La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

AS FUNCIÓNS DOS SERES VIVOS III: A REPRODUCIÓN

Presentaciones similares


Presentación del tema: "AS FUNCIÓNS DOS SERES VIVOS III: A REPRODUCIÓN"— Transcripción de la presentación:

1 AS FUNCIÓNS DOS SERES VIVOS III: A REPRODUCIÓN

2 FUNCIÓNS DE REPRODUCIÓN
A reprodución é o medio que lles permite aos seres vivos xerar individuos coas súas mesmas características e perpetuar así a especie. A REPRODUCIÓN NAS CÉLULAS: O CICLO CELULAR O conxunto de procesos que sofre unha célula desde que se forma (a partir doutra preexistente) ata que se reproduce, se denomina CICLO CELULAR En xeral un ciclo celular comprende 2 períodos: Interfase: período no que a célula medra e se prepara para dividirse. División celular: a célula se reproduce e xera 2 células fillas.

3 O CICLO CELULAR

4 O CICLO CELULAR INTERFASE: período que comprende desde que a célula se forma ata que vai iniciar a súa división. Presenta 3 fases: Fase G1: a célula que acaba de formarse medra e aumenta o nº de orgánulos celulares que contén. Fase S (de síntese): prodúcese a duplicación do ADN, de maneira que ao final da etapa a célula contén 2 copias do seu material xenético. Fase G2: etapa na que se sintetizan as estruturas necesarias para a división celular. DIVISIÓN CELULAR: período que comprende a mitose e a citocinese. Mitose ou cariocinese: consiste na div do núcleo. A partir dun núcleo dunha célula nai obtéñense 2 núcleos fillos co mesmo nº de cromosomas que o núcleo materno. Resultado da mitose: 1 célula nai 2 cél fillas xenéticamente idénticas e co mesmo nº de cromosomas que a célula nai (!!!) Citocinese: é a separación do citoplasma, que orixina finalmente 2 células fillas independentes. Ocorre de forma diferente en células animais e vexetais (debido á parede celulas destas últimas)

5 O CICLO CELULAR

6 FASES DA MITOSE PROFASE: Prodúcese a condensación da cromatina (cromosomas visibles): como xa se produciu a replicación durante a fase S, cada un está formado por 2 cromátidas irmáns, unidas polo centrómero. Comezan a separarse os centriolos ata que se sitúan nos polos opostos da célula. A medida que se separan van formando o fuso acromático (ou fuso mitótico) Desaparecen a mb nuclear e o nucleolo METAFASE: Os cromosomas acadan o grao máximo de condensación e sitúanse no ecuador da célula, formando a placa ecuatorial. Cada cromátida que forma un cromosoma queda orientada cara un polo. ANAFASE: As cromátidas irmáns inician unha lenta separación cara os polos opostos arrastradas polos microtúbulos e polo acortamento das fibras do fuso. TELOFASE: As cromátidas irmáns perden a súa condensación e volven ao seu estado de cromatina. Reaparecen a mb nuclear e o nucleolo

7 FASES DA MITOSE

8 FASES DA MITOSE

9 A citocinese: Unha vez están duplicados e separados os núcleos, ocorre a división do citoplasma (citocinese). En células animais: prodúcese un anel de actina que estrangula a célula. En células vexetais: fórmase un tabique no ecuador chamado fragmoplasto que divide a célula en 2.

10 Tipos de Reprodución nos organismos
A reprodución é o mecanismo polo cal os seres vivos son capaces de producir individuos coas súas mesmas características, perpetuando así a especie. Tipos de reprodución: Asexual: tipo de reprodución na que 1 único individuo produce descendentes idénticos a sí mesmo. As células dun individuo xeran, por mitose e posterior especialización das células fillas, descendentes idénticos ao proxenitor  clons. Sexual:Tipo de reprodución no que 2 individuos proporcionan características súas á descendencia, polo que se obteñen descendentes únicos con caracteres novos.

11 Tipos de reprodución asexual
Esporulación: o proceso reprodutor realízase a partir de 1 única célula parental (células especializadas: esporas), capaces de xerminar e orixinar novos individuos cando as condicións son favorables. Moi extendido en plantas e fungos. Escisión ou fragmentación: o proceso reprodutor realízase a partir de varias células pouco diferenciadas. É a rotura do organismo proxenitor nun ou varios fragmentos, cada un dos cales orixina un organismo completo. Ex: algas, briófitos, anélidos, etc. Xemación: o organismo proxenitor forma unha xema, que é un conxunto de células capaz de formar un individuo completo. Os novos individuos poden separase do parental e iniciar a súa vide independente, ou ben permanecer unidos e formar unha colonia. Ex: poríferos.

12

13 Vantaxes da reprodución asexual:
Non require estruturas corporais complexas nin especializadas. Permite aumentar rápidamente o nº de individuos da especie. É utilizada por organismos se mobilidade con dificultade para atopar organismos do sexo contrario.

14 Reprodución Sexual A reprodución sexual prodúcese pola unión de 2 células especializadas (gametos) que proceden de 2 proxenitores de sexos diferentes, para formar 1 única célula denominada cigoto. Na reprodución sexual, os mecanismos son moito máis complexos que na asexual No caso dos animais hermafroditas (portadores de 2 clases de gónadas) nunca se autofecundan: a fecundación é cruzada (lombrices de terra) ou cada individuo asume un sexo (caracois terrestres).

15 Fases da reprodución sexual:
Formación dos gametos:a partir dun grupo de células xerminais, nun proceso chamado gametoxénese. A formación dos gametos masculinos (espermatoxénese) produce espermatozoides nos animais(anterozoides en plantas e algas). A formación dos gametos femeninos (ooxénese) produce óvulos nos animais (oosferas en plantas e algas). Fusión dos gametos: é necesario que os gametos entren en contacto nun proceso chamado fecundación, que pode ocorrer no medio externo (fecundación externa, propia de animais acuáticos) ou no interior do organismo (fecundación interna, propia de animais terrestres). Tras a fecundación prodúcese a cariogamia (fusión dos núcleos) para formar unha célula chamada cigoto. Desenvolvemento do cigoto: o cigoto comeza a dividirse e pasa a chamarse embrión. Tras varias divisións celulares da orixe a un individuo completo con novos caracteres que son mestura dos 2 proxenitores.

16 A meiose: significado biolóxico
Nos organismos que presentan reprodución sexual, as células reprodutoras fórmanse mediante un mecanismo de reproducción celular chamado meiose. Na meiose, as células fillas resultantes teñen a metade de cromosomas que a célula da que proceden. Desta forma, compénsase o efecto da fecundación, que produciría a duplicación do nº de cromosomas en cada xeración.

17 A meiose ten un dobre significado biolóxico:
Reduce á metade o nº de cromosomas das células fillas: A partir de células diploides (2n=2 xogos de cromosomas)  obtéñense células haploides (n=1 único xogo de cromosomas). En resumo: 1 cél 2n  4 cél n Aumenta a variabilidade xenética: grazas a un proceso chamado SOBRECRUZAMENTO ou crossing-over intercambio de fragmentos de ADN entre CROMOSOMAS HOMÓLOGOS. A consecuencia xenética do sobrecruzamento é a aparición de novas combinacións de xenes debido ao intercambio de fragmentos entre un cromosoma de orixe paterna e o seu HOMÓLOGO de orixe materna. Este fenómeno se denomina RECOMBINACIÓN XÉNICA.

18 Cromosomas homólogos e cromátidas irmás
Cromosomas homólogos: codifican para o mesmo tipo de información xenética, pero ésta non ten porqué ser igual (ex: cor de ollos: marón, verde ou azul Cromátidas irmás: son resultado da duplicación do cromosoma na interfase. Teñen exactamente a mesma información xenética!!!(ex: color de ollos marrón)

19 FASES DA MEIOSE A meiose é un proceso que consta de 2 divisións sucesivas (1ª e 2ª división meiótica) sen duplicación de ADN entre elas. 1ª división meiótica (meiose I): É a fase máis longa e complexa da meiose. Nela se produce a redución á metade do nº de cromosomas (división reducional) PROFASE I: Fase máis longa da meiose I. os cromosomas homólogos aparéanse e se produce o sobrecruzamento, cuxo resultado é a recombinación xenética. METAFASE I: Os pares de cromosomas homólogos se sitúan no ecuador da célula. ANAFASE I: Cada cromosoma sepárase do seu homólogo e se dirixe a un polo da célula. TELOFASE I: Os cromosomas homólogos alcanzan os polos da célula. RESULTADO MEIOSE I: 1 CÉLULA 2n  2 CÉLULAS n (1 xogo de cromosomas, pero con cadansúa cromátida)

20

21 2ª división meiótica (meiose II):
É un proceso de división semellante a unha mitose, no que se separan as cromátidas irmás de cada cromosoma. O resultado é a formación de 4 células fillas haploides (n), coa metade de cromosomas que as que presentaba a célula nai. RESULTADO MEIOSE II: 1 CÉLULA 2n  meiose I:2 células n  meiose II: 4 CÉLULAS n

22 Meiose II: a interfase entre meioseI e II é moi breve e nela non se produce duplicación do ADN

23 MEIOSE I e II

24 MEIOSE I e II

25 Diferencia entre MITOSE E MEIOSE
1 cel 2n  2 cel 2n 1 cel 2n  4 cel n

26 Os ciclos biolóxicos Nos organismos con reprodución sexual, nalgún momento do seu ciclo vital, debe producirse a meiose. O momento da meiose non é sempre o mesmo, polo que se poden diferenciar distintos ciclos biolóxicos.

27 Ciclo HAPLONTE: o organismo é haploide (n) durante todo o ciclo, excepto na fase de cigoto. A meiose é cigótica (tras a formación do cigoto). Ex: protozoos, algas e fungos. Organismo haploide (n) forma gametos haploides (n) cigoto diploide (2n)  meiose cigótica!  orixina cél haploides (n) e se pecha o ciclo.

28 Ciclo DIPLONTE: o organismo é diploide (2n) durante todo o ciclo, excepto na fase de gameto. Meiosis gamética. Ex: animais e algúns protozoos e algas. Organismo diploide (2n) forma gametos haploides (n) forman cigoto diploide (2n)  mitose e diferenciación celular  individuo adulto (pecha o ciclo)

29 Ciclo DIPLOHAPLONTE: alterna unha xeneración diploide (denominada esporófito) cunha haploide (denominada gametófito). Meiose esporoxénica. Ex: plantas e algunhas algas e fungos. Organismo diploide (esporófito)  meiose  esporas haploides  mitoses  xerminan e forman individuos haploides (gametófito)  producen gametos por mitose  fusión cigoto diploide, que formará un novo individuo (esporófito) diploide.


Descargar ppt "AS FUNCIÓNS DOS SERES VIVOS III: A REPRODUCIÓN"

Presentaciones similares


Anuncios Google