CONTOS DA RATA LUÍSA No mar Mon Daporta
No coche novo Luísa e familia foron á praia a pasar o día.
Montaron o toldo, botáronse crema e tomaron o sol deitados na area.
Enredaron na auga, patalexaron, nadaron e riron ata que cansaron.
Apañaron cunchas,
pillaron cangrexos,
xogaron ao fútbol
e armaron castelos.
E nunha lata de xoubas convertida en veleiro a familia dos ratos foi facer un cruceiro.
Co aire a favor foron mar adentro. Voa o seu barco nas ás do vento!
No mellor da viaxe picóuselle o mar e deron a volta para non naufragar.
De volta no porto respiran tranquilos. Que medo pasaron na lata metidos!
esperan que vos gusten estes seus contiños. Luísa, Roxelio e máis os ratiños esperan que vos gusten estes seus contiños. Abur!