Os protozoos
Os protozoos son seres formados por unha única célula completa Os protozoos son seres formados por unha única célula completa. Aliméntanse de outros seres vivos ou dos seus restos. Adoitan vivir na auga ou en medios húmidos como os fluídos dos seres aos que parasitan. CILIOS
Membrana cuberta de cilios que lle proporcionan movemento. Vacuolos dixestivos: onde os materiais capturados son transformados en substancias de reserva e enerxía. Citoplasma Núcleo maior Núcleo menor Boca: abertura que se prolonga no interior do corpo nunha forma de funil (farinxe) Vacuolos pulsátiles: de función excretora e activadora da circulación dos líquidos do citoplasma. PARAMECIO paramecio
paramecio
paramecio PARAMECIO (Paramecium caudatum). Ciliado Vive nas augas estancadas ricas en materia orgánica en descomposición. En condicións de vida favorables reprodúcese asexualmente por división transversal. Cando as condicións son desfavorables ten un xeito de reprodución sexual: dous paramecios xúntanse e intercambian material nuclear (o núcleo menor) para seguir dividíndose logo asexualmente. En condicións axeitadas os paramecios divídense 3- 4 veces por día. Un paramecio que pesase 1 millonésima de gramo ao cabo de 15 días tería unha descendencia que pesaría unha tonelada. paramecio
Ophryoscolex. Un protozoo ciliado común no estómago das vacas Ophryoscolex. Un protozoo ciliado común no estómago das vacas. Está provisto de cilios que lle serven para capturar o alimento e desprazarse. Nun mm3 de contido estomacal dunha vaca pódense atopar 1 millón de protozoos de ata 50 especies diferentes que non lle producen dano ningún, axúdanlle na transformación da materia vexetal e sérvenlle de fonte de proteínas.
Campanella umbellaria Campanella umbellaria. Protozoo ciliado pedunculado con forma de copa coa abertura rodeada de cilios. Forma colonias nas augas dóces ricas en materia orgánica. paramecio
A AMEBA é un dos protozoos rizópodos máis coñecidos A AMEBA é un dos protozoos rizópodos máis coñecidos. Caracterízase pola capacidade de modificar a forma do seu corpo tanto para desprazarse como para capturar alimento. Vive na auga. Algunhas amebas son as causantes de enfermidades intestinais como a disentería. paramecio
Circogonia icosahedra RADIOLARIOS. Protozoos rizópodos que producen complexos esqueletos minerais de sílice. Atópanse nos océanos. paramecio Stephoidea. Debuxos de Haeckel (1904)
paramecio Ammonia tepida Baculogypsina sphaerulata FORAMINÍFEROS. Protozoos rizópodos cun esqueleto no interior do extoplasma. Abondan nos sedimentos mariños. Debuxos de Haeckel (1904)
paramecio Actinophrys sol Raphidiophrys contractilis HELIOZOOS. Protozoos rizópodos de forma esférica con numeroso microtúbulos radiais. Viven nas augas dóces e no mar.
EUGLENA. Protozoo flaxelado con cloroplastos que lle permiten realizar a fotosíntese, pero normalmente aliméntase doutros seres vivos. Vive na auga dóce e salgada aboiando ou nadando activamente co seu flaxelo.
TRIPANOSOMA. Causa enfermidades en animais e humanos TRIPANOSOMA. Causa enfermidades en animais e humanos. A máis coñecida é a enfermidade do sono transmitida pola mosca tse-tse.
Trichomitopsis. Axuda ás termitas a dixerir a madeira. Giardia lamblia. Parásito do aparato dixestivo humano Trichomonas Giemsa. Parásito do aparato uroxenital humano. METAMONADOS. Flaxelados simbiontes ou parásitos de animais.
COANOFLAXELADOS. Protozoos flaxelados moi próximos aos animais COANOFLAXELADOS. Protozoos flaxelados moi próximos aos animais. Teñen un colar de microvellosidades arredor do flaxelos semellante aos coanocitos das esponxas. Poden formar colonias.
QUITRIDIOS. Algún autores considérannos fungos QUITRIDIOS. Algún autores considérannos fungos. Son simbiontes ou parásitos.
Plasmodium. Esporozoo causante da malaria ou paludismo, unha enfermidade que afecta a 400-900 millóns de persoas, especialmente de países pouco desenvolvidos e causa 2 -3 de mortes ao ano . Trasmítese pola picadura do mosquito Anopheles e ataca aos glóbulos vermellos do sangue.
Toxoplasma gondii . Esporozoo que produce a toxoplasmose, enfermidade infecciosa que se contaxia a través dos felinos, especialmente os gatos. Afecta maiormente ás embarazadas e trasmítese ao feto.
Montaxe: Adela Leiro FOTOS: Internet. DEBUXOS: Mon Daporta