Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
Publicada porSilvia Rico Cárdenas Modificado hace 6 años
1
APLICACIÓN E MANIPULACIÓN DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS
PREVENCIÓN DE RISCOS
2
INTRODUCCIÓN A Organización Mundial da Saúde (OMS) nun informe titulado Consecuencias Sanitarias do Emprego de Praguicidas na agricultura (1992 Xenebra) estimaba que cada ano se producían no mundo aproximadamente 1 millón de intoxicacións agudas por exposición a praguicidas cunha letalidade de entre o 0,4 e o 1,9%, atopándose a exposición laboral detrás do 70% dos casos mortais
3
INTRODUCCIÓN Esta cifra non fixo mais que aumentar dende entón, porque aumentou o nivel de venda e por tanto de aplicación de praguicidas a nivel mundial. A maior parte das intoxicacións agudas e das enfermidades graves e mortes atopámolas en países do terceiro mundo (prevención escasa ou inexistente).
4
RISCOS A MEDIO E LONGO PRAZO
Enfermidades respiratorias Enfermidades cutáneas Exposicións prolongadas e contínuas!!! Queimaduras de diversa gravidade Alteracións na reproducción (fertilidade) Malformacións conxénitas Alteracións no sistema nervioso Cancros de diverso tipo
5
RISCOS A CURTO PRAZO OU INMEDIATOS
¿Qué factores determinan o grado de risco e de intoxicación? As características intrínsecas da sustancia que se manipule A cantidade da substancia incorporada ao organismo As condicións de Exposición
6
RISCOS A CURTO PRAZO CARACTERÍSTICAS DA SUSTANCIA
Cada sustancia posúe unhas características fisicoquímicas exclusivas e interacciona co organismo de maneira diferente. Se ben todos os parámetros que definen unha sustancia teñen algunha incidencia sobre a súa perigosidade, o elemento sen dúbida mais relevante é a toxicidade da mesma, parámetro dependente da composición química do producto e especialmente da súa materia activa.
7
RISCOS A CURTO PRAZO Que dependerá...
CANTIDADE DE SUSTANCIA INCORPORADA AO ORGANISMO Que dependerá... do tempo de exposición: a igualdade de circunstancias, canto máis tempo se prolongue o tratamento, máis cantidade de substancia se inhalará e/ou absorberá. do tipo de tratamento: Si se está tratando o chan (p.e., nun tratamento herbicida localizado) a probabilidade de contaminación é moi inferior que en tratamentos altos (tratamentos en froiteiras) onde ademais da deriva se produce un proceso de aglutinación das gotas que posteriormente caen ao chan ou sobre os/as operarios/as da área. do tamaño das gotas: teñen neste punto especial importancia os derrames de gotas. Neste senso cabe destacar, que é nos tratamentos arbóreos onde se producen gotas de tamaño especialmente grande.
8
RISCOS A CURTO PRAZO CONDICIÓNS DE EXPOSICIÓN
As condicións de exposición abranguen toda unha serie factores que inflúen na repercusión da substancia no organismo. Entre outras, é preciso mencionar : A vía de entrada do tóxico ao organismo O tempo de exposición As condicións ambientais Interaccións e circunstancias individuais
9
Vías de entrada ao organismo
VÍA ORAL (DIXESTIVA) Esta vía de entrada tende a asociarse prácticas hixiénicas erróneas, durante a manipulación do praguicída. Así mesmo tamén se soe relacionar con casos de confusión con outro tipo de substancias con consecuencias graves ou mesmo mortais. O caso típico de inxesta de sustancias fitosanitarias hai que relacionalos con procesos de manipulación levados a cabo, sen demasiada precaución , inxeríndose ao mesmo tempo alimentos, bebidas ou tabaco. (Esto leva a unha irritación da mucosa gástrica.) RISCOS E CONSECUENCIAS!! Intoxicacións (leves, graves e mortais) Vómitos
10
Vías de entrada ao organismo
VÍA CUTÁNEA OU MUCOSA O praguicida pode entrar en contacto directamente coa pel por vertido directo ou a traveso do aire. A zona mais permeable son as mucosas, pero tamén o feito de que a pel estea quente ou danada, facilita a penetración. O paso a traveso das epidermes permiten alcanzalo rego sanguíneo a nivel da dermes. RISCOS E CONSECUENCIAS!! Envelenamento polo risco de que as sustancias alcancen o rego sanguíneo a nivel da dermes.
11
Vías de entrada ao organismo
VÍA RESPIRATORIA A traveso da inhalación. Os praguicidas susceptíbeis de ser inhalados son capaces de xerar gases, vapores ou aerosois de pequeno diámetro. Cabe así citar como susceptibles de inhalación respiratoria tanto as formulacións secas (tipo gránulos e pos) como os sulfatantes, tanto os líquidos como os gases, e os praguicídas líquidos de elevada volatilidade. (Todo esto pode chegar á árbore bronquial ou ao propio alvéolo pulmonar.) RISCOS E CONSECUENCIAS!! Mareos Vómitos Dor de cabeza
12
ACTUACIÓNS EN PREVENCIÓN DE RISCOS
ALMACENAXE DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS FASE PREVIA Á APLICACIÓN APLICACIÓN DE FITOSANITARIOS FASE POSTERIOR Á APLICACIÓN
13
ALMACENAXE DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS (1)
O lugar de almacenaxe ten que estar protexido da choiva, do sol e suficientemente ventilado. Lonxe de calquera fonte de calor e con un extintor a man. Os Productos teñen que estar suficientemente identificados e correctamente sinalizados. Todos os productos almacenados deben dispoñer de ficha de seguridade (ou equivalente) Os productos teñen que estar almacenados nos seus respectivos envases orixinais. Así mesmo deben estar debidamente etiquetados e ese etiquetado debe conservarse durante o seu uso e a posteriori.
14
ALMACENAXE DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS (2)
Lonxe dos nenos e das nenas e dos animais. Os productos químicos perigosos deben almacenarse, agrupando os que teñen riscos comúns e evitando a proximidade entre aqueles que presentan incompatibilidades (corrosivo con corrosivo, etc..). Debemos almacenar os productos inflamables en armarios protexidos ou en algún recinto especial. Compre ter especial coidado na almacenaxe e manexo daquelas sustancias que son nócivas ou tóxicas en contacto coa pel ou que poden ser tóxicas por inhalación.
15
ALMACENAXE DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS (3)
Evitemos que baixo ningunha circunstancia haxa productos de alimentación, pensos ou medicamentos cerca dos productos almacenados. Si se producen derrames ou fugas, compre proceder de inmediato a unha profunda limpeza. En todo caso si observamos que hai algún envase deteriorado, non fagamos nunca o transvase do producto no almacén e nunca sen protección.
16
ALMACENAXE DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS (4)
17
ALMACENAXE DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS (5)
18
FASE PREVIA Á APLICACIÓN (1)
Seguir estrictamente as indicacións do fabricante. Debemos Proceder por tanto a unha exhaustiva lectura previa da etiqueta do producto, das súas instruccións e da súa ficha de seguridade. (Nada de sobredosificacións). Desenvolver as tarefas previas (mistura, comprobación de equipos, etc..) nunha zona ben ventilada (preferiblemente ao aire libre). Proceder previamente a colocación e axuste dos Equipos de Protección Individual (EPI´s) adecuados, (en bo estado e verificados), antes de efectuar as operacións de apertura, mistura e enchido de depósito.
19
FASE PREVIA Á APLICACIÓN (2)
A preparación da mestura sempre se fará lonxe de ríos, regatos e fontes. Debe comprobarse previamente o estado dos equipos. No marco das verificacións previas, comprobaremos especialmente os filtros de enchido, as conexións e as válvulas das boquillas. Cerrar o tapón de deposito correctamente despois da operación de enchido do mesmo. Debemos calibrar o pulverizador manual previamente con auga, a modo de proba.
20
FASE PREVIA Á APLICACIÓN (3)
Asegurarémonos previamente da ausencia de persoas e animais na zona de tratamento. Revisaremos finalmente o estado do correaxe. LISTAS E LISTOS PARA COMEZAR A APLICACIÓN DE FITOSANITARIOS!!
21
APLICACIÓN DE FITOSANITARIOS (1)
Comprobar que a situación meteorolóxica e a adecuada , evitando tratamentos en días chuviosos ou excesivamente calurosos ou ventosos. Debemos observar (mesmo durante o tratamento) a evolución do estado dos equipos de traballo. Baixo ningún concepto debe haber durante o tratamento a inxesta de bebidas, alimentos ou tabaco. Debemos comezar a aplicación nun extremo da parcela de modo que se produce un tratamento ordenado e evitando unha dobre aplicación por confusión.
22
APLICACIÓN DE FITOSANITARIOS (2)
A aplicación debe facerse sempre na dirección do vento.(evitando a aplicación en contra do vento). Debemos observar (mesmo durante o tratamento) a evolución do estado dos equipos de traballo Baixo ningún concepto debemos desatascar a boquilla soprando coa boca. (Utilizar sempre algún utensilio como un arame, etc..). Debe haber sempre un afastamento da zona de tratamento durante os descansos.
23
APLICACIÓN DE FITOSANITARIOS (3)
Debemos respectar as prácticas hixiénicas básicas durante o descanso. (quitar e afastar guantes, lavado profundo de mans e cara, etc..). Os alimentos e bebidas que se poidan inxerir durante o descanso deben estar previamente afastados e/ou protexidos de calquera zona de influencia do tratamento. O período de aplicación do producto debe mantense dentro das 4 horas recomendadas.
24
FASE POSTERIOR Á APLICACIÓN (1)
É importante sinalar o lugar de tratamento para evitar accidentes debido a toxicidade dos productos. Nesa sinalización debemos sinalar o producto utilizado, a data de tratamento e a período de permanencia do perigo na zona. Hai que recoller os recipientes de fitosanitarios e demais productos utilizados, de modo que non queda nada na zona de tratamento, despois do traballo. Debemos limpar minuciosamente os equipos despois da aplicación. Hai que comprobar o estado xeral de mantemento deses equipos despois da aplicación.
25
FASE POSTERIOR Á APLICACIÓN (2)
O/a aplicador/a debe sacarse (fora da casa) toda a roupa utilizada durante a aplicación para que sexa lavada de forma separada do resto da roupa. O/a aplicador/a debe realizar unha ducha minuciosa despois da aplicación. Despois da aplicación hai que manter o producto restante no envase orixinal e hermeticamente cerrado nun lugar fresco, ventilado e seguro. Debemos respectar o tempo mínimo de prohibición absoluta de acceso ao campo tratado, segundo recomendacións indicadas na etiqueta do producto. (normalmente 48 horas). Así mesmo hai que respectar os prazos de seguridade (especificado na etiqueta) para o producto tratado.
26
FASE POSTERIOR Á APLICACIÓN (3)
Os envases baleiros, podemos levalos ao punto de venta e distribución, conforme ao establecido no Art.1 do R.D 1416/2001 sobre envases de productos fitosanitarios.
27
RISCOS ESPECÍFICOS PARA AS MULLERES (1)
RISCOS FÍSICOS VIBRACIÓNS: é de especial importancia evitar nos desprazamentos e traballo con maquinas un exceso de ruídos e de vibracións, cuxas consecuencias poden ser de especial gravidade durante o embarazo, chegando mesmo a supoñer situacións de abortos ou partos prematuros.
28
RISCOS ESPECÍFICOS PARA AS MULLERES (2)
RISCOS FÍSICOS RUIDOS: Outro dos riscos físicos mais perigosos e frecuentes e a exposición a fontes de ruído, (p.e determinado tipo de maquinaria agrícola ou de transformación e tratamento dos productos). Os elevado niveis sonoros que provocan estas máquinas, especialmente cando a exposición e prolongada e continuada no tempo pode mesmo ter consecuencias para o feto, polo que compre evitar a exposición prolongada e estas fontes de ruído.
29
RISCOS ESPECÍFICOS PARA AS MULLERES (3)
RISCOS FÍSICOS MANIPULACIÓN DE CARGAS: No referente as cargas pesadas como norma xeral compre evitar a manipulación de cargas pesadas e cando haxa que levantar excepcionalmente obxectos con un certo peso, e moi importante seguir as recomendacións que este mesmo Manual fai no apartado referente ao levantamento e manexo de cargas. Unha práctica incorrecta neste ámbito pode ter consecuencias perxudiciais para a evolución do embarazo, chegando mesmo a provocar unha lesión fetal e/ou un parto prematuro.
30
RISCOS ESPECÍFICOS PARA AS MULLERES (4)
RISCOS FÍSICOS MOVEMENTOS/POSTURAS: En traballos de longa duración e de posturas forzadas, e de vital importancia evitar a posición de pe ou sentada sen repousos e sen cambios de postura. A permanencia excesiva en posturas forzadas durante o embarazo e a consecuente ausencia de repousos, ten suposto un incremento de abortos, partos prematuros e de diminución do peso do recen nacido.
31
RISCOS ESPECÍFICOS PARA AS MULLERES (5)
RISCOS FÍSICOS TRABALLOS NO INTERIOR: As mulleres que traballan en espacios cerrados deben evitar a exposición a monóxido de carbono procedente de motores, tabaco, etc. Esta exposición pode afectar ao feto con efectos tóxicos. TRABALLOS NO EXTERIOR: E de especial importancia evitar a exposición ao calor, sobre todo para que non se produzan situacións de deshidratación. Por outra parte tamén hai que evitar o frío intenso e os cambios bruscos de temperatura (especialmente durante o embarazo e a lactación).
32
RISCOS ESPECÍFICOS PARA AS MULLERES (6)
RISCOS QUÍMICOS E BIOLÓXICOS No tocante aos riscos químicos e biolóxicos compre facer especial fincapé nos productos perigosos e nas sustancias químicas que se manexan nos tratamentos fitosanitarios. O uso e manexo destes productos especialmente perigosos durante o embarazo, postparto e lactación debe ser evitado ao longo dos citados períodos, moi especialmente cando así o sinale o manual de instruccións e a ficha de seguridade de tales productos.
33
APLICACIÓN E MANIPULACIÓN DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS
PREVENCIÓN DE RISCOS
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.