La descarga está en progreso. Por favor, espere

La descarga está en progreso. Por favor, espere

Unha profesión feminizada.

Presentaciones similares


Presentación del tema: "Unha profesión feminizada."— Transcripción de la presentación:

1 Unha profesión feminizada.
Observatorio do Traballo Social en Galicia Deputación da Coruña. 26/05/2017

2 CONTEXTO XERAL OS SERVIZOS SOCIAIS Nos anos de crise grandes recortes
Tendencia privatizadora. Aforrar costes a costa de salarios precarios Aumento dos copagamentos de servizos. Tamén en saúde e gasto farmacéutico CAMBIO DE MODELO Baixos salarios Altos índices de desemprego. ALARMANTE DESEMPREGO XUVENIL. Aumento da esperanza de vida por tanto máis gasto en pensións e saúde. NOVAS PROBLEMÁTICASPobreza Pobreza enerxética Pobreza infantil Insolvencia hipotecaria Perda de vivenda e débeda OS NOVOS PERFÍS DOS SS.SS. (empobrecemento da clase media) O crecemento económico non garantíza a redistribución A crise da débeda hipotecaria e o drama da perda de emprego trae novas persoas usuarias. Persoas formadas e c on recursos sociais pero empobrecidas polo actual coxuntura económica. Hai que ter en conta que este estudo se realiza nun contexto de crise e recortes, con novas problemáticas sociais e un aumento considerable de persoas usuarias, de carga de traballo e de recortes de persoal. Situación contraria ao que acontece noutros departamentos da administración como poden ser os servizos de urbanismo.

3 CONTEXTO XERAL. POBREZA
En Galicia (2016), o 25.7% da poboación vive en risco de pobreza ou exclusión (España 3 puntos máis). Empeoran a respecto de anos anteriores para quenes peor o estaban pasando, as persoas en pobreza severa Aumendo da fenda entre clases sociais Fonte: EAPN Galicia 2016. A pobreza severa engloba ás persoas que teñen uns ingresos anuais por debaixo dos 4000€.

4 TRABALLO SOCIAL NESTE CONTEXTO
Aumento da demanda de SS.SS. Arredor do 70% Diminución de recursos Excesiva carga de traballo e burocracia Principais Problemas dos/as traballadores/as sociais na súa labor cotiá. (Fonte Informe ISSE II, CGTS, 2014) Ausencia de persoal técnico suficiente Novas tipoloxías de persoas usuarias con novas necesidades e novos enfoques profesionais Pouca valoración dos SS.SS. desde o ámbito político Outros ISSE. INFORME DOS SERVIZOS SOCIAIS EN ESPAÑA. CONSELLO XERAL DO TRABALLO SOCIAL.

5 Sistema de Servizos Sociais en Galicia
Sistema de Servizos Sociais en Galicia. Colectivos en situación de vulnerabilidade. A creación de emprego NON GARANTE sair da pobreza. Emprego precario e mal remunerado A pobreza aumenta tamén na xuventude e nas persoas maiores de 65 anos. (estas teñen que axudar coas súas pensións ao resto da familia) O 62.9% das pensións están por debaixo do limiar da pobreza Aumento das persoas/fogares que non poden atender gastos extraordinarios, facer fronte ao pago de alugueres e hipotecas, gastos de enerxía e comidas equilibradas. Fonte: EAPN Galicia 2016. Aumetan os colectivos en situación de vulnerabilidade.

6 Observatorio do TRABALLO SOCIAL
Observatorio do TRABALLO SOCIAL. Unha ferramenta imprescindible para coñecer a situación e facer propostas de mellora. Finalidade: Construir un maior coñecemento científico a través dun observatorio, que sirva como punto de partida do deseño de novas estratexias de actuación e reivindicación que redunden nunha melloría da visión e situación da nosa profesión. Proceso metodolóxico: Obxectivo xeral: Coñecer e elaborar unha diagnose da situación da profesión na nosa comunidade Personas participantes: 620 personas colexiadas do COTSG. Representan ao 23,1% do total da colexiación.

7 DATOS RELEVANTES: QUENES SOMOS? Profesión de mulleres
Título Personas Autoras Año Datos relativos ao sexo M V Sociología de una profesión. Las asistentas sociales Estruch y Güell 1976 99.6% 0.4% Aproximación sociológica a los servicios sociales García Marín 1997 98.9% 1.1% Del Trabajo Apostolado a la profesionalización. Análisis de la profesión del Trabajo Social en Aragón Báñez 2005 92.8% 7.2% Situación laboral de las trabajadoras sociales en la Rioja Cuesta (Coord.) 2007 95.3% 4.7% El ejercicio profesional del Trabajo Social Hoy Berasaluze e Brerrio-Otxoa 2008 94.6% 5.4% El Trabajo Social en Castilla y León. Estudio sociológico de una profesión Gómez García 2010 93.4% 6.6% As diplomadas en traballo social e asistentes sociais de Galicia Torices 9.8% 6.2% Trabajadoras sociales del siglo XXI: su perfil actual 2013 89.5% 9.3% La situación sociolaboral del Trabajador Social en la Rioja Cabezas et al. 2014 92.6% 7.4% II Informe sobre los servicios sociales en España Lima (Coord.) 2015 83.0% 17.0% COTSG 2016 % Muller 92.4 556 Home 7.6 46 Total 100 602 A información obtida na variable sexo indica que a maioría son mulleres, en concreto, o 92.4%, fronte a un 7.6% de homes. Este dato é consonte a realidade da entidade colexial, na que o 92.1% son mulleres Os datos mostran unha constante feminización da profesión do Traballo Social. A explicación a esta realidade pode atoparse nas relacións de xénero e, concretamente, na asignación de roles que ao longo da historia, e a través dos procesos de socialización, se veñen vinculando a ambos xéneros. Á figura feminina, se lle soe asignar actividades e tarefas relacionadas co espazo doméstico, con funcións de carácter reprodutivo, de asociación co coidado de outras persoas; en tanto que aos homes, se lle asignan roles vinculados ao espazo público, con funcións de carácter produtivo. Isto, sumado aos estereotipos que se atribúen ás mulleres (sensibles, abnegadas, tenras, ...) e ós homes (fortes, autónomos, que reprimen os sentimentos, ...), repercute na imaxe, no estatus da disciplina do traballo social, e nos e nas profesionais que a exercen. Cabe sinalar, que no estudo coordinado por Lima (2015), no que participaron un total de 100 traballadoras/es sociais, a porcentaxe de homes (17.0%) é lixeiramente superior á reflectida anteriormente polas outras persoas autoras. Estes datos poderían indicar que hai un aumento de persoas do sexo masculino vinculadas á disciplina do traballo social, pero debido ao tipo de estudo, ao número de persoas participantes, así como a falta de estudos recentes sobre a temática, non se pode xeneralizar esta afirmación. 7

8 Observatorio do TRABALLO SOCIAL
O aumento da crise e das situación de pobreza e inxustiza, traen consigo situacións extremas que provocan que a ausencia de solucións ou axudas rematen en situacións de agresión verbal e mesmo física ás e aos traballadoras/es sociais. Por eso antes mencionabamos a situación social actual, pois a poboación usuaria de servizos sociais está vivindo en moitos casos de emerxencia social e desesperación que se canalizan en violencia ante a intolerancia á frustracíón que produce a ausencia de recursos ou solucións por parte da administración.

9 Idade segundo a entidade na que traballan
Aprécianse diferenzas no intervalo de idade en función do tipo de entidade. O 78,9% das persoas traballadoras da empresa ten entre 25 e 39 anos. O terceiro sector tamén está representado por persoas novas, en concreto, o 56,3% teñen idades comprendidas entre os 30 e os 39 anos. Na administración pública o 68,3% ten idades comprendidas entre os 40 e os 60 ou máis, destacando o intervalo de 45 a 49 anos, cun 25,70% do total.

10 SALARIOS DOS E DAS TS Aínda que se aprecia unha certa variabilidade entre os intervalos de salarios, pódese concluír, que a media de ingresos sitúase entre os a ? anuais, incluídas as pagas extraordinarias. A franxa de ingresos cunha porcentaxe máis alta é a de a , que representa o 14,7%. Hai que ter em conta que en moitos concellos de Galicia e (en moitos desta provincia) especialmente naqueles que non teñen Convenio colectivo, a fenda salarial, a respecto doutros profesionais das mesmas categorías profesionais : ( Grupo A2 ou Grupo B), son salientables. APARALLADORES

11 Satisfacción no Posto de Traballo
En xeral as e os profesionais atópanse satisfeitos e satisfeitas co seu traballo, mostrándose a porcentaxe máis elevada NO TERCEIRO SECTOR. A categoría de moi satisfeito obtén un resultado máis positivo neste ámbito, sinalando este ítem o 41,6% dos traballadores e traballadoras sociais. Na empresa só un 14,9% atópase moi satisfeita, dato similar ao da administración pública, na que só o 20,2% sinala esta opción. O 25,2% dos e as profesionais do traballo social en Galicia atópase pouco satisfeito/a e insatisfeito/a con o seu traballo, mentres que no terceiro sector ambas as opcións representan o 7,8%. Dentro da administración pública a menor satisfacción dáse nas corporacións locais e na administración autonómica.

12 PERDA DE PODER ADQUISITIVO
Variación do salario non últimos cinco anos en función da entidade Cabe sinalar que unha porcentaxe importante da profesión viu como nos últimos anos perdía poder adquisitivo, especialemente no sector público. Se xa de por si, os convenios colectivos do social soen ser peores, aínda hai entidades, empresas e administracións que os veñen baixando

13 Desexo de cambiar de posto de traballo
Destacar que un 63,6% das persoas que traballan no sector privado lucrativo manifesta ter desexos de cambiar de posto de traballo. No terceiro sector de acción social, a maioría, en concreto, o 60,9% das persoas non desexan cambiar de traballo, dato que tamén se aproxima ás persoas que traballan na administración pública, nas que un 54,8% desexa permanecer no mesmo, pero tamén chama a atención que un 45,2% das persoas que exercen como profesionais do traballo social na administración pública desexa cambiar de posto, sendo esta porcentaxe menor no terceiro sector (38,1).

14 DATOS RELEVANTES: BAIXAS LABORAIS
% Non 359 81.9 Si 62 14.1 NS/NC 18 4.1 Total 439 100 Como se pode observar, donde máis baixas se collen é na administración pública. O 14.1% dos e das traballadoras sociais manifesta que tivo que solicitar nalgún momento baixa por estrés, mentres que o 81.8% refire que non . BAIXAS POR ESTRÉS

15 AGRESIÓNS A TS A maior porcentaxe de baixas laborais por parte dos e as profesionais do traballo social prodúcense na administración pública (18,9% dos casos), seguida do terceiro sector 11,2%, e en menor medida, na empresa privada (7,4%). Quizá neste último caso póidase deber a que hai un maior medo a perder o posto de traballo se se solicita unha baixa médica no ámbito do sector privado lucrativo. O dato da administración pública, é esperable, pola gran cantidade de demanda que teñen actualmente, ao que se suma a falta de recursos tanto materiais como humanos, xerando nos e as profesionais un sentimento de frustración, de desgaste profesional que pode levar a este tipo de situacións. Na investigación realizada por Facal (2012) a traballadores e traballadoras sociais dos servizos sociais da comarca de Santiago de Compostela, o 66,7% presentou graos altos de Burnout nalgunha das súas dimensións, especialmente na relativa ao esgotamento emocional. Datos similares aos obtidos por De la Fuente e Sánchez (2012), nos que o 62,0% das persoas participantes, traballadores e traballadoras sociais, presentan un elevado esgotamento emocional. Un 63,0% elevadas actitudes de despersonalización, e un 52,0%, sentimentos de baixa realización persoal no seu posto de traballo. Conclúen que un 25,3% das persoas enquisadas presentan a Síndrome de estar queimado/a por o traballo, coñecido como Burnout.

16 FACTORES DE RISCO PARA AS TRABALLADORAS SOCIAIS NO SEU POSTO DE TRABALLO
FACTORES DE RISCO ANTE AGRESIÓNS Postos cun/a só/a traballador. Escaseza de persoal. Persoais inadecuados. Masificación en salas de espera e/ou mal deseño do espazo. Existencias de tempos de espera excesivos para a atención, Burocracia nas xestións Falta de formación en prevención e actuación ante situacións de agresións. Ausencia ou déficits de medidas de seguridade, Traballo con persoas en dificultade Problemas derivados de enfermidade mental Consumos de alcol /drogas Persoas violentas /agresivas Persoas ou familias con graves carencias educativas, sociais, económicas, etc. Atención en situacións de urxencia / emerxencia social. Escaseza de medidas preventivas. Escasa conciencia do risco de sufrir agresións entre os profesionais MEDIDAS PROPOSTAS Á EMPRESA / ENTIDADE / ADMINISTRACIÓN Dotar das medidas de seguridade adecuadas ás características do centro de traballo. Realizar campañas de sensibilización cívica. Denunciar de oficio os actos violentos. Recoñecer como delito de atentado a agresión a un/a empregado/a público/a no desempeño das súas funcións. Considerar a agresión a un/ha traballador/a social como accidente laboral. Ofrecer formación a todo o persoal dos centros sociais sobre atención ao público e, de forma específica, sobre a detección e trato en situacións de conflito. A institución empregadora é responsable da seguridade dos seus traballadores, polo que debe pór os medios adecuados para garantir a mesma. Por iso, o centro de traballo deberá reunir aquelas condicións que faciliten o adecuado desempeño do posto de traballo. A Comisión Europea, a través da Directiva Marco 89/391/CEE de Aplicación de Medidas para promover a Seguridade e a Saúde dos traballadores, obriga á prevención da violencia no traballo e fai responsables aos empresarios de velar para que os traballadores non sufran danos no medio laboral. No noso país, é obrigada a referencia á Lei de Prevención de Riscos Laborais, a cal establece que o empresario deberá garantir a seguridade e a saúde dos traballadores ao seu servizo en todos os aspectos relacionados co traballo. Por iso, instamos as institucións a que, en cumprimento das súas obrigacións, e dentro da acción permanente de seguimento da actividade preventiva establecida na normativa, incorporen medidas de prevención de agresións. Os/as traballadores/as sociais debemos esixir que o noso lugar de traballo sexa seguro, non só polo risco a sufrir unha agresión, senón por garantir un clima agradable e unha atención de calidade para a cidadanía.

17 SÍNDROME DE BURNOUT NO TRABALLO SOCIAL
“O síndrome de burnout dá conta dunha problemática que afecta a todos/as os/as profesionais que están, permanentemente en relación con outras persoas que presentan diversos graos de dificultade” As mulleres máis propensas pola sobrecarga

18 SÍNDROME DE BURNOUT NO TRABALLO SOCIAL
Síntomas: Graciela Tonon analiza os síntomas do burnout categorizados en tres tipos: 1. Cansazo físico, emocional e psíquico 2. Desilusión 3. Dúbidas persoais Considerando que as traballadoras sociais basean a súa tarefa na relación de axuda coa persoa, resulta fundamental implementar estratexias para fortalecer as características persoais: resiliencia, autocoidado, supervisión de apoio e psicolóxica etc. Por outra banda as entidades contratantes AO IGUAL QUE NA LOITA POLA SEGURIDADE teñen que poñer as vías necesarias para minimizar estas situacións: medios materiais e humanos, etc... 1.Cansazo físico, emocional e psíquico: a persoa sente fatiga, cansazo de realizar as tarefas laborais, logo de durmir levántase canso, dor de cabeza, problemas dixestivos, insomnio, dor de costas e pescozo. 2. Desilusión: o traballo que desenvolve xa non lle produce satisfacción. Pode iniciar ou aumentar o consumo de alimentos, alcol, medicamentos e/ou tabaco. 3. Dúbidas persoais: é o resultado dos dous tipos anteriormente descritos. A persoa sente que traballa mecanicamente, coma se fose un robot, que perdeu a creatividade. Compara esta sensación co que sentía ao iniciarse nesta tarefa e o ímpeto que tiña entón e comeza a sentir cada vez máis dúbidas respecto da súa desempeño laboral

19 CANDO O RISCO SE TORNA REALIDADE
MOITAS GRAZAS


Descargar ppt "Unha profesión feminizada."

Presentaciones similares


Anuncios Google