La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

As actividades non presenciais

Presentaciones similares


Presentación del tema: "As actividades non presenciais"— Transcripción de la presentación:

1 As actividades non presenciais
As actividades non presenciais. Un pequeno paso nas estratexias didácticas do Espazo Europeo de Educación Superior Dra. Marián Fernández Villarino Departamento de Didácticas Especiais Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte

2 OBXECTIVOS: Mellorar a calidade docente e educativa, a través do uso de novas metodoloxías docentes. Fomentar a autonomía e a responsabilidade do alumnado nos procesos de apredizaxe.

3 METODOLOXÍA: Nunha sesión presencial, propúñamos un traballo os/as alumnos/as para que o resolveran durante a seguinte sesión, de xeito non presencial. A metodoloxía didáctica empregada para o planeamento dos traballos baséase no descubrimento guiado en a resolución de problemas. Na maioría dos casos empregamos a plataforma como apoio a docencia non presencial, no sentido de que alí os/as alumno/as, ademais da información recibida na sesión presencial, atopaban a información de xeito máis específico, e incluían nela a solucións atopadas. Tamén, mediante este instrumento recibían a valoración do traballo feito de forma individualizada. Durante o tempo que debían dedicar a resolución do traballo, o profesorado estaba a disposición do alumnado para axudalos e guialos no proceso, ben de xeito presencial en titorías, ben de xeito virtual a través da plataforma.

4 INSTRUMENTOS DE VALORACIÓN:
DIARIO DO PROFESORADO REXISTRO ANECDÓTICO: CUESTIONARIO OS ALUMNOS:

5 CUESTIONARIO: 1.- ¿Utilizaches en ocasións anteriores, durante a túa formación como Licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, as sesións non presenciais? Si □ Non □ 2.- Cando che propuxeron a primeira sesión non presencial, ¿en qué crías que consistían? 3.- Una vez vivenciaches este tipo de sesións, ¿servíronche para mellorar no teu proceso de aprendizaxe da materia? 4.- Xustifica a resposta anterior: 5.- ¿Qué competencias cres que traballaches/desenvolviches con este tipo de sesións? (Sinala cun X) 6.- ¿Gustaríache dispor de máis sesións deste tipo ó longo do teu proceso formativo? 7.- ¿Por qué?

6 CUESTIONARIO: competencias.
Deseñar, desenvolver e avaliar os procesos de ensinanza-aprendizaxe relativos á actividade física e o deporte con atención a las características individuais e contextuais das persoas. Promover e avaliar a formación de hábitos perdurables e autónomos de práctica da actividade física e do deporte. Planificar, desenvolver e controlar os procesos de ensinanza-aprendizaxe e/ou de entrenamento nos seus distintos niveles. Aplicar los principios fisiolóxicos, biomecánicos, comportamentais e sociais, ós diferentes campos da actividade física e o deporte. Avaliar a condición física y prescribir exercicios físicos orientados á saúde.Identificar os riscos que se derivan para a saúde, da práctica de actividades físicas inadecuadas. Planificar,desenvolver e avaliar a realización de programas de actividades fisico-deportivas. Elaborar programas para a dirección de organizacións, entidades e instalacións deportivas. Seleccionar e saber utilizar o material e o equipamento deportivo axeitado para cada tipo de actividade. Comprender a literatura científica do ámbito da actividade física e do deporte en lingua inglesa e noutras linguas de presencia significativa no ámbito científico. Aplicar as Tecnoloxías da Información (TIC) ó ámbito das Ciencias da Actividade Física e do deporte. Desenvolver habilidades de liderazgo, relación interpersoal e traballo en equipo. Desenvolver competencias para a adaptación a novas situacións e resolucións de problemas, e para a aprendizaxe autónoma. Desenvolver hábitos de excelencia e calidade no exercicio profesional. Coñecer e actuar dentro dos principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional.

7 RESULTADOS: ALUMNADO:
Para o 42,1% dos/as alumnos/as que responderon a nosa enquisa, non era a primeira vez que se enfrontaban a este tipo de actividades, fronte o 57,9% que se lles propuña por primeira vez. Fundamentalmente, entenderon cas sesións non presenciais consistían en: “Facer na casa o que teríamos que facer na clase” “Empregar o tempo da sesión na búsqueda de información dende outras fontes e dende diferentes puntos de vista” Gustaríanos destacar as seguintes valoracións: “Traballar pola nosa conta” “Chegar a coñecer a materia por nós mesmos” Destacamos unha valoración negativa : “Traballar en lugar de asistir a clase” Respecto a si unha vez vividas este tipo de sesións, puideron mellorar no seu proceso de aprendizaxe da materia, unha gran maioría dos alumnos e alumnas afirma que si (89,4%).

8 RESULTADOS: ALUMNADO:
Respecto a si unha vez vividas este tipo de sesións, puideron mellorar no seu proceso de aprendizaxe da materia, unha gran maioría dos alumnos e alumnas afirma que si (89,4%). No caso dos alumnos e alumnas (10,6%) que afirman que non melloraron no seu proceso de ensinanza, aseguran que para eles o profesorado segue a ser a fonte principal de coñecemento e que eles non teñen criterio suficiente como para saber si a información que atopan nas súas indagacións é ou non válida. Para os/as alumnos/as que si melloraron no seu proceso, consideran que este tipo de sesión lles permitiron entre outras: “Fomentar a autonomía” “Aumentar o meu interés pola materia” “Aprender máis” “Obríganos a traballar sobre a materia e reflexionar sobre ela e non só estar en clase e escoitar” “Coñecemos diferentes puntos de vista que nos levan a crear unha opinión propia”

9 RESULTADOS: ALUMNADO:
En relación cas competencias específicas, as que se valoraron como máis desenvolvidas foron: Aplicar as Tecnoloxías da Información (TIC) ó ámbito das Ciencias da Actividade Física e do deporte. Desenvolver habilidades de liderazgo, relación interpersoal e traballo en equipo. Desenvolver competencias para a adaptación a novas situacións e resolucións de problemas, e para a aprendizaxe autónoma. Desenvolver hábitos de excelencia e calidade no exercicio profesional. Coñecer e actuar dentro dos principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional.

10 RESULTADOS: ALUMNADO:
As competencias que se valoraron como menos desenvolvidas foron: Avaliar a condición física y prescribir exercicios físicos orientados á saúde. Identificar os riscos que se derivan para a saúde, da práctica de actividades físicas inadecuadas. Planificar,desenvolver e avaliar a realización de programas de actividades fisico-deportivas. Elaborar programas para a dirección de organizacións, entidades e instalacións deportivas. O 84,2% do alumnado afirma que lle gustaría ter máis sesións deste tipo, porque lles permite unha maior participación no proceso, aumenta o seu interés pola materia, poden reflexionar sobre o que están a aprender, controlan mellor o tempo que lle dedican e teñen máis autonomía no que están a facer.

11 RESULTADOS: PROFESORADO: Anticipación da sesión non presencial.
O traballo autónomo e a responsabilidade no proceso de ensinanza aprendizaxe son circunstancias que a eles lles son alleas. Ensinarlle os/as alumnos/as a adoptar un novo perfil de estudiante de xeito paulatino, gradual, e transversal. Capacidade de adaptación. Corresponsabilidade no proceso.

12 CONCLUSIÓNS: A percepción dos/as alumnos/as respecto as sesións non presenciais é fundamentalmente positiva. Sen embargo, aínda non están preparados para desenvolver un aprendizaxe baseado nestas competencias, precisan dun período de adaptación. Os obxectivos de mellorar a autonomía é a responsabilidade nas aprendizaxes por parte dos/as alumnos/as poden conseguirse mediante o emprego destas estratexias, pero debemos ensinarlles a facelo. Se o/a alumno/a precisa mudar a forma que ten de entender o papel que xoga no seu proceso formativo, onde agora el debe ser o/a protagonista; o/a profesor/a debe tamén mudar o seu rol de controlador/a e pasar a ser guía das aprendizaxes.

13 CONCLUSIÓNS: O traballo metodolóxico debe ter un carácter globalizador e transversal, que será desenvolvido por toda a comunidade formativa, ca intención de responder as competencias de tipo xenérico, que dende o noso punto de vista son a base sobre as que se deben construír as específicas. As diferencias existentes entre as percepcións dos/as alumnos/as e dos/as profesores/as en torno o uso que se fai das sesións non presenciais, deben ser postas en común, para tratar de solucionar as dúbidas ou os problemas que xorden a hora de afrontar novas propostas metodolóxicas. É por iso que, cando nós, como profesores/as, tratemos de mellorar a calidade docente mediante procesos de investigación na nosa acción, contemos cas percepcións e valoracións do outro axente principal implicado no proceso: o/a alumno/a.


Descargar ppt "As actividades non presenciais"

Presentaciones similares


Anuncios Google