APARATOS PARA A NUTRICIÓN (I): A DIXESTIÓN E A RESPIRACIÓN

Slides:



Advertisements
Presentaciones similares
1. Alimentos y nutrientes Alimentos y nutrientesAlimentos y nutrientes 2. Alimentación saludable 2.1. Tipos de alimentosTipos de alimentos 2.2. Necesidades.
Advertisements

DIGESTIVO Y RESPIRATORIO.
Funciones: - Proporcionar al organismo el oxígeno necesario para la LIBERACIÓN de la ENERGÍA contenida en los nutrientes (RESPIRACIÓN CELULAR AEROBICA)
Oxford University Press España, S.A. © PRESIONE LA BARRA ESPACIADORA PARA AVANZAR EN LOS CONTENIDOS EL APARATO DIGESTIVO boca glándula salival faringe.
Las personas y la salud I 1.La organización de la vidaLa organización de la vida 2.Los tejidosLos tejidos 3.Órganos y sistemas de órganosÓrganos y sistemas.
La alimentación y la digestión. La alimentación Los alimentos nos proporcionan las sustancias necesarias para crecer y la energía que necesitamos para.
Nombres: Macarena Inostroza Paulina Retamal Curso: 8ºA Asignatura: Ciencias naturales Profesora: Miriam Benavente.
VENTILACIÓN PULMONAR E INTERCAMBIO DE GASES MIGUEL H.
Anatomía y fisiología del Aparato Digestivo
¿Qué es el sistema digestivo? Es el conjunto de órganos encargados de la digestión y absorción de sustancias nutritivas FUNCIÓN: Transformar los alimentos.
EL APARATO DIGESTIVO. EL PROCESO DIGESTIVO El aparato digestivo es un largo tubo formado por distintos órganos. A través de ellos los alimentos realizan.
APARATOS. íNDICE ● ¿QUÉ SON LOS APARATOS? ● APARATO DIGESTIVO ● APARATO RESPIRATORIO ● APARATO EXCRETOR ● APARATO REPRODUCTOR ● APARATO CIRCULATORIO ●
 Conocer la anatomía y fisiología del Sistema Digestivo.  Conocer los órganos que interviene en la digestión  Describir la estructura y funcionamiento.
El aparato respiratorio
Sistema Respiratorio.
SISTEMA RESPIRATORIO INTRODUCCIÓN.
Profesor: Leticia Islas Vargas
El aparato digestivo.
El aparato excretor.
LA NUTRICIÓN HUMANA (I)
EL SISTEMA URINARIO Y LA EXCRECIÓN
LA FUNCIÓN DE LA NUTRICIÓN II
Sistema digestivO CNBA 2007.
LA FUNCIÓN DE NUTRICIÓN: APARATO DIGESTIVO
LA FUNCIÓN DE NUTRICIÓN: APARATO RESPIRATORIO
LA FUNCION DE NUTRICIÓN
APARATO DIGESTIVO Y RESPIRATORIO
La función de NUTRICIÓN (I) La nutrición La alimentación
SISTEMA DIGESTIVO.
EL SISTEMA RESPIRATORIO Y LA RESPIRACIÓN
SISTEMA RESPIRATORIO (aporte de O2 para nutrición) TEMA 5
¡LOS SISTEMAS DEL CUERPO HUMANO!
Tema 5. Anatomía y fisiología del aparato respiratorio.
TEMA 5 LA NUTRICIÓN: DIGESTIÓN EN ANIMALES
Introducción temas digitales (ciencias)
Sistema Respiratorio.
UNIDAD 3: LOS NUTRIENTES
APARATO DIGESTIVO.
Conseguir materia prima
EL APARATO DIGESTIVO.
Aparato circulatorio Miguel Servet ( ) Médico e teólogo español.
FUNCIÓNS DE NUTRICIÓN: APARATO DIXESTIVO
1.
LA FUNCIÓN DE NUTRICIÓN: APARATO EXCRETOR
APARATO RESPIRATORIO 1º DE BAC. IES ÁNXEL FOLE
3 u n i d a d Proceso de nutrición: el aparato digestivo.
SISTEMA DIGESTIVO ANATOMÍA FISIOLOGÍA HIGIENE
Quintos Básicos Ciencias Naturales Profesora Claudia García Yáñez
LA FUNCIÓN DE NUTRICIÓN: APARATO RESPIRATORIO
“NUESTRO CUERPO UN TODO ORGANIZADO”
NUTRICIÓN VS ALIMENTACIÓN SISTEMA DIGESTIVO EN HUMANOS
AS PLANTAS A raíz.
Aparatos digestivo y respiratorio
LA FUNCIÓN DE NUTRICIÓN: APARATO EXCRETOR
OS TECIDOS ANIMAIS.
Aulas ABALAR.
Episodio 1: Nuestro Cuerpo – Aparatos y Sistemas
INSTITUTO MEXICANO DEL SEGURO SOCIAL JEFATURA DE PRESTACIONES MÉDICAS COORDINACIÓN DELEGACIONAL DE EDUCACIÓN EN SALUD ESCUELA DE ENFERMERÍA INC. UNISON:
Sistema Digestivo.
O APARATO EXCRETOR.
A NUTRICIÓN NOS ANIMAIS.
El sistema digestivo fracciona los alimentos en moléculas más simples.
A DIXESTIÓN EN VERTEBRADOS
Os volcáns.
A CONTAMINACIÓN DA AUGA.
A RESPIRACIÓN EN VERTEBRADOS
Unidad 1: ¿Cómo integramos los nutrientes al organismo?
EL CUERPO HUMANO HECHO POR : ALVARO Y YOEL 5B.
Sistema Digestivo 5º Básico A –B-C
“TU APRENDIZAJE, NUESTRA META”
Transcripción de la presentación:

APARATOS PARA A NUTRICIÓN (I): A DIXESTIÓN E A RESPIRACIÓN Eva María Durán Bereijo Tema 3: APARATOS PARA A NUTRICIÓN (I): A DIXESTIÓN E A RESPIRACIÓN IES PUNTA CANDIEIRA 2016-2017

1.- A NUTRICIÓN: UN INTERCAMBIO DE SUBSTANCIAS Para realizar a nutrición os seres vivos necesitan que se produza un intercambio de substancias entre o medio que os rodea e as súas células. Este intercambio realízase de forma diferente se o ser vivo é unicelular ou pluricelular.

1.1.- COMO SE INTERCAMBIAN SUBSTANCIAS Nos seres unicelulares: Intercambian directamente as substancias co medio que os rodea. Os nutrientes e osíxeno entran a través da membrana plasmática no interior da célula e os refugallos saen pola mesma ao exterior.

Nos seres pluricelulares A maioría das células non están en contacto co exterior polo que non poden intercambiar substancias directamente con el. A nutrición realízase grazas a acción conxunta de diferentes aparatos e sistemas que serven de «intermediarios» entre o medio intra e extracelular.

Os aparatos que interveñen na nutrición dos seres humanos son: O aparato dixestivo O aparato respiratorio O aparato circulatorio O sistema linfático O aparato excretor

1.2.- APARATOS PARA O INTERCAMBIO DE SUBSTANCIAS O aparato dixestivo: Transforma os alimentos que inxerimos en substancias máis sinxelas (nutrientes) que son absorbidas e pasan ao sangue

O aparato respiratorio: Toma o osíxeno (O2) do aire e cédello ao sangue, toma do sangue o dióxido de carbono (CO2) e expúlsao ao exterior.

O aparato circulatorio: Leva a través do sangue os nutrientes e o osíxeno ás células, e transporta os refugallos das células ata os órganos excretores, onde son expulsados

O sistema linfático: Colabora co aparato circulatorio no transporte de substancias. O aparato excretor: Toma do sangue as substancias de refugallo producidas pola actividade celular e expúlsaas ao exterior. Na excreción interveñen outros órganos e aparatos como as glándulas sudoríparas, o aparato respiratorio…

2.- O APARATO DIXESTIVO O aparato dixestivo é un conxunto de órganos que se encargan de realizar a dixestión: transformar alimentos en nutrientes que pasan ao sangue, e de eliminar os restos non dixeridos.

2.1.- ANATOMÍA DO APARATO DIXESTIVO O aparato dixestivo fórmano o tubo dixestivo e as glándulas anexas. O tubo dixestivo: Tubo longo formado por: Boca Farinxe Esófago Estómago Intestino delgado Intestino groso As glándulas anexas: Están fora do tubo dixestivo pero verten nel zumes dixestivos que segregan e conteñen substancias que axudan na dixestión: Glándulas salivais Fígado Páncreas

Tubo dixestivoe glándulas anexas (páxinas 46 e 47 do libro)

A) O TUBO DIXESTIVO A boca: Cavidade onde os alimentos son cortados e triturados polos dentes. Nela atópase a lingua: órgano musculoso con papilas gustativas onde reside o sentido do gusto, e as glándulas salivares.

A farinxe Conduto común aos aparatos dixestivo e respiratorio. Os alimentos pasan por ela dende a boca ao esófago e o aire desde o nariz ata a larinxe. Ten un repregamento a epiglote que fai de tapadeira, cerrándose sobre o conduto respiratorio e evitando que o alimento o obstrúa.

O esófago Tubo de 25 cm polo que descende o alimento ata o estómago grazas aos movementos peristálticos (contracción das súas paredes).

O estómago Comunícase co esófago por un orificio o cardia e co intestino delgado por outro orificio o píloro. Ten músculos moi potentes nas súas paredes e glándulas que segregan zumes gástricos que se mesturan cos alimentos.

O intestino delgado Tubo moi longo (6m). As súas paredes teñen glándulas que segregan zume intestinal e unhos repregamentos chamados vilosidades intestinais. Estas vilosidades constan de condutos finos polos que circula o sangue. Os nutrientes obtidos na dixestión pasan a estes capilares. Divídese en duodeno, xexuno e íleo.

O intestino groso Tubo (1metro) ancho formado por 3 partes: O cego O colon O recto Do cego parte o apéndice vermiforme. O recto comunica co exterior a través do ano, por onde é expulsada a materia.

B) AS GLÁNDULAS ANEXAS Están fora do tubo dixestivo pero verten nel os zumes dixestivos que segregan. Estes zumes conteñen substancias coma os enzimas dixestivos. Os enzimas dixestivos: son proteínas que aceleran a descomposición dos alimentos en nutrientes. Destacamos: as glándulas salivares o fígado o páncreas.

As glándulas salivais: Son 3 pares de glándulas cuxos condutos verten saliva no interior da boca. Sublingual: baixo a lingua Parótides: diante as orellas Maxilar: na mandíbula.

O fígado: É a glándula máis grande do organismo. Realiza importantes funcións, como a dixestión, proceso no que segrega a bile que se almacena na vesícula biliar

A bile non contén enzimas dixestivos, pero axuda a realizar a dixestión dos lípidos actuando coma un deterxente. O fígado ten outras funcións como: Almacenamento de glicosa, ferro e vitaminas. Eliminación de substancias tóxicas coma o alcohol.

Unha endocrina: libera substancias ao sangue. O páncreas É unha glándula en forma de punta de frecha que se atopa debaixo do estómago. Ten dúas funcións: Unha dixestiva: segrega o zume pancreático Unha endocrina: libera substancias ao sangue.

3.- A DIXESTIÓN No aparato dixestivo realízase a dixestión dos alimentos que inxerimos en varias etapas: Inxestión A dixestión mecánica A dixestión química A absorción A formación de feces.

3.1.- A DIXESTIÓN MECÁNICA Trala inxestión do alimento ocorre a dixestión mecánica, un conxunto de procesos encargados de reducir o tamaño das partículas de alimento e de facelas avanzar ao longo do aparato dixestivo. Ocorre en varias etapas: Mastigación Insalivación Deglutición

Mastigación: Consiste en esgazar, cortar e triturar os alimentos que foron inxeridos a través da boca. Lévana a cabo os dentes e o movemento da mandíbula inferior.

A insalivación Consiste en mesturar os alimentos xa triturados coa saliva grazas aos movementos da lingua. Como resultado fórmase o bolo alimenticio.

A deglutición Consiste en facer avanzar o bolo alimentario, con axuda dos movementos peristálticos, a través da farinxe e do esófago ata o estómago.

3.2.- A DIXESTIÓN QUÍMICA Conxunto de procesos que transforman os alimentos en nutrientes pola acción das substancias contidas nos zumes dixestivos. Ocorre en 3 partes: A boca O estómago O intestino delgado.

Na boca Durante a formación do bolo alimentario, as substancias da saliva actúan sobre os glícidos descompoñéndoos en substancias máis sinxelas.

O estómago As paredes do estómago segregan zumes gástricos que conteñen ácido clorhídrico e actúan especialmente sobre as proteínas do bolo alimentario. A papa resultante e semilíquida denomínase quimo

No intestino delgado actúan: Os zumes intestinais (segregados pola parede intestinal) A bile (segregada polo fígado) O zume pancreático (secretado polo páncreas) A súa acción finaliza a transformación do quimo en quilo. O quilo contén auga, nutrientes resultantes da dixestión e outros produtos non dixeridos

DIXESTIÓN QUÍMICA

3.3.- A ABSORCIÓN DOS NUTRIENTES Os nutrientes deben chegar a tódalas células do noso organismo e fano a través do sangue. A absorción intestinal é o proceso polo cal os nutrientes que contén o quilo atravesan a parede do intestino e pasan ao aparato circulatorio.

A absorción de nutrientes no intestino delgado é un proceso rápido. A absorción no intestino delgado A absorción de nutrientes no intestino delgado é un proceso rápido. Isto débese a que a parede intestinal dispón dunha gran superficie de absorción (200m². aprox).

A superficie de absorición é tan grande debido a: A gran lonxitude do intestino As súas paredes interiores (mucosa intestinal) están recubertas por estruturas que incrementan 600 veces a súa superficie de absorción: As dobras intestinais As pilosidades intestinais As micropilosidades.

O intestino delgado está percorrido en toda a súa lonxitude polas dobras intestinais que á súa vez teñen miles de pilosidades intestinais que tapizan a parede interna do intestino. Estas vilosidades están formadas por células cuxas membranas teñen repregamentos denominados micropilosidades.

Ten un diámetro maior que o intestino delgado. A absorción no intestino groso e formación de feces. A maior parte da auga e dos sales minerais absórvese no intestino groso. Ten un diámetro maior que o intestino delgado. Ten unha lonxitude de 1m (aprox.) Non ten pilosidades. 46

3.4.- A EXESTIÓN OU DEFECACIÓN Exestión: permite a eliminación dos produtos non dixeridos (refugallo). A flora bacteriana do intestino groso (bacterias beneficiosas do intestino) transforman os produtos non dixeridos en feces que son expulsadas ao exterior a través do ano.

Nos alimentos hai substancias que non podemos dixerir nin absorber como por exemplo a fibra. Ningún dos enzimas dixestivos é capaz de dixerila e transformala en glicosa. Ainda así a fibra e esencial para a actividade do aparato dixestivo xa que favorece a mobilidade do intestino e evita o estrinximento.

4.- O APARATO RESPIRATORIO O aparato respiratorio intercambia gases co exterior. Toma o O2 do aire e cédello ao sangue; e toma deste o CO2 e expúlsao ao medio.

No aparato respiratorio diferencianse 2 partes: As vías respiratorias Os pulmóns

4.1.- AS VÍAS RESPIRATORIAS Son condutos que levan o aire do exterior aos pulmóns e viceversa. Están formados por Fosas nasais Farinxe Larinxe Tráquea Bronquios Bronquiolos

Os bronquiolos rematan nuns sacos cegos de paredes delgadas: alvéolos, que están rodeados por unha rede de capilares sanguíneos.

4.2.- OS PULMÓNS Son 2 órganos esponxosos situados na caixa torácica e separados do abdome polo diafragma. Están rodeados por unha dobre membrana: pleura que está chea de líquido pleural, que protexe aos pulmóns do rozamento coa caixa torácica e contribúe aos movementos respiratorios.

4.3.- O FUNCIONAMENTO DO APARATO RESPIRATORIO O aparato respiratorio realiza a respiración en 3 etapas: A inspiración O intercambio gasoso A expiración

A inspiración: Durante a inspiración prodúcese a entrada de aire atmosférico ao interior dos pulmóns. Para que isto aconteza é necesaria: a contración do diafragma a expansión dos pulmóns. O aire entra pola boca ou polas fosas nasais onde se quenta e percorre as vías respiratorias ata chegar aos alvéolos.

Intercambio gasoso: Os gases atravesan as membranas celulares, e diríxense desde onde se atopan en maior concentración, ata onde están en menor concentración. Así, o O2 que está en maior concentración nos alvéolos atravesa as paredes destes e pasa á sangue, onde se atopa en menor concentración. O CO2 abundante na sangue procedente das células pasa ao interior dos alvéolos (onde hai pouco CO2) e é expulsado ao exterior.

A expiración: O diafragma reláxase e aumenta de tamaño, mentres que os pulmóns diminúen o seu volume. Isto fai que o aire cargado de CO2 sexa expulsado ao exterior a través das vías respiratorias.

Fin