Cadro de opcións metodolóxicas- actividades

41 EXEMPLOS DE ACTIVIDADES
Actividades de aula Deseñar un mural con fotografías para presentarse Redactar un decálogo de normas para a convivencia e o respecto na clase Xogar á lotería (para aprender os números) Investigar o tempo meteorolóxico para a semana a través da web. Dramatizar unha chamada ao médico de urxencias Escribir tarxetas ou cartas breves con presentacións, descricións o narracións de experiencias vividas Elaborar un pequeno dicionario Entrevistar na clase a un experto en animais... Preparar unha visita guiada ao centro Exposición de carteis con temas de actualidade. Encher formularios propios do centro (becas, instancias, etc.) Preparar un currículum vitae para un traballo Dominó gastronómico Preparar unha dieta equilibrada Redactar a biografía dun personaxe famoso buscando e contrastando información. Emitir o informativo meteorolóxico a través de la radio escolar Deseñar murais das distintas áreas curriculares . Escribir un decálogo para a saúde EXEMPLOS DE ACTIVIDADES

42 Proxecto: A auga, consumo sostible. Actividades do proxecto
2. Tarefas de ensino-aprendizaxe en clave de competencias básicas. Proxecto: A auga, consumo sostible. Actividades do proxecto Área do coñecemento do medio: estudo do ciclo da auga de forma simulada, creación carteis sobre hábitos saudables, visitas a encoros e depuradoras, estudo dos efectos contaminantes das augas a través de páxinas web de organizacións de consumidores, estudo na prensa de noticias sobre a auga ( consumo, problemas), elaboración de gráficos, debate sobre o consumo nos distintos sectores produtivos, creación de mapas e croquis do abastecemento da cidade ou pobo. Matemáticas: calcular volumes dos recipientes do centro, consumo de billas abertas. Formas e recipientes de almacenar a auga no centro, estudio de fraccións a través de recipientes: botellas, latas. Área das linguas: redactar mensaxes a distintos destinatarios sobre o consumo responsable da auga, buscar na literatura refráns sobre a auga, elaborar slogans para promover o consumo responsable, gravar unha noticia para a radio escolar, simular debates dende distintas ópticas ( industrias, consumidor, medios de comunicación). Educación física: estudo e posta en práctica de xogos tradicionais e recreativos sobre a auga, estudar o comportamento nas actividades acuáticas. Educación artística: composicións musicais sobre a auga, dramatizacións, realización de murais. Posible referencia dunha experiencia

43 De comunicación oral y escrita
1. Comunicación lingüística Como instrumento Se refiere a la utilización del lenguaje De comunicación oral y escrita De la realidad De representación De interpretación De comprensión Fonte: Junta de Andalucía. Consejería de Educación De organización De autorregulación Del pensamiento De las emociones De la conducta Del conocimiento De construcción De comunicación Objetivo de la enseñanza obligatoria El dominio de la lengua oral y escrita en múltiples contextos El uso funcional de, al menos, una lengua extranjera

44 Objetivo de la enseñanza obligatoria
2. Matemáticas Habilidad para utilizar y relacionar los números, sus operaciones básicas, los símbolos y las formas de expresión y razonamiento matemático. Objetivo de la enseñanza obligatoria Aplicar destrezas y actitudes que permiten razonar matemáticamente Comprender una argumentación matemática Expresarse y comunicarse en el lenguaje matemático Fonte: Junta de Andalucía. Consejería de Educación Utilizando herramientas de apoyo adecuadas Integrando el conocimiento matemático con otros diferentes

45 Objetivo de la enseñanza obligatoria
3. Conocimiento e interacción con el mundo físico Habilidad para interactuar con el mundo físico, tanto en sus aspectos naturales como en los generados por la acción humana. Objetivo de la enseñanza obligatoria Interpretar la información recibida Tomar decisiones con autonomía Del pensamiento científico-técnico para El desarrollo La aplicación Fonte: Junta de Andalucía. Consejería de Educación La valoración La diferenciación Del conocimiento científico al lado de otras formas de conocimiento La utilización Asociados a la ciencia y al desarrollo tecnológico De valores De criterios éticos FORMAN PARTE DE ESTA COMPETENCIA La protección de la salud individual y colectiva El consumo racional y responsable El cuidado del medio ambiente El uso responsable de los recursos naturales

46 Objetivo de la enseñanza obligatoria
4. Tratamiento de la información y competencia digital Habilidad para buscar, obtener, procesar y comunicar información y para transformarla en conocimiento. Objetivo de la enseñanza obligatoria Usar habitualmente los recursos tecnológicos para resolver problemas reales Fonte: Junta de Andalucía. Consejería de Educación Ser una persona La información y sus fuentes Autónoma Eficaz En la selección, valoración y uso de Las diversas herramientas tecnológicas Responsable Crítica Reflexiva Respetar la regulación social acordada sobre el uso de la información y sus fuentes, en los diferentes soportes

47 Objetivo de la enseñanza obligatoria
5. Competencia social y ciudadana Habilidad para comprender la realidad social, cooperar, convivir y ejercer la ciudadanía democrática en una sociedad plural, así como comprometerse y contribuir a su mejora. Objetivo de la enseñanza obligatoria Emplear el juicio ético La convivencia Para afrontar Los conflictos Fonte: Junta de Andalucía. Consejería de Educación Ejercer la ciudadanía Actuando con criterio propio Manteniendo actitudes Contribuyendo al fomento de La paz La Democracia Responsables Solidarias Constructivas

48 Objetivo de la enseñanza obligatoria
6. Competencia cultural y artística Supone conocer, comprender, apreciar y valorar críticamente diferentes manifestaciones culturales y artísticas y utilizarlas como fuente de enriquecimiento y disfrute. Objetivo de la enseñanza obligatoria Actitud abierta, respetuosa y crítica ante Fonte: Junta de Andalucía. Consejería de Educación El arte en su conjunto Otras manifestaciones culturales El empleo de recursos propios de la expresión artística Participar en la vida cultural El interés por Desarrollar la capacidad estética y creadora Contribuir en la conservación del patrimonio cultural y artístico

49 Objetivo de la enseñanza obligatoria
7. Competencia para aprender a aprender Habilidad para iniciarse en el aprendizaje y ser capaz de continuar aprendiendo de manera cada vez más eficaz y autónoma de acuerdo a los propios objetivos y necesidades. Objetivo de la enseñanza obligatoria Fonte: Junta de Andalucía. Consejería de Educación Tener la capacidad de cooperar con los demás y autoevaluarse Tener el control y gestión de las propias capacidades y conocimientos Manejar de forma eficiente recursos y técnicas de trabajo individual Desarrollando todos los supuestos y habilidades de la competencia A través de experiencias de aprendizaje conscientes y gratificantes

50 Objetivo final de la enseñanza obligatoria
8. Autonomía e iniciativa personal Conjunto de valores y actitudes tales como responsabilidad, perseverancia, autoestima, control emocional, creatividad, calcular riesgos, afrontar problemas, elegir con criterio, etc. Objetivo final de la enseñanza obligatoria SER CAPAZ DE Imaginar Emprender Desarrollar Evaluar Fonte: Junta de Andalucía. Consejería de Educación Acciones y Proyectos Individuales y colectivos con Creatividad Confianza Responsabilidad Sentido crítico

51 Competencias básicas e materias
ESO CC. Natureza CC. Sociais, Xª e Historia Educación Física para a Cidadanía Educación Plástica e Visual Informática Latín Lingua Castelá e Literatura Lingua Estranxeira Matemáticas Música Tecnoloxía Comunicación lingüística Matemática Coñecem. e interacción mundo físico Tratamento inf. e comp. Dixital Social e cidadá Cultural e artística Aprender a aprender Autonomía e iniciativa persoal


Descargar ppt "NOVAS FORMAS DE PENSAR, DE SENTIR E DE ACTUAR"

Presentaciones similares


Anuncios Google