La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

Historia do libro O libro é un conxunto de follas manuscritas ou imprimidas, cosidas ou encadernadas xuntas e que forman un volume ordenado para á súa.

Presentaciones similares


Presentación del tema: "Historia do libro O libro é un conxunto de follas manuscritas ou imprimidas, cosidas ou encadernadas xuntas e que forman un volume ordenado para á súa."— Transcripción de la presentación:

1 Historia do libro O libro é un conxunto de follas manuscritas ou imprimidas, cosidas ou encadernadas xuntas e que forman un volume ordenado para á súa lectura.

2 Os comezos do libro Antigamente escribíase en pedra, en bronce, en ladrillos de arxila, taboíñas de madeira e codias de árbore. Máis tarde, cando se comezou a escribir en papiro, os chineses adoptaron a seda ata o comezo da nosa Era, que comezaron a utilizar o papel. A escritura, trazada a man por ambas as dúas caras da folla, facíase grazas a pinceis, canas ou plumas con tintas de varias cores. Os manuscritos facíanse en mosteiros, ata o século XIII que empezaron a facerse en centros universitarios (polos amanuenses).

3 O papiro ¹- o papiro é unha lámina sacada dunha planta vivaz formada por unha cana fina e de 2 ou 3 metros de altura e que era utilizada cun fin único, escribir nela. Dende os inicios da historia fóronse empregando distintos materiais, para deixar legados escritos, ata que utilizaron o papiro¹ Os primeiros que empezaron a utilizar láminas de medula de papiro, que eran semellantes ás follas, foron os exipcios. ² - O pergameo é un soporte en forma enrolada ("volume") que podía ser de pel curtida de carneiro, cabra ou tenreira (tamén podía ser branquexada). Cyperius papyrus

4 O Libro Ao principio comezouse a cortar o pergameo en follas, pregábanse e cosíanse para formar cadernos ( libros) aínda que se seguía utilizando o rolo (volume). Estes tiñan unha moi rica decoración: letras adornadas con posicións marxinais, pinturas, realces en ouro... Pasado un tempo recorreuse ao gravado en relevo de placas de madeira (xilografía) e logo, este, substituíuse pola tipografía ¹. O título era inexistente nos anteriores libros, ata que se puxeron como tal a dirección e data. Entre o S. XVII e XVIII o buril e augaforte substituíron o gravado en madeira. Nesta época destacaron as obras adornadas con viñetas. No S. XIX houbo novos perfeccionamentos. Na decoración incorporáronse o gravado en aceiro, a litografía, a fotografía e, posteriormente, creouse o papel vexetal e a rotativa. Libro actual ¹- A tipografía é unha impresión por medio de carácteres de metal, que podían reunirse para compoñer un páxina, separarse e logo volver servir.

5 O libro electrónico Os libros electrónicos permiten buscar palabras, resaltar partes, facer comentarios, encontrar significados no dicionario... O libro electrónico tivo a súa orixe en Foi inventado por Michael Hart. En 1981 presentouse no mercado o primeiro libro electrónico, pero non se estendeu ata vinte anos despois. En 1998 levouse a cabo a primeira Feira do libro electrónico en Estados Unidos. Alí presentouse a Normativa "Libro electrónico aberto", no que se regulou o estilo do formato das publicacións electrónicas. O libro electrónico é unha publicación dixitalizada, é dicir, un texto que ten como soporte un arquivo electrónico en vez de papel. Denomínallo tamén eBook ou libro dixital.


Descargar ppt "Historia do libro O libro é un conxunto de follas manuscritas ou imprimidas, cosidas ou encadernadas xuntas e que forman un volume ordenado para á súa."

Presentaciones similares


Anuncios Google