La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste.

Presentaciones similares


Presentación del tema: "A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste."— Transcripción de la presentación:

1 A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste

2 Portada da revista, deseñada por Castelao
EN 1920 SAE Á RÚA O PRIMEIRO NÚMERO DA REVISTA NÓS, DIRIXIDA POR VICENTE RISCO E ONDE APARECEN COMO REDACTORES CABANILLAS, CASTELAO, FLORENTINO CUEVILLAS, OTERO PEDRAYO E ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ; E COMO COLABORADORES, ENTRE OUTROS AUTORES, ESCRITORES DAS IRMANDADES, COMO OS IRMÁNS VILLAR PONTE, NORIEGA VARELA, LÓPEZ ABENTE OU VIQUEIRA. Portada da revista, deseñada por Castelao

3 A revista estaba escrita enteiramente en galego, mesmo a publicidade, da que había deseños de Castelao. Os seus artigos variaban da poesía, pintura ou teatro á arqueoloxía, arte ou historia.

4 Imaxe de Mazas aparecida en Nós en 1922

5 Xeración Nós Todos os compoñentes da xeración Nós eran universitarios e entraron tardiamente nas filas do galeguismo. Afonso D. R. Castelao ( ) foi escritor, debuxante e pintor; ademais, parlamentario do Partido Galeguista. Ao ser de orixe humilde e rianxeiro, non se inclúe no Cenáculo Ourensán.

6 Xeración Nós CENÁCULO OURENSÁN RAMÓN OTERO PEDRAYO ( ) ERA OURENSÁN E PERTENCENTE Á FIDALGUÍA. TAMÉN FOI DEPUTADO EN MADRID POLO PARTIDO GALEGUISTA. ESTABA LICENCIADO EN XEOGRAFÍA E HISTORIA, TEMAS DOS QUE TRATABAN OS SEUS ENSAIOS.

7 Xeración Nós CENÁCULO OURENSÁN Vicente Risco ( ) naceu en Ourense e era avogado. Fundou a revista Nós e defendeu o nacionalismo (Teoría do Nazonalismo Galego 1920) pero trala guerra traizoouse ao crer en Franco, quen condenou todas as liberdades.

8 Xeración Nós CENÁCULO OURENSÁN FLORENTINO CUEVILLAS ( ) ESCRIBIU NARRACIÓN CURTAS (Prosas Galegas) E ESTABA MOI LIGADO AO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS POLO SEU INTERESE NA PREHISTORIA DE GALIZA.

9 A xeración Nós, á altura do ambiente literario europeo, deu un grande impulso á narrativa, e a súa ideoloxía queda claramente reflectida en dous ensaios e unha novela: Dos nosos tempos, de Cuevillas, onde teoriza sobre a liberdade de elixir o socialismo como práctica política nacionalista.

10 Nós, os inadaptados (1933), de Risco, explica a evasión da cultura galega e o exotismo en que se imbuíron os compoñentes do cenáculo ourensán antes da súa aceptación do nacionalismo galego. Para a xeración Nós, o atlantismo, a raza, a lingua e a terra constitúen as características definitorias do ser galego.

11 Arredor de sí constitúe unha novela de Otero que simboliza o camiño vital dos compoñentes de Nós antes da súa entrada no nacionalismo. O protagonista, Adrián Solovio, vive unha odisea persoal en busca da satisfacción cultural no estranxeiro e acaba atopándose a si mesmo no mundo de Galiza.

12 En 1923 varios universitarios fundan, xunto dalgúns membros de Nós, o SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS coa finalidade do estudo científico da cultura galega. Carballo Calero, Bouza Brey ou Filgueira Valverde colaboraron dende este organismo na revista Nós.

13 Un dos deseños que Castelao facía para Nós
O Seminario de Estudos Galegos, traballando no propio terreo. Un dos deseños que Castelao facía para Nós

14 Antón Losada Diéguez, redactor da revista Nós e pertencente tamén ao Seminario de Estudos Galegos. Publicou relatos en Prosas Galegas.

15 VICENTE RISCO Risco ten unha concepción especial do nacionalismo: o sentimento, o apego á terra e a visión cíclica da Historia. Na súa obra ensaística (Teoría do Nazonalismo Galego, Nós, os inadaptados, Mitteleuropa e Leria) amosa estes conceptos.

16 O ensaio foi un xénero literario moi practicado pola xeración Nós
OBRA NARRATIVA O ensaio foi un xénero literario moi practicado pola xeración Nós

17 OBRA NARRATIVA O humor, o mundo de ultratumba, o esoterismo e o emprego das enumeracións caóticas son constantes das novelas de Risco, como en Do caso que lle aconteceu ao Dr. Alveiros. 1919

18 OBRA NARRATIVA Esta novela arremete contra o caciquismo, a vulgaridade e incultura dos gobernantes galegos locais. A obra remata coa queima da biblioteca municipal . 1922

19 OBRA NARRATIVA Relato dunha muller convertida en loba que está baseado nas lendas populares galegas. Un mozo desenfeitízaa queimándolle a pelica de loba e acaban casando. 1925

20 OBRA NARRATIVA 1925 A trabe de ouro e a trabe de alquitrán
1926 A Coutada 1927 Os europeos en Abrantes

21 OBRA TEATRAL No ano 1928 estréase O bufón de El-Rei, obra expresionista onde sae á luz a faceta máis descarnada da alma humana: o desprezo pola malformidade física, o engano, a burla, os celos...

22 Otero foi un grande orador
RAMÓN OTERO PEDRAYO A temática da súa obra narrativa presenta os temas da idealización da fidalguía, o respecto pola tradición galega e o tratamento especial da paisaxe. Otero foi un grande orador

23 ENSAIO Os seus ensaios tratan da xeografía e historia de Galiza: Síntese xeográfica de Galicia (1926)

24 OBRA NARRATIVA Devalar A romeiría de Xelmírez O mesón dos ermos (1936)
As novelas de Otero Pedrayo poden dividirse en culturalistas (interesa máis a ideoloxía có argumento) e realistas. Todas botan man da historia de Galiza. Devalar A romeiría de Xelmírez (1935) O mesón dos ermos (1936)

25 A súa novela realista máis coñecida é Os camiños da vida (1928), onde literaturiza a historia de Galiza no s. XIX e XX: a decadencia da fidalguía, as guerras carlistas, o ascenso da burguesía e os inicios do nacionalismo no s. XX.

26 CASTELAO, GRAN CONFERENCIANTE E POLÍTICO, PARTICIPOU CREATIVAMENTE NAS NOVAS CORRENTES ESTÉTICAS DO VANGARDISMO.

27 Os seus dotes de debuxante fixéronlle concibir a narrativa como pintor e non como escritor.
PIMPINELA, de Os vellos...

28 O cego

29 Así, inventa a cousa, un relato sintético e decorado cunha ilustración onde a reflexión sobre a vida impregna as historias narradas. NARRATIVA cousa en Cousas ( )

30 DESEÑO PARA COUSAS NARRATIVA

31 NARRATIVA Porén, a importancia da historia está no debuxo e o texto só serve de apoio á imaxe na obra Cousas da vida.

32 No ano 1922 edita o seu primeiro libro en prosa, de temática anticaciquil e sobre o mundo de ultratumba. NARRATIVA

33 Nel, o protagonista é un morto que pode ver co seu ollo de vidro...
...un mundo que de vivo non podía ollar. NARRATIVA

34 En 1934 publicou estoutra obra, na que os dous protagonistas, Pedriño e Rañolas (eivado das pernas), simbolizan dúas formas de afrontar a vida: unha comprometida e dificultosa, e a outra cómoda, sen espírito. NARRATIVA

35 PEDRIÑO NARRATIVA RAÑOLAS Esta novela está dividida en capítulos que presentan as mesmas características cás cousas: síntese, escaseza de personaxes, sinxeleza de lugares e accións...

36 Retrincos sae do prelo no mesmo ano
Retrincos sae do prelo no mesmo ano. Consta de cinco relatos autobiográficos. NARRATIVA

37 O SEGREDO O INGLÉS PEITO DE LOBO O RETRATO SABELA NARRATIVA

38 OS ENSAIOS DE CASTELAO AMOSAN UNHA TEMÁTICA CENTRADA NA ARTE, COMO AS CRUCES DE PEDRA NA BRETAÑA E AS CRUCES DE PEDRA NA GALIZA, OBRAS AMBAS DOS ANOS TRINTA. CASTELAO, POR MASIDE ENSAIO

39 A historia do nacionalismo galego durante a II República está recollida no seu máis famoso libro.
ENSAIO

40 Neste ensaio describe os impedimentos que o goberno da República puxo á consecución do Estatuto de Autonomía de Galiza, efémero pola chegada da Guerra Civil en 1936. ENSAIO ESCUDO DE GALIZA, POR CASTELAO

41 TAMÉN REFLEXIONA SOBRE A NOSA CULTURA EN DEFENSA DA NOSA NACIONALIDADE.
ENSAIO

42 Así, é famoso o pensamento de Castelao de que os pobos teñen cadanseu idioma, o que nos diferencia dos animais, como os cans, que ladran igual en todo o mundo. Á ESQUERDA, CUNS AMIGOS ENSAIO

43 CASTELAO COMPUXO UNHA ÚNICA PEZA TEATRAL EN TRES ACTOS.
TEATRO CASTELAO COMPUXO UNHA ÚNICA PEZA TEATRAL EN TRES ACTOS.

44 TEATRO En cada acto un vello sucumbe (a morte sempre o avisa antes) ante o esforzo que require namorarse dunha moza. MORTE DO 1º ACTO

45 Este proceder está censurado polo propio pobo a través do refraneiro (“Vello en amores, inverno con flores”), polo que a obra reborda galeguidade en todos os aspectos. BONECA QUE RECITA O PRÓLOGO TEATRO

46 TEATRO Cada vello presenta un estereotipo social dos inicios do s. XX: o burgués é o Boticario; o fidalgo en decadencia, o borracho don Ramón; e o labrego rico, o señor Fuco. DON RAMÓN

47 TODOS OS ACTORES E ACTRICES LEVAN MÁSCARAS PORQUE OCULTAN A VERDADE NUN MUNDO FALSEADO POLAS PERSOAS, UNHA VISIÓN MARCADAMENTE EXPRESIONISTA. TEATRO

48 TEATRO O expresionismo gustaba da fealdade do ser humano, dos baixos instintos e da deformación da realidade fronte á hipocrisía xeral.

49 As escenas explotan ao máximo ese gusto polas personalidades máis ruíns: os fachendosos vellos, o desprezo de Lela, a traizón forzada pola pobreza de Pimpinela, ... LELA TEATRO

50 TEATRO ... a cobiza de Micaela ou a burla do pobo por medio das dez mulleres con caretas de asombro, risa e gargalladas en cadanseu acto. MICAELA

51 TEATRO Tamén os escenarios son vangardistas: só dunha cor ou con escasos elementos.

52 Castelao concibía o teatro como un espectáculo global, onde a música, a danza ou as luces tivesen cabida xunto aos elementos propiamente dramatúrxicos. TEATRO

53 OS ÁLBUMS TRATAN DA XENTE GALEGA E MAIS DA GUERRA CIVIL: CINCUENTA HOMES POR DEZ REÁS, NÓS; GALICIA, MÁRTIR, ATILA EN GALICIA E MILICIANOS. DESEÑO

54 RAFAEL DIESTE NARRATIVA DIESTE ( ) TAMÉN ERA RIANXEIRO. EN 1926 PUBLICOU VARIOS RELATOS CO TÍTULO DE DOS ARQUIVOS DO TRASNO, ALGÚN DOS CALES APARECEU TAMÉN PUBLICADO EN NÓS.

55 NARRATIVA A INCURSIÓN NO MUNDO DO SOBRENATURAL E O MISTERIO MARCAN A TEMÁTICA DESTE LIBRO.

56 DIESTE TAMÉN CREOU UNHA OBRA DRAMÁTICA: A FIESTRA VALDEIRA, NA QUE A FALTA DE RESPECTO POLA ORIXE HUMILDE DO POBO DÁ LUGAR AO CONFLITO, MAIS CUN FINAL FELIZ. TEATRO

57 EN 1936 TODAS AS ACTIVIDADES CULTURAIS E POLÍTICAS DE NÓS CESARON POR CAUSA DO GOLPE DE ESTADO DE FRANCO E A GUERRA CIVIL. ÉPOCA NÓS


Descargar ppt "A xeración Nós: Risco, Otero, Castelao e Dieste."

Presentaciones similares


Anuncios Google