La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

PROXECTO DRAGAL Loli Cid Cid. PROXECTO DRAGAL Loli Cid Cid.

Presentaciones similares


Presentación del tema: "PROXECTO DRAGAL Loli Cid Cid. PROXECTO DRAGAL Loli Cid Cid."— Transcripción de la presentación:

1

2 PROXECTO DRAGAL Loli Cid Cid

3 Como nace o Proxecto Dragal?
Pola curiosidade que espertou en min o alumnado do IES de Mos. Que demandaban un e outro libro da saga de Dragal con tantas ganas de ler que eu tamén quixen ler. Despois de ler o libro a sorpresa foi que agochado detrás dunha historia fantástica atopei un enorme tesouro xa que se podía poñer en valor o noso patrimonio cultural material e inmaterial. Pareceume unha oportunidade única para mergullar ao alumnado na historia e na cultura de Galicia. Eu quería que fose un traballo cun forte compoñente dinamizador, polo que as actividades tiñan que fomentan o uso oral da lingua galega, ferramenta de intercambio e obtención de información, así como a combinación de actividades colaborativas de tipo lúdico e interactivas, porque o uso das novas tecnoloxías paréceme fundamental para conectar a xente nova coa nosa lingua.

4 Como se pon en marcha? A escritora Elena Gallego, viu as unidades didácticas no meu blog e ela púxose en contacto comigo. Ela tiña falado coa empresa de audiovisual Ficción Producciones para desenvolver todo un proxecto de cine, videoxogo e cómic interactivo sobre Dragal. Sentados os tres a falar deciuse comezar por desenvolver o proxecto educativo a través dunha web ou wiki I / wiki II no que todos os participantes puideran compartir e traballar a un tempo. Por último, fomos a Secretaría Xeral de Política lingüística e alí estaban o secretario, Valentín, e Xulia, a alma do proxecto, porque creu e ilusionouse co proxecto dende o comezo e fixo posible que botara a andar no curso

5 Destinatarios Alumnado de 1º e sobre todo 2º da ESO de centros de toda Galicia

6 Contidos *A literatura fantástica: O mundo dos dragóns. A novela Dragal. *Historia de Galicia: orixe. *A arte románica. *Cristianismo e paganismo. *A cultura popular galega: lendas e mitos. *A simboloxía. *A alquimia. *Onomástica: o significado dos nomes. *A adolescencia e o acoso escolar. *Valoración positiva da lingua galega *Autoesixencia e valoración no uso da lingua galega. *Valoración da riqueza cultural propia de Galicia. *Respecto polo medio e as manifestacións artísticas que nos rodean. *Uso racional das redes sociais como medio para intercambiar información ou participar en actividades colectivas. *Interese por adquirir e usar dun xeito progresivo un léxico persoal cada vez máis amplo e preciso, descubrindo así o potencial expresivo da lingua galega. *Manifestación de xuízo crítico ante os casos de desigualdade que se manifestan na sociedade en que vivimos.

7 Obxectivos *Transmitir unha imaxe positiva e actual da lingua galega ao relacionala con temáticas de interese para a mocidade e coas Tics. *Gozar coa lectura de historias fantásticas en lingua galega. *Valorar a tradición literaria e popular desta temática en Galicia. *Estimar os principais aspectos históricos e culturais de Galicia que aparecen como pano de fondo da trama. *Intercambiar información sobre diferentes aspectos da novela dentro da aula cos compañeiros/as e profesor/a, pero tamén a través da rede co alumnado doutros lugares de Galicia para compartir experiencias lectoras e achados. *Empregar as novas tecnoloxías para crear mensaxes orais e escritas en lingua galega ou resolver cuestións relacionadas coa novela. *Respectar as distintas manifestacións culturais e relixiosas. Identificar os trazos característicos da adolescencia. *Respectar as persoas que forman parte dun grupo malia a heteroxeneidade.

8 Forma de traballo Partimos da idea dun proxecto aberto, dinamizador, flexible e interdisciplinar, que permite a interacción dos participantes, non só entre eles, senón co medio e o profesorado de diferentes áreas: A Biblioteca O profesorado de Plástica, para ambientación do centro, para explicarlles a técnica do retrato, da caricatura e os trazos do cómic; O profesorado de Xeografía e Historia, para que nos familiaricen coa arte románica, nos aclare cal é a orixe do pobo galego e nos digan o por qué da cristianización de mitos pagáns; O profesor de matemáticas traballa co Geogebra o deseño de rosetóns románicos a través de cálculos aritméticos. O profesorado de Tecnoloxía, para amosar cal é o funcionamento das redes sociais, dun foro e como se edita un wiki; O profesorado de Educación Física na saída didáctica ao Pico Sacro e a realización da xincana; O departamento de Orientación, para desenvolver un obradoiro sobre a adolescencia e o acoso escolar.

9 Forma de traballo O alumnado introdúcese no xogo de rol da Fraternidade do Dragón e debemos explicarlles que dende o momento da presentación das actividades convertiranse nos cabaleiros e donas de Dragal. Os dragaliños/as estarán guiados en todo momento polo/a gran mestre/a, o seu profesorado, para manter viva a maxia do dragón galego. Para iso deben dragalizar o seu centro para convertelo no verdadeiro fogar do dragón e ir creando a indumentaria e os estandartes e armas que os levarán ao gran encontro no fogar do dragón galego. Aquí medirán a súa sabiduría cos participantes doutros centros para conseguir de forma colaborativa unha pezada peza clave na historia de Hadrián e Dragal.

10 Cronoloxía 2016 1 aval. 2.ª avaliación 3.ª avaliación Antes da lectura 1-4 Comeza a ler… Coa lectura feita (análise + creación) (a investigación)  lectura 3 contido elementos da narración Crea- ción Galicia máxica Xogo de Rol localizaci ón dicionario 5 Competi-ción de dragali´-ños 6 temática 7  final á carta 9  espazos máxicos 8 saída ao Pico Sacro 13 Google map 12  cómic 10  detectives de lendas (8) Contacontos 11 AMBIENTACIÓN DO CENTRO E ELABORACIÓN DO MATERIAL PARA O XOGO DE ROL

11 As actividades: Antes de ler o libro
1. O profesor ou profesora (1 sesión. Aula) Preséntalle o libro ao alumnado a partir dunha imaxe da portada proxectada no encerado dixital (ou coa novela na man) e pregúntalles: Que vos suxire a portada? Coñecedes outras historias ou lendas de dragóns e serpes? Lestes outros libros de dragóns? E de literatura fantástica? Vistes algunha película de dragóns? Proxectamos o booktrailer da triloxía para ver se se corresponde co que agardaba o alumnado.

12 As actividades: Antes de ler o libro
2. O docente explica en que consiste o traballo sobre o libro.   Tempo de lectura: primeira avaliación ou Nadal. AVALIACIÓN: Cuestionario para buscar OS SABIOS (cuestionario/xogo). Ambientacion: “dragalizar” o centro para buscarmos OS MESTRES DE ARTES: Debemos recrear espazos, personaxes ou pasaxes da novela que nos gustasen máis para conseguir transmitir o espírito da maxia do dragón. Tamén debemos elaborar os estandartes, armas e escudos da nosa fraternidade de cara á actividade de xogo de rol final. Detectives de lendas e da mellor igrexa románica. Debemos conseguir igrexas do mesmo estilo que a da nosa novela e lendas semellantes á da Poza da Moura. Xogo de rol no Pico Sacro. 3. Comeza a lectura en voz alta na clase despois de escoitar a pasaxe que máis lle gusta á escritora.

13 As actividades: Antes de ler o libro
4. PRESENTÁMONOS. (1 sesión aula/ Fóra aula/ Co profesorado de tecnoloxía) Cada centro grava un vídeo de presentación duns poucos minutos para que os demais centros que participan no proxecto saiban en que lugar de Galicia se atopan. A escritora grava o seu vídeo de presentación para animar os/as rapaces e rapazas á lectura e para citalos ao encontro no Pico Sacro.

14 As actividades: coa lectura feita
5. O DICIONARIO. Consulta o dicionario de Dragal para coñecer as palabras que te sorprenden na lectura. Actividade para despois da lectura. Podemos propoñer ao alumnado a clasificación do léxico en campos semánticos que se indican para ver a riqueza léxica da novela: cores, medidas, espeleoloxía, formas do terreo, árbores, etc. Tamén se pode trallar a cohesión léxica analizando a substitución por sinonimia ou por expresións metafóricas.

15 As actividades: coa lectura feita 6. COMPETICIÓN DE DRAGALIÑOS:
Os membros da Fraternidade deberán demostrar que todos poden ocupar o posto de Sabios no xogo de rol e para iso teñen que pasar unha pequena proba que demostre o atentos/as que estiveron na lectura da novela. FORMULARIO XOGOS

16 As actividades: coa lectura feita
7. Falar dos temas da novela partindo de pequenos fragmentos que o docente seleccionou e poñendo en valor o patrimonio inmaterial: lendas, celtas, románico, cristianización, onomástica e reparando nun dos problemas centrais da novela: o acoso escolar. Necesitamos a colaboración do departamento de Orientación que organiza unha sesión na que fala do acoso escolar e da adolescencia. E tamén colaboración do profesorado de Historia, que neste momento do curso está explicando a Idade Media e a arte Románica. Organizar unha visita guiada en colaboración con este departamento.

17 As actividades: coa lectura feita
8. EXPLORADORES DO PATRIMONIO MATERIAL E INMATERIAL. Buscaremos, en primeiro lugar, restos de construcións relixiosas na contorna do centro e no lugar onde viven os alumnos/as. Tiraremos fotos que compartiremos cos demais membros da fraternidade. A procura de mostras de patrimonio material pode facerse en grande grupo se consegue artellarse a saída didáctica ou senón de forma individual ou por parellas fóra do horario lectivo.

18 As actividades: coa lectura feita
8. EXPLORADORES DO PATRIMONIO MATERIAL E INMATERIAL. A partir do achádego da Poza da Moura, e con este punto como referencia, o/a alumno/a pasará a investigar e converterase nun detective de lendas (Seleccionaremos informantes (persoas maiores) da zona que nos poidan contar historias de dragóns, serpes, mouros e mouras, covas ou pozas encantadas e gravaremos coa axuda dunha cámara ou dun móbil (son ou vídeo) para logo compartirmos no googlemap.

19 As actividades: coa lectura feita 9. FINAL Á CARTA.
Agora ti es o/a escritor/a e mergúllaste no final da novela para escribir outro diferente. Deixa voar a imaxinación e continúa 10 liñas máis. Coma nun soño, o dragón lembrou a conversa que aqueles dous humanos mantiveran. A femia prometéralle comida e sería daquela, coa única testemuña das luces do crepúsculo, cando tivese lugar o novo sacrificio.

20 As actividades: coa lectura feita 10. CÓMIC.
Aquel/a que sexa verdadeiro/a mestre/mestra de artes converterá en cómic os momentos máis importantes da historia de Dragal. Posibilidade de facelo de xeito colaborativo e escoller as secuencias máis importantes da novela e repartir unha viñeta para que debuxe cada centros dos que participan no proxecto.

21 As actividades: coa lectura feita 11. CONTACONTOS.
Esta actividade completarase cun contacontos de lendas. Pode ser cun profesional, por exemplo César Cambeiro, co traballo Tradición 2.0. Pode completarse cunha sesión na que algún familiar da rapazada veña contar tamén as súas lendas ou contos.

22 As actividades: coa lectura feita 12. GOOGLEMAP.
Os dragaliños crean un mapa en Google que recolle todos os lugares máxicos de Galicia que descubriron, todas as igrexas románicas que visitaron e as lendas. Poden facer un mapa novo ou tomar o mapa dos vídeos de presentación. Tamén localizaremos no mapa o Pico Sacro.

23 As actividades: coa lectura feita 13 O PICO SACRO.
VIAXE AO FOGAR DO DRAGÓN. Saída didáctica ao Pico Sacro. Acudirá todo o alumnado da Fraternidade do Dragón para visitar a zona e realizar un xogo de rol que desenvolve unha empresa de tempo libre. E ao remate poderán falar coa escritora e recibir da súa man un pequeno recoñecemento ao traballo de todo o curso.

24 Conclusión Esta presa de actividades comezaron sendo un proxecto de dinamización da lectura. Mais, andado o tempo, e grazas á coordinación com Xulia dende a Secretaría e ao esforzo dos docentes, rematou por se converter nun proxecto interdisciplinar no que participa dragliños/as de diferente natureza pero co obxectivo común de poñer en valor a lingua e a cultura galega entre os adolescentes partindo dunha historia fantástica que escribe Elena Gallego Abad.

25 Conclusión O desenvolvemento das actividades propostas serven para espertar no alumnado unha certa curiosidade por investigar temas que nun principio eran descoñecidos para eles. Tamén fomentamos o traballo en grupo, a valoración crítica de resultados propios e alleos e o respecto dos diferentes puntos de vista. E sempre ofrecendo a posibilidade de traballar nun medio que para eles é demasiado familiar, a internet.

26 Conclusión A lectura da novela en realidade será o pretexto para que gocen e beban na súa propia cultura e coñezan de preto a realidade, os tesouros máxicos, o patrimonio material e inmaterial que os rodean.

27 Grazas polo voso tempo e por terdes vido a este encontro.
Grazas a Carlos por convidarme. Grazas a Xulia polas horas de traballo ao meu carón e por crer no mesmo soño ca min, a educación . Grazas a Elena Gallego por ter lido as miñas UD e reparar nelas. Grazas a todos os que fan fosible o proxecto dende calquera punto de vista.


Descargar ppt "PROXECTO DRAGAL Loli Cid Cid. PROXECTO DRAGAL Loli Cid Cid."

Presentaciones similares


Anuncios Google