Distribuir os números do 1 ao 9 entre os aneis olímpicos, de xeito que a suma dos números que hai en cada anel sexa sempre 13. 1 USC
2 Cada moucho no seu olivo, e sobran 2 mouchos. Tres mouchos en cada olivo, e sobran 2 olivos. ¿Cántos olivos hai? USC
Un recipiente está cheo de auga ata o borde Un recipiente está cheo de auga ata o borde. Nel flota un cacho de xeo de 999 gramos. Cando se derrita ¿cánta auga desbordará? Lembra que 1 litro de auga pesa 1kg, pero 1 litro de xeo só pesa 900 gramos. 3 USC
Os lados deste triángulo “case equilátero” miden 51, 52 e 53 cms Os lados deste triángulo “case equilátero” miden 51, 52 e 53 cms. ¿Cal é a súa área? 4 USC
Teño o dobre da edade que ti tiñas cando eu tiña a edade que ti tés. Cando ti teñas a edade que eu teño, entre os dous sumaremos 90 anos. Decir as edades. 5 USC
Adiviña as cifras que faltan nesta multiplicación. 6 USC
Lembra que a aceleración da caída é 9,8 m/s cada segundo. ©Magar. Faro de Vigo. A ponte de Rande mide 148 metros de altura. ¿A qué velocidade chega ó mar un obxecto que cae dende arriba de todo? Lembra que a aceleración da caída é 9,8 m/s cada segundo. 7 USC
Nunha clase hai 60 estudiantes Nunha clase hai 60 estudiantes. O 60% das nenas e o 80% dos nenos son de Vigo. Se sabemos que o 75% dos estudiantes son de Vigo, ¿cántas nenas hai na clase? 8 USC
As páxinas dun libro están numeradas a partir do 1 As páxinas dun libro están numeradas a partir do 1. A máquina que numera as páxinas indica que se usaron 402 cifras. ¿Cántas páxinas ten o libro? 9 USC
Unha persoa de 2m de alta pasa de noite baixo un farol de 3m Unha persoa de 2m de alta pasa de noite baixo un farol de 3m. Se a persoa vai andando a 4km/h, ¿a qué velocidade vai medrando a súa sombra? 10 USC
Un poliedro en forma de balón de fútbol está formado por 12 pentágonos regulares e 20 hexágonos regulares. ¿Cántos vértices ten o poliedro? ¿Cántas aristas? 11 USC
¿Es ti capaz de resolvela? Liámonos na Facultade de Matemáticas e apareceunos esta impresionante ecuación. ¿Es ti capaz de resolvela? 12 USC