La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

Aparato circulatorio Miguel Servet ( ) Médico e teólogo español.

Presentaciones similares


Presentación del tema: "Aparato circulatorio Miguel Servet ( ) Médico e teólogo español."— Transcripción de la presentación:

1 Aparato circulatorio Miguel Servet ( ) Médico e teólogo español. Foi o primeiro en describir a circulación do sangue e morreu por elo en Xenebra.

2 (fluído que se atopa rodeando as células)
O APARATO CIRCULATORIO conecta todos os aparatos involucrados na función de nutrición có plasma intersticial que rodea as células do corpo. Contribúe a manter o equilibrio do medio interno ou HOMEOSTASE. MEDIO INTERNO Plasma intersticial (fluído que se atopa rodeando as células) Linfa Sistema linfático Sangue Sistema circulatorio APARATO CIRCULATORIO Circula polo Circula polo

3 FUNCIÓNS DO SISTEMA CIRCULATORIO
O sistema circulatorio encárgase de transportar substancias no organismo: Leva os nutrientes resultado da dixestión desde o tubo dixestivo ata todas as células do corpo, Transporta os gases repiratorios Transporta as substancias de refugo, produto do metabo-lismo celular, dende estas ata os órganos da excreción Transporta as hormonas, tan importantes para que o organismo funcione coordinadamente. Regula a temperatura do corpo.

4 Función de transporte

5 Anatomía do sistema circulatorio
Corazón Vasos sanguíneos Arterias Veas Capilares

6 CORAZÓN O corazón é un órgano musculoso do tamaño dun pu-
ño aloxado na cavidade torácica. O músculo que o forma recibe o nome de MIOCARDIO.

7 Corazón Externamente está protexido por unha membrana de dúas capas, o
PERICARDIO As arterias coronarias nutren o corazón.

8 Dúas aurículas, de paredes finas. Dous ventrículos, de paredes grosas.
Internamente presenta catro cavidades: Dúas aurículas, de paredes finas. Dous ventrículos, de paredes grosas.

9 Á aurícula esquerda chegan as catro veas pulmonares.
Á aurícula dereita chegan as dúas veas cavas. Do ventrículo dereito sae a arteria pulmonar. Do ventrículo esquerdo sae a arteria aorta.

10 Entre a aurícula dereita e o ventrículo dereito está a válvula tricúspide
Entre a aurícula esquerda e o ventrículo esquerdo está a válvula mitral . Non hai conexión entre o lado esquerdo e o dereito do corazón. Entre os ventrículos e as arterias están as válvulas sigmoideas (semilunares)

11 Fisioloxía do corazón:
MOVEMENTOS DO CORAZÓN: Sístole: contración do músculo cardíaco Diástole: Relaxación do músculo cardíaco Frecuencia cardíaca: número de latidos por minuto. Depende da idade, sexo, estado físico… En repouso: por minuto. Exercicio físico:

12 O corazón: Ciclo cardíaco
Diástole xeral: o sangue desosixenado entra na aurícula dereita. O sangue osixenado entra na aurícula esquerda. As válvulas auriculo-ventriculares ábrense. Sístole auricular: o sangue pasa das aurículas aos ventrículos. Sístole ventricular: os ventrículos contráense. As válvulas aurículo-ventriculares péchanse. As válvulas sigmoideas árense e o sangue pasa ás arterias

13 Ruídos cardíacos En cada ciclo cardíaco percíbense dous ruídos, separados por un pequeno e un gran silencio. Os ruídos corresponden aos sons “lubb-dupp” considerados como os latexos do corazón. Primeiro ruido: corresponde ao inicio da sístole ventricular. As válvulas tricúspide e mitral péchanse Segundo ruido: prodúcese ao inicio da diástole ventricular. Péchanse as válvulas aórtica e pulmonar. Pulso: Onda de presión producida polo sangue ao sair do corazón, que se transmite ao longo dos vasos sanguíneos. Percíbese nas arterias máis superficiais, nos pulsos e no pescozo

14 Regulación da actividade cardíaca
O corazón é autoexcitable grazas ao tecido nodal, formado por células musculares modificadas e capaces de xerar impulsos. Nódulo sinoatrial (SA): Inicia cada ciclo cardiaco. Nódulo auriculoventricular (AV): Capta a estimulación do SA e a transmite ao seguinte. Fascículo de His: distribúe o sinal aos ventrículos. Se ramifica formando a rede de Purkinje.

15 Regulación da actividade cardíaca
O ritmo cardíaco pode ser alterado polo sistema nervioso e polo sistema endócrino. As fibras simpáticas aceleran o ritmo cardiaco (efecto estimulador). As fibras parasimpáticas fanno máis lento (efecto inhibidor). A adrenalina e noradrenalina (sintetizadas nas cápsulas suprarrenais) e a tiroxina (sintetizada na tiroide) aumentan o ritmo cardiaco.

16 VASOS SANGUÍNEOS As veas teñen paredes finas e levan o sangue dende os órganos ao corazón. Presentan válvulas que impiden o retroceso do sangue As arterias son vasos de paredes grosas que levan o sangue dende o corazón aos órganos arteriola vénula Os capilares son vasos de paredes moi finas nos que se produce o intercambio de substancias

17 As arterias Levan o sangue desde o corazón aos tecidos. Histoloxía:
Túnica adventicia, externa, de tecido conxuntivo. Túnica media, de fibra muscular lisa. Túnica interna, de endotelio.

18 As veas Devolven o sangue desde os tecidos ao corazón. Histoloxía:
Túnica adventicia, máis grosa que en arterias. Túnica media, máis fina que nas arterias. Túnica interna. Teñen válvulas que evitan o retroceso do sangue

19 Os capilares Moi finos (8-12 micras)
Unha soa capa de tecido epitelial (endotelio). Neles realízase o intercambio de substancias Suman unha lonxitude de quilómetros. Se estima que la longitud total de todos los capilares del cuerpo humano es de unos kilómetros.

20 A circulación sanguínea:
Temos unha circulación dobre: O sangue pasa dúas veces polo corazón. Completa: O sangue rico en osíxeno nunca se mestura có rico en CO2. A parte dereita do corazón sólo bombea sangue rica en CO2, A esquerda bombea só sangue rica en O2.

21 CIRCULACIÓN MENOR OU PULMONAR:
O sangue cargado de dióxido de carbono sae do ventrículo dereito, polas arterias pulmonares, osixénase nos pulmóns e regresa polas veas pulmonares ata a aurícula esquerda.

22 CIRCULACIÓN MAIOR OU SISTÉMICA:
O sangue cargado de osíxeno sae do ventrículo esquerdo pola arteria aorta, leva aos órganos osíxeno e nutrientes e recolle refugos e dióxido de carbono, volve a aurícula dereita do corazón polas veas cavas.

23 O SANGUE O sangue é un tecido formado por varios tipos de células e unha substancia intercelular chamada plasma.

24 FUNCIÓNS DO SANGUE Transporte de nutrientes, hormonas e refugos
Transporte de gases respiratorios Regula a temperatura corporal FUNCIÓNS DO SANGUE Función de defensa Coagulación sanguínea

25 CIRCULATORIO DE VERTEBRADOS

26 PEIXES Corazón: 1A/1V Circulación pechada simple

27 ANFIBIOS E RÉPTILES ( agás crocodilos)
Corazón: 2A/1V Circulación pechada dobre e incompleta

28 MAMÍFEROS E CROCODILOS
Corazón: 2A/2V Circulación pechada dobre e completa

29 SAÚDE

30 Presión sanguínea É a presión que exerce o sangue sobre as paredes das arterias. Mídese có esfingomanómetro. A presión máxima coincide coa sístole ventricular. A mínima coincide coa diástole.

31 COLESTEROL O COLESTEROL é un compoñente natural das membranas celulares. En exceso pódese depositar nas arterías causando ENFERMIDADES CARDIOVASCULARES. Colesterol unido a lipoproteínas de alta densidade (HDL) - colesterol "bo", Colesterol unido a lipoproteínas de baixa densidade (LDL) - colesterol "malo”

32 Controla o consumo de graxas saturadas (de orixe animal) xa que favorecen a formación de colesterol LDL. Calcula o teu Índice de Masa Corporal “Familia” de Botero.

33 PÁXINAS DE CONSULTA: 3_ciclo/CONTENIDOS/CUERPO%20HUMANO/DEFINITIVO% 20CIRCULATORIO/publicar/page8.html sor/3eso/1.htm

34 Pilar de Vega Bioloxía de 1º de BAC.


Descargar ppt "Aparato circulatorio Miguel Servet ( ) Médico e teólogo español."

Presentaciones similares


Anuncios Google