CONTOS DA RATA LUÍSA Os nenos Mon Daporta
A rata Luísa e o rato Roxelio teñen tres ratiños que xa van ao colexio.
Na escola aprenden a ler e a escribir
e fan moitos amigos cos que se divertir.
Ao volver da escola toman o xantar
e fan os deberes antes de ir xogar.
Xogan ás bolas,
enredan co tren
Montan no “ratonete”… Pásano moi ben!
Cando se fai de noite entran a cear
e logo van durmir que hai que madrugar.
esperan que vos gusten estes seus contiños. Luísa, Roxelio e máis os ratiños esperan que vos gusten estes seus contiños. Abur!