La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

Cousas da rata Luisa.

Presentaciones similares


Presentación del tema: "Cousas da rata Luisa."— Transcripción de la presentación:

1 Cousas da rata Luisa

2 PAN

3 Desde que lles dou polo aquel da cociña,
andan a argallar cousas novas cada día. Facemos unha torta?... un guiso?... un polo asado?... peixe ao forno?... un cocido?... pasteis?... xeado?...

4 E Luisa que tampouco os quere desanimar,
díxolles que un día iban a facer pan.

5 E desde que llo dixo levan agardando
que sexa ese día que nunca da chegado.

6 Como insisten tanto, esta tarde Luisa,
dixo que, por fin, xa chegara o día

7 Como sempre dispoñen antes o material,
e logo prepáranse para traballar.

8 auga fariña sal levadura Teñen a fariña, a auga morna, a levadura,
o sal e o cacharro para facer a mestura.

9 Visten os mandís, lavan as mans,
e xa están listos para poder empezar.

10 Botan a fariña, co sal, no cacharro,
e xusto, no medio, cávanlle un burato.

11 Despois a levadura nunha pouca auga morna…
e logo a mestura no medio da poza

12 Xuntan a fariña, empezan a amasar.
Danlle unhas voltas… -Xa empeza a ligar.

13 Sácana do cunco, bótana na mesa,
e amásanna para que quede ben ligada, ben feita. Estiran, estruchan, esmagan, enrolan, apertan, estenden, apalpan e soban.

14 Ata que Luisa, que mira, di que poden parar:
-Xa está a masa feita… agora a levedar.

15 Deixan a masa dentro do cacharro
nun sitio morno e cuberta cun pano.

16 Luisa contoulles que ao levedar
a masa medraba e quérenno mirar, e para que non anden a destapala seguido usaron, esta vez, un cunco de vidro.

17 Enseguida se cansan de mirar e agardar.
- A masa non medra… Todo sigue igual!

18 -Todo vai moi ben. Deixádea estar.
Hai que darlle tempo… unha hora máis. -Aínda unha hora? –Que cousa máis lenta! - Mola enfariñarse… pero amola a espera.

19 Cando o tempo pasa… -Mamá ven miralo!
-Como agardemos máis vai saír do cacharro!

20 Luisa encende o forno, enfariña a mesa

21 Parte a masa en cachos e dalle a cada un súa peza.

22 E os nenos traballan, cada un o seu anaco,
para darlle a forma e o tamaño axeitado.

23 Mentras o forno quece, outra vez a agardar,
que o pan medre un pouco antes de o enfornar.

24 Cando o forno está a punto, meten o pan,
e toca, outra vez, volver a agardar.

25 Mentras o pan coce, recollen e limpan.
Vaia tarde pasaron enleados coa fariña!

26 Non foi facer biscoitos nin facer ensaladas,
pero tamén ten a súa cousa eso de enredar coa masa. E cando se aprende, se ensaia e se proba, pódese gozar moito facendo cousas novas.

27 Pódensenlle dar formas…

28 engadir detalles,… e pódese facer pan de moitismas clases.

29 De trigo, de millo, de mesturas, de centeo, de arroz, de cebada…

30 e con cousas no medio.

31 E botarlle sementes, e noces, e pasas, allo, cebola, pipas, sésamo, cabaza…

32 E facelo branco, moreno, integral, refinado,

33 con ovo, manteiga, con leite, anisado… Faise con tantas cousas, de tantas maneiras… que cada un pode facer pan case co que queira!

34 E cando viron cocidos os pans que fixeran
Pareceulles moi ben todo o que aprenderan.

35 Co pan que amasaron, tan fresco, aínda quentiño,
os ratos fixeron cadanseu bocadillo. QUE LLES APROVEITE!!

36 fin As fotografías son collidas da Internet.
Agradézolloe aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta


Descargar ppt "Cousas da rata Luisa."

Presentaciones similares


Anuncios Google