Descargar la presentación
La descarga está en progreso. Por favor, espere
1
Lise Meitner Historia dunha inxustiza
Daniel Carvajal Alonso (1º BACHARELATO) Ciencias para o mundo contemporáneo IES Otero Pedrayo.Ourense Profesora: Carmen Cid Manzano
2
Primeiros pasos I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Lise Meitner naceu en Viena no 1878 nunha familia culta de orixe xudea. Durante os seus estudos secundarios comezou a interesarse pola Física. Ingresou na Universidade de Viena no 1901, onde se doctorou no 1907. Foi a segunda muller que conseguiu licenciarse en Física
3
En Berlín Foi a Berlín a seguir as clases de Max Planck.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Planck en 1929 En Berlín Foi a Berlín a seguir as clases de Max Planck. Alí coñeceu o químico Otto Hahn, con quen traballou 30 anos.
4
A relación persoal entre Otto e Lise
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense A relación persoal entre Otto e Lise Sempre se trataron de “vostede”. Malia estableceren un vínculo especial, descartaron lazos máis fondos. En 1912, Otto casou cunha estudante de Arte. Lise restoulle importancia. Nunca se comprometeu con ninguén.
5
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Dende moi nova, Lise Meitner renunciou a unha vida persoal para dedicarse por completo á Física.
6
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense “Hähnchen déixame iso a min, ti de física non tes nin idea.” A pesar de que na fotografía parece unha simple axudante de Otto Hahn a realidade é que ela era a que sabía de Física.
7
Lise, por ser muller, non puido traballar na Universidade, polo que foi a unha fundación privada, o Instituto Kaiser Wilhelm, como simple invitada (sen salario). O seu lugar de investigación era un alpendre de madeira e non podía utilizar a mesma porta que os homes nin entrar noutros lugares do centro. Instituto Kaiser Wilhelm (actualmente edificio Otto Hahn)
8
A 1ª Guerra Mundial interrompeu as investigacións
A 1ª Guerra Mundial interrompeu as investigacións. Meitner traballou como voluntaria en hospitais e Hahn alistouse no exército. Malia estas circunstancias, escribíanse regularmente. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
9
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Despois da Primeira Guerra Mundial Meitner volveu a Berlín e recibiu o título de profesora universitaria. Un título inútil polo momento porque, como muller, non tiña dereito a ensinar.
10
O protactinio I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense En 1918, Meitner conseguiu identificar un novo elemento radioactivo que se formaba a partir do uranio, o protactinio, de número atómico 91. É un elemento metálico que pertence ao grupo dos actínidos. Meitner asinou o descubrimento co seu nome e o de Otto. Posteriormente atopáronse isótopos máis estables do protactinio en minerais naturais.
11
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense En 1922 puido dar por primeira vez clases de Física e, catro anos despois, converteríase na primeira profesora da Universidade de Berlín.
12
Lise Meitner ocupou un lugar destacado no mundo da Física.
Marie Curie Irène Joliot Bohr Rutherford Schrödinger De Broglie Un grupo de científicos participantes na 7ª Solvay Conference, Bruxelles (October 1933). I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
13
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Novos avances demostraron que o neutrón podería servir para investigar o núcleo atómico. Segundo o científico italiano Enrico Fermi, poderíanse crear novos elementos bombardeando ao uranio con neutróns. Enrico Fermi
14
O proceso Masa atómica Novo elemento Uranio resultante
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Masa atómica Novo elemento (nº neutróns + nº protóns) Uranio resultante Uranio do que partimos O neutrón no núcleo divídese en: Nº atómico (nº de protóns) -Un protón que queda no núcleo. Neutrón de baixa velocidade que lanzamos ao núcleo do uranio -Un electrón que sae disparado (partícula ß)
15
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Lise Meitner e Otto Hahn volvéronse xuntar en 1934 para experimentar a hipótese de Fermi.
16
En 1933, Hitler chegou ao poder.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense En 1933, Hitler chegou ao poder. Meitner era protestante pero de ascendencia xudea, polo que foi expulsada da Universidade de Berlín, pero non dos Institutos Kaiser Wilhelm, posto que eran privados.
17
Exilio I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense En 1938, moitos científicos querían desfacerse dela porque, ao ser xudea, puña en perigo ao Instituto e encargáronlle a Hahn que a botara. Entón, el axudouna a fuxir do país, posto que se prohibira a emigración de científicos.
18
A fuxida Atravesou a fronteira ata Holanda.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Atravesou a fronteira ata Holanda. Chegou a Dinamarca, onde foi acollida por Bohr, para quen traballaba o seu sobriño Otto Frisch (físíco tamén como ela). Por último, chegou a Estocolmo (Suecia).
19
Lise chegou a Estocolmo en 1938 sendo acollida friamente e realizando un traballo moi por debaixo das súas posibilidades. O contacto co seu equipo de Berlín non se perdeu de todo. Hans e Meitner atopáronse en Dinamarca de xeito clandestino e decidiron proseguir a súa relación por carta. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
20
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense A partir dese intre, Lise guiaba a Hahn e o seu axudante Strassman paso a paso por correspondencia, e eles escribíanlle os resultados dos seus experimentos.
21
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense En Suecia Meitner traballou na investigación atómica no instituto Manne Siesbahla, da Universidade de Estocolmo. Universidade de Estocolmo En Suecia viuse discriminada, xa non pola súa orixe xudea, senón por ser muller, o que supuxo un atranco para o seu recoñecemento posterior.
22
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Hahn escribiu unha carta a Lise e contoulle o contratempo atopado nun experimento que realizara co seu axudante Frizt Strassman. Ao bombardear un átomo de uranio cun feixe de neutróns de baixa velocidade apareceu bario e kriptón??? e unha enerxía desmesurada????
23
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Unha parella convidou a Meitner e ao seu sobriño Frisch, a pasar o Nadal con eles no oeste de Suecia. Alí puido centrarse no problema que lle xurdira a Hahn no experimento e que lle explicara na súa carta, e comentalo co seu sobriño. Otto Robert Frisch
24
Diagrama da fisión dun átomo de uranio.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Decatáronse de que un dos elementos obtidos por Otto, o núcleo de bario, tiña aproximadamente a metade da masa do uranio, e suxeriron a posibilidade de que os neutróns non crearan un novo elemento, senón que fragmentaran o uranio. Ver animación: Diagrama da fisión dun átomo de uranio.
25
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Nesa época, o átomo era comparado cunha pinga de auga, así que imaxinaron que sería posible que, se unha pinga é demasiado grande, se dividise noutras dúas de menor tamaño. Chamáronlle “fisión nuclear” a este proceso por analoxía á fisión celular.
26
Sacaron papel e lapis e alí se puxeron a facer cálculos.
Calcularon que a enerxía necesaria para contrarrestrar a forza nuclear forte que mantén unidos ás partículas do núcleo de uranio era de 200 MeV (200 millóns de electrón-voltios). Meitner chegou á conclusión de que a suma dos núcleos resultantes da división de uranio sería, aproximadamente, 1/5 menor cá do núcleo orixinal. E, segundo a ecuación de Einstein, 1/5 da masa dun protón equivale a… 200 MeV. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
27
Pero Otto Hahn, no laboratorio só introducira neutróns no núcleo, non enerxía.
Os cálculos de Meitner demostraron por que non era preciso aportar enerxía para que rompese o núcleo do uranio: a enerxía estaba no seu núcleo. O que facía o neutrón era volver inestable o núcleo de uranio, de forma que permitía que se liberase enerxía en forma de radiacións (raios gamma) e o núcleo rompía. I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
28
O experimento segundo Lise Meitner
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense O que aconteceu no laboratorio de Hahn foi o que representa a seguinte ecuación. Nesa reacción pérdense 1,660737x10-23 gramos que se transforman en 177 MeV, aproximadamente o que calculara Meitner. Átomos resultantes da fisión do uranio Átomo de uranio orixinal Neutróns liberados, que poden fisionar outros átomos (reacción en cadea). Neutrón de baixa velocidade
29
Lise Meitner escribiulle a Otto Hahn para contarlle o que descubrira.
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Lise Meitner escribiulle a Otto Hahn para contarlle o que descubrira. Hahn publicou o descubrimento da fisión sen tan sequera mencionar a Meitner. Retrato de Meitner e Hahn.
30
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Robert Frisch (o sobriño de Meitner) desenvolveu a teoría da reacción en cadea, que demostraron Szilárd e Fermi. Szilárd e Einstein eniváronlle unha carta ao presidente dos EEUU, Roosevelt, na que se advertía dos perigos que conlevaría unha reacción en cadea nunha gran masa de uranio. O resultado desta carta foi o Proxecto Manhattan que levou ao desenvolvemento da bomba atómica en 1945.
31
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Meitner nunca quixo intervir nese proxecto, pois dicía que a fisión nuclear só debería empregarse para fins pacíficos. En 1946, fixo unha visita aos EEUU e a prensa referiuse a ela co alcume de “nai da bomba atómica”. A bomba rematouse en 1945
32
O Nobel para Otto I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense En 1944, a Academia Sueca das Ciencias concedía o premio Nobel a Otto Hahn. Non só non fixeron ningunha mención a Meitner, senón que Hahn tentou borrala da historia. Nalgunhas entrevistas afirmaba que Meitner non fora máis que unha axudante de laboratorio (xusto o contrario do que acontecera en realidade) e, logo, mesmo fixo como que non a coñecía. Strassman, en desacordo coa actitude de Hahn, renunciou á parte do premio que lle ofrecía.
33
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Meitner nunca se queixou por non conseguir o premio Nobel, se cadra porque non quería que o seu nome se relacionase á fisión nuclear, xa que rexeitara traballar co exército aliado durante a guerra na fabricación da bomba atómica.
34
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Lise Meitner nos últimos anos da súa vida xunto Frizt Strassman (esquerda) e Otto Hahn (dereita) .
35
Unha muller adiantada ao seu tempo
1936 I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
36
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Que unha muller chegase a desenvolver unha carreira tan espectacular no mundo da ciencia nas primeiras décadas do século XX era un sinal inequívoco de xenialidade.
37
Aínda que tarde, o mérito de Lise Meitner foi recoñecido
Premio Lieben (1925). Medalla Max Planck (1949). Medalla Otto Hahn (1954). Enrico Fermi Award (1966). En 1982, grazas ás feministas do mundo académico que se interesaron pola súa carreira, déuselle o seu nome ao elemento 109 da Táboa Periódica (meitnerio). I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
38
I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense Lise Meitner morreu con 90 anos en Cambridge, Inglaterra, en Na súa tumba pódese ler: “unha física que nunca perdeu a súa humanidade”.
39
FONTES DE INFORMACIÓN http://www.edumedia-sciences.com/es/a59-fision
A información Online foi obtida en febreiro do 2009 I.E.S. Otero Pedrayo. Ourense
40
FONTES DE INFORMACIÓN Libros consultados:
Bodanis, D. (2002): E=mc2. La biografía de la ecuación más famosa del mundo. Barcelona: Planeta divulgación. Bernal Martínez et al (2008): Ciencias para el Mundo contemporáneo. Aproximaciones didácticas. Madrid: Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) En:
Presentaciones similares
© 2025 SlidePlayer.es Inc.
All rights reserved.