Historia dunha castaña

Slides:



Advertisements
Presentaciones similares
FLORENCE NIGHTINGALE 17/03/2017.
Advertisements

O CICLO DA AUGA.
CAMBIO CLIMATICO Responsabilidade compartida
A acuicultura.
Daniel Barbero Patiño Universität Leipzig
Feliz Nadal a todos os que comparten o desexo dun
PAREMOS O CAMBIO CLIMÁTICO!!!
A Febre Amarela.
A clonación e as células nai.
Traxedia dos comúns Cando facer o que é mellor para ti,
Normas de aula Educación en valores
1. OS RISCOS ELÉCTRICOS 2. O ESTRÉS 3. O BURN-OUT 4. O MOBBING
Historia do libro O libro é un conxunto de follas manuscritas ou imprimidas, cosidas ou encadernadas xuntas e que forman un volume ordenado para á súa.
PROXECTO LOVA ELECTRICIDADE.
CURTA HISTORIA... Charles Plumb, era piloto dun bombardero na guerra de Vietnam. Despois de moitas misións de combate, o seu avión foi derribado por un.
VINCENT VAN GOGH
Traxedia dos comúns Cando facer o que é mellor para ti,
Oe mamá… teño unha pregunta Beatriz Pérez Conde
A CARGA DE TRABALLO.
A Narrativa dos anos 60 Nova Narrativa Galega.
Manifestación agrarista en Ribadavia (Ourense)
DINÁMICA TERRESTRE.
Manifestación agrarista en Ribadavia (Ourense)
APRENDENDO A LER PUBLICIDADE
Emilio Arias Consultor. Director de proxectos de Edan Xestión, s.l.
¿Por qué chorar mentres vou andando, se outros rín e non teñen pés?
A llama.
Erros máis comúns (2ª parte)
RISCOS ESPECÍFICOS OFICINAS
Falando do pasado: COPRETÉRITO
Aulas ABALAR.
Tertulia para NAIS E PAIS
Emilio Arias Consultor. Director de proxectos de Edan Xestión, s.l.
O león fraco Mon Daporta Cousiñas feitas na casa.
Traballo voz natura Traballo Traballo Voz Voz Natura Natura Traballo
Falando do pasado: COPRETÉRITO
Víctor Núñez Gómez Aldán Gay García Nacho Felpeto Criado
OS PROCESOS DA NUTRICIÓN NUNHA PLANTA
EMPRÉSTITOS E DEVOLUCIÓNS
INTRODUCCIÓN TAREFAS PROCESO AVALIACIÓN CONCLUSIÓN.
Emilio Arias Consultor. Director de proxectos de Edan Xestión, s.l.
CONTOS DA RATA LUÍSA No mar Mon Daporta.
O cabalo branco do demo:
A época dos navegantes Miniquest adaptada por José Otón Mallo
O morcego Roque.
Alumnado 3º Eso DO I.E.S aquis celenis
Enma Míguez Castelo. 1º ESO.
FRACASO ESCOLAR By Claudia García Marcos Begoña Besada Romero
PROXECTO PARA O ESTABLECEMENTO DA XORNADA MIXTA
A CORZA BRANCA IRIA FOLGUEIRA PIN LAURA MÉNDEZ LÓPEZ.
O MAGOSTO en Ourense..
Era unha vez unha competencia ...
¡ Ah...! ¡Se entre Amigos fóramos gansos!.
Os volcáns.
SISTEMAS DE VALORACION DAS EXISTENCIAS
O OURIZO CACHO.
O elefante asiático.
MATRIMONIO HOMOSEXUAL
O matrimonio homosexual.
unha bruxa horriblemente guapa
Cousas da rata Luisa.
Cousas da rata Luisa.
Nunha xunta de pais de familia de certa escola, a directora resaltaba o apoio que os pais deben darlle aos fillos.
A aparición da Santa compaña
SOÑEI CUN ANXO.
Como nos orientamos de día e de noite?
Ramón Piñeiro López Armea (Láncara ) 31de maio de 1915.
XXIV ENCONTRO ESTATAL DE ESCOLAS ASOCIADAS Á UNESCO. MELILLA-2011
A AVALIACIÓN NA EDUCACIÓN PRIMARIA
Límites e continuidade
Transcripción de la presentación:

Historia dunha castaña

A castaña vivía tranquila no seu ourizo no curuto do castiñeiro, escoitando os paxaros, as historias que traía o vento e as ensinanzas da árbore que a criaba. Pero aburríase naquel escuro. Era curiosa e quería ver.

E para ver tiña que abrir o ourizo no que estaba pechada. Pero como? E tivo unha idea: facer forza! Colleu aire. Fixo canta forza tiña contra as paredes… e, non sen tempo, conseguíuno. No bico do ourizo fúixose unha pequena regaña pola que entrou a luz e puido ver o ceo e as follas arroladas polo vento.

Conseguira un triunfo, pero non era abondo Conseguira un triunfo, pero non era abondo. Volveu empuxar e a regaña fíxose máis grande: xa entraba a calor do sol, xa se vían os paxaros e ata, de reollo, alá en baixo, o chan.

Pero non lle era suficiente, empurrou un pouco máis e, de súpeto, veuse no aire, e dando tombos entre ponlas e follas, foi parar ao chan.

Non lle doeu tanto o golpe, que non foi pequeno, como darse conta do que lle acababa de pasar. Estaba exposta aos perigos do mundo. Xa non tiña a protección do ourizo nin da altura. E empezou a pensar no seu futuro: levaría un paxaro no peteiro?... comería un rato?... un xabarín?…

o tempo pasaba amodiño e medraba o medo, mentras, a castaña, tentaba adiviñar canto tardaría o futuro en facerse realidade; cando, de repente, sentiu que a erguían no aire e logo todo se fixo escuro.

¡O futuro xa era presente. cal sería o final ¡O futuro xa era presente!. cal sería o final? sería rillada polo esquío que a agochara? iría polo mundo metida nun saco? para ser cocida, asada, ou convertida en calquera das cousas que se fan coas castañas, ou plantaríana para que fora unha árbore.

Logo dun anaco, decatouse de que non sentira nada extraño, só calor e escuridade , pero nada máis. Polo momento ningún dos terribles acasos se fixera realidade. O que non deixaba de ser unha grande sorte. Pero que lle pasara entonces?

Pois pasara que unha nena que paseaba polo souto descubrira brilando entre a herba “¡A primeira castaña do ano!”. Despois de collela, pensou en partila e rillala mentras continuaba o seu paseo, pero logo, volveuna mirar e meteuna no peto para ensinarlla, ao día seguinte, aos seus compañeiros da escola.

Pola mañán a castaña foi vista e admirada por todos os nenos e nenas da clase e, sen saber de quen foi a idea, acordaron plantala nunha maceta.

Tiveron a pacencia suficiente para regala con mimo e agardar ata que no medio da terra abrollou un gromo e nel, uns días máis tarde, a primeira folla, e logo a seguinte,

e outra, e outras… e o pequeno castiñeiro sigueu a medrar ata que o espacio do cacharro xa lle era insuficiente.

Undía transplantárono ao monte

onde co paso dos anos, e libre do lume e das enfermidades, se converteu nun rexo castiñeiro no que cada verán brilan ao sol os ourizos, que gardan castañas que escoitan a voz dos paxaros e do vento, e ulen o mundo, e aprenden moreas de historias

como esta que me contou unha castaña que atopei o outro día á que metín no peto e levei a escola e logo plantamos nun cacharro que estamos a regar con mimo.

fin