Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
1
Fotografia Ricardo Brigadeiro
PROTOCOLO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, A CÂMARA MUNICIPAL DE VILA NOVA DE CERVEIRA (PORTUGAL) E O CONCELLO DE TOMIÑO PARA A PROMOCIÓN DO CONCURSO INTERNACIONAL DE IDEAS PARA A SELECCIÓN DO ANTEPROXECTO DA PONTE/TRAVESÍA PARA PEÓNS E BICICLETAS SOBRE O RÍO MIÑO Cerveira – Tomiño |
2
Protocolo de colaboración | Entidades asinantes
María del Carmen Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra João Fernando Brito Nogueira, presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira Sandra González Álvarez, alcaldesa do Concello de Tomiño
3
Considerando: A “Convención marco entre a República Portuguesa e o Reino de España relativa á melloría das accesibilidades entre os dous países, de 30 de novembro de 1998”; A sinatura da Carta da Amizade, por parte dos concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, o 11de xuño de 2014; O Eixo Estratéxico núm. 2 da Axenda Estratéxica de Cooperación Transfronteiriza Cerveira Tomiño , que destaca a mobilidade transfronteiriza a través dunha melloría da conectividade entre as dúas marxes do río Miño, non só mediante autobuses e trens senón mediante unha mobilidade peonil; A proposta da Axenda Estratéxica de desenvolver a construción dunha travesía/ponte peonil entre o Parque Castelinho de Vila Nova de Cerveira e o Espazo Fortaleza de Tomiño, denominado como Parque Transfronteirizo Castelinho-Fortaleza; a idea é promover relacións sociais, comerciais e culturais entre as dúas comunidades;
4
Considerando: A presentación por parte da Deputación de Pontevedra da elaboración do anteproxecto da referida ponte/travesía co obxectivo de obter cofinanciamento na primeira Convocatoria do INTERREG V A España – Portugal (POCTEP) , que forma parte dunha acción conxunta coa Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, denominada “Cualificación e promoción do Parque Transfronteirizo Castelinho-Fortaleza”, dentro da candidatura “Preservación e valorización do río Miño Transfronteirizo”, promovida pola Comunidade Intermunicipal do Alto Minho, conxuntamente coa Deputación de Pontevedra e os municipios portugueses da marxe do río Miño. A realización deste proxecto de ponte/travesía peonil consta na programación para o ano 2016 desa candidatura ao cofinanciamento europeo.
5
Financiamento A distribución entre as partes dos custos de apertura do concurso internacional de ideas e da elaboración do mencionado anteproxecto será obxecto dun protocolo específico no que se fixarán as respectivas cantidades e procedementos de pagamento, de acordo coas normas aplicables e unha vez que se determinen estes. Presentación da candidatura para a creación do Parque Transfronteirizo Castelinho-Fortaleza e elaboración do Anteproxecto da travesía peonil ao Programa Interreg V A no ámbito da candidatura “Preservación e valorización do río Miño Transfronteirizo”, VISIT_RIO_MINHO;
6
Redacción do anteproxecto
Cábelle á Deputación de Pontevedra a apertura do Concurso Internacional de Ideas para a redacción do anteproxecto obxecto deste protocolo. A Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira e o Concello de Tomiño, elaborará o documento base que regulamentará a apertura do concurso. Para eses efectos contratará os estudos xeotécnicos, topográficos, batimétricos e calquera outro que sexa necesario para asegurar a información técnica adecuada para o contido do documento base. O xurado nomearano as entidades asinantes de acordo co principio da paridade entre as dúas nacionalidades. Formarán parte personalidades propostas polas ordes e colexios profesionais, personalidades relevantes das áreas da enxeñaría e da arquitectura e representantes das entidades asinantes.
7
Redacción do anteproxecto
As propostas deberán presentarse en galego e portugués, de forma que a proposta vencedora será responsable da elaboración do anteproxecto. Cando se seleccione a proposta promoverase unha acción de divulgación e publicación, xuntamente co resto dos traballos presentados. Paralelamente á selección e realización do proxecto a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, a Deputación de Pontevedra e a Alcaldía de Tomiño promoverán as dilixencias necesarias ante as autoridades competentes de ambos os países para a recolla de autorizacións e pareceres que sexan necesarios, co obxectivo da aprobación final do proxecto, a licitación e a execución da obra.
8
Comisión técnica mixta de seguimento e control
Para o seguimento e control do cumprimento deste protocolo e para esclarecer as dúbidas que necesiten interpretación constituirase unha Comisión técnica mixta de seguimento. As súas funcións, entre outras, serán as seguintes: Promover e avaliar o cumprimento deste protocolo, propondo as accións que se consideren necesarias Propor a interpretación, en caso de dúbida, do contido do protocolo No caso de xurdiren controversias na aplicación do acordo proporlles ás partes a súa resolución
9
PARQUE TRANSFRONTEIRIZO CERVEIRA - TOMIÑO
10
2 espazos urbanos de uso colectivo
2 países 2 vilas 2 espazos urbanos de uso colectivo 1 única forma de vivir un espazo naturalmente común
11
Localización Abrangue unha área de cerca de 16 hectáreas localizada entre os concellos de Vila Nova de Cerveira (Portugal) e Tomiño (España), que se insiren no contexto europeo no grande espazo do Arco Atlántico e, dentro deste, na rexión Galiza-Norte de Portugal, espazo de forte relación económica, comercial e humana. Travesía peonil con cerca de 200 metros.
12
Río Miño É o elemento central dos dous espazos
Constitúe unha unidade natural e paisaxística única Unha cultura común Ecosistema de importancia comunitaria común Web
13
Estuario do río Miño Ecosistema rico e variado que constitúe, na súa globalidade, un importante espazo na conservación da natureza e da biodiversidade e refuxio para varias especies animais, razóns que xustificaron a súa cualificación como sitio de importancia comunitaria (SIC 019) e Zona de Protección Especial (ZPE 001) no ámbito da Rede Natura 2000. Francisco Javier Ribas Irene Pinheiro
14
As relacións sociais A integración entre as comunidades de Cerveira e Tomiño é visible na vida cotiá das súas xentes, sendo o parque un dos lugares onde esa integración é máis visible.
15
Parque Castelinho – Fortaleza
Espazo verdadeiramente europeo, sen fronteiras, físicas ou psicolóxicas, de respecto pola diferenza, pola liberdade e polo ambiente, onde se establecen relacións humanas de socialización, lecer, deporte, coñecemento da memoria ambiental e cultural do río, en equilibrio entre o ser humano e a natureza.
16
Obxectivos Fomentar a identidade europea, a través do sentido de pertenza común, dun espazo que naturalmente xa constitúe unha unidade. Promover a mobilidade suave, a intermodalidade e o compartimento dos equipamentos e da rede de transportes; Contribuír á estruturación dunha rede de Corredores Verdes a nivel transfronteirizo; Constituír unha porta de entrada na Rede Transfronteiriza de vías verdes, a través da estación de tren de Vila Nova de Cerveira;
17
Obxectivos Constituír un espazo integrado para a promoción de iniciativas conxuntas de: Animación cultural, baseada nos valores individuais ou comúns das dúas marxes do río; Educación para a cidadanía europea, con base nos valores da Unión, como a solidariedade, o pluralismo, a igualdade e a tolerancia pola diversidade cultural; Sensibilización sobre a protección da natureza e da biodiversidade; Difusión do coñecemento sobre o río, os ecosistemas e as tradicións económicas e culturais que están asociada con este. Potenciar o Aquamuseu do Rio Minho como espazo de promoción e divulgación do patrimonio natural e cultural asociado ao río; Dinamizar o edificio Espazo Fortaleza Potenciar as actividades tradicionais comúns dos dous países, como estratexia de desenvolvemento local e fortalecemento do turismo.
18
Plan de acción Plan de comunicación común / Uniformación da imaxe
Cualificación ambiental, paisaxística e funcional do espazo Castelinho/Fortaleza Intermodalidade e incremento da mobilidade suave e do compartimento de redes de transporte Porta de entrada da Rede Transfronteiriza de Vías Verdes
19
Punto de situación procesual
Parque Transfronteirizo Castelinho-Fortaleza - travesía peonil Presentación da intención do proxecto aos Gobernos de Portugal e España, nomeadamente á Comisión Internacional de Límites e á Comisión Luso-Española para a Cooperación Transfronteiriza; setembro de 2015; Preparación do concurso de ideas para a elaboración do anteproxecto por parte da Deputación de Pontevedra (DEPO); setembro de 2016;
20
facebook.com/amizadecerveiratomino twitter.com/TominoCerveira
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.