La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

A REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ. DESENVOLVEMENTO E MARCO NORMATIVO

Presentaciones similares


Presentación del tema: "A REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ. DESENVOLVEMENTO E MARCO NORMATIVO"— Transcripción de la presentación:

1 A REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ. DESENVOLVEMENTO E MARCO NORMATIVO

2 INTRODUCIÓN: 3 IDEAS FORZA
OBXECTIVO principal: a detección precoz de calquera alteración, tanto de carácter biolóxico como tamén as situacións de risco social, ambiental e afectivo. COORDINACIÓN: os sistemas sociais, educativos e sanitarios teñen a obriga de coordinar as súas accións para unha intervención o máis eficaz, que permita aos suxeitos de atención, poder desenvolver todo o seu potencial, feito que sen dúbida determinará no seu futuro, os seus niveis de autonomía. FAMILIA: a atención temperá non pode cinguirse exclusivamente ao ámbito da rehabilitación, ten que ser un continuo na vida do/a menor; os primeiros anos de vida son esenciais para o seu desenvolvemento e a familia e peza chave no seu progreso para o que precisa de estratexias e ferramentas por parte dos/as profesionais que interveñen na atención temperá

3 INTRODUCIÓN O diagnóstico dunha necesidade de atención temperá pode ser detectado desde diferentes ámbitos: sanitario (a través dos servizos de pediatría/neuropediatría), educativo (a partir dos equipos de orientación e do profesorado), servizos sociais, así como tamén da familia. En calquera caso debe garantirse que eses ámbitos integren un sistema coordinado de atención e que garantan un intervención INTEGRAL E GLOBAL. Sen dúbida o reto segue a estar en que a coordinación dos 3 sistemas sexa real e efectiva, pero nese reto todos e todas nos temos a responsabilidade de traballar para que así sexa

4 ANTECEDENTES: A Lei 4/1993, do 14 de abril, regulou o servizo de atención temperá como un servicio social na área da discapacidade; en desenvolvemento das súas previsións legais, ditouse o Decreto 69/1998, do 26 de febreiro, polo que se regulaba a atención temperá a persoas con discapacidade en Galicia, e mediante o cal se adscribían ao SERGAS os recursos destinados á dita prestación, quedando integrados neste. A Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia,establece no seu artigo 136 que a Consellería de Sanidade promoverá a cooperación e coordinación co Sistema galego de Servizos Sociais para que a atención ás circunstancias e necesidades sociais e as accións de prevención e asistencia sanitaria se complementen de forma axeitada, e fomentará actuacións integrais sociais e sanitarias ante aquelas circunstancias de dependencia, cronicidades, discapacidade e outras en que a cooperación dos dous sistemas supoña vantaxes sociais e asistenciais.

5 ANTECEDENTES: A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, establece entre os principios que rexerá o sistema galego de servizos sociais, os de globalidade e coordinación, e define a intervención social, biopsicosocial, sociolóxica ou socioeducativa que favoreza a adquisición ou recuperación de funcións e habilidades persoais e sociais para a mellora da autonomía, da convivencia social e familiar e da inclusión social, como intervención ou servizo de carácter técnico-profesional incluído dentro do catálogo de servizos sociais. Regula tamén esta lei os servizos sociais comunitarios específicos orientados ao desenvolvemento de programas e a xestión de centros orientados a colectivos con problemáticas identificadas e singulares, procurando a súa normalización e reincorporación social ou como espazo de tránsito a un servizo especializado.

6 ANTECEDENTES: Así mesmo, o Decreto 99/2012, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios, establece como funcións propias dos servizos sociais comunitarios específicos a atención ás persoas con discapacidade, así como a atención psicosocial e familiar vinculado a atención temperá, considerando esta atención como un dos programas e servizos prioritarios na formulación dos programas dos servizos sociais comunitarios municipais. No ámbito educativo é necesario ter en conta o Decreto 229/2011, regula a atención a diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. Finalmente citar, o Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situacion de dependencia, que será obxecto da intervención da miña compañeira, a subdirectora xeral de recursos residenciais, Mari Carmen Calviño

7 ATENCIÓN TEMPERÁ DE CALIDADE ATENCIÓN TEMPERÁ SOCIO-SANITARIA
ESTIMULACIÓN PRECOZ INTERVENCIÓN TEMPERÁ ATENCIÓN TEMPERÁ ATENCIÓN TEMPERÁ DE CALIDADE ATENCIÓN TEMPERÁ SOCIO-SANITARIA 70-80 80-90 90-00 00-10 10- NENO/NENA +FAMILIA NENO/NENA+FAMILIA+CONTORNO NATURAL NENO/NENA+FAMILIA+CONTORNO NATURAL+SOCIEDADE CENTRADA NA PERSOA PREVENCIÓN 1ª PREVENCIÓN 2ª+ 3ª PREVENCIÓN 1ª+2ª+3ª UNIDADES ESTIMULACIÓN PRECOZ SERVIZOS DE INTERVENCIÓN TEMPERÁ CENTROS DE ATENCIÓN TEMPERÁ CENTROS DESENVOLVEMENTO INFANTIL E AT Fonte: Profesor Juan Carlos Belda

8 PRESENTE Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede galega de atención temperá (DOG nº 244, do 23 decembro 2013)

9 ¿POR QUÉ? Porque era imprescindible dispor dunha normativa que permitira crear un espazo común de COORDINACIÓN E CORRESPONSABILIDADE entre os sistemas de SAÚDE, EDUCACIÓN e SERVIZOS SOCIAIS ¿PARA QUÉ? Para unha ACCIÓN INTEGRAL na atención aos nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos e as súas familias ¿CÓMO? Facilitando aos nenos e nenas e as súas familias unha actuación transversal transcendente para o seu desenvolvemento, prestada dun xeito continuado, flexible e contextualizado, e sendo eixo fundamental a coordinación dos 3 sistemas de protrección e que implica asumir o DEBER de COLABORAR E COOPERAR ¿CON QUE? Coa Rede galega de atención temperá

10 Definición de atención temperá
I.- Enténdese por atención temperá o conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo dar resposta o antes posible as necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos/as con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos. Estas intervencións, que deben considerar a globalidade do menor, teñen que ser planificadas por un equipo de profesionais de orientación interdisciplinar ou transdisciplinar (Libro Blanco da Atención Temperá. 2000)

11 Definición de atención temperá
II.- O grupo de expertos/as da Comisión Europea define a atención temperá como o conxunto de intervencións para os nenos e nenas máis pequenos e as súas familias, que comprende calquera acción realizada cando un neno/a precisa un apoio especial para: Asegurar e mellorar o desenvolvemento persoal Refozar as competencias da familia Fomentar a inclusión social da familia e do/a menor Estas accións deben ofrecerse no entorno natural do/a neno/a, preferentemente na proximidade do seu domicilio, baixo un enfoque de traballo multidimensional e orientado ás familias

12 Que se entende por trastorno do desenvolvemento:
Aquelas situacións en que, como consecuencia dunha alteración das estruturas ou funcións corporais, restricións na participación social ou calquera outro factor contextual, se produce un atraso ou desviación significativa no desenvolvemento das capacidades, adquisicións e recursos persoais típicos para idade de referencia.

13 Que se entende por situacións ou risco de padecer un trastorno do desenvolvemento:
Aquelas circunstancias de vulnerabilidade evolutiva que requiren intervención pola descompensación negativa entre factores de risco e protección. (Se ben esta expresión pode inducir a confusión ou falta de concreción, as Recomendacións técnicas para o Desenvolvemento da Atención Temperá, do Real Padroado sobre Discapaciade, delimitan esta definición sinalando que deben incluírse baixo esa conceptualización “todas as categorías diaganósticas ou situacións sociofamiliares incluídas no Nivel II dos eixes IV, V e VI da Organización diagnóstica da atención temperá (ODAT).

14 Principios reitores da Rede galega de atención temperá

15 Universalidade: acceso ao servizo de todas as persoas que reúnan os requisitos e condicións establecidas Igualdade: ausencia de calquera discriminación no acceso ao servizo Responsabilidade pública: inserción dos servizos nos sistemas sanitario, de servizos sociais e educativos, garantidos polo sector público autonómico de Galicia Desecentralización e proximidade: achegamento eficiente do servizo ás persoas destinatarias implementando, sempre que sexa posible, actuacións de base comunitaria para a inclusión social, entendendo os servizos sociais comunitarios como o primeiro nivel de intervención do sistema galego de servizos sociais

16 Coordinación: os sistemas sanitario, educativo e o de servizos sociais están directamente implicados na protección de menores e deben establecer mecanismos de coordinación eficaces, evitando en todo momento a fragmentación que poida darse como consecuencia da intervención de múltiples axentes, entidades ou profesionais, así como garantir a continuidade do proceso: a detección, derivación, seguimento e/ou intervención como obxectivos centrais na coordinación na protección dos/as menores de 6 anos (que vos vai explicar a miña compañeira Carmen de la Sierra, polo miúdo, na súa intervención) Interdisciplinariedade e alta cualificación profesional Calidade

17 Integración social do/a menor: garantir o dereito das persoas a participar en todos os ámbitos da sociedade recibindo o apoio que necesitan no marco das estruturas comúns de educación, saúde, lecer e cultura, e servizos sociais, recoñecéndolles os mesmos dereitos que ao resto da poboación. Prevención: co obxecto de manter a autonomía persoal dos/as menores e adiar o posible agravamento dos trastornos no desenvolvemento que os afecten ou exista risco de que os poidan afectar. Diálogo e participación familiar. Gratuídade: como principio inspirador da Rede, estes servizos non estarán suxeitos a contraprestación económica por parte das persoas usuarias.

18 INTEGRANTES DA REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ
Integran a Rede galega de atención temperá todos os servizos e programas de que sexan titulares as diferentes administracións públicas galegas, ben sexan xestionados de forma directa ou indirectamente a través das diversas modalidades de contratación da xestión de servizos públicos establecidas na normativa reguladora dos contratos do sector público. Tamén poderán participar as entidades privadas (con e sen ánimo de lucro), a través dos instrumentos establecidos normativamente, e logo da inscrición nos correspondentes rexistros regulados en cada ámbito competencial. Autorización e acreditación dos servizos: explicará MC Calviño

19 Recursos actuais de atención temperá

20 Tanto as enquisas máis completas feitas en España (EDDES 1999 e EDAD 2008) como os datos empíricos de asistencia das redes de centros de Atención Temperá en España apuntan a que o 2% da poboación infantil 0‐6 é un dato axeitado para estimar a poboación necesitada anualmente de Atención Temperá e polo tanto ten que ser o obxectivo de cobertura a acadar na atención aos nenos/as con trastornos do desenvolvemento así como aos nenos que se atopan nunha situación vulnerable. Neste sentido, cómpre citar tan só uns datos poboacionais de situación:

21 GALICIA 2014 (0-6) (2%) 3.062 A CORUÑA 64.878 1.297 LUGO 15.748 314 OURENSE 14.571 291 PONTEVEDRA 58.018 1.160 Recursos existentes Recursos no ámbito hospitalario 7 Recursos no ámbito municipal ou supramunicipal 10 Recursos iniciativa social 17

22 CORPORACIÓN LOCAL Nº TÉCNICOS PERFIL PROFESIONAL XORNADA LABORAL OBSERVACIÓNS NOIA* 3 pedagoxía completa Programa MANCOMUNIDADE DE ORDES 1 psicoloxía Persoal (+ de ) logopedia AS PONTES 2 Programa. Ámbito municipal, NON supramunicipal. Continuidade. BURELA MANCOMUNIDADE DO CARBALLIÑO Programa. Continuidade. En 2011 financiouse como psicóloga MANCOMUNIDADE DE VERÍN psicoloxía-especialidade en desenvolvemento infantil pedagoxía-psicomotricidade pedagoxía-logopedia PONTEAREAS pedagoxía-psicomot.-logop. diplomatura en maxisterio

23 FINANCIAMENTO, A CONCELLOS, VINCULADO A ATENCIÓN TEMPERÁ OBXECTO
DEPUTACION DA CORUÑA POBRA DO CARAMIÑAL Centro Integral de atención a discapacidade: atención temperá - apoio pedagóxico(profesionais) NOIA Servizo tratamento a nenos con discapacidades (STAND)(profesional) SANTA COMBA Servizo de Logopedia(programa) MANCOMUNIDADE DE ORDES Programa de atención temperá(profesionais) DEPUTACION DE LUGO Non financian AT DEPUTACION DE OURENSE DEPUTACION DE PONTEVEDRA SALCEDA DE CASELAS 1 Praza de psicopedagoga/logopeda

24

25

26 Catálogo de servizos específicos de apoio en atención temperá
Conxunto de actuacións, prestacións, recursos, tratamentos e axudas e demais medios de atencion dirixidas aos nenos/as, as súas familias e ao seu contorno, e que contará cun plan personalizado de intervención (que explicará na súa intervención Carmen de la Sierra)que incluirá alomenos as seguintes actuacións de carácter axial, que deberán prestarse dun xeito integrado a través dun dispositivo interdisciplinario: De prevención, acollida, observación, valoración e diagnóstico do/a menor e de información, orientación, asesoramento e apoio ás familias e aos recursos do contorno De estimulación e apoio emocional, social, sanitario e educativo para o desenvolvemento activo da autonomía persoal do/a menor e a súa inclusión familiar, escolar e social tendo sempre en conta as súas necesidades e prioridades evolutivas

27 Ámbito competencial da prestación dos servizos
Consellería competenten en materia de sanidade-Sergas: Prestación dos servizos indicados no catálogo no ámbito dos complexos hospitalarios, en relación cos nenos/as residentes na área de neonatoloxía ou que pola súa condición de saúde precisan de atención, coidados ou asistencia hospitalaria de longa duración. O apoio á familia nas eventuais transicións desde o hospital ao domicilio familiar Facilitar a dispoñibilidade doutros servizos sanitarios de forma integrada co plan personalizado de intervención

28 Ámbito competencial da prestación dos servizos
Consellería competente en materia de educación: Atención das necesidades específicas de apoio educativo Asesoramento á familia durante o segundo ciclo de infantil e na transición á educación primaria Facilitar a dispoñibilidade doutros servizos educativos de forma integrada co plan personalizado de intervención

29 Ámbito competencial da prestación dos servizos
Consellería competente en materia de servizos sociais: A prestación dos servizos de atención temperá no ámbito comunitario mediante os centros e programas de desenvolvemento infantil e atención temperá O apoio a familia no proceso de escolarización naquelas actuacións necesarias e que non sexan competencia da consellería competente en materia de educación Facilitar a dispoñibilidade doutros servizos sociais de forma integrada co plan personalizado de intervención que concrete, para cada caso, o conxunto de obxectivos e actuacións axeitadas ás necesidades do/a menor

30 LIÑAS ESTRATÉXICAS AXENDA DA ATENCIÓN TEMPERÁ DE GALICIA 2015-2017

31 Basicamente son tres os aspectos fundamentais que determinan a definición das liñas estratéxicas da Axenda da atención temperá de Galicia, e son os seguintes: Acceder a un diagnóstico precoz e a unha atención temperá especializada Dispoñer de recursos educativos e comunitarios axeitados as necesidades individuais destes menores e das súas familias Dispoñer dunha ampla rede de apoio que fomente a súa participación e evite a súa exclusión

32 Liñas estratéxicas atención temperá 2015-2017
Liña 1: Información e sensibilización Liña 2: Formación Liña 3: Planificación e programación Liña 4: Coordinación para o desenvolvemento do proceso asistencial integrado de atención temperá Liña 5: Participación e apoio familiar Liña 6: Innovación e investigación Liña 7: Calidade

33 Liña 1: Información e sensibilización
Actuacións realizadas: elaboración e difusión de folletos informativos destinados aos profesionais dos 3 sistemas creación na web da CTB dun espazo propio sobre AT recollida realización de xornadas informativas sobre o novo marco normativo da atención temperá dirixidas aos/os profesionais dos 3 sistemas

34 Liña 2: Formación Actuacións realizadas: elaboración do Plan anual de Formación continua en relación coa atención temperá dirixidas aos/os profesionais dos 3 sistemas Actuacións a realizar: avaliación do primeiro plan anual de formación e consulta aos profesionais sobre proposta de contidos temáticos a abordar no futuro

35 Liña 3: Planificación e programación
Principais actuacións a realizar en 2016: actualización do 4º nivel de SIUSS para a identificación, valoración social e derivación a pediatría polos servizos sociais comunitarios, de menores en situación de vulnerabilidade, en relación ao seu desenvolvemento; deseño dunha ferramenta de detección e identificación de casos de trastorno do desenvolvemento ou risco de padecelos destinada ao persoal das escolas infantís e ao persoal do programa de intervención familiar dos servizos sociais comunitarios;

36 Liña 4: Coordinación para o desenvolvemento do proceso asistencial integrado de atención temperá
Principais actuacións a realizar en: mellora dos sistemas de rexistro de información existentes e deseño dun programa informático realizado tendo en conta as aplicacións informáticas actuais que permita a integración dos 3 sistemas; liña de axudas da CTB para a posta en marcha de servizos de atención temperá

37 Liña 5: Participación e apoio familiar
Principais actuacións a realizar : definición e establecemento do protocolo de participación da familia, en cada un dos procesos de atención temperá que lles afecte; promoción das escolas de pais e nais en colaboración cos servizos sociais comunitarios e co terceiro sector do ámbito da atención temperá; adopción de medidas de respiro, a través de programas de vacacións asistidas ou xornadas familiares interactivas, para que as familias se atopen, descansen e se interrelacionen nun ámbito fóra do medio cotiá;

38 Liña 6: Innovación e investigación
Principais actuacións a realizar: promoción de acordos de colaboración coas universidades galegas que teñan liñas abertas de investigación en materia de atención temperá; realización de estudios sobre a incidencia territorial dos distintos trastornos do desenvolvemento en toda a Comunidade Autónoma;

39 Liña 7: Calidade Principais actuacións a realizar: publicación da normativa pola que se establecen os requisitos de autorización e acreditación das entidades prestadoras de atención temperá en Galicia no marco da norma que regule e estableza os requisitos específicos de autorización e acreditación dos servizos definidos pola carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención temperá das persoas en situación de dependencia

40 Convocatoria de axudas destinadas a entidades locais para o financiamento de servizos de atención temperá Datos de interese: Previsión publicación convocatoria: 2º trimestre 2016 Convocatoria plurianual: Dotación orzamentaria: Requisitos solicitantes: concellos con poboación inferior aos habitantes e que deberán presentarse mediante agrupación de concellos, é dicir, para a prestación do servizo mediante o sistema de xestión compartida Requisitos do servizo a prestar: o servizo deberá dispor dun equipo formado por un mínimo de tres profesionais universitarios con titulacións diferentes e relacionadas coas prestacións a realizar, sendo a ratio recomendada de 3 profesionais cada 60 persoas usuarias.

41 http://benestar.xunta.es/web/portal/atencion-tempera MOITAS GRAZAS
ATENCIÓN TEMPERÁ MOITAS GRAZAS


Descargar ppt "A REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ. DESENVOLVEMENTO E MARCO NORMATIVO"

Presentaciones similares


Anuncios Google