La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

A REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO

Presentaciones similares


Presentación del tema: "A REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO"— Transcripción de la presentación:

1 A REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO
Traballando en prol dunha educación de calidade.

2 Constitución da UNESCO
QUE É A UNESCO? A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura é un organismo intergubernamental que conta con 189 Estados membros e é unha das axencias especializadas do sistema das Nacións Unidas. Dende a súa creación a UNESCO ten como obxectivo “contribuir á paz e á seguridade, estreitando, por mor da educación, a ciencia e a cultura, a colaboración entre as nacións co fin de asegurar o respecto universal pola xustiza, a lei, os dereitos humanos e as liberdades fundamentais”. Constitución da UNESCO

3 QUE SON AS ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO?
As Escolas Asociadas, forman unha rede de escolas determinadas a promover e impartir unha educación de calidade en prol da paz, a liberdade, a xustiza e o desenvolvemento humán, co fin de dar respostas ás necesidades educativas dos escolares de todo o mundo. O seu logo simboliza: un libro aberto (educación) que evoca as alas dunha pomba (paz) e o globo terrestre (diálogo intercultural).

4 AS ESCOLAS DA REDE-PEA SON “NAVEGANTES PARA A PAZ” E AXENTES DE CAMBIO POSITIVO.
Son un medio para conseguir unha Educación para Todos (EPT), tal e como se concebiu nos seis obxectivos do Foro Mundial sobre Educación (Dakar, 2000). Contribúen á consecución dos obxectivos de desenvolvemento do Milenio das Nacións Unidas e á execución das estratexias e programas da UNESCO en materia de educación, ciencia, cultura e comunicación. Serven de laboratorios na procura de plantexamentos innovadores para unha educación de calidade para todas e todos.

5 CALES SON AS SÚAS METAS? 1 Mellorar o contido da educación, os materiais educativos e os seus enfoques nos catro temas principais de estudo: A Paz, os Dereitos Humanos e a democracia. Patrimonio e creatividade A aprendizaxe intercultural. As cuestións relativas ao medio ambiente e ao desenvolvemento sostible.

6 CALES SON AS SÚAS METAS? 2 Promover a participación das escolas en proxectos faro e piloto reforzando os catro pilares da educación para o século XXI: Aprender a coñecer. Aprender a facer. Aprender a ser. Aprender a vivir xuntos.

7 “VIVIMOS NUN SOLO MUNDO, APRENDEMOS PARA UN SOLO MUNDO”
CALES SON AS SÚAS METAS? 3 Involucrar ás escolas en acordos especiais coa UNESCO e o sistema das Nacións Unidas para beneficiarse dos seus recursos. “VIVIMOS NUN SOLO MUNDO, APRENDEMOS PARA UN SOLO MUNDO”

8 PRIORIDADES DAS ESCOLAS ASOCIADAS
Marco de Acción de Dakar 2000 “Educación para Todos” (EPT) Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) O Decenio das Nacións Unidas da educación con miras ao desenvolvemento sostible ( ) O Decenio Internacional da Cultura de Paz e Non-Violencia a favor dos nenos e nenas do mundo ( ) A Campaña “Todos iguais na diversidade”: mobilizar as escolas contra o racismo, a discriminación e a exclusión. ( )

9 PERFIL DUNHA ESCOLA ASOCIADA
Misión ética Enfoque interdisciplinario e transversal Centros piloto Metodoloxía baseada na participación activa e na dimensión socioafectiva. Desenvolver novos roles do educador/a

10 QUE OFRECE A REDE-PEA AOS ESTUDANTES, MESTRES E ESCOLAS
Novas oportunidades de mellorar os contidos da educación, o desenvolvemento de métodos de ensinanza participativos e materiais pedagóxicos innovadores. Desenvolvemento profesional e alta motivación nos e nas docentes. Adquisición de destrezas na dirección e resolución de problemas e a posibilidade de traballar en proxectos faro. Contribuir ás reformas nacionais e á renovación dos sistemas educativos. Posibilidade de compartir experiencias con escolas de todo o mundo e establecer irmanamentos e acordos de cooperación con outras escolas asociadas.

11 ALGÚNS MATERIAIS DESENVOLVIDOS POLA REDE-PEA
De carácter interdisciplinar e orientado a secundaria, recolle moitos aspectos da educación da xuventude na conservación do Patrimonio Mundial dende o plano legal (convencións) ás perspectivas sociais, culturais e históricas. O “Maletín da Paz”para mestres de primaria, recolle actividades, carteis, tarxetas, publicacións, un libro de Gandhi para colorear, un video de debuxos sobre a paz e a non-violencia feito por nenos e nenas do mundo.

12 PROXECTOS FARO “O PATRIMONIO NAS MANS DAS E DOS XÓVENES”, proxecto internacional para a promoción e preservación do Patrimonio cultural, intanxible e natural. “ TIME PROJECT” proxecto anual de 24 horas no que participan en Rede escolas de todo o mundo e que se celebra o 16 de novembro “Día Internacional para a tolerancia”. É un foro de debate dos principais problemas mundiais para alumnado de secundaria.

13 PROXECTOS FARO “TRATA TRANSATLÁNTICA DE ESCRAVOS”(TST), é un traballo en rede triangular das escolas de África, Europa, América e o Caribe coa finalidade de coñecer o tráfico de escravos, as súas causas e consecuencias asemade as novas formas de escravitude. “CAMPAÑA: TODOS IGUAIS NA DIVERSIDADE”, pretende mobilizar ás escolas contra o racismo, a xenofobia e a exclusión.

14 PROXECTOS FARO “XÓVENES POLO CAMBIO” co obxectivo de cambiar os nosos ineficientes patróns por outros máis dacordo co desenvolvemento sostible. “PROXECTO MEDITERRÁNEO OCCIDENTAL”, estudia o patrimonio natural e cultural das xentes do Mediterráneo facendo fincapé no diálogo Euro-Árabe.

15 PROXECTOS GALEGOS “PROXECTO ATLÁNTICO” coa finalidade de estudar o patrimonio natural e cultural, sensibilizar sobre os problemas medioambientais e crear unha ponte de unión entre os pobos atlánticos. O “PATRIMONIO INMATERIAL COMÚN A GALIZA E PORTUGAL”, coa finalidade de recoller, preservar e transmitir ás novas xeracións o patrimonio inmaterial que conforma a identidade común aos dos pobos.

16 PROXECTOS GALEGOS “CAMIÑOS DE IDA E VOLTA” pretende recuperar a memoria da emigración galega a Cuba e Arxentina ao través da historia familiar e axudar aos estudantes a superar o sentimento de desarraigo . SIGNOS INTERNACIONAIS- YOGOTE, o multilingüismo nas túas mans, busca favorecer o intercambio entre os estudantes de todos os países e axudar a aprendizaxe de linguas estranxeiras.

17 ESCOLAS GALEGAS DA REDE-PEA
CEIP “Illa Verde” – Lugo CEIP “Praia Xardín” – Boriro – A Coruña EEI “Os Campos” – Monteporreiro – Pontevedra CEP “Marcos da Portela” – Monteporreiro – Pontevedra IES “Luis Seoane” – Monteporreiro – Pontevedra CEIP “Cabanas” – Salcedo – Pontevedra Conservatorio “Manuel Quiroga” – Pontevedra CEIP “Campolongo” – Pontevedra CEIP “Froebel” – Pontevedra Ceip “Manuel Vidal Portela” - Pontevedra

18 ESCOLAS GALEGAS DA REDE PEA
IES “Pontecaldelas” – Pontecaldelas – Pontevedra IES “Illa de Ons” – Bueu – Pontevedra CEIP “Conmeniño” – O Grove – Pontevedra IES “Pedra da Auga” – Ponteareas – Pontevedra IES “Pazo da Mercé” – As Neves – Pontevedra CEIP “Luis Manuel Acuña” - Ourense

19 COMO UNIRSE Á REDE-PEA CORDINADORA GALEGA: Luisa Márquez Rodríguez
e.mail: Tel: Fax: COORDINADORA ESTATAL: Rufina Moreno Cañizares Centro UNESCO de Andalucía Facultad de Ciencias de la Educación Edificio Aulario 122 Campus Universitario de la Cartuja 18071 Granada e.mail: UNESCO- REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS-SECTOR EDUCACIÓN 7, Place de Fontenoy, París 07 SP-France Tel: Fax: e.mail:


Descargar ppt "A REDE DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO"

Presentaciones similares


Anuncios Google