Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
1
O morcego Roque
2
O morcego Roque e un becho extraño,
asemella un rato…
3
… e voa coma un paxaro.
4
Ademais de raro fai todo ao revés, dorme polo día colgado dos pés.
5
Non lle gusta o frío,
6
nin lle gusta o sol.
7
Só sae de noite e se o tempo é bo.
8
Con vida tan rara e tan raros costumes,
moi poucos o aprecian… e todos lle fuxen.
9
Pero os que o coñecen din que é un bo tipo,
que lle gusta a farra e saír cos amigos.
10
E andar de troula, e bailar nas festas,
11
e tomar refrescos, e comer galletas…
12
O morcego Roque é un tipo especial.
Como este morcego non hai outro igual!
13
Unha noite, hai pouco, ao saír de paseo
atopouse na rúa con outro morcego
14
Falaron… dixeron… e veu a saber que era Raimundo o de Santomé.
15
Que saía de viaxe bastante a miúdo
para ensinarlle aos nenos cousas de todo o mundo.
16
E como o Roque tamén vos viaxa
fíxoselles de día contando as súas andainas.
17
E Raimundo convidouno, pois xa era tarde,
a acollerse con el na casiña da árbore.
18
E desde ese día fixéronse amigos
e quedan para verse e ir xuntos aos sitios.
19
E para que vexades que o que digo é certo
déixovos estas fotos dos dous viaxeiros.
20
Pontevedra
21
Santiago
22
París
23
Madrid Barcelona Londres Moscova
24
Nova Iork Brasilia Bos Aires
25
O Sahara Exipto
26
Tokio Pekín Shangai…
27
E nas súas viaxes polo mundo adiante
O sapoconcho Andrés A chicharra Chicho A galiña Lola A pulga e o piollo que quierían casar A Sapa O Sapo A Rata Luisa E nas súas viaxes polo mundo adiante tamén coñecen xente do máis interesante.
28
fin E un día calquera hanvos traer
historias da xente que veñen de coñecer. fin As fotografías de cidades e morcegos foron collidas da rede. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas Mon Daporta
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.