TEMA 6: A REPRODUCIÓN HUMANA

Slides:



Advertisements
Presentaciones similares
1.- LOS CARACTERES SEXUALES 3.- EL APARATO REPRODUCTOR FEMENINO
Advertisements

LA FUNCIÓN DE REPRODUCCIÓN
UNIDAD 2 La función de reproducción en los seres humanos
TEMA 7. LA REPRODUCCIÓN. INDICE 1.La reproducción en los seres humanos 2.De la infancia a la edad adulta 3.Los aparatos reproductores 4.Las células reproductoras.
Tema 11 Reproducción animal. 1. Reproducción asexual Producción de individuos genéticamente idénticos. Por gemación: esponjas Por escisión: estrellas.
Explorando el Sistema Reproductor Masculino
Sistema Reproductor. Prof. María Alicia Bravo. Colegio Senda Nueva - Chile – ( 56-2 ) – /
El sistema reproductor femenino. ¿ Qué estructuras conforman el Sist. Rep. Femenino ? El sistema reproductor femenino incluye a los órganos productores.
REPRODUCCIÓN. La reproducción es un proceso biológico que permite la creación de nuevos organismos, siendo una característica común de todas las formas.
Aparato reproductor femenino I
FORMAS DE REPRODUCCIÓN A ASEXUADA SEXUADA. ¿QUÉ CARACRERIZA A ESTAS FORMAS DE REP. ASEXUADA?
Trabajo Ciencias Naturales El desarrollo de los seres vivos
LA REPRODUCCIÓN HUMANA MARTA RUIZ Y CRISTINA LÁZARO.
Reproducción, inmunidad y salud Blanca Torreira 3ºB.
PPTCES008CB31-A16V1 Clase Aparato reproductor masculino, hormonas y sexualidad.
LA REPRODUCCIÓN Alba Polo García. Aparato reproductor femenino.
Sistema Reproductor Femenino y Masculino
Natural sciences 6 3 UNIT.
EDUCACION PARA LA SALUD
EL APARATO REPRODUCTOR
Fecundación y gestación Mellizos, gemelos y siameses
Ciencias Naturales 8vo grado.
Aparatos reproductores
Aparato Reproductor Femenino
LA REPRODUCCIÓN.
Aparato Reproductor Masculino
El sistema reproductor humano
Desarrollo Embrionario II parte
Introducción: A:INFORMATICA B:SISTEMA RESPIRATORIO C:SISTEMA DIGESTIVO D:SISTEMA ENDOCRINO APARATOS.
UT 7. REPRODUCCIÓN II
HORMONAS Y REPRODUCCIÓN
Unidad n°4 Sexualidad humana
ANATOMÍA Y FISIOLOGÍA DEL APARATO REPRODUCTOR
APARATO GENITAL MASCULINO Y FEMENINO
Aparato reproductor femenino
Determinación sexual en los seres humanos.
Etapas del embarazo.
Ciclo Menstrual.
Viviendo la Adolescencia
LA FUNCIÓN DE REPRODUCCIÓN
Unidad IV: Sexualidad Humana, consumo de drogas y autocuidado
SISTEMAS REPRODUCTORES Y LA GAMETOGÉNESIS
Sistema Reproductor..
Objetivos Contenidos Procedimiento Valore y aptitudes
Aparato reproductor femenino
6º de Primaria.
EL APARATO REPRODUCTOR
AS FUNCIÓNS DOS SERES VIVOS III: A REPRODUCIÓN
Ciclo Reproductivo de Moluscos Bivalvos
Diseño: Q. Adán Valenzuela Olaje
Unidad N°2: “Sexualidad y responsabilidad”.
Diseño: Q. Adán Valenzuela Olaje
A clonación e as células nai.
DESARROLLO EMBRIONARIO
Aparato Reproductor Femenino
Pubertad, una etapa de cambios
Pubertad, una etapa de cambios
Isabel Rodríguez Sánchez
Unidad N°2: “Sexualidad y responsabilidad”.
As 7 ferramentas básicas de control da calidade
FECUNDACIÓN Y CONCEPCIÓN DE UN SER HUMANO
Gameto Femenino:Pág.82 y 83.
Sistema Reproductor Masculino , Femenino y Hormonas
SISTEMA ENDOCRINO.
Os volcáns.
A RESPIRACIÓN EN VERTEBRADOS
Especialización Celular
Proceso de reproducción
Transcripción de la presentación:

TEMA 6: A REPRODUCIÓN HUMANA

1.- SEXUALIDADE E REPRODUCIÓN HUMANA 1.1.- A REPRODUCIÓN HUMANA A reprodución humana é sexual, únense dúas células reproductoras (gametos) procedentes de individuos de diferentes sexos e forman unha única célula (cigoto) a partir do cal se desenvolve un novo individuo.

Os gametos orixínanse nos órganos reprodutores, denominados gónadas, que forman parte do aparato reprodutor. As gónadas masculinas son os testículos e os gametos que producen son os espermatozoides. As gónadas femininas son os ovarios e os gametos que producen son os óvulos.

A reprodución comprende os seguintes pasos: A produción de gametos (gametoxénese) A fecundación O desenvolvemento do cigoto O parto ou nacemento 5. O desenvolvemento do individuo.

Sexo e sexualidade: O sexo dun individuo é unha condición biolóxica que vén determinada polas gónadas que posúa. A sexualidade é o conxunto de condicións anatómicas, fisiolóxicas e psicolóxicas que caracterizan cada sexo, e representa unha serie de fenómenos emocionais e de conduta relacionados co sexo.

Os humanos somos seres sexuados, pois presentamos unhas características biolóxicas e fisiolóxicas que nos dan unha determinada identidade sexual. Como seres sexuados as persoas presentan desexos sexuais. Ese impulso sexual denomínase líbido. Pero cada persoa vive a súa sexualidade de xeito diferente e esta vai evolucionando nas distintas etapas da vida. O contacto sexual entre 2 persoas: relación sexual As relacións sexuais poden ser: Heterosexuais: persoas de distinto sexo Homosexuais: persoas do mesmo sexo

A reprodución e a sexualidade son dous conceptos diferentes. A reprodución realízase, xeralmente, a través da sexualidade e a súa finalidade é a procreación.

1.2.- OS CAMBIOS CARA A MADUREZ SEXUAL A reprodución só pode realizarse se os órganos sexuais están completamente desenvolvidos. Desde o momento en que nacemos ata que somos adultos pasamos por varias etapas: Infancia Puberdade Adolescencia Adultos.

Infancia. Os caracteres sexuais primarios. Ao nacer os meniños/as xa teñen formado o seu aparello reprodutor, tanto as súas partes internas como as externas: Nenos: pene e escroto Nenas: vulva. A presenza destes órganos reprodutores corresponde aos caracteres sexuais primarios.

Puberdade. Os caracteres sexuais secundarios. Entre os 10 e 14 anos (puberdade) prodúcese a maduración dos órganos sexuais. Nas rapazas ten lugar a primeira menstruación Nos rapaces comeza a produción de espermatozoides.

Ao madurar os órganos reprodutores producen hormonas que provocan a aparición dos caracteres sexuais secundarios que aumentan máis as diferenzas entre rapazas e rapaces : Nas rapazas: crecen os peitos, ensanchan as cadeiras e aparece pelo nas axilas e na pube Nos rapaces: aumenta o grosor dos ósos e a masa muscular, a voz faise máis grave, aparece a barba e pelo na pube e nas axila.

Adolescencia. A madurez sexual Mentres se desenvolven os caracteres sexuais secundarios, as persoas sufren cambios psicolóxicos de afirmación da personalidade, necesidade de independencia, de exploración dos sentimentos... Esta etapa coñécese como adolescencia e ao chegar a ela o organismo xa está preparado para a reprodución.

Idade adulta. A fin do desenvolvemento Pasada a adolescencia chega a idade adulta (20-25 anos). Nos países en vías de desenvolvemento as mulleres teñen fillos antes de chegar a esta idade. Nos países desenvolvidos as mulleres non adoitan ter fillos antes da idade adulta.

2.- O APARATO REPRODUTOR MASCULINO O aparato reprodutor masculino fabrica espermatozoides (gametos masculinos) deposítaos no aparato reprodutor femenino e sintetiza as hormonaws sexuais masculinas: testosterona

O aparato reprodutor masculino está formado por: Os testículos O epidídimo Os condutos deferentes As glándulas anexas O pene

Os testículos: Son dúas glándulas situadas nunha bolsa de pel chamada escroto. Están formados por condutos diminutos chamados túbulos seminíferos.

Os testículos producen testosterona e, a partir da puberdade, espermatozoides. Os espermatozoides acabados de formar son infértiles e carecen de mobilidade, ainda que teñen a súa forma típica xa formada.

O epidídimo: Almacena os espermatozoides mentres estes maduran, é dicir, mentres se volven fértiles e adquiren mobilidade.

Os condutos deferentes: Comunican o epidídimo coa uretra (o conduto que parte da vexiga urinaria e desemboca no exterior).

As glándulas anexas: Fabrican secrecións que, xunto cos espermatozoides formano seme. Estas glándulas son: As vesículas seminais A próstata As glándulas de Cowper

As vesículas seminais están situadas detrás da vexiga urinaria e desembocan no doncuto deferente. Producen o 60% do líquido seminal que lles permite aos espermatozoides, nutrirse, protexerse e desplazarse. A próstata ten forma de castaña e atópase unida á vexiga urinaria e á uretra. Segrega un líquido blanco cuxa función é estimular o movemento dos espermatozoides. As glándulas de Cowper desembocan na uretra, e localízanse debaixo da próstata. Secretan un líquido alcalino que lubrica e neutraliza a acidez da urtetra antes do paso do seme na exaculación.

O pene: Está formado por un tecido eréctil que cando se enche de sangue rovoca a súa erección. O seu extremo ou glande está protexido por un repregamento de pel denominado prepucio. A súa función é depositar os espermatozoides no aparato reproductor feminino.

2.2.- OS ESPERMATOZOIDES Os esperamatozoides ou gametos masculinos son células pequenas e móbiles cuxa función e transportar a información hereditaria do proxenitor paterno.

Nos espermatozoides distinguimos: A cabeza: contén o núcleo celular onde se atopa o material xenético A peza intermedia: cuxas abundantes mitocondrias producen a enerxía necesaria para o movemento. A cola, que ten un flaxelo mediante o cal se despraza.

2.3.- A FORMACIÓN DOS ESPERMATOZOIDES. A formación dos espermatozoides ou espermatoxénese ten lugar nos túbulos seminíferos. Entre estes atópanse unhas células intersticiais que segregan testosterona. Nas paredes dos tubos localízanse as células xerminais que se multiplican contínuamente.

A medida que se multiplican as células vanse desprazando cara á luz do tubo e van madurando ata convertérense en espermatozoides. O proceso iníciase na puberdade por acción das hormonas masculinas e dura todo o resto da vida.

FASES DA ESPERMATOXÉNSE: 1.- Fase de multiplicación: As espermatogonias situadas na parede dos túbulos seminíferos divídense e orixinan máis espermatogonias. 2.- Fase de crecemento: As espermatogonias aumentan de tamaño e convírtense en espermatocitos.

Fase de maduración: Cada espermatocito sofre unha meiose e orixina 4 espermátidas coa metade de cromosomas que as inciais. Fase de diferenciación: As espermátidas experimentan transformacións ata convertirse en espermatozoides.

3.- O APARATO REPRODUTOR FEMININO Realiza as seguintes funcións: Fabrica os gametos femininos (óvulos) Proporciona o lugar adecuado para a fecundación e o desenvolvemento dun novo ser. Sintetiza hormonas sexuais femininas (estróxenos e proxesterona)

O aparato reprodutor feminino está formado por: Os ovarios As vías xenitais As trompas de falopio O útero ou matriz A vaxina Os xenitais externos (vulva)

Os ovarios: Son dúas glándulas situadas na parte inferior da cavidade abdominal aos lados do útero. Teñen forma ovoide e son do tamaño dunha améndoa Producen óvulos e hormonas sexuais femininas (estróxenos e proxesterona)

As vías xenitais: As trompas de falopio: Dous condutos que comunican cada ovario co útero A súa función é recoller os óvulos que liberan os ovarios e levalos ao útero. Nelas prodúcese a fecundación.

O útero ou matriz: É un órgano musculoso e oco en cuxo interior se desenvolve o embrión. Na súa parte superior, desembocan as trompas de Falopio e a súa parte inferior chamada colo uterino comunícase coa vaxina.

A vaxina: É un conduto elástico que comunica o útero co exterior. Nela deposítanse os espermatozoides.

Os xenitais externos ou vulva: Formados polos labios (maiores e menores) que son repregamentos da pel. Os labios menores rodean os orificio da vaxina e da uretra. E polo clítoris.

3.2.- OS ÓVULOS Os óvulos ou gametos femininos son células grandes, esféricas e inmóbiles que conteñen a información hereditaria materna. Neles diferénciase: O núcleo: contén a información hereditaria O citoplasma: con reservas nutritivas e 3 membranas: vitelina, pelúcida, corona radiata.

3.3.- A FORMACIÓN DOS ÓVULOS A formación dos óvulos ou ovoxénese ten lugar nos ovarios en 2 etapas: Primeira etapa: Prodúcese cando a muller é aínda un embrión e está dentro do ventre materno. Nesta etapa orixínanse óvulos inmaturos que se rodean doutras células e forman unha estrutura chamada folículo. Os folículos, cos óvulos inmaturos no seu interior deteñen o seu desenvolvemento ata que a muller alcanza a puberdade.

Segunda etapa: Prodúcese a partir da puberdade, aproximadamente cada 28 días. Nesta etapa un folículo crece, e o óvulo que hai no seu interior madura e sae do ovario: ovulación. As ovulacións repítense ao longo da vida da muller ata a chamada menopausa: cese da capacidade reprodutora feminina)

4.- OS CICLOS DO OVARIO E DO ÚTERO Durante os 28 días que dura o proceso de maduración do óvulo, no ovario e no útero prodúcese unha serie de cambios que se coñecen como os ciclos do ovario e do útero.

4.1.- O CICLO DO OVARIO E A OVULACIÓN O ciclo do ovario dura uns 28 días, e consta de dúas etapas: 1.- O crecemento do folículo: Crece durante 14 días. Nese momento prodúcese a ovulación: o folículo achégase á parede do ovario e libera o óvulo na trompa de Falopio.

2.- A formación do corpo lúteo Tras a ovulación, o resto do folículo transfórmase nunha masa de células de cor amarela chamada corpo lúteo. Se non hai fecundación este dexenera e iníciase un novo ciclo.

4.2.- O CICLO DO ÚTERO E A MENSTRUACIÓN O ciclo do útero é a transformación que sofre o endometrio (parede interna do útero). Paralelamente a este proceso prodúcese a maduración dun óvulo, para que se éste é fecudado, poida desenvolverse o embrión.

O ciclo do útero dura 28 días e consta de 3 fases: 1.- Prodúcese a menstruación. 2.- O endometrio rexenérase. 3.- O endometrio engrósase e vascularízase.

1.- Produción da menstruación: Ao inicio do ciclo, o endometrio groso e vascularizado despréndese e expúlsase a través da vaxina, xunto co sangue que hai nos seus capilares. Estas hemorraxias coñécense co nome de menstruación ou regra.

2.- O endometrio rexenérase: Á metade do ciclo, o endometrio que se perdera coa menstruación rexenérase. 3.- O endometrio engrósase e vascularízase: Deste xeito se o óvulo é fecundado pode desenvolverse o embrión. Se non, iníciase un novo ciclo (o endometrio expúlsase mediante a través da menstruación).

4.3.- A REGULACIÓN HORMONAL DOS CICLOS Os ciclos do ovario e do útero están regulados por hormonas: A FSH segregada pola hipófise estimula o crecemento dun folículo e a produción de estróxenos no ovario. Os estróxenos promoven o engrosamento do endometrio do útero e a secreción da hormona LH pola hipófise.

A hormona LH provoca a ovulación (día 14 do ciclo). Tras a ovulación o corpo lúteo segrega estróxenos e proxesterona que promoven o engrosamento do endometrio do útero e inhiben a secreción de hormonas pola hipófise. Esta inhibicion impide que crezan máis folículos e se liberen novos óvulos.

Se non hai fecundación o corpo lúteo dexenera, deixa de segregar hormonas e, o endometrio destrúese (produce a menstruación) e iníciase un novo ciclo.

5.- A FORMACIÓN DUN NOVO SER Tras a ovulación, o óvulo pode ser fecundado, co que se inicia a multiplicación e a diferenciación celular que da lugar a un novo ser. Neste período disntínguense 2 etapas: O desenvolvemento embrionario. O parto.

5.1.- O DESENVOLVEMENTO EMBRIONARIO O desenvolvemento embrionario é o período comprendido entre a fecundación e o parto. Dura aproximadamente 9 meses e nel ocorren: A fecundación As primeiras divisións do cigoto A implantación A formación da placenta e do amnio O desenvolvemento completo do embrión

Da fecundación á implantación 1.- A fecundación é a unión dun espermatozoide e un óvulo para formar unha nova célula: cigoto. Ocorre nas trompas de falopio.

2. - As primeiras divisións do cigoto 2.- As primeiras divisións do cigoto. Mentres vai descendendo cara ao útero, o cigoto comeza a multiplicarse, proceso que dá lugar ao embrión.

3.- A implantación. Cando o embrión chega ao útero, implántase, é dicir fíxase ao endometrio.

A formación da placenta e do amnio. Unha vez que o embrión se implantou, fórmanse 2 estruturas para protexelo e nutrilo: A placenta O amnio

A placenta é un órgano que conecta o embrión coa nai mediante o cordón umbilical. A través dela, a nai e o embrión intercambian substancias (nutrientes, refugallos...).

O amnio é unha bolsa chea de líquido amniótico, no que o embrión queda inmerso. A súa función é protexelo dos golpes.

O desenvolvemento completo do embrión No primeiro trimestre: Tras a multiplicación e especialización celular fórmanse os primeiros órganos do embrión que a partir da oitava semana se denomina feto.

No segundo trimestre: Osifícase o esqueleto, o feto adquire reflexos (tragar, chupar o dedo) e comeza a moverse

No terceiro trimestre: o feto aumenta de tamaño e de peso, e acaban de madurar os seus órganos e aparatos.

5.2.- O PARTO O parto é o proceso mediante o cal o novo ser é expulsado fóra da nai. Comprende 3 fases: 1.- Dilatación da parede do útero: o que provoca o seu ensanchamento 2.- A expulsión do feto: polas contraccións rítmicas e involuntarias da parede do útero. 3.- O nacemento ou expulsión da placenta e demais membranas que rodeaban o feto.

6.- A ESTERILIDADE. A REPRODUCIÓN ASISTIDA A esterilidade é a imposibilidade de ter fillos. A esterilidade pode corresponder ao home, á muller ou a ambos os dous e pode ser debida a diversas causas.

Causas da esterilidade masculina: Produción dun número insuficiente de espermatozoides. Espermatozoides con mobilidade reducida Factores anatómicos como a obstrución dos condutos deferentes que bloquean parcial ou totalmente a saída do seme.

Causas da esterilidade feminina Obstrucións nas trompas de Falopio. Trastornos na ovulación debido a desequilibrios hormonais. Problemas no útero que impiden a correcta implantación do embrión.

6.2.- A REPRODUCIÓN ASISTIDA Denomínase reprodución asistida a un conxunto de técnicas realizadas de forma artificial co fin de solucionar os problemas de esterilidade nas parellas. As técnicas máis empregadas son : A inseminación artificial A fecundación in vitro

A inseminación artificial consiste na introdución médica do seme, previamente tratado, no útero da muller. A fecundación prodúcese de forma natural. Preténdese acortar a distancia que separa o óvulo do espermatozoide e facilitar o encontro de ambos. Recúrrese á inseminación artificial cando hai algún impedimento fisiolóxico para a fecundación.

A fecundación in vitro é unha técnica que se desenvolve en tres etapas: 1.- Extracción de óvulos dos ovarios e de seme do varón 2.- Fecundación no laboratorio, dos óvulos obtidos cos espermatozoides do seme. 3.- Trasnferencia do embrión ao útero materno.

7.- COIDADO DO APARATO REPRODUTOR Para previr trastornos ou enfermidades dos órganos reprodutores débense ter en conta unha serie de hábitos saudables: Coidar a hixiene diaria Acudir ao médico sempre que se observe algunha alteración. As mulleres embarazadas deben seguir una alimentación equilibrada e evitar o tabaco e o alcohol.

FIN